Revista Galega de Economía ISSN: 1132-2799
[email protected] Universidade de Santiago de Compostela España MARTÍNEZ, XOSÉ; PEÓN, DAVID PATRÓNS DE DESPOBOAMENTO DO RURAL GALEGO: UNHA ANÁLISE POR COMARCAS Revista Galega de Economía, vol. 24, núm. 1, junio, 2015, pp. 63-80 Universidade de Santiago de Compostela Santiago de Compostela, España Dispoñible en: http://www.redalyc.org/articulo.oa?id=39141415006 Como citar este documento Número completo Sistema de Información Científica Máis artigo Rede de Revistas Científicas de América Latina, Caribe, España e Portugal Revista Home en redalyc.org Proxecto sen ánimo de lucro Académico, desenvolvido por iniciativa Acceso Aberto Revista Galega de Economía Vol. 24-1 (2015) PATRÓNS DE DESPOBOAMENTO DO RURAL GALEGO: UNHA ANÁLISE POR COMARCAS *XOSÉ MARTÍNEZA, DAVID PEÓNBC Resumo. Levamos a cabo unha análise estatística para contrastar e cuantificar algunhas das observacións clásicas na problemática demográfica de Galicia e a súa polaridade rural – urbana. Primeiro, íllase o efecto arrastre demográfico para identificar distintos patróns de despoboamento a nivel comarcal ao longo das últimas dúas décadas descontado o efecto migratorio histórico. Esta análise mostraría unha visión alternativa do proceso de despoboamento, caracterizada pola conformación dun anel central de dinámica demográfica positiva a partir das cidades galegas de interior. Segundo, profúndase na análise estatística da polaridade rural – urbana cunha medición do papel xogado por diversos parámetros de vertebración xeográfica da poboación galega. A este efecto, resultan determinantes a poboación da cabeceira de comarca –cunha perda de poboación do -0,83% anual nas comarcas con cabeceira inferior a 5.000 habitantes- e a distancia por estrada á máis próxima das sete cidades galegas –cun -0,27% adicional.