Doc Inicio PE DOTACIÓNS Padrenda
Total Page:16
File Type:pdf, Size:1020Kb
DDDOOOCCCUUUMMMEEENNNTTTOOO DDDEEE IIIINNNIIIICCCIIIIOOO PPPAAARRRAAA AAA AAAVVVAAALLLIIIIAAACCCIIIIÓÓÓNNN AAAMMMBBBIIIIEEENNNTTTAAALLL EEESSSTTTRRRAAATTTÉÉÉXXXIIIICCCAAA PROMOTOR: Concello de Padrenda (Ourense) PPPLLLAAANNN EEESSSPPPEEECCCIIIIAAALLL DDDEEE IIIINNNFFFRRRAAAEEESSSTTTRRRUUUTTTUUURRRAAASSS EEE DDDOOOTTTAAACCCIIIIÓÓÓNNNSSS DDDOOO CCCOOONNNCCCEEELLLLLLOOO DDDEEE PPPAAADDDRRREEENNNDDDAAA C/Pena do Vado, 64 32002 Ourense Telf./Fax. 988 22 25 33 ÍNDICE 1. OBXECTIVOS 333 1.1. ooobxectivosobxectivos particulares do ppplanplan eeespecialespecial 333 2. ÁMBITO TERRITORIAL 555 222.1.2.1. dddescricidescriciescriciónón do ámbito territorial municipal 555 222.2...2222.. eeencadreencadre territorial do sector 777 3. DIAGNOSE DA SITUACIÓN ACTUAL 999 3.1. aaaspectosaspectos ambientais a integrar no proceso de programprogramaciónación 999 3.2. mmmediomedio fffísicofísico 999 3.3. mmmediomedio socioeconómico 101010 3.4. análise das infraestruturas e servizos) 202020 4. DDESCRICIÓNESCRICIÓN DO PLANEAMENTO 232323 4.1. fffunciónfunción do planeamento 232323 4.2. mmmarcomarco normativo 232323 4.3. aaalcancealcance e contido 262626 4.3.1. tttipostipos de medidas incluídas no planeamento 303030 4.3.2. aaaproximaciónaproximación aos efectos previsibles 313131 5. DESCRICIÓN DOS PROCESOS QUE SE SEGUIRÁSEGUIRÁNN PARA A ELABORACIÓNELABORACIÓN DO 313131 PLAN ESPECIAL 2 22 PLAN ESPECIAL DE INFRAESTRUTURAS E DOTACIÓNS DO CONCELLO DE PADRENDA DOCUMENTO DE INICIO PARA A AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA 1. OBXECTIVOS (alcance, contido e obxectivos da planificación. Xustificación e procedencia da formulación do Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións) O presente estudo constitúe o documento inicial requirido pola consellería competente en materia de medio ambiente de conformidade coas disposicións contidas no artigo 18 da Lei 9/2006 do 28 de abril sobre a avaliación dos efectos de determinados plans e programas sobre o medio ambiente, para a elaboración dun documento de referencia que determinará o contido do Informe de Sostibilidade Ambiental integrante do Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións do Concello de Padrenda. A Unión Europea estableceu os obxectivos ambientais da Avaliación Ambiental Estratéxica, na Directiva 2001/42/CE, do Parlamento Europeo e do Consello relativa á Avaliación Ambiental Estratéxica de plans e programas (AAE), a citada Lei 9/2006 é a transposición da Directiva comunitaria ao ordenamento xurídico español. Os pasos a seguir para a tramitación da AAE quedan reflectidos na Lei 9/2006 e teñen como obxectivo converter a AAE nun instrumento de prevención, integrando os aspectos ambientais na toma de decisións de plans e programas que poidan influír no medio ambiente, a consecución deste obxectivo só pode ser levado a cabo se a AAE se efectúa en paralelo á propia elaboración do plan ou programa. Coa entrada en vigor o 17 de maio de 2007 da Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia, o procedemento de avaliación ambiental estratéxica dos plans e programas intégrase co procedemento de aprobación do planeamento urbanístico. O Concello de Padrenda como órgano promotor do Plan Especial elaborou o presente informe, como Documento Inicial da AAE deste Plan, que contén os parámetros básicos de cara á súa avaliación ambiental: obxectivos da planificación, diagnose da situación actual, unha descrición dos procesos que se seguirán para a elaboración do Plan Especial e unha aproximación aos efectos ambientais previsibles. 1.1. obxectivos particulares do plan especial A finalidade do presente Plan Especial é sentar as bases de cara a posibilitar a execución material dun equipamento dotacional consistente en infraestruturas deportivas (campo de fútbol e piscinas municipais) e asistenciais (centro da terceira idade e velatorio), así como unha zona residencial de 3 33 PLAN ESPECIAL DE INFRAESTRUTURAS E DOTACIÓNS DO CONCELLO DE PADRENDA DOCUMENTO DE INICIO PARA A AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA vivendas unifamiliares adosadas, a través dunha actuación pública municipal para crear solo urbanizado con destino a estes usos. Descríbese así a actuación proxectada, que se configura como unha das propostas de reactivación socioeconómica máis salientables establecidas na planificación estratéxica do Concello de Padrenda, consistente na promoción dun área dotacional de servizos de carácter público municipal que inclúe na súa planificación infraestruturas xa rematadas como son o campo de fútbol, as piscinas e o velatorio que precisan dun encaixe no tecido urbanístico existente no municipio que se fará a través da elaboración dun Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións. Como obxectivos particulares do plan temos: a) Crear a reserva de solo dotacional público destinado á construción de equipamentos deportivos e asistenciais. b) Garantir a integración e, polo tanto, a continuidade deste desenvolvemento dotacional coas infraestruturas xa existentes no núcleo de Crespos. c) Regular as condicións de uso e aproveitamento dos correspondentes terreos. d) Limitar as instalacións e desenvolvementos urbanísticos que podan influír de xeito negativo sobre o uso das infraestruturas. e) Mellorar a calidade de vida dos veciños do Concello de Padrenda ao proporcionarlles novas infraestruturas. A aparición de novas circunstancias urbanísticas sobrevidas a consecuencia da necesidade subxacente de incardinar dentro do termo municipal novas actividades dotacionais e deportivas que poñan en valor este área do territorio para que xeren actividade económica sostible, mestúrase coa garantía de creación de novo emprego de base local, todo elo conxugado e harmonizado coa orientación estratéxica municipal de dar empuxe ás actividades socioeconómicas que se podan desenvolver de forma endóxena no territorio rural do Concello. No presente documento xustificarase a necesidade da implantación no noso concello das nomeadas instalacións nesta zona específica, en coordinación coas infraestruturas deportivas existentes na zona, e describiranse as medidas a considerar para que a incidencia paisaxística e ambiental sexan as menores posibles de conformidade coas determinacións establecidas na lexislación urbanística galega vixente. A envergadura das vantaxes socioeconómicas que supón para o Concello a aprobación do Plan Especial e o carácter limitado, taxado, específico excepcional da intervención proposta, que non determina alteracións na clasificación ou cualificación do solo, nin na caracterización territorial ou 4 44 PLAN ESPECIAL DE INFRAESTRUTURAS E DOTACIÓNS DO CONCELLO DE PADRENDA DOCUMENTO DE INICIO PARA A AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA paisaxística da zona, establecen por si mesmo a xustificación da coherencia coa lexislación urbanística e a viabilidade da proposta realizada. O Plan Especial non supón que en caso algún, se modifiquen os elementos estratéxicos do Plan Xeral en proceso de elaboración, e tampouco supón unha mingua na garantía da coherencia interna das determinacións do planeamento municipal nin na viabilidade técnica e económica da ordenación proposta por aquel, que non se verá afectada en senso negativo ou contrario polo incorporado neste Plan Especial. 2. ÁÁÁMBITOÁMBITO TERRITORIAL (delimitación dos ámbitos territoriais tanto de execución como de afección do planeamento) 2.1. dddescricióndescrición do ámbito territorial municipal O concello no que se desenvolverá o Plan Especial está situado no extremo sudoccidental da provincia de Ourense, da que administrativamente forma parte. Limita polo norte, cos concellos de Pontedeva e Crecente; polo leste con Quintela de Leirado e polo sur e polo oeste, co país veciño de Portugal. Estando integrado dentro da comarca de Terras de Celanova. Nos 57 km 2 de superficie que constitúen o termo municipal existen arredor de cen lugares e aldeas que á súa vez se organizan nun total de sete parroquias: San Miguel de Desteriz, Santa María do Condado, San Cibrán de Padrenda, San Xoán de Monterredondo, Santa María de Gorgua, San Pedro da Torre e San Xoán de Crespos. A súa situación xeográfica é 42º07´20 latitude norte e a 8º10´28 lonxitude oeste. Convén ter presente, a efectos de identificación, que o código xeográfico de Padrenda é o 32057; o do INE, é o 32056; e as follas do mapa topográfico nacional nas que aparece debuxado, son a 225, a 262 e a 263. Padrenda é un municipio montañoso, marcado pola transición dunha paisaxe agreste, que culmina en Pena Rubia a 1.227 metros de altitude, co descenso paulatino cara os vales dos ríos Deva e Miño. Esta particular configuración do territorio ofrece numerosos recursos naturais de gran beleza paisaxística. As abas das montañas cóbrense cunha frondosa vexetación composta por coníferas, frondosas e pradeiras, namentres que os cultivos teñen que adaptarse en bancais. Os ríos e regatos que discorren polo termo municipal son numerosos: o río Deva ou Grande, Troncoso, Gorgua ou Crespos, ademais dunha innumerable cantidade de regatos que xorden das serras meridionais, todos tributarios do Miño, que se remansa no encoro de Frieira. 5 55 PLAN ESPECIAL DE INFRAESTRUTURAS E DOTACIÓNS DO CONCELLO DE PADRENDA DOCUMENTO DE INICIO PARA A AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA Aínda que, en xeral, este concello presenta unha morfoloxía suave, tamén atoparemos elevacións como Pedra Rubia (1.227 m), Monte do Cabelo (1.210 m), Alto de Guntín e Serra da Basteira (1.224 m), Serra de Aguillón (1.100 m), Serra do Castelo (1.030 m) e Costa Vella (806 m). Existen na zona (relícticas) canteiras de granito e de granodiorita na zona de Fonte