CONDELLOS CASTROVERDE Anuncio
XOVES, 31 DE MARZO DE 2021 N.º 073 CONDELLOS CASTROVERDE Anuncio Aprobadas pola Xunta de Goberno Local na sesión que tivo lugar o día 24 de marzo de 2021, as bases específicas para a concesión de subvencións para realización de obras e actividades culturais e deportivas por parte de comunidades, agrupacións ou asociacións do Concello de Castroverde, faise público que o prazo de presentación de solicitudes será de corenta días naturais seguintes á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Igualmente, faise público que a documentación atópase a disposición dos interesados nestas oficinas municipais e na páxina web do Concello. Castroverde,25 de marzo de 2021.- O ALCALDE, Xosé María Arias Fernández. R. 0797 A PASTORIZA Anuncio Aprobada inicialmente a desafectación das antigas escolas unitarias de Rigueira, Álvare, Baltar, Bretoña, Corvelle, Crecente, Fonmiñá, Pousada, Reigosa, Piñeiro, Saldanxe, Piñeiro, Úbeda e Vián, en sesión ordinaria celebrada polo Concello Pleno de data 18 de marzo de 2021, de conformidade co artigo 8 do Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais, sométese a información pública polo prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios do Concello da Pastoriza. Durante devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se estimen pertinentes. Así mesmo, estará a disposición dos interesados na sede electrónica deste Concello (http://apastoriza.sedelectronica.gal). A Pastoriza, 23 de marzo de 2021.- O ALCALDE – PRESIDENTE, Primitivo Iglesias Sierra.
[Show full text]