Festival de Cine Internacional de Ourense Rúa da Canle nº 2 – 32004, Ourense, España Apartado 664 – 32080, Ourense, España (+34) 988 618 605
[email protected] www.ouff.org Saúda Alcalde Para salvar a distancia que nos separa de América precisaríamos a cinta de catro mil películas. O Festival de Cine de Ourense, o OUFF, non pretende cubrir o Atlánti- co de celuloide, senón abrirnos a fiestra dun audiovisual que comezaron a semen- tar, moitos anos atrás, destacados pioneiros do cine como Carlos Velo. Nesta vixésimo primeira edición, o OUFF vai pór o foco nese fervedoiro creador que é o cinema iberoamericano, un espello cóncavo no que confrontar as realidades a un lado e ao outro. Pero tamén nas óperas primas, unha alternativa aos novos creadores, talentos emerxentes coas súas renovadas formas e linguaxes sobre his- torias universais. Neste OUFF poderemos seguir a Valente e a Borges, que nun paseo por Bos Ai- res Sur visitaron o patio da Sociedade de Escritores, onde se filmara Invasión, con guión do arxentino: “En la película cuentan una milonga con letra de Jorge Luis Borges”, conta Valente. Que vos parece bailar xuntos esa milonga, que foi a primei- ra que filmou Hugo Santiago, co propio autor? Oportunidades únicas que cobran unha dimensión case máxica no interior dunha sala de cine. Mergullémonos xuntos neste océano de celuloide ollando as diferentes formas de interpretar o mundo a través dunha cámara e -esta é a verdadeira maxia do cine- sobre a pantalla branca. Jesús Vázquez Abad, alcalde de Ourense. 5 Para salvar la distancia que nos separa de América necesita- To bridge the gap that separates us from America we would need ríamos la cinta de casi cuatro mil películas.