Terra De Ordes: Un Océano De Prados Verdes Ramón Vilar Landeira

Total Page:16

File Type:pdf, Size:1020Kb

Terra De Ordes: Un Océano De Prados Verdes Ramón Vilar Landeira Terra de Ordes: un océano de prados verdes Ramón Vilar Landeira Unha iniciativa da Co apoio da Comezamos este particular percorrido polas terras de Ordes nunha das súas estremas. Estamos na Serra de Montemaior e máis concretamente na Pena Cerdeira que, cos seus 595 metros de altitude, é o punto máis elevado da comarca. Dende esta atalaia granítica, onde se funden as terras de Ordes e Bergantiños, tamén podemos albiscar a da Coruña e as de máis aló do Tambre. Estamos no interior, pero non tanto para que, nos días máis claros, non poidamos ver ao lonxe un bocado do Océano Atlántico. A Pena Cerdeira pertence á parroquia de Rodís (Cerceda). Mais aquí todo o mundo coñece este curuto como o Monte do Castelo. Non hai constancia de ningunha fortificación mais si da existencia nunha das ladeiras dun dolmen do que xa non queda nin rastro. Nos seus cadernos de viaxe o escritor Carré Aldao documentou a súa existencia. A lembranza deste monumento xa só queda na memoria da xente de máis idade e tamén nas inevitables lendas asociadas. É este un percorrido persoalísimo: por iso, prezado lector, teño venia para comezar na miña parroquia de orixe que con máis de 25 quilómetros cadrados é unha das máis extensas de toda a bisbarra. A súa capital é unha aldea que leva por nome O Adro. O visitante que se achegue ata ela atopará apenas dúas casas habitadas cabo dunha igrexa que conserva elementos románicos na súa construción e que conta no seu interior cun retablo que é réplica exacta do que hai no templo compostelán de San Martiño Pinario. Cabo do inmoble relixioso podemos atopar dous sartegos altomedievais e unhas oliveiras centenarias que causarán a sorpresa do visitante. Non deberiamos marchar destas terras sen facer un alto na casa reitoral, no lugar de Vilameán. Hoxe pechada e tristemente abandonada, é sen dúbida a vivenda de maior valor arquitectónico da parroquia, á que non lle falta un coqueto reloxo solar nunha das súas esquinas. Seguimos polo municipio de Cerceda e pasamos por Xesteda, unha parroquia pequena que segue a ser o orgulloso corazón gandeiro deste concello. Chama a atención as diferentes tonalidades dos seus pastos, regados por un dos principais ríos desta comarca: o Lengüelle. Unha das visitas obrigadas nesta freguesía é a Estación de Londoño, hoxe abandonada e en estado ruinoso, semella un grandioso casarío vasco varado no medio da nada que amosa ás claras a importancia que tivo o tren nestas terras ao longo da segunda metade do século XX. En Cerceda capital hai que facer parada obrigada no fermoso Pazo de Lavandeiras. É esta unha construción do século XVII que mostra quen ostentaba en tempos o poder nestas terras. Non é a única casa fidalga do municipio: en Queixas consérvase parte do Pazo de Boedo e, dentro dos terreos dunha multinacional enerxética, está o Pazo- Torre de Gontón das Encrobas. Poucas parroquias rurais tiveron na historia galega recente a importancia das Encrobas. O que ata o 1977 era un fértil val coñecido polas súas árbores froiteiras e as súas boas colleitas é hoxe terra esquilmada. A parroquia quedou reducida á súa mínima expresión debido á explotación mineira do carbón. Aquel inmenso burato a ceo aberto converteuse agora nun lago. Debaixo destas augas mouras tivo lugar a última gran revolta agraria. A pegada daquelas mobilizacións quedou inmortalizada pouco despois nos versos de Manuel María musicados por Fuxan Os Ventos na célebre “Cantiga das Encrobas”. Deixamos Cerceda para irmos ao encontro de Tordoia. Debo advertirlle ao lector que sinto unha predilección especial por este municipio. Son estas terras labradas durante milleiros de anos por mulleres e homes. Nas últimas décadas o municipio viu como se reducía dramaticamente o seu censo e como a poboación se avellentaba. Mais este lamentable dato non lle resta nin un ápice de fermosura a unha Tordoia que garda na súa alma ese «corazón da Europa campesiña que todos temos dentro sen dicilo», como escribía Méndez Ferrín en Con pólvora e magnolias. E non é posible falar de Tordoia sen referírmonos a unha das xoias do patrimonio comarcal e un dos mellores exemplos da arquitectura neolítica no noso país: o dolmen de Cabaleiros. Datado no terceiro milenio antes de Cristo, atópase a poucos centos de metros da capital do concello (A Pontepedra) en dirección ao núcleo da Tablilla (Cerceda). Se o viaxeiro quere entrar noutro lugar máxico non ten que saír de Cabaleiros. No lugar de Seixán está A Pena Longa, unha curiosa formación rochosa que conta cunha pena de algo máis de catro metros de altura. Mais é Tordoia terra de augas, como ben mostra o propio escudo do concello. Por iso, á marxe dos seus múltiples ríos e regatos, quero reparar aquí na Férveda de Anxeriz, de visita obrigada nos meses de outono e de inverno. Tamén podemos perdernos pola pequena Irlanda que é Gorgullos. Parte desta freguesía está mergullada dende os anos 70 baixo as augas do encoro de Vilagudín, que se construíu como lago de apoio á térmica de Meirama. Alí deitan a súa auga os ríos Cabalar e Mordón, nun pequeno mar interior rodeado de outeiros verdes. Camiño de Compostela, e deixando atrás Tordoia, entramos en Trazo: o mundo agrogandeiro a escasos quilómetros da capital. Son estas terras propiedade do cantareiro río Tambre. Paga a pena achegarse a área recreativa de Chaián, xa no linde con Santiago. Gozaremos dunha praia fluvial rodeada dunha exuberante vexetación de ribeira. Non faltan diminutas illas que o viaxeiro pode visitar atravesando pontes de madeira. O río Tambre separa os municipios de Trazo e de Compostela. Nos confíns do primeiro municipio, en Xavestre, hai que cruzar a Ponte Albar para chegar a terras santiaguesas. A ponte de sillaría con cinco arcos de medio punto é un dos mellores exemplos de arquitectura civil da comarca ordense. A estrutura orixinal foi ensanchada para mellorar o tránsito dos vehículos. Tampouco podemos deixar Xavestre sen visitar as chamadas Construcións do río Chonia. Neste pequeno río, afluente do Tambre, atopamos unha excepcional mostra da nosa arquitectura popular: muíños, batáns e vellas fábricas de electricidade. Na parroquia de Restande, entre grandes prados, érguese fachendoso o Pazo de Vilacoba, un exemplo do poderío da baixa nobreza. Esta é ocasión tamén de coñecer á veciña parroquia de Benza para gozar da súa igrexa, que data do século XII. Facemos parada en Oroso, o único concello da bisbarra que aumentou notablemente a poboación nas últimas décadas. A súa proximidade a Compostela fixo que a súa capital, Sigüeiro, se convertese nunha especie de barrio periférico da cidade. Máis aló do boom urbanístico, é este un concello que agocha un considerable patrimonio histórico e natural. Aí está a transitada Ponte Sigüeiro, que Fernán Pérez de Andrade mandou erguer no século XIV e que sería modificada un século despois. Nas inmediacións deste viaduto tivo lugar en 1846 a batalla entre tropas gobernamentais e os chamados provincialistas (Mártires de Carral). Preto de Sigüeiro, tamén na ribeira do Tambre, atopamos unha das mellores áreas naturais desta comarca: a Illa do Refuxio, unha fermosa insua no medio do río, rodeada de bidueiros e carballos. Un lugar onde o viaxeiro pode sentirse coma unha especie de Robinson Crusoe, sen máis compaña que o rosmar da auga. Na parroquia dos Ánxeles é ben facer parada no chamado Pazo de Meimixe, vinculado á familia de Castro. Naquel solar fidalgo habemos atopar un dos hórreos máis curiosos do país, de tamaño estratosférico. Neste municipio hai unha forte pegada castrexa. En total están catalogados 16 castros. Destaca o chamado castro de Recouso, na parroquia de Marzoa, onde se descubriu en 1921 un famoso tesouro. Saltamos ao veciño municipio de Frades, a reparar nun pequeno monllo de lugares que o viaxeiro non debe pasar por alto. Comezamos pola Ermida de San Nicolás. Nun bosque de piñeiros e carballos a modesta capela érguese á sombra dun souto. Dende aquel lugar pode verse unha panorámica de boa parte do concello fradense. Na parroquia de atención ao topónimo Galegos cómpre facer parada no chamado Pazo de Galegos. Neste inmoble, vinculado noutrora ás potentadas familias Mosquera Pimentel e Enríquez Novoa, chegou a durmir a raíña María de Neoburgo, segunda esposa de Carlos II. Este feito quedou gravado na propia pedra do pazo. Non deixamos Frades sen tomar respiro na coñecida como Presa de Ponte Carreira, unha fermosa área recreativa que tamén está á beira do Tambre e que ten sido declarada lugar de interese comunitario. Lindando con terras de Betanzos, chegamos ao concello de Mesía. Primeiro visitamos a Torre Fortaleza de Mesía. Hoxe pouco máis que unhas ruínas, este edificio militar de principios do século XIV controlaba nada menos que 45 parroquias. O inmoble foi derrubado en 1467 no marco da revolta irmandiña. Famosa tamén é a chamada Casa Grande de Xanceda. Nela residiron o xornalista Felipe Fernández Armesto e a política conservadora María Victoria Fernández-España. O matrimonio puxo en marcha unha gran explotación leiteira na década dos 60. Hoxe, a casona, é o centro neurálxico dunha empresa familiar dedicada á produción de leite e iogures ecolóxicos. Dunha das casas con máis influencia na comarca pasamos á doutro personaxe que marcou a historia galega do século XX: Benigno Andrade García, Foucellas. A humilde casa natal deste célebre guerrilleiro antifranquista mantense en pé na parroquia de Cabrui, no mesmo lugar que lle deu nome: As Foucellas. Nesta mesma freguesía podemos atopar a pegada dun dos máis importantes arquitectos galegos do século XX: Antonio Tenreiro Rodríguez. Sendo aínda un principiante recibiu o encargo de facerlle unha casa a un alto mando militar. O curioso inmoble, hoxe dedicado ao turismo rural, é coñecido como a Casa do Coronel.
Recommended publications
  • Listaxe Vacantes Concurso De Traslados 2021 (Ctpa)
    06/07/2021 LISTAXE VACANTES CONCURSO DE TRASLADOS 2021 (CTPA) PROVINCIA CONCELLO UNIDADE VACANTES MOTIVO VACANTE A CORUÑA A CORUÑA T.S.X. SECRETARIA DE GOBIERNO 1 XUBILACION A CORUÑA A CORUÑA T.S.X. SALA CONT-ADTVO. A CORUÑA 1 XUBILACIÓN A CORUÑA A CORUÑA T.S.X. SALA SOCIAL A CORUÑA 1 XUBILACIÓN A CORUÑA A CORUÑA XDO.PRIM.INST.N. 4 A CORUÑA 1 EXCEDENCIA A CORUÑA A CORUÑA XDO.PRIM.INST.N. 5 A CORUÑA 1 CONCURSO DE TRASLADOS A CORUÑA A CORUÑA XDO. DO SOCIAL N. 4 A CORUÑA 1 XUBILACIÓN A CORUÑA A CORUÑA XDO. DO SOCIAL N. 7 A CORUÑA 4 NOVO XULGADO A CORUÑA A CORUÑA XDO. DO PENAL N. 2 A CORUÑA 1 CONCURSO DE TRASLADOS A CORUÑA A CORUÑA XDO. DO PENAL N. 4 A CORUÑA 1 CONCURSO DE TRASLADOS A CORUÑA A CORUÑA XDO.CONT-ADTVO N.1 A CORUÑA 1 XUBILACIÓN A CORUÑA A CORUÑA XDO. MERCANTIL N. 1 A CORUÑA 1 CONCURSO DE TRASLADOS A CORUÑA A CORUÑA REXISTRO CIVIL EXCLUSIVO A CORUÑA 1 XUBILACIÓN A CORUÑA CARBALLO XDO.PR.INST.E INSTR.N. 1 CARBALLO 1 CONCURSO DE TRASLADOS A CORUÑA CARBALLO XDO.PR.INST.E INSTR.N. 2 CARBALLO 1 XUBILACIÓN A CORUÑA FERROL XDO.PRIM.INST.N. 2 FERROL 1 XUBILACIÓN A CORUÑA FERROL XDO. DO SOCIAL N. 2 FERROL 1 XUBILACIÓN A CORUÑA FERROL DECANATO. SERVICIO DE NOTIFICACIÓNS E EMBARGOS FERROL 1 XUBILACIÓN A CORUÑA NEGREIRA XDO.PR.INST.E INSTR.N. 1 NEGREIRA 3 CONCURSO DE TRASLADOS / EXCEDENCIA A CORUÑA NOIA XDO.PR.INST.E INSTR.N.
    [Show full text]
  • Relación De Acuerdos Adoptados Por La Diputación Provincial De a Coruña En La Sesión Plenaria Ordinaria De 9 De Septiembre De 2016
    RELACIÓN DE ACUERDOS ADOPTADOS POR LA DIPUTACIÓN PROVINCIAL DE A CORUÑA EN LA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA DE 9 DE SEPTIEMBRE DE 2016. Actas 1.-Aprobación del acta de la sesión anterior, número 7/2016, del 29 de julio. 2.-Toma de conocimiento de las resoluciones dictadas por la Presidencia, de la número 18001 a la número 20700, de 2016. 3.-Toma de conocimiento de las resoluciones de la Presidencia siguientes: Números 18441 del 02/08/2016 y 19291 del 18/08/2016 sobre cese de personal eventual. Números 18442 del 02/08/2016, 18444 del 02/08/2016 y 19289 del 18/08/2016 sobre nombramiento de personal eventual para realizar funciones señaladas legalmente como de confianza y asesoramiento. Núm. 6929, del 30/03/2016, 7697 del 12/04/2016 y 7698 del 12/04/2016 sobre cese de personal eventual. Comisión de Cultura y Normalización Lingüística 4.-Aprobación de la concesión de subvención nominativa a la Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega para financiar la programación del año 2016 y aprobación del correspondiente convenio. Comisión de Bienestar Social, Educación y Políticas de Igualdad de Género 5.-Aprobación del convenio de colaboración entre la Diputación de A Coruña y la Mancomunidad de Municipios de la Comarca de Ordes, para la financiación de los servicios sociales básicos de la Mancomunidad de municipios de Ordes (Frades, Ordes y Oroso) en 2016. Comisión de Contratación, Patrimonio y Equipamiento 6.-Aprobación del convenio de colaboración entre la Diputación Provincial de A Coruña y el Club de Remo de Ares para financiar la adquisición de una furgoneta.
    [Show full text]
  • Mercado De Traballo 2005 Información Comarcal
    Mercado de Traballo 2005 Información comarcal Santiago de Compostela, 2005 Instituto Galego de Estatística Complexo Administrativo San Lázaro San Lázaro, s/n 15703 Santiago de Compostela Tfno.: 981-541589 (de 9 a 14 horas) Fax: 981-541323 e-mail: [email protected] http://www.ige.xunta.es Elaboración Instituto Galego de Estatística Edita Xunta de Galicia Consellería de Economía e Facenda Colección Área de estatísticas sociais Dep. legal C-2308-2005 Deseño da portada Imago Mundi Tiraxe 200 exemplares Imprime Cen-pes ÍNDICE Introdución............................................... 3 Situación xeral do mercado laboral.......... 5 Situación do mercado laboral segundo xénero...................................................... 13 Situación do mercado laboral segundo sector económico............................................... 22 Situación do mercado de traballo segundo relación laboral.......................................... 27 Condicións no traballo............................... 32 Colectivos laborais..................................... 37 INTRODUCIÓN táboas se publican na páxina web http://www.ige.xunta.es, no apartado de Mercado de traballo é unha actividade traballo e protección social e no Banco de estatística anual elaborada polo Instituto datos comarcal no mesmo apartado. Por outra Galego de Estatística (IGE) e incluída dentro banda, o IGE planeou elaborar un folleto no do Plan Galego de Estatística e no Programa que se inclúan táboas e comentarios que Anual 2005. Esta actividade enmárcase dentro versen sobre algún aspecto do mercado
    [Show full text]
  • Las Actividades Empresariales Y El Territorio
    Las actividades empresariales y el territorio 4.1 Análisis por provincias 4.1.1 Estructura empresarial provincial En este apartado analizaremos cómo se distribuyen en cada una de las provincias gallegas, las 18.807 empresas con sede social en la Comunidad recogidas en este informe, los ingresos y el valor añadido generados. Además se estudiarán la fragmentación sectorial, la estructura empresarial y el tamaño de las empresas. En la siguiente tabla se observa la distribución de la muestra de empresas en cada una de las provincias de Galicia: Distribución provincial de las empresas, ingresos y valor añadido bruto, 2009 52,56% empresas Ingresos 2009 V.A.B.cf. 2009 A Coruña 48,60% 38,67% nº % mill. euros % mill. euros % 7,50% 7.273 38,67% 31.580,42 48,60% 7.501,06 52,56% A Coruña Lugo 7,52% 12,37% Lugo 2.326 12,37% 4.887,19 7,52% 1.070,47 7,50% 6,57% Ourense 1.916 10,19% 3.957,87 6,09% 937,04 6,57% Ourense 6,09% 10,19% Pontevedra 7.292 38,77% 24.549,77 37,78% 4.761,73 33,37% 33,37% Pontevedra 37,78% Galicia 18.807 64.975,25 14.270,30 38,77% 0% 10% 20% 30% 40% 50% 60% Muestra: 18.807 empresas con ingresos superiores a 6.000 euros en 2009 y con sede social en Galicia. Valor añadido Ingresos Nº empresas Las empresas de A Coruña, 38,67% de la muestra, obtuvieron unos ingresos que representaron el 48,60% de la muestra y generaron un valor añadido del 52,56% del total analizado.
    [Show full text]
  • Acta Nº 15/2019 Folla Nº 1
    CONCELLO DE ORDES (A CORUÑA) ACTA Nº 15/2019 FOLLA Nº 1 CONCELLO DE ORDES PROVINCIA DE A CORUÑA ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA, CELEBRADA POLO PLENO CORPORATIVO MUNICIPAL O DIA DEZAOITO DE DECEMBRO DE DOUS MIL DEZANOVE. En Ordes, a dezaoito de decembro de dous mil dezanove. No Salón de Sesións da Casa Consistorial, reúnese en primeira convocatoria a Corporación Municipal en Sesión Extraordinaria, baixo a Presidencia de D. José Luis Martínez Sanjurjo, Alcalde-Presidente, e coa asistencia dos Srs. Concelleiros. • Dª. ANA MARÍA SONEIRA LIÑARES. • D. JOSÉ MANUEL MIRA GÓMEZ. • D. ABEL BLANCO VIQUEIRA. • Dª. YESSICA LÓPEZ VARELA. • D. JOSÉ MANUEL RODRÍGUEZ MÉNDEZ. • Dª. SUSANA GARCÍA GÓMEZ. • D. PABLO VÁZQUEZ CANDAL. • D. JOSÉ ANTONIO CABEZA FRAGA. • D. PABLO VIDAL RÍOS. • D. MARCOS FERNÁNDEZ LOURO. • D. AÍTOR RIBADAS GÓMEZ. • D. FERNANDO VIQUEIRA NOUCHE. • Dª. CARMEN MARÍA FERREIRO VILLAVERDE. Non asisten: • D. PAULA CASTENDA BLANCO. • D. GONZALO VEIRAS CASTRO. • D. MANUEL IGLESIAS VIEITES. Asiste o Sr. Secretario da Corporación D. Juan Luís González Iglesias, que dá fe do acto. Aberta a sesión e declarada pública pola Presidencia ás catorce horas e trinta minutos, previa comprobación do quórum de asistencia preciso para que poida ser iniciada, procédese a coñecer dos asuntos incluídos na orde do día. PUNTO PRIMEIRO. APROBACIÓN ACTA DA SESIÓN ANTERIOR. Polo Sr. Alcalde-Presidente procédese a preguntar aos demais membros da Corporación se teñen algo que obxectar á acta da sesión ordinaria, de data 28 de novembro de 2019, cuxa minuta foi distribuída coa convocatoria, todo isto ó abeiro do disposto no art. 91 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.
    [Show full text]
  • Mapa De Provincias, Comarcas E Concellos De Galicia a CORUÑA
    Cariño Cedeira Ortigueira km 20 ORTEGAL Mañón Cerdido Valdoviño Moeche FERROL Narón Somozas, As Ferrol San Sadurniño Neda Fene Mugardos Capela, APontes de García Rodríguez, As Ares Cabanas EUME Pontedeume Sada Miño Monfero Coruña, A Oleiros Vilarmaior Bergondo Arteixo CulleredoCambre Paderne Irixoa Malpica de Bergantiños Betanzos Ponteceso A CORUÑA Coirós Aranga Laracha BERGANTIÑOS Abegondo BETANZOS Cabana Carral Laxe Carballo Oza dos Ríos Camariñas Coristanco Cerceda Cesuras Curtis Ordes TERRA DE SONEIRA Mesía Tordoia ORDES Muxía Vilasantar Vimianzo Zas Sobrado Santa Comba Frades FISTERRA Val do Dubra Trazo Boimorto Toques Oroso XALLAS Baña, A Cee Dumbría Arzúa TERRA DE MELIDE Fisterra Pino, O Corcubión Mazaricos A BARCALA ARZÚA Melide AmesSantiago de Compostela Negreira Muros Outes Santiso Brión SANTIAGO Touro Carnota MUROS Noia Rois Boqueixón Lousame Teo Vedra NOIA O SAR Padrón BARBANZA Dodro Porto do Son Boiro Rianxo Pobra do Caramiñal, A Ribeira Mapa de Provincias, Comarcas Mapa A Coruña Ourense e Concellos de Galicia Lugo Pontevedra A CORUÑA 05a Cariño [ Cedeira Ortigueira km 20 ORTEGAL Mañón Cerdido Valdoviño Moeche FERROL Narón Somozas, As Ferrol San Sadurniño Neda Fene Pontes de García Rodríguez, As Mugardos Capela, A Ares Cabanas EUME Pontedeume Sada Miño Monfero Coruña, A Oleiros Vilarmaior Bergondo Arteixo Culleredo Cambre Paderne Irixoa Malpica de Bergantiños Betanzos Ponteceso A CORUÑA Coirós Aranga Laracha BERGANTIÑOS Abegondo BETANZOS Cabana Carral Laxe Carballo Oza dos Ríos Camariñas Coristanco Cerceda Cesuras Curtis
    [Show full text]
  • A Coruña Bergantiños Ordes Santiago O Sar Caldas O Salnés
    A Coruña 1 Vigo-Santiago-A Coruña Bergantiños Comarcas Ordes Santiago 9 4.3 9 O Sar 1 4 Barbanza 4 1 3 5 O Salnés 1 2 2 Caldas 6 Pontevedra 2.3 Vigo www.camfergal.info SANTIAGO O Ribeiro Vigo Pontevedra Arcade Cesantes Redondela Red-A Picota A Paradanta Chapela Vigo Louredo-Os Valos O Condado O Porriño www.camfergal.info Convencional 8,5 Convenc.Electr. 33,5 AV / VA AV / VA Electr Baixo Miño Viaductos 4 PORTUGAL OURENSE Túneles 9 SANTIAGO Pontevedra Caldas Tabeirós-Terra de Montes O Salnés Portela O Carballiño Ptvd.-Univers. Pontevedra O Ribeiro Figueirido O Morrazo Convencional 25,9 Vigo Convenc.Electr. VIGO AV / VA 2 AV / VA Electr Viaductos 2 2 www.camfergal.info Túneles 4 1 SANTIAGO O Sar Caldas Pontecesures Tabeirós-Terra de Montes Catoira VILAGARCIA Portas O Salnés VIGO Pontevedra Convencional 29,6 Convenc.Electr. AV / VA 5,1 AV / VA Electr Viaductos 2 1 Túneles 2 www.camfergal.info O Salnés SANTIAGO Vilagarcia Praia Caldas Vilagarcía Rubiáns VIGO Pontevedra Pontevedra Convencional 10,5 Convenc.Electr. AV / VA 3 AV / VA Electr Viaductos www.camfergal.info Túneles 1 Barbanza SANTIAGO O Sar Noia VIGO Caldas www.camfergal.info Convencional Convenc.Electr. AV / VA AV / VA Electr Viaductos Túneles O Sar Santiago SANTIAGO A Escravitude Noia Santiago Padrón Tabeirós-Terra de Montes Caldas Convencional 10,0 Convenc.Electr. Barbanza AV / VA 1,8 VIGO AV / VA Electr Viaductos 1 1 www.camfergal.info Túneles 1 1 Santiago Xallas Ordes A CORUÑA Verdía Arzúa A Barcala A Sionlla Casal Santiago de Compostela Noia A Susana Osebe Deza O Sar Convencional 58,3 VIGO Convenc.Electr.
    [Show full text]
  • Model for Agricultural Production Planning
    Area: Land Management, Urbanism, Architecture and Civil Engineering MODEL FOR AGRICULTURAL PRODUCTION PLANNING Cardín, M. Álvarez, C.J. University of Santiago de Compostela Abstract In this paper is described one of our most successful projects, which was the establishment of a Model for Agricultural Production Planning in 21 rural areas (“comarcas”) of Galicia. The first part of our research consisted in obtaining field information about these areas. Fieldwork was carried out between 2002 and 2004, and consisted of 4.348 surveys made to farmers from these 21 “comarcas” of Galicia, more than 350 interviews to experts, and of course bibliographic, statistical and cartographic research. The second part consisted in the generation of a Model for Agricultural Production Planning (including agricultural and livestock farming, and forestry), which could be used for decision-making assessment in the application of policies, programs and plans at this “comarca” scale. It was created to be an instrument to plan agricultural uses of land, to rationalize and optimize the sustainable exploitation of rural soils, and to achieve higher levels of rural development The core of this model was the establishment of 44 indicators of sustainability (social, environmental and economical indicators), and the integration of them in a computer application. Keywords: Agricultural Production Planning, indicators of sustainability, indicators of rural development. 1. Introduction By the end of 2001, the University of Santiago de Compostela, under a form of joint venture (Unión Temporal de Empresas or UTE) with EIDO GALICIA, S.L. Consultants, successfully tendered for a contract to provide technical assistance on the project ‘Development of Agricultural Production Planning Surveys in 22 comarcas of the Autonomous Community of Galicia, 2001-2002’, funded by the Galician Administration.
    [Show full text]
  • Conociendo Mondoñedo. El Pasado Se Proyecta Como Futuro
    (RE)CONOCIENDO MONDOÑEDO. RevistaEL PASADO de Dialectología SE PROYECTA yCOMO Tradiciones FUTURO Populares,117 vol. LXIV, n.o 2, pp. 117-148, julio-diciembre 2009, ISSN: 0034-7981, eISSN: 1988-8457, doi: 10.3989/rdtp.2009.001 (Re)conociendo Mondoñedo. El pasado se proyecta como futuro (Re)cognizing Mondoñedo: The Past Projects Itself as Future Elena Freire Paz Departamento de Filosofía y Antropología Social Universidade de Santiago de Compostela RESUMEN La autora se acerca a la realidad socio-cultural actual creada en Mondoñedo, ciudad del interior de la provincia de Lugo (Galicia, España), teniendo en cuenta las bruscas transformaciones económicas, sociales y culturales acontecidas en las últimas décadas. Si, desde una perspectiva externa, el movimiento económico global ha motivado la trans- formación de determinadas pautas culturales en todo el mundo, los cambios propicia- dos desde el interior de cualquier sistema cultural han repercutido en la génesis de una interesante planificación de marcado carácter cultural. El desarrollo local de la zona gira en torno al aprovechamiento de determinados recursos culturales como impulsores y dinamizadores de un territorio estrangulado por un fuerte descenso poblacional, la pér- dida de consideración hegemónica de la villa frente a la capitalidad de la provincia, el abandono del sector primario y la escasez de actividades del sector secundario. Palabras clave: Globalización, Galicia, Patrimonio cultural, Desarrollo local, Turismo. SUMMARY The author approaches the current socio-cultural reality in the town of Mondoñedo (province of Lugo, Galicia, Spain) by considering the rapid economic, social and cul- tural changes that have taken place there over the past few decades. Whereas from an outside perspective the global economic process has resulted in the transformation of certain cultural patterns everywhere, the changes occurred inside any cultural system have brought about the inception of an interesting strategy of a clearly cultural character.
    [Show full text]
  • PDF Download D As Especiales Del D As
    D AS ESPECIALES DEL D AS PDF, EPUB, EBOOK Shalamar L Hardy | 46 pages | 06 Apr 2016 | Createspace Independent Publishing Platform | 9781530933747 | English | none D as Especiales del D as PDF Book Normas dos sorteos dos permisos de pesca. Un vertido mata miles de truchas en Outeiro de Rei. Experta independiente sobre el disfrute de todos los derechos humanos por las personas de edad. Trueiro en Panama. Indice Universal de Derechos Humanos. Miguel Montoto gana el Master de Cantabria. Arco de Amazon Lily Help Learn to edit Community portal Recent changes Upload file. Vai chover Microsoft recomienda que no use un punto. Proxecto Salmon Track. Campionato de pesca de Bande. Campionato Terra de Melide. Relator Especial sobre los derechos humanos de los migrantes. Las nuevas creaciones de Paco Porto. El retorno del J Haites, N. Avance Asturpesca Campionato Concello de Rois. Xornadas de Montaxe de Fario. Stand MiguelPesca en Ordes. Lo del Ulla es una ofensa constante al pescador. Troitas Comunicado del Club Londra de Rois. Concurso de Pesca a Mosca de Deportes Cibeira. D as Especiales del D as Writer Soporte al cliente de HP. IV Premios Trueiro. La Resistencia. Lecer e Pesca do Club Londra. Relator Especial sobre ejecuciones extrajudiciales, sumarias o arbitrarias. Presentations and Speeches. Books Other topics. V M aster de Monta j e Conde de Waldemar. Campionato Terra de Melide. Saga de la isla Gyojin. Meira Filho, J. El "Salta Claus" de Julio Seijas. La comida del Campanu. Experta independiente sobre los derechos humanos y la solidaridad internacional. Rafael E. Arco de la Reverse Mountain Sobre la sentencia del Xallas.
    [Show full text]
  • Redalyc.Dimensionalidad De La Capacidad Económica En Las
    Revista Galega de Economía ISSN: 1132-2799 [email protected] Universidade de Santiago de Compostela España Iglesias Patiño, Carlos L.; López Vizcaíno, María Esther; Sánchez Fernández, Patricio Dimensionalidad de la capacidad económica en las comarcas gallegas Revista Galega de Economía, vol. 9, núm. 2, diciembre, 2000, p. 0 Universidade de Santiago de Compostela Santiago de Compostela, España Available in: http://www.redalyc.org/articulo.oa?id=39190204 How to cite Complete issue Scientific Information System More information about this article Network of Scientific Journals from Latin America, the Caribbean, Spain and Portugal Journal's homepage in redalyc.org Non-profit academic project, developed under the open access initiative Iglesias, C.L.; López, M.E.; Sánchez, P. Dimensionalidad de la capacidad… DIMENSIONALIDAD DE LA CAPACIDAD ECONÓMICA EN LAS COMARCAS GALLEGAS CARLOS L. IGLESIAS PATIÑO* / MARÍA ESTHER LÓPEZ VIZCAÍNO** PATRICIO SÁNCHEZ FERNÁNDEZ*** *Departamento de Estatística e Investigación Operativa Facultade de Matemáticas Universidade de Santiago de Compostela ** Instituto Galego de Estatística (IGE) ***Consello Económico e Social (CES) Recibido: 24 febrero 2000 Aceptado: 10 octubre 2000 Resumen: En este artículo el objetivo general que se establece es realizar un análisis explora- torio de un conjunto suficientemente amplio de variables que, en un primer momento, están re- lacionadas con la capacidad económica a nivel comarcal. Dentro de este marco general, en primer lugar, se crea un indicador sintético de la capacidad económica mediante un análisis de componentes principales que permitirá obtener una clasificación según diversas características combinadas. A continuación, se realiza un análisis factorial para resumir y simplificar la infor- mación de las variables de caracterización de las comarcas.
    [Show full text]
  • El Pensionista De Xallas Cobra 300 € Menos Que El De Santiago
    10/02/2017 Tirada: 27.472 Categoría: Galicia Difusión: 22.735 Edición: Regional Audiencia: 79.572 Página: 27 AREA (cm2): 653,2 OCUPACIÓN: 60,9% V.PUB.: 1.978 NOTICIAS PROPIAS El Club Financiero pide medidas de apoyo que impulsen la industria en el área //Su COMPOSTELA informe de coyuntura revela que la capital gallega y Ordes tienen el mayor PIB per TIENE LA DEUDA Y cápita // La población menos envejecida está en Ames, Brión y Teo TEXTO Sol Elvira EL IBI MÁS ALTO ••• En cuanto a la deuda y el fuerte crecimiento del Im- El pensionista de Xallas cobra puestos de Bienes Inmubles (IBI), en ambos casos, la ca- pital gallega se lleva la pal- ma. La deuda por habitante 300 € menos que el de Santiago en Santiago, 435 euros, mul- tiplica por 2,3 la media galle- ga y en cuanto a los ingresos El Club Financiero de Santiago por IBI han crecido un 43 (CFS) presentó ayer su primer in- % superando con creces la forme de coyuntura económica del media de área y de Galicia, área de inluencia de Santiago, que según el estudio del CFS. En abarca 11 comarcas y 46 concellos y el trabajo explican que las en el que, a modo de conclusión, re- haciendas municipales del claman medidas de apoyo para im- área de Santiago no han sido pulsar la industria en la comarca. ajenas al comportamiento Entre otros datos, el informe revela del resto de los ayuntamien- que el importe medio de las pensio- tos gallegos, “con una fuerte nes varía entre los 615 euros que co- contracción de los recursos bra un jubilado de Xallas y los 919 administrativos” en los últi- que ingresan los de Santiago, y que mos años.
    [Show full text]