Documento distribuído por Álbum de mulleres Liña do tempo http://culturagalega.org/album/linhadotempo.php 11ª versión (13/02/2017) Comisión de Igualdade Pazo de Raxoi, 2º andar. 15705 Santiago de Compostela (Galicia) Tfno.: 981957202 / Fax: 981957205 /
[email protected] GALICIA MEDIEVO - No mundo medieval, as posibilidades que se ofrecen ás mulleres de escoller o marco en que han de desenvolver o seu proxecto de vida persoal son fundamentalmente tres: matrimonio, convento ou marxinalidade. - O matrimonio é a base das relacións de parentesco e a clave das relacións sociais. Os ritos do matrimonio son instituídos para asegurar un sistema ordenado de repartimento de mulleres entre os homes e para socializar a procreación. Designando quen son os pais engádese outra filiación á única e evidente filiación materna. Distinguindo as unións lícitas das demais, as crianzas nacidas delas obteñen o estatuto de herdeiras. - Século IV: Exeria percorre Occidente, á par de recoller datos e escribir libros de viaxes. - Ata o século X danse casos de comunidades monásticas mixtas rexidas por abade ou abadesa. - Entre os séculos IX e X destacan as actividades de catro mulleres da nobreza galega (Ilduara Eriz, Paterna, Guntroda e Aragonta), que fan delas as principais e máis cualificadas aristócratas galegas destes séculos. - Entre os séculos IX e XII chégase á alianza matrimonial en igualdade de condicións, posto que o sistema de herdanza non distingue entre homes e mulleres; o matrimonio funciona máis como instrumento asociativo capaz de crear relacións amplas entre grupos familiares coexistentes que como medio que permite relacións de control ou protección de carácter vertical. - Século X: Desde mediados de século, as mulleres non poden testificar nos xuízos e nos documentos déixase de facer referencia a elas.