San Simón ( Wiki Guía)
Total Page:16
File Type:pdf, Size:1020Kb
San Simón ( Wiki Guía) Imaxe CC Juan Mejuto Ben Galego de interese Cultural, Histórico e Natural. Wikilibros de @accioncultural Páxina deliberadamente en branco Páxina deliberadamente en branco Wiki Guía do Arquipélago / Enseada de San Simón. Ben Galego de Interese Cultural, Histórico e Natural. WikiLibros de @accioncultural Olá. Que gusto que estés a mirar este wikilibro. Este mini wiki-libro crease co gallo de unha visita guiada de unha pandilla ó arquipélago das Illas Simón e Antón na Enseada de Cesantes e editase coa intención de ter un documento popular arredor das Illas, e arremuiñar en un só mini-volume os textos wikipédicos que resaltan os valores patrimoniais, históricos e naturais do entorno xeográfico e o seu ecosistema. Querese valorizar a un tempo, coa edición de este mini-volume anacrónico e electrónico tanto as Illas de Simón e Antón como bens Culturais, Históricos e naturais como a Galipedia, a ferramenta de moitas persoas que percuramos a información e a cultura en galego. Animamoste a participar na Galipedia e na edición de este volume mellorando os artigos, aportando documentos escritos e imaxes que enriquezan os contidos, a que insiras novos enlaces a documentación relevante, en definitiva, a que tamén TI sexas participe das aportacións á cultura galega e en galego. Polo demais, agardamos que disfrutedes de esta traballo colectivo que agardamos que sexa unha ferramenta mais para espallar noso patrimonio cultural, histórico e natural. Saúde. Na Galiza, Septembro de 2018. Asociación Acción Comunitaria e Cultural das Coutadas [email protected] Telegram: https://t.me/joinchat/.... Faite Socia: ¿Cómo a s ociarte? Atribución-Compartir igual 3.0 Sen adaptar (CC BY-SA 3.0) Isto é un resumo facilmente lexible do texto legal (licenza completa). Vostede é libre de: Compartir — copiar e redistribuír o material en calquera medio ou formato Adaptar — remesturar, transformar e recrear sobre o material para calquera propósito, incluso comercialmente. ISBN-13: 978-1727047783 ISBN-10: 1727047788 Este libro ten un ISBN asignado por CreateSpace. Edade Media: Mendinho Symphonia de Cantiga 160, Cantigas de Sta. María de Alfonso X Mendinho Na Galipedia, a Wikipedia en galego. Mendiño, Meendinho ou Mendinho, nomes cos que aparece recollido nos cancioneiros galego-portugueses, foi un trobador galego medieval, Mendinho que viviu entre o século XIII e o XIV. Nacemento século XIII probablemente no sur de Galicia Índice Falecemento século XIV Vida valor descoñecido Obra Nacionalidade España Notas Ocupación Trobador, poeta e compositor Véxase tamén Xéneros cantiga de amigo Ligazóns externas [ editar datos en Wikidata ] Vida A súa orixe non está clara, o trobador podería proceder probablemente do sur de Galicia, de localidades coma Redondela ou Vigo. Se atendemos ás referencias xeográficas do seu único poema conservado, procedería da ría de Vigo, pois menciona a Illa de San Simón, en Redondela, aínda que os autores non manteñen unha única postura. A súa cantiga de amigo está considerada entre as máis importantes da lírica trobadoresca galego-portuguesa. A súa composición consérvase na Biblioteca Vaticana e na Biblioteca Nacional de Lisboa. Obra Só se conserva unha única cantiga del, a comezada polo verso Monumento adicado aos poetas, cantores e Sediam'eu na ermida de San Simón. Nela, unha moza espera trobadores da Ría de Vigo, Martín Codax, Pero axexante o seu mozo ou amigo, ata acabar morrendo de amor. Meogo, Mendiño e Paio Gómez Chariño,A fada e Dedicóuselle o premio doDía das Letras Galegas do ano 1998 (xunto o dragón de Xaime Quessada, no Paseo de con Johan de Cangas e Martín Codax). A cantiga[1] está reproducida Alfonso XII de Vigo. a continuación: Sedia-m'eu na ermida de San Simion e cercaron-mi as ondas, que grandes son: eu atendend'o meu amigo, eu atendend'o meu amigo! Estando na ermida ant'o altar, cercaron-mi as ondas grandes do mar: eu atendend'o meu amigo, eu atendend'o meu amigo! E cercaron-mi as ondas, que grandes son, non ei (i) barqueiro, nen remador: eu atendend'o meu amigo, eu atendend'o meu amigo! E cercaron-mi as ondas do alto mar, non ei (i) barqueiro, nen sei remar: eu atendend'o meu amigo, eu atendend'o meu amigo! Non ei i barqueiro, nen remador, morrerei fremosa no mar maior: eu atendend'o meu amigo, eu atendend'o meu amigo! Non ei (i) barqueiro, nen sei remar, morrerei fremosa no alto mar. eu atendend'o meu amigo, eu atendend'o meu amigo! Notas 1. Sediam'eu na ermida de San Simion (http://www.hs-augsburg.de/~harsch/lusitana/Cronologia/seculo14/Mendinho/m en_cant.html), Bibliotheca Augustana. José Joaquim Nunes, Cantigas d'amigo, n. 252, Lisboa 1928. Véxase tamén A Galifontes posúe Ligazóns externas textos orixinais acerca de: Mendinho Trobadores da ría de Vigo na páxina da RAG. Texto da cantiga de Mendinho. Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Mendinho&oldid=4863585" A última edición desta páxina foi o 26 de agosto de 2018 ás 11:05. Todo o texto está dispoñible baixo alicenza Creative Commons recoñecemento compartir igual 3.0; pódense aplicar termos adicionais. Consulte ostermos de uso para obter máis información. Wikipedia® é unha marca rexistrada daWikimedia Foundation, Inc., unha organización sen fins lucrativos. 1702: A batalla de Rande Ludolf Backhuysen Battle of Vigo Bay Dominio Público Batalla de Rande Na Galipedia, a Wikipedia en galego. A batalla de Rande foi unha importante batalla naval librada no estreito de Rande e na enseada de San Simón, no interior da ría Batalla de Rande de Vigo, o 23 de outubro de 1702. Enfrontou ás escuadras das Parte de guerra de Sucesión española coalicións anglo-holandesa e hispano-francesa, dentro do contexto da guerra de Sucesión española. Índice A batalla O tesouro de Rande Notas A batalla de Rande, por Ludolf Backhuysen , pintado Véxase tamén cara a 1702. Bibliografía Outros artigos Data 23 de outubro de 1702 Ligazóns externas Lugar Ría de Vigo ( Galicia) Resultado Vitoria anglo-neerlandesa A batalla Belixerantes España Inglaterra A Frota de Indias, composta por 19 buques escoltados por 22 Francia Provincias Unidas navíos franceses, partira o 11 de xuño desde A Habana cara a Cádiz cun gran cargamento. Á metade de travesía foron Líderes informados de que unha poderosa escuadra anglo-holandesa os Almirante Manuel Almirante sir agardaba no cabo San Vicente, polo que o almirante Manuel de de Velasco y Tejada George Rooke Velasco decide desviarse cara á ría de Vigo, onde entran o 22 de Vicealmirante Lieutenant-Admiral setembro. François Louis de Philips van Almonde Rousselet O comboi buscou refuxio na enseada de San Simón, e axiña se preparou a defensa ao tempo que se requisaron 1.200 carros do Forzas en combate país para transportar as mercadorías cara a Madrid. O paso de 10 790 homes 23 599 homes Rande foi obstruído por unha barreira de toros, cables e pequenas 1.541 canóns 3.115 canóns embarcacións, e foron recrutadas milicias para reforzar os dous Barcos españois: Barcos ingleses: pequenos fortes situados aos dous lados do estreito. 3 galeóns de guerra 32 navíos O 2 de outubro, mentres os ingleses dirixidos por George Rooke 14 galeóns comerciais 7 brulotes atacaron sen éxito Cádiz, a frota española comeza a desembarcar 2 pataches Barcos holandeses: o seu cargamento en Baiona. O 17 de outubro o capitán Hardy, a 1 barco auxiliar 10 navíos bordo do Pembroke, informa a Rooke de que a Frota de Indias se Barcos franceses: retirara cara ao norte pola costa portuguesa, información 15 navíos recollida polo seu Capelán, e o día 18 convocouse un consello de 3 fragatas guerra no buque insignia Royal Sovering no que se decide dirixir 1 brulote a escuadra cara á ría. Baixas O 21 de 2.000 mortos 800 mortos outubro, o 2.000 feridos 500 feridos marqués de Todos os barcos foron Châteaurenault, capturados, que tiña ao seu afundidos ou cargo a custodia incendiados da frota española, decide refuxiarse no fondo da ría, dispoñendo as súas naves para a defensa dos galeóns españois. O día 22 a escuadra anglo-holandesa entra na ría, e fondea pola tarde, baixo o incesante bombardeo doforte de Vigo. O día 23 o duque de Ormond desembarca en Teis con 2.000 homes, e Churchill fai o mesmo en Domaio co obxectivo de atacar e paralizar o bombardeo dos fortes de Corbeiro e Rande. Silenciados os canóns, comezou o ataque por mar. A artillería francesa contivo os primeiros ataques, pero Hopson logrou romper a Ilustración da batalla de Rande en Vinte mil leguas baixo dos mares, de barreira que impedía o paso do estreito a bordo do Torbay, o buque insignia Jules Verne, na edición de Pierre- británico, armado con picos. A frota anglo-holandesa logrou así penetrar no fondo da Jules Hetzel. ría, e ante a falta de espazo para as manobras recorreuse á abordaxe. A loita corpo a corpo combinouse co uso de material incendiario, decidíndose a vitoria pola gran diferenza numérica entre as escuadras. O marqués de Châteaurenault ordenou incendiar os propios barcos cando estaba todo perdido para evitar que caesen nas mans do inimigo. Mentres, Gaspar Antonio de Zúñiga, o príncipe de Barbanzón, capitán xeneral de Galicia, ordenou poñer a salvo o pouco que quedaba por descargar do quinto real, transportándose ata Lugo e dende alí a Segovia. Morreron uns 2.000 homes do bando hispano-francés e uns 800 do anglo-holandés. Ademais, os franceses perderon os seus mellores buques de guerra, e os españois quedaron sen barcos para a carreira de Indias. Se ben a batalla foi axiña silenciada en España (en parte polo éxito no balance total da guerra de Sucesión, coa consolidación dos Borbóns no trono), a vitoria de Inglaterra e Holanda acadou enorme difusión en toda Europa.