10% De Desconto Co Carné Xove En Medio Cento De Establecementos
Total Page:16
File Type:pdf, Size:1020Kb
10% de desconto co Carné Xove en medio cento de establecementos hostaleiros de Galicia A Xunta está a enviar o Carné Xove, que xa é gratuíto e indefinido, ao 100% das mozas e mozos de entre 12 e 30 anos A Xunta de Galicia e o Clúster de Turismo ofrecerán co Carné Xove un desconto do 10% en medio cento de establecementos turísticos da comunidade. polo que unhas 400.000 persoas de entre 12 e 30 anos terán vantaxes na hospedaxe, na compra de produtos ou na adquisición de servizos turísticos en hoteis, casas rurais, cámpings ou balnearios. Unhas vantaxes que son recoñecidas en toda España e nos 40 países europeos adheridos ao programa Carné Xove Europeo. Así mesmo, a Xunta porá en marcha unha aplicación móbil que permitirá ter acceso a un listado de descontos e promocións xeolocalizados e ofreceranse descontos no establecementos locais adheridos á Federación Galega de Xoves Empresarios. Establecementos adheridos Os establecementos que ofrecerán descontos na provincia da Coruña serán: Altavela Servicios Náuticos (Sada), Casa Rural Muiño Das Cañotas (Cariño), Casa Lourán (Monfero), Casas Do Campo (Monfero), Hotel Hesperia A Coruña Centro (A Coruña), Grandes Pequeñas Casas (Santiago de Compostela), Hotel La Terraza (Miño), Hotel Alda El Suizo (Ferrol), Entre Os Ríos Casa Rural (A Pobra do Caramiñal), Vertigo Aventura (Lousame), Asociación Profesional De Guías De Turismo De Galicia (Santiago), Meliá Maria Pita (A Coruña), Hotel Oca Insua (Cee), Hotel Tryp Santiago (Santiago) e Viaxes Galitur (Ferrol). En Lugo os establecementos dispoñibles: O Tumbin Ponte Dos Santos Restaurante (Ribadeo), Aisi Art (Ribadeo), Isla Nova Hotel (Foz), Duerming Villa De Sarria (Sarria), Hotel Pazo De Berbetoros (Portomarín), Balneario Do Río Pambre (Palas de Rei) e Hotel O Val De Naseiro (Viveiro). Na provincia de Ourense faranse descontos en: apartamentos Ribeira Sacra (Parada de Sil), Xuresactivo Experiencias (Lobios), Adegas Celme (Castrelo de Miño), Complexo Turístico Do Couto Mixto (Baltar), Hotel O Balcón Da Ribeira (Parada de Sil) e Carrioza Aloxamento (Parada de Sil). Por último, en Pontevedra atópanse os seguinte establecementos: Casa Rodiño (Meaño), Señorío De Rubiós (As Neves), Hotel Montemar (O Grove), Camping Muiñeira (O Grove), Essenzial Home Galicia (O Grove), Hotel Tryp Los Galeones (Vigo), Hotel Peregrina (Portonovo), Galiwonders (Pontevedra), Hotel Sena (Caldas de Reis), Viajes Fisterra Slu (Sanxenxo), Albergue Rincón Del Peregrino (O Porriño), Adrenalicia Parque De Paintball (O Grove), Alecrin Actividades Y Aventura (Vigo), Camping Liméns (Cangas), Hotel Ría Mar (Meaño), Hotel Gaivota (Sanxenxo), Hotel O Castro (O Grove) e Paris Dakart Área Recreativa (Sanxenxo). .