Concello De Vigo E a Deputación Provincial De Pontevedra Para Para Levar a Cabo Actuacións Nos Sendeiros Azuis Do Concello
Total Page:16
File Type:pdf, Size:1020Kb
CONCELLERÍA MONTES, PARQUES E DE CONCELLO XARDÍNS PARQUES, XARDÍNS, DE VIGO COMERCIO, EXPEDIENTE: 9069 / 446 TIPO EXPTE: CONVENIO PARA AS ACTUACIÓNS NOS SENDEIROS AZUIS DO CONCELLO SOLICITANTE: Concellería De Montes, Parques E Xardíns MEMORIA XUSTIFICATIVA DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE VIGO E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA PARA LEVAR A CABO ACTUACIÓNS NOS SENDEIROS AZUIS DO CONCELLO : ANTECEDENTES, RAZÓNS DE OPORTUNIDADE E OBXECTIVOS DO CONVENIO I.- A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 12 de febreiro de 2016, entre outros asuntos acordou aprobar o expediente sobre as CANDIDATURAS BANDEIRA AZUL E SENDA AZUL 2016 E PROPOSTA DE ADHESIÓN AO “CONVENIO MARCO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL E OS CONCELLOS DE BAIONA, BUEU, CANGAS, A GUARDA, A ILLA DE AROUSA, NIGRÁN, PONTE CALDELAS, SANXENXO E VIGO PARA LEVAR A CABO ACTUACIÓNS EN SENDEIROS AZUIS”. II.- No proceso de desenvolvemento deste acordo, a Deputación provincial de Pontevedra, remite un novo proxecto de convenio, co cal poder desenvolver o obxecto desta actuación e de forma específica este novo convenio ten por obxecto do presente convenio marco é articular a colaboración entre a Deputación provincial de Pontevedra e o Concello de Vigo para levar a cabo actuacións concretas nos roteiros do concello que contan co recoñecemento como “Sendeiros Azuis”: “SENDA DE RIBEIRA E LITORAL: CAMIÑO Á BEIRAMAR”, “SENDA ENTRE FAROS, ILLAS CÍES-VIGO” e “SENDA LITORAL E DO MONTE DA GUÍA” III.- Dentro das actuacións necesarias nos sendeiros que os servizos técnicos da Concellería de Parques e Xardins contemplan como necesarias, atópanse as obras de mellora dos firmes e señaletica dos seguintes sendeiros: • “SENDA DE RIBEIRA E LITORAL: CAMIÑO Á BEIRAMAR”, • “SENDA ENTRE FAROS, ILLAS CÍES-VIGO” ASINADO POR: Xefe Montes Parques E Xardíns (Gilberto Moldes Crespo) 2016-09-16T11:29:06+02:00 - Área Servizos Xerais (Álvaro Crespo Casal) 2016-09-16T13:46:41+02:00 Concelleiro Xardins Comercio Paticip. Cidada Distritos (Ángel Rivas González) 2016-09-16T15:05:16+02:00 - • “SENDA LITORAL E DO MONTE DA GUÍA” IV.- Co obxecto de estudar as actuacións vinculadas os sendeiros mencionados, foi elaborada unha memoria valorada por parte dos servizos técnicos da Concellería de Parques e Xardíns, ascendendo o orzamentos das obras a Copia auténtica do orixinal - Concello de Vigo Data impresión: 20/02/2017 08:40 Páxina 1 de 10 Expediente 9069/446 Código de verificación: 2EEB4-D28AB-32BBA-2ADB8 Pode validar e/ou obter copia electrónica do documento utilizando o código QR da esquerda ou o código de verificación na dirección da sede electrónica http://www.vigo.org/csv Documento asinado CONCELLERÍA MONTES, PARQUES E DE CONCELLO XARDÍNS PARQUES, XARDÍNS, DE VIGO COMERCIO, 49.997,30 euros. A memoria técnica presentado está composto de memoria, planos e orzamento. FUNDAMENTOS TÉCNICOS E XURÍDICOS I.- O artigo 25. 2. b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local (LRBRL) atribúe ás Administracións municipais competencia propia, no que interesa ao presente convenio, en materia de parques e xardíns. II.- Os artigos 57 da LRBRL e 195 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, Lei de Administración Local de Galicia (LALGA), prevén a cooperación económica, técnica e administrativa entre a Administración Local e a Administración do Estado e das Comunidades Autónomas, tanto en servizos locais coma en asuntos de interese común. As formas e termos da colaboración serán os previstos nas Leis, podendo ter lugar mediante consorcios ou convenios administrativos que subscriban as partes. III.- Os artigos 88 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (LRJPAC), 111 do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das Disposicións legais vixentes de réxime local (TTRRL) e o artigo 25 do Real Decreto Legislativo 3/2011, de 14 de noviembre, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público (TRLCS) contemplan que as Administracións Públicas poderán celebrar acordos, pactos, convenios e contratos, con persoas tanto de dereito público como privado sempre que non sexan contrarios ao ordenamento xurídico ou versen sobre materias non susceptibles de transacción e teñan por obxecto satisfacer o interese público encomendado, co alcance, efectos e réxime xurídico específico que en cada caso prevea a disposición que o regule. IV.- O artigo 4 do texto refundido do TRLCSP, regula como excluídos do ámbito subxectivo do TRLCSP, os convenios de colaboración que celebre a Administración Xeral do Estado coas entidades xestoras e servizos comúns da Seguridade Social, as Universidades Públicas, as Comunidades Autónomas, as ASINADO POR: Xefe Montes Parques E Xardíns (Gilberto Moldes Crespo) 2016-09-16T11:29:06+02:00 - Área Servizos Xerais (Álvaro Crespo Casal) 2016-09-16T13:46:41+02:00 Concelleiro Xardins Comercio Paticip. Cidada Distritos (Ángel Rivas González) 2016-09-16T15:05:16+02:00 - Entidades locais, organismos autónomos e restantes entidades públicas, ou os que celebren estes organismos e entidades entre si, salvo que, pola súa natureza, teñan a consideración de contratos suxeitos a esta Lei. VI.- O convenio consta dunha parte expositiva e once cláusulas. O obxecto do convenio é establecer e concretar o réxime de colaboración entre o Concello de Copia auténtica do orixinal - Concello de Vigo Data impresión: 20/02/2017 08:40 Páxina 2 de 10 Expediente 9069/446 Código de verificación: 2EEB4-D28AB-32BBA-2ADB8 Pode validar e/ou obter copia electrónica do documento utilizando o código QR da esquerda ou o código de verificación na dirección da sede electrónica http://www.vigo.org/csv Documento asinado CONCELLERÍA MONTES, PARQUES E DE CONCELLO XARDÍNS PARQUES, XARDÍNS, DE VIGO COMERCIO, Vigo e Deputación Provincial de Pontevedra para o financiamento da execución para levar a cabo actuacións nos sendeiros azuis do Concello de Vigo, e de forma concreta nos roteiros do concello que contan co recoñecemento como “Sendeiros Azuis”: “SENDA DE RIBEIRA E LITORAL: CAMIÑO Á BEIRAMAR”, “SENDA ENTRE FAROS, ILLAS CÍES-VIGO” e “SENDA LITORAL E DO MONTE DA GUÍA”. Os pactos que se incorporan ao mesmo estímanse conformes ao interese público municipal. CONCLUSIÓN: De acordo cos antecedentes e fundamentos citados, en desenvolvemento do protocolo de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Vigo referido nos antecedentes considerase oportuna e de interese público municipal a aprobación do convenio para levar a cabo actuacións nos sendeiros azuis do Concello de Vigo, e de forma concreta nos roteiros do concello que contan co recoñecemento como “Sendeiros Azuis”: “SENDA DE RIBEIRA E LITORAL: CAMIÑO Á BEIRAMAR”, “SENDA ENTRE FAROS, ILLAS CÍES- VIGO” e “SENDA LITORAL E DO MONTE DA GUÍA” que se xunta como Anexo I Vigo, na data da sinatura dixital O Xefe do Servizo de Montes, Parques e Xardíns Gilberto Moldes Crespo Conforme.- Asinado dixitalmente polo Xefe de Área de Servizos Álvaro Crespo Casal Concelleiro da Area de Parques, Xardíns, Comercio, Participación Cidadá e Distritos. Ángel Rivas González ASINADO POR: Xefe Montes Parques E Xardíns (Gilberto Moldes Crespo) 2016-09-16T11:29:06+02:00 - Área Servizos Xerais (Álvaro Crespo Casal) 2016-09-16T13:46:41+02:00 Concelleiro Xardins Comercio Paticip. Cidada Distritos (Ángel Rivas González) 2016-09-16T15:05:16+02:00 - Copia auténtica do orixinal - Concello de Vigo Data impresión: 20/02/2017 08:40 Páxina 3 de 10 Expediente 9069/446 Código de verificación: 2EEB4-D28AB-32BBA-2ADB8 Pode validar e/ou obter copia electrónica do documento utilizando o código QR da esquerda ou o código de verificación na dirección da sede electrónica http://www.vigo.org/csv Documento asinado CONCELLERÍA MONTES, PARQUES E DE CONCELLO XARDÍNS PARQUES, XARDÍNS, DE VIGO COMERCIO, ANEXO: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL E O CONCELLO DE VIGO PARA LEVAR A CABO ACTUACIÓNS NOS SENDEIROS AZUIS DO CONCELLO En Vigo, ____ de _____________ de 2016 REUNIDOS Dunha parte Dª María del Carmen Silva Rego, na súa condición de presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúe o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local. Doutra D. Abel Caballero Álvarez, alcalde-presidente do Concello de Ponte Caldelas, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 124.4.a) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local. E actuando Dª Mª Concepción Campos Acuña en calidade de secretaria do Concello de Vigo, e D. Carlos Cuadrado Romay en calidade de secretario xeral da Deputación de Pontevedra, dando fe do acto que se celebra. As partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio marco, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas EXPOÑEN I.- Que a Deputación busca garantir un equilibrio no territorio da provincia entre o medio rural e urbano, o interior e a costa, que permita o desenvolvemento económico da totalidade do territorio e que todos os cidadáns teñan unhas óptimas condicións de vida, con independencia do seu lugar de residencia, potenciando e apoiando a prestación de servizos por parte dos concellos, como Administración máis próxima ós administrados e como motor do ASINADO POR: Xefe Montes Parques E Xardíns (Gilberto Moldes Crespo) 2016-09-16T11:29:06+02:00 - Área Servizos Xerais (Álvaro Crespo Casal) 2016-09-16T13:46:41+02:00 Concelleiro Xardins Comercio Paticip. Cidada Distritos (Ángel Rivas González) 2016-09-16T15:05:16+02:00 - desenvolvemento económico-social. II.- Que na actualidade, Pontevedra é a provincia con máis Sendeiros Azuis recoñecidos, once en total, situados nos concellos de Baiona, Bueu, Cangas do Morrazo, A Guarda, A Illa de Arousa, Marín, Nigrán, Ponte Caldelas, e Vigo.