Produto Interior Bruto Municipal. Cambio De Base Contable RESUMO DE RESULTADOS
Total Page:16
File Type:pdf, Size:1020Kb
decembro 2015 Produto Interior Bruto Municipal. Cambio de base contable RESUMO DE RESULTADOS O Instituto Galego de Estatística publica a adaptación do Produto Interior Bruto por concellos e comarcas á nova base contable 2010. As novidades nesta publicación son: unha nova ferramenta para a visualización dos resultados e unha desagregación do PIB por grandes sectores para os concellos de máis de 20.000 habitantes. No ano 2012 o 44% do Produto Interior Bruto de Galicia (PIB) concéntrase nos sete grandes concellos de Galicia. Vigo é o concello cun maior PIB, seguido da Coruña. Por comarcas, Coruña supera a Vigo e entre ambas comarcas concentran o 36% da actividade económica en Galicia. Os concellos cun maior PIB por habitante de Galicia son Carballeda de Valdeorras, Muras e As Pontes de García Rodríguez. O Instituto Galego de Estatística (IGE) publica os datos do Produto Interior Bruto por concellos en base 2010. É unha adaptación das estimacións do PIB municipal á nova base contable1, isto é, garda coherencia cos datos difundidos noutras operacións estatísticas que elabora o IGE e que forman o Sistema de contas económicas de Galicia. Ademais introduce cambios metodolóxicos relevantes na estimación dos impostos e subvencións sobre os produtos por concello. A publicación inclúe unha nova ferramenta para a visualización dos resultados2 e unha desagregación do PIB por grandes sectores para os concellos de máis de 20.000 habitantes. No caso das comarcas mantense a difusión de 12 sectores produtivos o que permite identificar os sectores económicos nos que as comarcas están especializadas en termos relativos con respecto a Galicia. O PIB é unha macromagnitude económica que resume o volume de actividade produtiva nun espazo económico nun período de tempo determinado. É o resultado dos procesos de 1 A nova base contable é a adaptación do Sistema de contas económicas de Galicia á nova metodoloxía europea (SEC-2010). Ver http://www.ige.eu/estatico/pdfs/s3/metodoloxias/NotaCambioBase_Contas_gl.pdf 2 Ver http://www.ige.eu/Shiny/PIB_muni/ 1 decembro 2015 produción de diversos axentes que operan en cada concello (empresas, fogares, administracións públicas, etc) producindo bens e servizos finais. O PIB vai depender do emprazamento das unidades produtivas nun concello pero o desenvolvemento da súa actividade pode non ter reflexo claro na renda dos fogares. DATOS POR CONCELLO O 24,2% do Produto Interior Bruto de Galicia concéntrase nos concellos de Vigo e A Coruña Vigo é o concello galego cun maior Produto Interior Bruto, 7.036 millóns de euros, seguido da Coruña cun PIB de 6.181 millóns de euros. Nestes dous concellos xérase unha cuarta parte do valor engadido de Galicia. Produto Interior Bruto. Principais concellos Datos de PIB en millóns de euros Concello 2010 2012 Vigo 7.442 7.036 A Coruña 6.308 6.181 Santiago de Compostela 3.576 3.357 Ourense 2.357 2.225 Arteixo 2.165 2.211 Lugo 2.265 2.188 Pontevedra 1.891 1.805 Ferrol 1.567 1.419 As Pontes de García Rodríguez 512 852 O Porriño 810 751 Fonte: IGE. Produto Interior Bruto Municipal. Base 2010 As sete grandes cidades achegan o 46,5% do PIB de Galicia e ocupan sete dos oito primeiros lugares. Só Arteixo, cun PIB de 2.211 millóns de euros aparece por diante de Lugo, Pontevedra e Ferrol. No ano 2012 aparece entre os principais concellos de Galicia en termos de actividade xerada o concello das Pontes de García Rodríguez, cun PIB que ascende a 852 millóns de euros, e un incremento respecto a 2010 do 66,6%. Este incremento está estreitamente relacionado coa actividade da xeración de enerxía eléctrica, xa que a central térmica emprazada neste concello duplicou a súa produción con respecto ao 2010. 2 decembro 2015 Estrutura produtiva dos concellos de máis de 20.000 habitantes Como novidade preséntase unha desagregación en catro grandes sectores económicos, máis os impostos netos sobre os produtos, do PIB municipal naqueles concellos de máis de 20.000 habitantes. Estrutura do Produto Interior Bruto. Concellos de máis de 20.000 habitantes. Ano 2012 Datos de porcentaxe sobre o PIB (%) Impostos Industria e Concello Primario Construción Servizos netos sobre os TOTAL Enerxía produtos Ames 0,8 7,1 8,5 71,5 12,0 100 Arteixo 0,3 12,9 2,7 80,1 4,0 100 Cambre 0,5 17,2 8,9 62,8 10,6 100 Carballo 2,9 15,2 10,8 60,5 10,6 100 Coruña, A 0,5 10,6 5,9 73,7 9,1 100 Culleredo 0,6 13,2 12,8 63,4 10,0 100 Ferrol 0,4 10,8 3,7 74,9 10,3 100 Narón 0,4 30,7 8,9 50,4 9,7 100 Oleiros 0,6 4,6 19,2 65,3 10,3 100 Ribeira 16,4 20,6 5,7 48,8 8,6 100 Santiago de Compostela 0,3 5,4 7,7 78,9 7,6 100 Lugo 1,3 6,9 6,3 76,0 9,4 100 Ourense 0,1 8,6 8,1 73,9 9,2 100 Cangas 6,6 5,4 9,9 65,8 12,3 100 Estrada, A 6,4 12,7 8,3 61,4 11,2 100 Lalín 11,6 16,3 6,7 55,2 10,1 100 Marín 7,2 16,0 4,4 61,8 10,6 100 Pontevedra 0,1 7,5 9,5 73,3 9,6 100 Ponteareas 3,1 11,5 6,9 66,2 12,3 100 Redondela 1,4 16,1 8,4 62,6 11,5 100 Vigo 1,8 19,9 5,3 65,2 7,7 100 Vilagarcía de Arousa 2,0 14,3 5,3 68,4 10,1 100 GALICIA 4,6 17,0 7,1 62,2 9,1 100,0 Fonte: IGE. Produto Interior Bruto Municipal. Base 2010 Entre os resultados máis significativos desta mellora no alcance da publicación están os seguintes: En Ribeira o sector primario achega o 16,4% do PIB municipal. De entre os concellos de máis de 20.000 habitantes é no que o primario ten maior presenza, polo importante peso do sector pesqueiro e acuícola neste concello. En Lalín, o sector primario achega máis dun 11% do PIB. A achega do sector primario nas sete grandes cidades é moi reducido e só en Vigo e Lugo supera o 1% do PIB. 3 decembro 2015 En Narón o 30,6% do PIB provén do sector industrial e enerxético, dato moi superior á media galega (17%). En Ribeira e Vigo a achega do sector secundario aproxímase ao 20%. Nos concellos de Ames, Oleiros, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Cangas e Pontevedra o peso do sector industrial e enerxético non chega ao 10% Destaca a presenza do sector servizos no concello de Arteixo (80%). Outros concellos nos que o sector servizos representa máis do 70% da actividade económica son: Ames, A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e Pontevedra. A nova estimación dos impostos provoca que o peso sexa moi diferente nos concellos. Así, en Arteixo, concello no que hai un volume de actividade moi grande pero non tanto de consumo (o IVE é o principal imposto), a achega dos impostos ao PIB é reducida (4%). Carballeda de Valdeorras e Muras son os concellos cun maior PIB por habitante Se utilizamos o indicador do PIB por habitante a situación muda. Nos primeiros postos aparecen concellos de poboación reducida, xa que de entre os dez concellos con maior PIB por habitante só tres deles superan os 10.000 habitantes (Arteixo, As Pontes e O Porriño). PIB por habitante. Principais concellos. Ano 2012 Datos de PIB por habitante en euros PIB por Concello Poboación habitante Carballeda de Valdeorras 98.866 1.754 Muras 93.809 790 As Pontes de García Rodríguez 78.376 10.875 San Cibrao das Viñas 76.775 4.812 Arteixo 70.939 31.171 As Somozas 70.290 1.323 Cervo 61.854 4.466 Cerceda 59.147 5.319 Rábade 46.459 1.676 O Porriño 41.006 18.304 Fonte: IGE. Produto Interior Bruto Municipal. Base 2010; IGE. Cifras poboacionais de referencia Estes concellos presentan outras características que podemos resumir en tres tipos: 4 decembro 2015 Concellos que teñen un tecido industrial moi consolidado, están próximos a grandes núcleos e teñen acceso a vías de comunicación de alta capacidade: San Cibrao das Viñas, Rábade ou O Porriño, estarían neste grupo. Concellos nos que se emprazou un grupo empresarial: é o caso de Arteixo, As Pontes de García Rodríguez, Cerceda, Cervo ou As Somozas. Nos casos de Cerceda e As Pontes, o sector enerxético é primordial. Concellos nos que se xera un valor engadido moi elevado pola explotación dun recurso natural –a enerxía hidráulica ou eólica fundamentalmente- como ocorre nos casos de Carballeda de Valdeorras ou Muras. DATOS POR COMARCA O PIB da comarca da Coruña foi de 10.432 millóns de euros en 2012, isto é, nesta comarca xerouse o 19,1% da actividade produtiva de Galicia. Na de Vigo o PIB ascendeu a 9.431 millóns de euros, o que representa o 17,3% do total. As seguintes, en orden de magnitude, son as de Santiago, Ourense, Ferrol, Lugo e Pontevedra. Estas sete comarcas achegan o 64,1% do PIB total de Galicia. Produto Interior Bruto. Principais comarcas Datos de PIB en millóns de euros Produto Achega ao PIB Concello Interior Bruto de Galicia (%) 2012 A Coruña 10.432 19,1 Vigo 9.431 17,3 Santiago 4.230 7,7 Ourense 3.180 5,8 Ferrol 2.752 5,0 Lugo 2.627 4,8 Pontevedra 2.364 4,3 O Salnés 1.841 3,4 Barbanza 1.136 2,1 O Morrazo 1.090 2,0 Fonte: IGE.