Carlos Prado Pampín
Total Page:16
File Type:pdf, Size:1020Kb
Carlos Prado Pampín Lugar e data de nacemento: Marín, Pontevedra, maio de 1982 Residencia actual: Calle Alcalde Electo Carballo, 20B, 5ºC, Culleredo, 15174, A Coruña Contacto: 660784608 [email protected] https://www.youtube.com/user/Pampinflas Biografía Carlos Prado Pampín é Xornalista Audiovisual e tamén Técnico Superior de Imaxe. Cando Carlos tiña 8 anos, o seu pai inaugurou un video club en Marín que marcou profundamente a vida do rapaz. Así, iniciouse no mundo audiovisual no ano 2000, cando ingresou na Escola de Imaxe e Son de Vigo, onde obtivo o título de Técnico Superior de Imaxe dous anos despois. Durante os seus estudios neste centro participou coma operador de cámara na gravación de traballos audiovisuais, entre os que destaca o documental “Cruces de Pedra” e a curtametraxe de ficción “En la oscuridad”, protagonizada polo actor galego Luis Zahera. No ano 2002, Prado Pampín comeza a traballar para a Televisión de Galicia como operador de cámara de plató e ENG en diferentes programas informativos e de variedades. Un ano máis tarde comeza os estudios de Xornalismo na facultade de Santiago de Compostela e no ano 2007 obtén a Licenciatura na especialidade de Xornalismo Audiovisual. Mentres realiza a carreira en Santiago, comeza a grabar as súas primeiras curtas e documentais como director e guionista, entre as que destacan “Deus Jano”, “Se desnuda el alma”, “Alí e Alá” e “Encontros na terceira idade”. En xuño de 2007 traballa como locutor e xornalista en Radio Voz, na delegación de Vigo, e tamén no Diario AS como redactor de información deportiva. En 2008, Carlos Prado Pampín ficha pola televisión nacional La Sexta, na delegación de Galicia, onde traballa durante 5 anos realizando directos, novas e reportaxes para esta canle de TV. 1 En marzo de 2008 foi seleccionado entre os catro finalistas da sección paralela do festival de documentais “Play Doc”, celebrado en Tui, para filmar en 48 horas a curta-documental “O Camiño do Burro”, sobre a importancia do burro fariñeiro na comarca do Baixo Miño. Na III edición de “Curtas na rede”, celebrada en outubro de 2008, a súa curta “Vellas”, sobre o amor de dúas mulleres da terceira idade nunha aldea galega, logra tres premios, entre eles o de mellor director e mellor actriz ex aequo para a súa avoa, Amalia Touriño, e a súa veciña de Mogor, Áurea García. “Vellas” tamén foi finalista dos Premios Mestre Mateo 2008 a mellor curta de ficción e finalista do Festival de Cans. “Vellas” conseguiu unha decena de premios e nominacións nacionais e internacionais. En 2013, Prado Pampín fai as maletas e marcha a Madrid para traballar na redacción central de La Sexta televisión. Alí aproveita unha viaxe á Antártida como enviado especial de La Sexta para rodar a mediometraxe documental “Homes de Xeo” sobre a vida dos galegos na Antártida a bordo do buque Hespérides. Despois de 6 anos en Madrid, en decembro de 2018, Pampín retorna a Galicia para traballar na delegación da Sexta na cidade da Coruña onde reside actualmente. Filmografía 2004 / VALLE INCLÁN, UNHA VIDA POR GALICIA / Curta documental / 15 min. / Director e guionista 2005 / DEUS JANO / Curta de ficción / 5 min. / Director e guionista / "PONTE TONTO, PONTE TONTA", XUNTA DE GALICIA – 2005, 2º PREMIO MEJOR CORTO DE FICCIÓN 2005 / SE DESNUDA EL ALMA / Curta documental /15 min. / Director e guionista / "RODRÍGUEZ CADARSO", UNIVERSIDAD SANTIAGO DE COMPOSTELA – 2006, 1º PREMIO MEJOR DOCUMENTAL 2006 / CURRICULUM VITAE / Curta de ficción / 5 min. / Director e guionista / "CURTAS NA REDE", XUNTA DE GALICIA – 2006, 1º PREMIO MEJOR CORTO DE FICCIÓN EN LA CATEGORÍA "XUVENTUDE" 2006 / TEBRAS / Curta de ficción / 5 min. /Director e guionista / "RODRÍGUEZ CADARSO", UNIVERSIDAD SANTIAGO DE COMPOSTELA – 2007, 1º PREMIO MEJOR CORTO DE FICCIÓN 2 2007 / OS XENERAIS DO ULLA / Curta documental / 10 min. / Director e guionista / "RODRÍGUEZ CADARSO", UNIVERSIDAD SANTIAGO DE COMPOSTELA – 2007, 1º PREMIO MEJOR DOCUMENTAL 2007 / ALÍ E ALÁ / Curta de ficción / 5 min/ Director e guionista / "CURTAS NA REDE", XUNTA DE GALICIA - 2007 / 1º PREMIO MEJOR CORTO DE FICCIÓN EN LA CATEGORÍA "INMIGRACIÓN" 2007 / ENCONTROS NA TERCEIRA IDADE / Curta de ficción / 5 min. / Director e guionista / "CURTAS NA REDE", XUNTA DE GALICIA -2007 / ACCÉSIT 2008 / EL CAMINO DEL BURRO / Curta documental / 4 min / Director e guionista / CONCURSO PARALELO “PLAY DOC” DE TUI 2008 / VELLAS / Curta de ficción/ 6 min. / Director e guionista / FINALISTA “MESTRE MATEO” 2008 CURTA DE FICCIÓN/ FINALISTA DO “FESTIVAL DE CANS” DE PORRIÑO CURTA DE FICCIÓN - 2008 / “CURTOCIRCUITO 2009” SECCIÓN CURTAS DE GALICIA / "CURTAS NA REDE", ORGANIZADO POR LA XUNTA DE GALICIA – 2008: 1º PREMIO MEJOR CORTO EN LA CATEGORÍA DE "SEXUALIDADE E XUVENTUDE" - MEJOR DIRECTOR – MEJOR DIRECTOR - MEJORES ACTRICES EX AEQUO – FINALISTA DO “FESTIVAL GALEGO DE CURTAS DE SADA” – 2008 / PREMIO DO PÚBLICO DO “FORMACCION DE VEDRA” – 2009 / E UNHA DECENA DE PREMIOS E SELECCIÓNS EN FESTIVAIS NACIONAIS E INTERNACIONAIS 2015 / A MANO O A MÁQUINA / Curta documental / 3 MIN / Director e guionista / NOTODOFILMFEST 2017 / HOMES DE XEO: GALEGOS NA ANTÁRTIDA / Mediometraxe documental / 40 min / Director e guionista. Fotograma da curta de ficción “Vellas”, de Carlos Prado Pampín 3 .