CONCELLO DE CARBALLEDA DE AVIA C/Castelao, 4 Teléfono 988487000 Fax 988487176
Total Page:16
File Type:pdf, Size:1020Kb
CONCELLO DE CARBALLEDA DE AVIA C/Castelao, 4 Teléfono 988487000 Fax 988487176 SESION ORDINARIA DO PLENO CELEBRADA O DIA 4 DE ABRIL DE 2.008 ASISTENTES: Alcalde-Presidente: D. Luis Milia Méndez Concelleiros: D. Ramiro Viéitez Rodríguez Dª Concepción López González D. Luis Rodríguez Fernández D. Emilio Sousa Bande D. Manuel Luis Alvárez Todea Dª Ana María Alonso Araujo D. Lorenzo González Rodríguez D. Serafín Saavedra Martínez Secretaria: Dª Marta Rey Lama En Carballeda de Avia, sendo as vinteunha horas, trinta minutos do día 4 de Abril de 2.008, no Salón de Sesións da Casa Consistorial, se reunen os Sres. Concelleiros arriba reseñados, o obxeto de celebrar sesión ordinaria do Pleno, en primeira convocatoria. Preside o Sr. Alcalde, D. Luis Milia Méndez, actuando de Secretaria a titular Dª Marta Rey Lama. Aberto o acto pola Presidencia se pasa ó debate dos asuntos comprendidos no Orde do Día que son os seguintes: 1. ACTAS ANTERIORES. Por non formularse reclamacións as actas da sesión anterior celebradas o día 25 de Xaneiro e 12 de Febreiro de 2.008, decláranse aprobadas. 2. APROBACION DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DE TAXA POLO SUMINISTRO DE AUGA. Dase conta do proxecto da Ordenanza Fiscal reguladora da Taxa polo suministro de auga, informada en sentido favorable pola Secretaría- Intervención e pola Comisión Informativa Especial de Facenda e Contas. O Sr. Alcalde informa aos asistentes que todo servizo precisa dunha taxa para regular o pago do mesmo, e que próximamente se vai suministrar a auga polo Concello, xa que ata agora existían traidas de auga veciñais, sendo voluntario para os veciños acceder ao servizo de auga do Concello; estase a ultimar un proxecto de abastecemento para a zona de Abelenda, Casares, etc, que se financiará pola Consellería de Medio Ambiente, que xuntamente coa obra de abastecemento rematada recentemente importa un total de 2.500.000 de euros en subvencións. As traidas actuais presentan problemas sanitarios que se controlan neste intre con sistemas de filtración, pero no futuro non van poder cumprir a normativa comunitaria, polo que se prevé a sua desaparición. Na ordenanza contémplase unha tarifa mensual de 3,21 euros para usos domésticos e de 5,50 euros para usos industriais, así como unha tarifa de enganche de 45 euros, e unha penalización do consumo de mais de 20 m3; os contadores deberán ser homologados, e poderán poñelos os propios veciños, ou ben o Concello cobrándolles o seu coste. Intervén o Portavoz do Grupo do P.P., Sr. González Rodríguez, que manifesta que a Ordenanza ten moitos vacíos, como o tema do seguro de responsabilidade civil, tendo en conta que, de conformidade co o Concello será responsables dos danos causados polo mal funcionamento do servizo, e o comenzo do suministro de auga por parte do Concello e ademais non se aclara quen vai ser a persoa encargada dos contadores, respondendo o Sr. Alcalde que a tramitación da Ordenanza tardará como mínimo un mes e medio, dado que ten que exporse ao público durante trinta días, mediante edicto publicado no B.O.P., e o seguro de responsabilidade civil se contrata de forma xeral para responder dos danos causados por todos os servizos municipais, non soamente para oa servizo de abastecemento de auga, e o suministro vai comenzar a próxima semán; en canto ao control de contadores, no seu momento será designada e persoa responsable. Non habendo mais intervencións, sométese o asunto a votación, acordándose por maioría, con sete votos a favor e duas abstencións, (votando a favor o Sr. Alcalde, e os Sres. Viéitez Rodríguez, López González, Rodríguez Fernández, Sousa Bande, Alvarez Todea, y Alonso Araujo, y absteniéndose os Sres. González Rodríguez e Saavedra Martínez), aprobar provisionalmente a Ordenanza da Taxa reguladora polo suministro de auga, e sometela ao trámite de información pública durante o prazo de trinta días, de conformidade co disposto na Lei reguladora das Facendas Locais. 3. APROBACION DE CONVENIO CO CONCELLO DE MASIDE PARA ADQUISICION DUN TRACTOR MULTIUSOS. O Sr. Alcalde informa a Corporación que preténdese adquirir conxuntamente co Concello de Maside un tractor que prestará diversos servizos como camión grúa, consistentes en reparación de alumeados, construcción de muros de contención, retirada de árbores, desbroces, etc, que servirá de apoio a brigada de obras, e xa existe unha oferta dunha empresa que reune condicións moi ventajosas, independentemente de que podan solicitarse mais ofertas no momento de tramitar o expediente de contratación. Intervén o Portavoz do Grupo do P.P., Sr. González Rodríguez, que pregunta por qué non se solicita unha subvención para esta finalidade, aproveitando a circunstancia de que os dous Concellos son do mesmo cor político que os responsables das Consellerías, respondendo o Sr. Alcalde, que o tractor que está subvencionado é obxeto do seguinte punto da Orde do Día, que foi adquirido polo Concello de Rivadavia, coa subvención da Xunta, pero co compromiso de que fora compartido con este Concello, e ademais este tipo de tractor soo serve para desbrozar e habería que aportar moito mais diñeiro que no caso do tracto multiusos, que ten un brazo extensible de 15 metros e unha cesta para reparar os alumeados, tendo polo tanto funcións distintas. O Sr. González Rodríguez pregunta como se vai financiar dita inversión, respondendo a Secretaria que con fondos municipais, proponiendo o Sr. González que, no caso de ser posible, se solicite subvención para adquirir o devandito tractor. Non habendo mais intervencións acórdase por unanimidade aproba-lo convenio de colaboración co Consello de Maside que ten por obxeto a adquisición dun tractor multiusos, financiando cada un dos Concellos o 50% do seu coste, cun tipo máximo de licitación de 37.000 euros, e comprometéndose o Concello de Carballeda de Avia a tramita-lo expediente de contratación de conformidade coa lexislación aplicable aos contratos das Administracións Públicas e instar no seu momento do Concello de Maside o abono do 50% do prezo. 4. APROBACION DE CONVENIO CO CONCELLO DE RIBADAVIA PARA UTILIZACION DUN TRACTOR DESBROZADORA. Polo Sr. Alcalde infórmase do convenio concertado entre a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e o Concello de Ribadavia para adquisición dun tractor desbrozadora; na mesma época concertouse outro convenio de iguais características entre o a devandita Consellería e o Concello de Piñor, e como consecuencia deste, se suscribiu un convenio entre os Concellos de Carballiño e Piñor para a utilización conxunta do tractor; no caso de Rivadavia e Carballeda, se lle daría mais uso por este Concello, xa que o de Rivadavia ten poucas zonas rurais. Polo exposto se propón a Pleno a aprobación do convenio de colaboración entre este Concello e o Concello de Ribadavia que ten por obxeto a utilización do tractor de forma conxunta polos dous Concellos, comprometéndose o Concello de Carballeda de Avia a aboar o 50% dos gastos de mantenemento. Non habendo intervencións resulta aprobada por unanimidade a proposta de Alcaldía. 5. MOCION PRESENTADA POLO GRUPO POLITICO DO P.P. RELATIVA A PRESTACION DO SERVIZO DE CORREOS. Se da conta da moción presentada polo Portavoz do Grupo do Partido Popular, relativa a prestación do servizo de Correos, na que expón que o Regulamento Rector da Prestación dos Servizos Postais, aprobado polo Goberno reduce a obriga de entregar a correspondencia cinco días a seman, creándose a figura dos entornos especiais nos que se elimina a entrega domiciliaria, realizándose a entrega a través de buzóns individuais non domiciliarios e casilleiros concentrados pluridomiciliarios; dentro do concepto de entornos especiais están incluidas as vivendas ailladas ou situadas en entornos cualificados coma diseminados que estean situadas a mais de 250 metros da vía pública habitualmente utilizada por calquera dos servizos públicos, resultando especialmente afectado o rural galego. Polo exposto se propón ao Pleno a adopción dun acordo no que se inste ao Ministerio de Fomento a prestación eficaz do servizo postal universal en condicións de igualdade e non discriminación polo lugar de residencia. O Sr. González Rodríguez, Portavoz do P.P., expón que hai Concellos de Galicia que resultan moi afectados por esta normativa, e moitos veciños terían que desprazarse ao buzón por non contar coa entrega da correspondencia no propio domicilio, e ademais non queda garantizada a inviolabilidade da correspondencia por establecerse o sistema de buzóns comúns. Intervén a Portavoz do Grupo do PSdeG-PSOE, Sra. López González, que manifesta que o seu grupo político entende que a moción ten carácter electoralista, xa que o Real Decreto a que se refire aprobouse en Maio do 2.007, e o Partido Popular esperó ata o mes de Febreiro para presentar dita moción en todos os Concellos, e ademais a lei vixente sobre a privatización de correos aprobouna o goberno do citado partido no ano 1.998, polo que o que se pretende é crear alarma social, xa que se prevén unhas condicións específicas para as vivendas ailladas e os buzons comúns se ubicará jun punto entre as vivendas e entre a vía pública, e ademais no Decreto contémplase que o reparto vaise facer cinco días a seman, polo que non se vai reducir. Intervén o Sr. Saavedra Martínez, que expón que hai que ter en conta que en este Concello a maioría dos veciños son mayores de 65 anos. A Sra. López González responde que o Presidente de Correos comprometeuse a non aplicar en Galicia este Decreto, e ademais a normativa referente as vivendas que se atopan a mais de 250 m. da vía públicas utilizadas polos servizos públicos, non afecta prácticamente a este termo, xa que o camión de recollida de lizo pasa por case todas as vías, e non hai vivendas que teñan esta distancia, estando claro que non se vai a aplicar en nosos núcleos. O Sr. Alcalde recorda que esta Lei de privatización de Correos aprobouse co Goberno do Sr.