Concello de

Modificación Puntual nº4 do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Taboadela ().

DOCUMENTO PARA DECISIÓN SOBRE A NECESIDADE DO PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA

Consultora Galega S.L Decembro 2014

ÍNDICE

1. XUSTIFICACIÓN...... 3

2. ANTECEDENTES URBANÍSTICOS...... 3

3. OS OBXECTIVOS DA PLANIFICACIÓN...... 5

4. ÁMBITO TERRITORIAL DA MODIFICACIÓN PUNTUAL...... 7

5. BREVE DIAGNOSE DA SITUACIÓN ACTUAL...... 12

5.1. VARIABLES TERRITORIAIS RELACIONADAS CO PLANEAMENTO...... 12 5.1.1. ELEMENTOS AMBIENTAIS: ...... 12 5.1.2. POBOACIÓN, ACTIVIDADES E USOS DO TERRITORIO...... 12 5.1.3. ELEMENTOS ESTRUTURAIS...... 15

6. FUNCIÓN DO PLANEAMENTO E PROBLEMÁTICA A RESPOSTAR...... 16

7. ALCANCE E CONTIDO DA PLANIFICACIÓN...... 19

7.1. PARÁMETROS BÁSICOS DA PROPOSTA...... 19 7.2. EN RELACIÓN COAS ALTERNATIVAS...... 19 7.3. APROXIMACIÓN AOS EFECTOS AMBIENTAIS PREVISIBLES...... 20 7.4. MEDIDAS PROTECTORAS E CORRECTORAS:...... 20 7.5. EFECTOS PREVISIBLES SOBRE ELEMENTOS ESTRATÉXICOS DO TERRITORIO, PLANIFICACIÓN SECTORIAL E TERRITORIAL IMPLICADA E AS NORMAS APLICABLES...... 21

8. CONCLUSIÓNS...... 22

9. PROCESOS A SEGUIR PARA A APROBACIÓN DA MODIFICACIÓN PUNTUAL...... 23

10. EQUIPO REDACTOR...... 27

Modificación Puntual nº4 do PXOM de Taboadela Consultora Galega S.L 2

1. XUSTIFICACIÓN.

Segundo a lexislación de avaliación ambiental o organismo ambiental determinará para cada plan ou programa, ou a súa modificación o tipo aplicable de avaliación ambiental a realizar nos supostos recollidos na lexislación.

No caso da Modificación Puntual nº4 do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Taboadela atopariámonos no caso de modificacións menores dos plans e programas.

A lexislación establece que unha administración pública, como é o caso do Concello de Taboadela, está obrigado a comunicar á Consellería de Medio Ambiente o inicio da tramitación dun Plan ou Programa e así mesmo establece que dita comunicación (de inicio) debe ir acompañada dun documento que avalíe os seguintes aspectos.

1.Os obxectivos da planificación.

2.O alcance e contido da planificación, das propostas e das súas alternativas.

3.O desenvolvemento previsible do Plan ou Programa.

4.Os efectos ambientais previsibles.

5.Os efectos previsibles sobre os elementos estratéxicos do territorio, sobre a planificación sectorial implicada, sobre a planificación territorial e sobre as normas aplicables.

O presente escrito da cumprimento a lexislación de avaliación ambiental ao informar do comezo da tramitación da Modificación Puntual nº4 do Concello de Taboadela.

2. ANTECEDENTES URBANÍSTICOS.

O Plan Xeral de Ordenación Municipal do concello de Taboadela (en diante PXOM) foi aprobado definitivamente o 11/07/2008 ( resolución publicada no DOG de 01/09/2008).

Durante a súa tramitación entrou en vigor a Lei 9/2006 de 28 de abril sobre a avaliación dos efectos de determinados plans e programas, e dado o avanzado do procedemento e os prexuízos económicos e sociais que o proceso de retrotraer ao seu inicio o PXOM suporía para dar cumprimento ao disposto no artigo 7 da antedita Lei, solicitouse en base ao recollido na Disposición Transitoria Primeira da lei 9/2006 a declaración de inviabilidade de sometemento do PXOM ao proceso de Avaliación Ambiental Estratéxica a cal foi concedida na Resolución de 28 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible, pertencente á antiga Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, na cal entre outras cuestións se sinala que: “Unha vez ponderadas e analizadas as circunstancias do PXOM do Concello de Taboadela, aprobado provisionalmente o 23 de febreiro de 2006 no Pleno do Concello, á vista do nivel de integración que a protección de medio ambiente acada no PXOM, dos bens xurídicos e intereses públicos que hai que protexer, tendo en conta o proceso de participación pública realizado e á vista dos custos económicos e sociais que en definitiva se van producir, chégase á conclusión de que non é razoable esixir a retroacción das actuacións na elaboración e redacción do PXOM de Taboadela, por superar as desvantaxes ás posibles vantaxes, tal e como se motiva e xustifica

Modificación Puntual nº4 do PXOM de Taboadela Consultora Galega S.L 3 cumpridamente anteriormente polo que, resolvo declarar a inviabilidade do sometemento do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Taboadela aprobado provisionalmente o 23 de febreiro de 2006 no Pleno do Concello, ós tramites previstos no artigo 7 da Lei 9/2006, do 28 de abril.”

Datos da tramitación de inviabilidade do PXOM de Taboadela segundo a CMATI.

Logo da aprobación definitiva do PXOM levouse a cabo unha primeira modificación puntual con ordenación detallada denominada nº1 que foi aprobada definitivamente en data 05/08/2011 (publicación no DOG do 23/08/2011), cuxos obxectivos básicos eran tanto levar a cabo o desenvolvemento urbanístico dun sector de uso global característico industrial, como a consecución de dotacións urbanísticas nunha zona con certos déficits delas. Ao mesmo tempo que se inicia a tramitación desta modificación puntual que se denomina nº4 do PXOM, estanse a tramitar outras dúas en fase de aprobación provisional: • Modificación puntual nº2 coa que se busca delimitar o núcleo de Amendo na parroquia de san Xurxo de A Touza segundo os criterios da Lei 2/2010 do 25 de marzo. • Modificación puntual nº3, onde tamén acomete a adaptación á Lei 2/2010 do 25 de marzo da delimitación dos núcleos rurais de Pereiras e a Venda do Río na parroquia de Santiago da Rabeda.

Modificación Puntual nº4 do PXOM de Taboadela Consultora Galega S.L 4

A parte do planeamento xeral, dentro do concello de Taboadela tamén se desenvolveu algún exemplo de planeamento de desenvolvemento como é o caso do Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións (PEID) do Monte de san Xoán en Taboadela, aprobado definitivamente o 5/11/2010.

3. OS OBXECTIVOS DA PLANIFICACIÓN.

Logo de mais de seis anos dende a aprobación definitiva do PXOM de Taboadela, puxéronse de manifesto na súa aplicación diaria diversas cuestións relativas á necesidade de realizar pequenos cambios que permitan ao instrumento de ordenación municipal, tanto adaptarse a novos usos e necesidades de servizo como corrixir pequenas imprecisións normativas que se atopan no documento actual.

Os cambios que formula a presente M.P. nº 4 no texto articulado na Normativa Urbanística do PXOM de Taboadela corresponderíanse cos seguintes apartados:

1. Permitir ou axustar distintos usos xa definidos no PXOM nos núcleos rurais como poden ser o comercial na súa categoría 1ª, o hoteleiro nas categorías 1ª e 2ª, o educativo na categoría 2ª ou o relixioso.

2. Definir un novo uso funerario (coa clave FU ou CE no caso dos cemiterios existentes) que regule adecuadamente as actividades relacionadas coa vela e a inhumación de corpos, precisando as actividades actualmente recollidas dentro dos usos relixiosos, así como delimitando outras como os velorios, ou de ser o caso os tanatorios, que están a ter unha importante implantación nos últimos anos en moitos concellos.

3. Ao mesmo tempo definir e establecer un novo uso denominado servizo público (coa clave SP) que de resposta a aquelas dotacións ou infraestruturas de ámbito tanto xeral como local relacionadas con servizos prestados ben polas administracións directamente, por entidades público-privadas ou por empresas privadas, non contempladas nos usos xa descritos polo plan xeral, e que teñan que localizarse en solo urbanizable, urbano ou de núcleo rural, relacionadas cos servizos urbanísticos básicos e outros de interese para a poboación (abastecemento, saneamento, distribución e transformación eléctrica, telecomunicacións recollida selectiva de RSU (e as súas instalacións específicas como puntos limpos ou plantas de transferencia), abastecemento alimentario, transporte de viaxeiros ou mercadorías, mantemento e limpeza, seguridade cidadá, defensa e xustiza, e outros semellantes).

4. Establecemento da posibilidade de usos comerciais nas plantas baixas de vivendas tradicionais existentes con alturas algo menores que as que se fixan para as novas construcións.

A parte do anterior tamén se pretende corrixir un erro gráfico no núcleo de Pasadán na parroquia de santa María de O Mesón de Calvos onde figura como existente un viario que en realidade non o é.

O marco lexislativo autonómico ao que se remite o PXOM de Taboadela está constituído a día de hoxe pola Lei 9/2002 de 30 de decembro de ordenación urbanística e protección do medio rural de , e as súas posteriores modificacións, que no sucesivo denominaremos como LOUG.

Modificación Puntual nº4 do PXOM de Taboadela Consultora Galega S.L 5

A citada lei establece no Art.4 os fins da actividade urbanística en desenvolvemento dos principios enunciados nos artigos 45, 46, e 47 da Constitución, e as cuestións de corrección ou incorporación na M.P. que se formula fan súa a necesidade de contribuír a acadar eses obxectivos e ademais desenvolve os seguintes obxectivos complementarios cos anteriores:

• Contribuír á mellora da calidade de vida dos habitantes do Concello de Taboadela, consolidando a aposta polas novas actividades e facilitando a súa implantación, que melloran as condicións de vida dos seus habitantes e poñen en valor e complementan as actividades xa existentes, de xeito que fiquen dentro do ámbito municipal xerando ademais deste xeito emprego tanto directo como indirecto.

• Mellora na ordenación dos distintos núcleos rurais, recoñecendo e adaptando as súas determinacións as realidades e as limitacións lexislativas xerais nestes espazos, eliminando deste xeito situacións que nalgúns casos poderían supor un agravio comparativo por darse un tratamento aparentemente diferente a espazos das mesmas características.

• Aclaración e simplificación de tramites administrativos que permitan unha implantación máis doada de dotacións e servizos tanto pública como privada, eliminando imprecisións e trabas que diminúen a posibilidade dun normal funcionamento no control, xestión e fomento da actividade diaria dos administrados o cal redundará na mellora da calidade de vida e cohesión social do municipio.

• Subsanación de pequenos erros documentais detectados no PXOM dende a súa posta en marcha.

• Afondar no proceso de mellora do ordenamento municipal considerando a este non como un elemento fixo e inamovible, o que se traduciría nunha irreversible obsolescencia no curto e medio prazo do mesmo, senón formulándoo como un documento vivo que precisa actualizarse periodicamente, aínda que sexa de forma moi localizada, para acadar os sempre necesarios obxectivos de eficacia e eficiencia que se demandan deste tipo de ferramentas da acción pública.

En resumo, a modificación do PXOM trata de dar resposta a unha serie de requirimentos moi localizados, cuxa resolución redundará tanto na mellora da eficacia do uso do propio instrumento de ordenación municipal como en posibilitar unha maior asunción das súas determinacións, interiorización dos seus preceptos e satisfacción por parte dos seus administrados, todo elo permitindo posibilitando unha mellor regulación das actividades existentes ou que eventualmente se podan implantar no territorio, e todo elo sen que a acaída protección do medio ambiente, o patrimonio e os recursos que é un dos obxectivos principais do PXOM se vexa comprometido.

Modificación Puntual nº4 do PXOM de Taboadela Consultora Galega S.L 6

4. ÁMBITO TERRITORIAL DA MODIFICACIÓN PUNTUAL.

Dado que se trata dunha modificación eminentemente normativa, onde o único cambio gráfico é a eliminación do que o plan xeral interpretou como un viario que en realidade non existía, non hai un ámbito territorial definido, por tanto faremos unha descrición xeral do ámbito municipal. Por esta mesma razón non é necesaria a realización de máis planos para o presente documento, que o de ordenación do núcleo de Pasadán existente e como queda se o antedito viario, sen que iso supoña modificación algunha na delimitación do núcleo, e por elo variación da clasificación, da cualificación ou da intensidade de uso do territorio.

Situación do concello de Taboadela.

O concello de Taboadela está situado na zona central da provincia de Ourense, formando parte da comarca homónima, á que pertencen tamén os seguintes once concellos: , Barbadás, Coles, , Nogueira de Ramuín, Ourense, , A Peroxa, san Cibrao das Viñas, Toén e Vilamarín. Linda Taboadela polo leste con Paderne de e Allariz, polo sur con Allariz, polo oeste con e san Cibrao das Viñas e polo norte co concello de san Cibrao das Viñas.

Modificación Puntual nº4 do PXOM de Taboadela Consultora Galega S.L 7

O termo municipal ten unha extensión de 25,1 km² no que se localizan 6 parroquias ( A Touza, O Mesón de Calvos, Santiago de Rabeda, Soutomaior, Taboadela e Torán), así como unha pequena parte doutra, e 41 entidades de poboación.

Climaticamente o concello encádrase dentro do dominio oceánico húmido, se ben presenta certos matices mediterráneos. As temperaturas son suaves aínda que se deixan notar os extremos do frío e da calor, con grandes néboas estacionais. As características deste clima resultan adecuadas para o cultivo de cereais de inverno, o millo pode cultivarse en seca, é tamén un clima excelente para o cultivo de frutais caducifolios.

A precipitación anual ponderada está no rango de 600-800 mm. anuais. Destácase que a estacionalidade pluviométrica é moi forte, o mesmo que na maior parte da provincia de Ourense.

O inverno e o outono son as estacións máis chuviosas e ámbalas dúas dende outubro ata marzo concentran o 65% da precipitación acumulada, que son 505 mm.de auga precipitada durante o inverno e outono. O gradiente pluviométrico nesta área é de 78 mm. cada 100 m. de ascenso de altitude, e a orientación e a exposición ós ventos van tamén a influír nas precipitacións caídas.

A maior parte da superficie do concello forma parte dunha extensa chaira de orixe lacustre, coñecido como o Val da Rabeda, cunha altitude media de 400 m, está rodeado de suaves elevacións inferiores aos 700 m, entre as que destaca a serra da Boa Madre de 693 m.

O factor pendente define en gran medida a capacidade productiva dos solos, dado que afecta a aspectos tan importantes como riscos de erosión, espesor, posibilidade de enraizamento, e a facilidade de laboreo e mecanización. En Taboadela o 72% do territorio ten pendentes menores de 14% o que representan 1806 hectáreas de territorio.

Os materiais xeolóxicos presentes na superficie do municipio de Taboadela son fundamentalmente rochas ígneas ácidas agás unha pequena área no sudoeste do territorio que son rochas metamórficas.

No que atinxe á litoloxía no esquema xeolóxico temos no territorio de Taboadela:

Rochas ígneas ácidas:

Os granitos presentes son de dous tipos:

Granitos de dúas micas (granitoides alcalinos), que teñen unha proporción equivalente de biotita e moscovita e nunca presentan horneblenda ou piroxeno e carecen de minerais accesorios. Tenden a ter cores claras, teñen un tamaño de gran moi variable. Orixináronse no período Carbonífero da Oroxenía Herciniana. Altéranse con facilidade xerando ladeiras suaves e formas erosivas de bolos graníticos.

Granodioritas de mica negra (granitoides calcoalcalinos), tamén chamados granitos rosas pola cor que presentan. Granito que se formou pola solidificación do magma profundo antes ou despois da Oroxenia Herciniana.

Modificación Puntual nº4 do PXOM de Taboadela Consultora Galega S.L 8

Rochas metamórficas

Xistos: aparecen nas zonas onde a migmatización non acadou o grao necesario para a súa transformación en rochas graníticas. Os xistos teñen de maneira xeral como materiais principias cuarzo, biotita e moscovita.

O concello está dominado polas rochas ígneas no 98 % do territorio e un 2 % de rochas metamórficas.

As características edáficas están influenciadas fundamentalmente polo relevo, a natureza do material de partida e o tempo de desenvolvemento do solo. Dende o punto de vista químico a xeneralidade dos solos de Taboadela caracterízanse por unha perda case total dos catións alcalinos e alcalinoterreos, un lavado importante de óxidos de sílice, o que explica as características de acidez e baixo contido en bases que presentan case tódolos solos o mesmo que os da maioría dos solos de Galicia.

O concello abarca a cunca media do río Barbaña. O río Barbaña nace a 640 m. de altitude nos bordos da depresión de Maceda no veciño concello de , e despois dun curso de 22.5 km, verte as súas augas no Miño na cidade de Ourense cun caudal de 0.59 m3/s drenando unha cunca de 65.7 km2 o que supón un caudal relativo de 9 l/s/Km².

A rede de drenaxe no concello presenta como ríos principais o Barbaña que atravesa de leste a oeste polo norte do concello e cinco afluentes pola súa esquerda: Río Cerdeiriño, Regato de Pazos, Río de Taboadela, Río do Mesón de Calvos e Regueiro de San Benito. O Río Cerdeiriño vai nun tramo límite co concello de Paderne de Allariz en dirección suroeste-norleste e os outros catros tributarios recorren o territorio de sur a norte ata xuntarse có río Barbaña.

No que atinxe á vexetación o ámbito de estudo caracterízase por presentar unha gran uniformidade. Un relevo é pouco accidentado, con cotas están comprendidas entre case os 300 ata case os 700 m. sobre o nivel do mar. En canto ás temperaturas e precipitacións obsérvase un lixeiro gradiente pois as primeiras baixan conforme ascendemos cara ó sur e as segundas aumentan altitudinalmente.

O termo municipal de Taboadela sitúase no ámbito bioxeográfico do mundo mediterráneo. Corolóxicamente inclúese na Rexión Mediterránea, provincia Carpetano-Ibérico-Leonesa, sector Ourensano-Sanabriense, subsector Ourensano (Izco,1987, Rivas et al,1987). Por tanto a vexetación potencial da área de influencia é unha reboleira, que son bosques caducifolios que se asentan sobre solos pobres en bases e en áreas de ombroclimas húmedas o subhúmedas. Inclúense estes bosques na asociación Holco mollis-Quercetum pyrenaica, caracterizada pola presencia de Quercus pyrenaica. Presentando no norleste do concello a posibilidade de engadir a esta reboleira algunha sobreira (Quercus ilex). En termos xerais Taboadela presenta dúas series de vexetación potencial que son: • Serie supra-mesomediterranea carpetana occidental, orensano-sanabriense e leonesa humedo- hiperhumeda silicícola de Quercus pyrenaica o CERQUIÑO (Holco mollis-Querceto pyrenaicae. Carballeiras de cerquiño). • Serie supra-mesomediterranea carpetana occidental, orensano-sanabriense e leonesa humedo- hiperhumeda silicícola de Quercus pyrenaica ou cerquiño (Holco mollis - Quercetum pyrenaicae. e carballeiras de cerquiño. Facie mesomediterranea termofila con Quercus suber .

Modificación Puntual nº4 do PXOM de Taboadela Consultora Galega S.L 9

Nas etapas seriais de substitución do bosque, temos unha matogueira densa onde predominan as xestas e fentos: Cytisus multiflorus, Cytisus striatus, Cytisus scoparius, Genista polygaliphylla e Pteridium aquilinum. Cando a matogueira está máis degradada aparecen breixos como Erica aragonensis, Hallimium alyssoides, Erica cinerea, entre outras.

A vexetación natural do territorio atópase bastante transformada. A presión e explotación do bosque foi intensa no pasado; os bos solos sobre os que se asentaba o bosque foron utilizados para a explotación agrícola e gandeira, substituíndo os bosques por prados e campos de cultivo. Aínda así as manchas de vexetación natural tanto de reboleiras como de bosquetes ribeiregos son abondosas, ademais de importantes superficies de mato arborado e repoboacións forestais de piñeirais, así como prados e sebes arboradas e a típica estructura de touza onde o arborado fai de sebe a campos de cultivo ou a prados.

As principais unidades de vexetación para o concello de Taboadela son: • As Carballeiras de Cerquiño. • Os bosques de ribeira ou ripisilvas. • As sebes arboradas. • Repoboacións de coníferas. • Mato. No que atinxe aos usos do solo: • A parcela media do concello rolda os 970 m², moi por baixo das medias provincial e autonómica. • Ó igual que noutras zonas de Galicia, o medio agrario do concello de Taboadela caracterízase por mostrar unha estrutura de mosaico irregular de parcelas pequenas. • No que atinxe á estrutura das explotacións agrarias, da superficie que ocupan as que se atopan censadas só en torno a un 9% son terras labradas (maioritariamente adicadas a cultivos herbáceos e en menor medida a viñedo ou especies froteiras), en torno a un 20 % pastos permanentes, en tanto que o 70% restante clasifícanse como outras terras (especies forestais, eriais, matos, etc.) • Dentro das actividades gandeiras dentro do termo municipal existe presenza de explotacións de bovino, porcino e avícolas, aínda que o tamaño medio das explotacións é pequeno. • No que respecta aos usos forestais, segundo os datos do 3IFN o 58.4 % do territorio de Taboadela é forestal ; o 40.2 % do territorio é agrario e o 1.3% é improductivo. En canto as especies, destaca como dominante no concello pola superficie que ocupa o Cerquiño (Quercus pyrenaica), cerqueiral que representa o 25.73 % do territorio en masas máis ou menos puras ou mesturadas cun mato e formando touzas, representando un 8.6 %, a seguinte son piñeirais ocupando un 18,15% do territorio. • Dentro do concello existe unha moi reducida actividade mineira que ocupa unha moi pequena superficie do termo municipal. • No hai constancia de actividades de produción enerxética nos montes de Taboadela, e non foi delimitado polo Plan Sectorial Eólico de Galicia ningunha Área de Desenvolvemento Eólico (ADE) dentro do termo municipal ou participando da mesma entre varios concellos.

Modificación Puntual nº4 do PXOM de Taboadela Consultora Galega S.L 10

No que se refire aos espazos de interese: • Non existen delimitacións de elementos pertencentes á Rede natura 2000 dentro do termo municipal, do mesmo xeito que tampouco se recollen espazos naturais dos que figuran nas Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento da Provincia de Ourense, nin no Catálogo de Humidais de Galicia. • Por outra banda si existen certas zonas, nos extremos oriental e occidental do concello catalogadas no Inventario Nacional de Hábitat.

No eido patrimonial Taboadela conta cun abundante patrimonio tanto etnográfico, como arquitectónico ou arqueolóxico, destacando elementos como distintos pazos ou a torre de Torán.

En canto á paisaxe, a orografía de Taboadela é especialmente acaída para que a súa percepción sexa case sempre doada. Contemplando o territorio dende calquera os seus fitos, a percepción na diferenza das estacións agora é menor dado que as terras outrora cultivadas agora permanecen maioritariamente sen traballar, agás nas inmediacións dos asentamentos, e a imaxe de conxunto perde matices, que residen case en exclusiva nas masas forestais que van mudando as súas coberturas e con elo amosan o paso do tempo. Se se fala de paisaxe no concello de Taboadela tampouco se pode esquecer a pegada das grandes infraestruturas viarias e ferroviarias que transforman o territorio polo que discorren, xerando novas formas de ocupación do solo, pero tamén as veces indesexables impactos negativos.

Ao longo do termo municipal de Taboadela discorren importantes eixos viarios e ferroviarios como son: • A Autovía A-52 ou das Rías Baixas (Benavente-Vigo). • A estrada nacional N-525 (Zamora-Santiago). • A estrada autonómica OU-320 pertencente á Rede Secundaria Autonómica. • A Liña de Ferrocarril Zamora-Ourense pertencente á Rede Complementaria Estatal. • Estase a construír o acceso ferroviario a Galicia da alta velocidade que atravesa tereos do termo municipal.

Ademais das anteriores existen outras vías de titularidade tanto provincial como local que permiten un adecuado acceso ás distintas parroquias.

Taboadela é un dos concellos menos poboados da comarca, cunha tendencia xeral á diminución poboacional que so ten remontado en períodos moi concretos. Durante o século XX, agás na década dos anos 30, viviuse unha continua caída no número de habitantes, pasando dos 2.901 habitantes no ano 1900 ata os 1.755 do ano 2000. En datas máis recentes, no período entre os anos 2000 e 2013 a poboación pasou dos 1.755 habitantes aos 1.603 habitantes, o cal supón unha redución de 152 habitantes en 13 anos.

Modificación Puntual nº4 do PXOM de Taboadela Consultora Galega S.L 11

5. BREVE DIAGNOSE DA SITUACIÓN ACTUAL.

No concello de Taboadela a historia do planeamento urbanístico xeral pódese resumir nos seguintes episodios:

- Con anterioridade á aprobación do PXOM vixente o concello de Taboadela non contaba con ningunha figura de ordenamento municipal tendo que rexerse polas Normas Subsidiarias provinciais de Planeamento así como polo disposto na LOUG.

- A día de hoxe, está en vigor o PXOM de 2008, que será obxecto da presente Modificación Puntual.

- Ademais o plan xeral xa conta cunha modificación puntual aprobada no ano 2011 e outras dúas en tramitación, en fase de aprobación provisional, no intre de inicio da presente modificación puntual nº4.

Esta que é a historia dun único concello, reflicte o panorama das últimas décadas do urbanismo en Galicia, onde só moi lentamente se consegue ir dotando ao territorio dunha ordenación urbanística moderna aínda que teñan existido os recursos para elo. Un dos feitos, aínda que non o único, que ten lastrado a tramitación, e por elo con maior incidencia no resultado final do que se aproba, son tanto as continuas modificacións da Lei do Solo como diversos informes sectoriais que son moi difíciles de acomodar dentro do ordenamento municipal, moitas veces polos escasos medios con que contan as administracións municipais, por tanto o ter aprobado un PXOM é un importante logro que ten que durar moitos anos.

Así pois logo dunha longa tramitación do PXOM , cunha documentación do PXOM bastante profusa en datos e planos, onde se teñen detectado algúns erros e cuestións que é preciso aclarar, fan que logo de mais de seis anos dende a aprobación definitiva do PXOM se formule esta modificación puntual que pretende facer do instrumento de ordenación unha ferramenta máis actualizada, eficaz e eficiente na súa labor de eixo do desenvolvemento sostible dos habitantes do concello.

5.1.VARIABLES TERRITORIAIS RELACIONADAS CO PLANEAMENTO.

5.1.1.ELEMENTOS AMBIENTAIS:

Dado que a presente modificación refírese eminentemente á normativa, así como a eliminación na documentación dun viario inexistente, aspectos que non teñen incidencia nesta variable, no a imos a considerar a estes efectos.

5.1.2.POBOACIÓN, ACTIVIDADES E USOS DO TERRITORIO.

A estrutura territorial de Taboadela baséase na existencia de seis parroquias : santa María de O Mesón de Calvos, Santiago da Rabeda, Santiago de Soutomaior, san Miguel de Taboadela e san Xurxo da Touza e santa María de Torán, sobre unha superficie de 25,17 km² e cunha poboación no ano 2013 de

Modificación Puntual nº4 do PXOM de Taboadela Consultora Galega S.L 12

1.603 habitantes. Segundo a súa superficie a maior delas é a de Santiago da Rabeda con 5,58 km², seguida de Taboadela con 4,57 km², Soutomaior con 4,25 km², O Mesón de Calvos con 4,20 km², e por último san Xurxo da Touza con 3,65 km² e Torán con 2,93 km ². No que se refire á poboación segundo datos do INE de 2013 a parroquia máis poboada é a de Mesón de Calvos con 329 hab., seguida moi de preto por Santiago da Rabeda con 327 hab., san Xurxo da Touza con 316 hab., Taboadela con 313 hab. e por último Soutomaior con 220 hab. e Torán con 137 hab. No período entre os anos 2000 e 2013 tódalas parroquias perderon poboación agás a de san Xurxo da Touza que se mantivo. No que se refire aos asentamentos, a parroquia de O Mesón de Calvos conta con 8, a de Santiago da Rabeda con 7, a de Soutomaior con 7, a de Taboadela con 7, e as de Torán e san Xurxo da Touza 6 cada unha, sumando en total 41 unidades. Tódolos asentamentos son de estrutura tradicional, sendo o maior deles a capital municipal con 206 habitantes. No período comprendido entre os anos 2000 e 2013 tódolos núcleos agás 9 perderon poboación en maior ou menor medida.

A poboación en xeral distribúese de xeito bastante uniforme no territorio e os usos máis variados e especializados localízanse no entorno da capital municipal, no núcleo de Taboadela.

Os niveis de infraestruturas son aceptables, aínda que o PXOM propoña melloras no abastecemento e no saneamento, coma tamén sucede co nivel de equipamentos. Non sucede isto, porén, no caso das dotacións de espazos públicos (libres e zonas verdes), pois existe un certo desequilibrio entre unhas parroquias e outras a respecto da superficie de zonas verdes coas que contan.

Taboadela conta a día de hoxe tan só co 55% da poboación que residía no concello no ano 1900 (2.901 hab.). Dos 1.603 habitantes que residen no concello segundo o censo do INE do ano 2013, 815 son homes e 788 mulleres. En canto á distribución da poboación, o 7,9 % teñen unha idade de 0 a 15 anos, o 60,8 de 16 a 64 anos e o 31,3 restante máis de 65. Cunha idade media de 51,9 anos e un saldo vexetativo de -16, estamos na presenza dunha poboación bastante envellecida con escaseza de novos continxentes poboacionais endóxenos para paliar o despoboamento municipal.

A taxa de desemprego segundo datos do INE do ano 2013 sitúase en torno ao 12,3 % da poboación en idade de traballar, afectando máis aos maiores de 25 anos. Por sectores, do total dos desempregados o 4,1 % se corresponderían coa agricultura, un 23,1 % á industria, un 9,9 % á construción, un 52 % aos servizos e por último un 9,9 % a persoas sen emprego anterior.

No que respecta á actividade, do total de afiliados á Seguridade Social no concello, un 5,5% corresponden á agricultura, un 25,73% á industria, un 10,41 % á construción e o 58,34 % ao sector servizos. Pola súa banda as empresas existentes contan cun baixo número de empregados ou ningún.

Como se pode ver os sectores máis puxantes dentro do concello son a industria e sobre todo os servizos, presentando a agricultura un moi reducido nivel de actividade.

O nivel de renda dispoñible por habitante do concello de Taboadela segundo datos do IGE de 2009 é de 10.713,1 Euros sensiblemente inferior tanto á comarcal como a provincial ou a autonómica. No que se refire ao produto interior bruto por habitante segundo datos do IGE do ano 2010 alcanzábanse os 10.487 Euros, practicamente a metade do mesmo valor para a comarca de Ourense, a provincia e para o valor autonómico.

Modificación Puntual nº4 do PXOM de Taboadela Consultora Galega S.L 13

Parroquias e principais núcleos do concello de Taboadela sobre a imaxe do PNOA.

Modificación Puntual nº4 do PXOM de Taboadela Consultora Galega S.L 14

5.1.3.ELEMENTOS ESTRUTURAIS.

Dado que a presente modificación refírese eminentemente á normativa, así como a eliminación na documentación dun viario inexistente, aspectos que non teñen incidencia nesta variable, no a imos a considerar a estes efectos.

Modificación Puntual nº4 do PXOM de Taboadela Consultora Galega S.L 15

6. FUNCIÓN DO PLANEAMENTO E PROBLEMÁTICA A RESPOSTAR.

A principal figura de planeamento existente na actualidade é o PXOM do Concello de Taboadela, que ordena todo o termo municipal. Foi aprobado definitivamente o 11/07/2008 (DOG 11/09/2008). Posteriormente levouse a cabo unha primeira modificación puntual denominada nº1 que se aprobou definitivamente en data 05/08/2011 (DOG 23/08/2011). No tempo no que se inicia esta modificación denominada nº4 estanse a tramitar outras dúas (as número 2 e 3) atopándose en fase de aprobación provisional.

Así pois de xeito resumido poderíase dicir que as orixes da problemática a respostar deveñen de que logo de mais de seis anos dende a aprobación definitiva do PXOM de Taboadela, puxéronse de manifesto diversas cuestións relativas á necesidade de adaptarse a novos usos e necesidades de servizo e para corrixir algúns erros que se teñen detectado e pequenas imprecisións normativas que se atopan no documento actual que é preciso aclarar.

Por tanto, a presente Modificación Puntual nº4 pretende levar a cabo certos axustes e correccións na normativa urbanística, onde se ten detectado que é conveniente facer algunhas precisións sobre o documento actual. Do mesmo xeito preténdese subsanar un erro gráfico relativo a un viario no núcleo de Pasadán que o PXOM identificou como existente, cando en realidade nesa zona so hai parcelas pero sen camiño.

Os cambios que formula a presente M.P. nº 4 no texto articulado na Normativa Urbanística do PXOM de Taboadela corresponderíanse cos seguintes apartados:

1. En atención á realidade do concello de Taboadela, faise preciso habilitar certos usos que o PXOM orixinariamente non contemplou nos núcleos rurais, e que sendo compatibles cos actuais asentamentos, se puxo de manifesto que eran necesarios para poder acadar un mellor rango de servizo e con elo unha maior calidade de vida á poboación, así como unha maior complexidade e diversidade de usos, polo que se procede a permitir ou axustar distintos usos nos núcleos rurais como poden ser o comercial na súa categoría 1ª, o hoteleiro nas categorías 1ª e 2ª, o educativo na categoría 2ª ou o relixioso.

2. Por outra parte, no que atinxe á inhumación e vela dos defuntos, nos últimos anos tense presentado unha problemática específica no que atinxe tanto a dispor de locais acaídos para a vela dos corpos (velorios ou tanatorios), como na ampliación dos distintos cemiterios parroquiais existentes. É por elo que se entende necesaria a definición dun novo uso funerario no que teñan cabida todas estas labores, facéndoo compatible co uso relixioso alí onde coincidan sobre a mesma parcela. Así pois establecerase o uso funerario para aqueles espazos ou construcións tanto existentes como que eventualmente se podan empregar nestas actividades.

3. Analizada a definición dos usos recollida polo PXOM, coa perspectiva que dan os seis anos transcorridos dende a súa aprobación definitiva, bótanse en falta usos aos que asimilar certas actividades que ata o de agora non eran frecuentes nos concellos pero que se están a implantarnos últimos anos como poda ser o caso por exemplo dos puntos

Modificación Puntual nº4 do PXOM de Taboadela Consultora Galega S.L 16

limpos, as plantas de transferencia de RSU, edificacións ou ámbitos para usos comerciais públicos, etc. Dado que xa xurdiu esa necesidade e non se lle puido dar resposta dentro do concello de Taboadela, por non fiar a viabilidade dos proxectos a unhas interpretacións arriscadas, ou por entenderse que eran usos non permitidos, faise preciso a definición dun uso que se vai denominar de uso público que abranguerá aquelas instalacións e dotacións compatibles cos solos de núcleo rural ou o solo urbanizable (e por extensión co urbano cando aquel se desenvolva), relacionadas coa prestación de servizos básicos á poboación, ben sexa directamente cos medios da administración ou ben mediante a cooperación público-privada ou a través de empresas concesionarias privadas.

4. Por último, tamén se puxo de manifesto que a regulación das alturas no uso comercial no que atinxe ás edificacións tradicionais existentes non resultaba acaída, pois se esixen unhas alturas semellantes ás das novas construcións o cal inviabiliza de facto que se podan levar a cabo usos comerciais nas plantas baixas de edificacións preexistentes, mesmo aínda que xa acubillaran ese uso no pasado. É por elo que se entende que só neste caso concreto, e sempre que se cumpran os demais requirimentos para o inicio da actividade, se permitirán unhas alturas libres algo menores as que actualmente sinala o PXOM.

No que atinxe ao viario do núcleo de Pasadán que se pretende eliminar da documentación do PXOM por non ter existido nunca sobre o territorio, nas seguintes imaxes recóllese en primeiro lugar unha foto frontal na que se observa o peche das parcelas que delimita o límite entre a zona pública e privada das parcelas, e en planta tanto o trazado co que figura no plano de ordenación como a ortofoto á mesma escala onde se evidencia que non existe na realidade.

Imaxe quitada dende o extremo sur do núcleo.

Modificación Puntual nº4 do PXOM de Taboadela Consultora Galega S.L 17

Plano de ordenación do núcleo segundo o PXOM.

Ortofoto do PNOA á mesma escala que o plano anterior.

Modificación Puntual nº4 do PXOM de Taboadela Consultora Galega S.L 18

7. ALCANCE E CONTIDO DA PLANIFICACIÓN.

7.1.PARÁMETROS BÁSICOS DA PROPOSTA.

O alcance da Modificación Puntual nº4 do PXOM de Taboadela afectará case exclusivamente aos parámetros normativos que se varían, que implicarán pequenas correccións nos usos e algún parámetro edificatorio nos seus ámbitos concretos de actuación en que serían aplicables, neste caso afecta a unha serie moi limitada de usos e algún parámetro aplicables que se varían lixeiramente en solo de núcleo rural, e nalgúns aspectos en solo urbanizable. No caso do viario de Pasadán procederase á súa eliminación da documentación do PXOM.

7.2.EN RELACIÓN COAS ALTERNATIVAS.

No caso de que o organismo ambiental determine o sometemento á Avaliación Ambiental Estratéxica da presente M.P. nº4 do PXOM de Taboadela, dentro do ISA identificaranse, describiranse e avaliaranse os probables efectos significativos sobre o medio ambiente que podan derivarse da aplicación do plan ou programa, así como unhas alternativas razoables, técnica e ambientalmente viables, incluída entre outras a alternativa 0, que teñan en conta os obxectivos e o ámbito territorial de aplicación do plan ou programa , tal e como se recolle no artigo 8 da Lei 9/2006 de 28 de Abril. Os efectos da aplicación da Lei entendese por alternativa 0 a non realización do plan ou programa, aínda que esta está descartada dende o momento que o Concello en exercicio das súas funcións encarga a realización da presente M.P.nº4.

En caso necesario estudaranse alternativas e xustificarase a alternativa seleccionada. Entre as alternativas considerarase a alternativa 0 ou de non intervención, a idea de non intervención está asociada ao mantemento do planeamento tal como está na situación actual e como resolve as demandas presentes.

Dado que o alcance da presente modificación é tan limitado, e realizase sobre principalmente sobre parámetros normativos, aparte dos cales só se busca a eliminación da documentación do plan xeral dun viario inexistente no núcleo de Pasadán non ten moito sentido utilizar moitas alternativas neste documento, polo tanto só analizaremos a alternativa 0 e a alternativa 1.

A alternativa 0 implica o mantemento da Normativa na súa redacción actual (cos erros e disfuncións xa detectados que se pretenden subsanar), así como o viario grafitado no plano de ordenación do núcleo, polo tanto esta alternativa invalidaría as melloras normativas que se pretenden, así como reflectir unha realidade parcelaria nunha zona concreta dun asentamento (razón pola que é absolutamente necesaria a presente modificación), sendo por tanto incompatible con ela.

A alternativa 1 é a que contempla a realización dos cambios normativos que permitirán a materialización axeitada do PXOM unha vez solventados os erros e lagoas detectados, obténdose como resultado unha mellora notable das condicións de aplicación do PXOM, sen alteracións de ningún tipo sobre o entorno

Modificación Puntual nº4 do PXOM de Taboadela Consultora Galega S.L 19 ou sobre o medio ambiente, dado que se trata de pequenos axustes en certos usos e algún parámetro edificatorio, ademais da corrección dun erro gráfico que actualmente figura no PXOM respecto ao viario de Pasadán que figura nos planos pero que na realidade non existe, por tanto é a alternativa ideal, cumpríndose así os obxectivos da presente modificación.

7.3.APROXIMACIÓN AOS EFECTOS AMBIENTAIS PREVISIBLES.

Os efectos esperados nunha actuación tan limitada como a que persegue a presente modificación non son de moita incidencia (practicamente ningunha se as comparamos coas condicións aplicables antes da modificación) nos que están relacionados co medio ambiente e os recursos naturais (ocupación e consumo de solo, ciclo da auga: hidroloxía; ríos; biodiversidade: patrimonio natural, calidade da paisaxe;...) porque non se preveen novas actuacións que non estivesen xa previstas e ademais tratase de pequenos axustes de parámetros xa definidos e compatibles cos asentamentos, e os efectos en outros aspectos menores (aínda que non hai variacións a respecto da situación previa a modificación, polo tanto non son novos efectos) son moi limitados (dada a escasa entidade da modificación) en determinados aspectos durante a construción dos edificios e servizos necesarios na materialización xeral do PXOM (ciclo da auga: abastecemento de auga, saneamento, atmosfera: emisións contaminantes e ruídos; xestión dos materiais e residuos; enerxía...), efectos estes que se poden resolver mediante o establecemento dalgunhas medidas e o seguimento de indicadores que trataremos no apartado seguinte.

7.4.MEDIDAS PROTECTORAS E CORRECTORAS:

Como xa temos indicado no punto anterior, as medidas incluídas no planeamento cara a abranguer tódolos vectores nos que unha actuación tan limitada como a que persegue a presente modificación non ten moita incidencia nos que están relacionados co medio ambiente e os recursos naturais (ocupación e consumo de solo, ciclo da auga: hidroloxía; ríos; biodiversidade: patrimonio natural, calidade da paisaxe;...), e os efectos en outros ámbitos menores serán moi limitados (dada a escasa entidade da modificación) en determinados aspectos (ciclo da auga: abastecemento de auga, saneamento, atmosfera: emisións contaminantes e ruídos; xestión dos materiais e residuos; enerxía...), efectos estes que se poden resolver mediante o establecemento de medidas xerais de funcionamento dos servizos que inflúen nestes aspectos citados, así como unhas medidas xerais preventivas para todos aqueles aspectos (ademais dos indicados durante o funcionamento) que poidan ter algunha incidencia durante a construción dos edificios e servizos necesarios para a materialización do PXOM.

Para cada un destes vectores poderanse definir obxectivos de protección ambiental que se terán que transformar nunha serie de indicadores, a controlar tanto na construción como no seguimento do plan; isto é, establecer un conxunto de indicadores que por unha banda condicionan o proceso de construción seguindo os modelos máis eficientes que sexan posibles, nos seus fluxos metabólicos. Dunha maneira sintética os indicadores e os condicionantes ou obxectivos pretenden dar resposta aos criterios e as variables relacionadas que poidan ter algunha incidencia sobre o medio nun territorio como este.

Modificación Puntual nº4 do PXOM de Taboadela Consultora Galega S.L 20

7.5.EFECTOS PREVISIBLES SOBRE ELEMENTOS ESTRATÉXICOS DO TERRITORIO, PLANIFICACIÓN SECTORIAL E TERRITORIAL IMPLICADA E AS NORMAS APLICABLES.

A modificación prevista, dada a súa escasa entidade, non supón efectos significativos sobre elementos estratéxicos do territorio, ou sobre a planificación sectorial ou territorial implicada, nin sobre as normas aplicables.

Modificación Puntual nº4 do PXOM de Taboadela Consultora Galega S.L 21

8. CONCLUSIÓNS.

Logo de expor o alcance das actuacións que se pretenden levar a cabo co desenvolvemento desta Modificación Puntual nº4, e co fin de someter a consideración do órgano ambiental, a devandita modificación puntual, segundo se recolle no articulado da lexislación de avaliación ambiental, o equipo redactor conclúe que:

Os cambios propostos non afectan a elementos do medio considerados de especial interese ou que presentan valores patrimoniais, polo que as actuacións non producen ningún impacto crítico nin severo.

Modificación Puntual nº4 do PXOM de Taboadela Consultora Galega S.L 22

9. PROCESOS A SEGUIR PARA A APROBACIÓN DA MODIFICACIÓN PUNTUAL.

En primeiro lugar, deberá solicitarse da Consellería de Medio Ambiente a necesidade ou non de someter o plan á Avaliación Ambiental Estratéxica.

As actuacións dependentes do órgano ambiental – neste caso a Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas - derivadas da aplicación da Lei 9/2006, dependerán de ese órgano, sendo preciso comunicar á citada administración o inicio da tramitación deste documento, como o primeiro paso na avaliación deste proceso no caso concreto do presente documento.

Así mesmo, en caso necesario, a integración da avaliación estratéxica coa tramitación do planeamento recóllese con claridade na LOUG, de xeito que o proceso de avaliación ambiental estratéxica dos instrumentos de ordenación do territorio ou de planeamento urbanístico tramitaranse simultaneamente co procedemento legalmente establecido para a súa aprobación.

Unha vez determinada a necesidade ou non de someter o plan á Avaliación Ambiental Estratéxica, procederase a tramitación da presente modificación puntual.

Segundo se recolle no artigo 93 Alteración de planeamento da LOUG:

“(...)

4. A revisión do planeamento e as modificacións de calquera dos elementos dos plans, proxectos, normas e ordenanzas suxeitaranse ás mesmas disposicións enunciadas para a súa tramitación e aprobación, (....)”.

As modificacións do planeamento xeral que non impliquen nin a reclasificación do solo nin o incremento da intensidade de uso dunha zona nin alteren os sistemas xerais previstos no planeamento vixente non precisarán obter o informe previo á aprobación inicial ao que fai referencia o punto 1 do artigo 85 desta lei.

Dado que na presente MP non se da nin a reclasificación do solo nin o incremento da intensidade de uso dunha zona nin se alteran os sistemas xerais non se precisará obter o informe previo á aprobación inicial. Así pois no caso de non haber necesidade de sometemento ao procedemento da Avaliación Ambiental Estratéxica a tramitación sería a recollida no artigo 85 da LOUG, coas precisións indicadas:

“1. Rematada a fase de elaboración do planeamento e antes da súa aprobación inicial, os servizos técnicos e xurídicos municipais deberán emitir informe respecto da conformidade do plan coa lexislación vixente e a calidade técnica da ordenación proxectada......

2. O concello que o formulou procederá á súa aprobación inicial e, seguidamente, o plan aprobado inicialmente con todos os documentos integrantes do expediente tramitado, (...), será sometido simultaneamente ás consultas previstas no documento de referencia e ao trámite de información pública durante un prazo de dous meses, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión na provincia. Simultaneamente e durante o mesmo prazo, daráselles

Modificación Puntual nº4 do PXOM de Taboadela Consultora Galega S.L 23 audiencia aos municipios limítrofes. Non será precisa a notificación do trámite de información pública ás persoas propietarias de terreos afectados.

3. Ao mesmo tempo que o trámite de información pública, a administración municipal deberá solicitar das administracións públicas competentes os informes sectoriais que resulten necesarios, que deberán ser emitidos no prazo máximo dun mes, agás que a lexislación sectorial sinale outro prazo.

7. Cumpridos os trámites sinalados nas alíneas precedentes, o pleno do concello aprobará provisionalmente o contido do plan coas modificacións que fosen pertinentes e someterallo, co expediente completo debidamente dilixenciado, ao órgano autonómico competente que deba outorgar a aprobación definitiva.

A consellaría, no prazo dun mes, examinará con carácter previo a integridade documental tanto do proxecto de plan coma do expediente e das actuacións administrativas realizadas, así como a adecuación ás determinacións da memoria ambiental que deban incorporarse ao plan, de acordo coa alínea 5 deste artigo. De apreciarse a omisión ou defectuosa formalización dalgún trámite, ou a existencia dalgunha deficiencia na documentación do proxecto, requirirá a emenda das deficiencias observadas e fixará o prazo para o efecto. Ata o cumprimento efectivo do requirimento non comezará o cómputo do prazo legal para a resolución sobre a aprobación definitiva nin procederá resolver sobre esta.

Unha vez completado o expediente, o conselleiro ou a conselleira adoptará motivadamente algunha das seguintes decisións: a) Aprobar definitivamente o plan. A aprobación poderá ser parcial cando as deficiencias só afecten áreas ou determinacións tan concretas que, prescindindo delas, o planeamento se poida aplicar con coherencia. A parte obxecto de reparos quedará en suspenso ata que o concello emende as deficiencias e lle remita o documento corrixido á consellaría para a súa aprobación definitiva. b) Se non procede outorgar a aprobación definitiva, o órgano competente sinalará as deficiencias e subseguintes modificacións que procede introducir, co obxecto de que, unha vez emendadas e aprobadas polo concello, se eleve de novo o documento para a súa aprobación definitiva, agás que quedase eximido de facelo pola escasa importancia das modificacións. c) Denegar a aprobación definitiva no caso de que o plan en tramitación se estime inviable porque as deficiencias constatadas non sexan susceptibles de emenda.(...)”.

No caso de que o organismo ambiental determine a necesidade do sometemento ao procedemento da Avaliación Ambiental Estratéxica o proceso ampliaríase a outros pasos recollidos nos artigos 84 e 85 da LOUG que fan referencia á tramitación ambiental.

Modificación Puntual nº4 do PXOM de Taboadela Consultora Galega S.L 24

Segundo o artigo 84: “(...) 4. Cumpridos os trámites anteriores, redactarase un anteproxecto de planeamento, como documento de inicio, que servirá de orientación para a elaboración e avaliación ambiental do plan sobre bases aceptadas de principio polas administracións públicas con competencias concorrentes. O documento de inicio conterá un estudo detallado do medio rural e do modelo de asentamento poboacional, así como a descrición e avaliación do sistema de núcleos que se propoña e do alcance, do contido e dos obxectivos da planificación, así como das propostas e alternativas formuladas. Conterá, así mesmo, unha avaliación do seu desenvolvemento previsible, dos seus efectos ambientais e dos efectos que se prevexan que poida ter sobre os elementos estratéxicos do territorio, a planificación sectorial e territorial implicada e as normas aplicables.

O municipio promotor do plan xeral comunicaralle ao órgano ambiental o acordo da súa formulación, xunto co documento de inicio ao que se refire a alínea anterior.

5. No prazo de dous meses desde que reciba a documentación completa, o órgano ambiental daralle traslado ao concello promotor da amplitude, do nivel de detalle e grao de especificación do informe de sustentabilidade ambiental, tras identificar e consultar as administracións públicas afectadas e o público interesado, de conformidade co disposto no artigo 9 da Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no medio ambiente.

A determinación da amplitude e o nivel de detalle do informe de sustentabilidade ambiental comunicaránselle ao órgano promotor mediante un documento de referencia que incluirá ademais os criterios ambientais estratéxicos e indicadores dos obxectivos ambientais e principios de sustentabilidade aplicables en cada caso.

Igualmente, deberá informarse, se é o caso, da congruencia cos instrumentos establecidos na Lei 7/2008, de protección da paisaxe de Galicia.

6. Recibido polo órgano promotor o documento ambiental de referencia, de conformidade co disposto no artigo 8 da Lei 9/2006, do 28 de abril, este elaborará o informe de sustentabilidade ambiental, atendendo aos criterios contidos no documento de referencia redactado polo órgano ambiental.”

No que atinxe ao artigo 85 ademais do sinalado con anterioridade:

O informe de sustentabilidade ambiental (ISA) da modificación puntual será aprobado inicialmente polo concello que a formulou e sometido a consultas e a informes sectoriais igual que o resto da documentación da mesma nos prazos legalmente establecidos para elo.

“O concello promotor, una vez transcorrido o período de consultas e de información pública, e con carácter previo á aprobación provisional ou á definitiva cando aquela non sexa preceptiva, enviaralle ao órgano ambiental a documentación completa do plan que tome en consideración o informe de sustentabilidade ambiental, as alegacións e os informes presentados no período de consultas, así como unha proposta de memoria ambiental de conformidade co disposto no artigo 12 da Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no medio ambiente. Deberá tamén enviar os informes sectoriais e un informe sobre o proceso de participación pública.

Modificación Puntual nº4 do PXOM de Taboadela Consultora Galega S.L 25

Se o concello promotor presenta a documentación unha vez transcorridos tres anos ou máis desde que reciba o documento de referencia, o órgano ambiental deberá valorar a vixencia do informe de sustentabilidade ambiental e indicarlle, se é o caso, ao concello promotor a necesidade de elaborar un novo ou sinalar os puntos nos que o informe existente necesita ser modificado.

O órgano ambiental no prazo de dous meses desde a recepción da documentación completa elaborará a memoria ambiental co obxecto de valorar a integración dos aspectos ambientais na proposta do plan, na que se analizarán o proceso de avaliación, o informe de sustentabilidade ambiental e a súa calidade, se avaliará o resultado das consultas realizadas e como foron tomadas en consideración e se analizará a previsión dos impactos significativos da aplicación do plan.

A memoria ambiental conterá as determinacións finais que deban incorporarse á proposta do plan. Terá carácter preceptivo e terase en conta no plan antes da súa aprobación definitiva.

Se transcorrese o prazo para elaborar a memoria ambiental sen que lle fose comunicado ao órgano promotor, entenderase aceptada a proposta de memoria ambiental enviada ao órgano ambiental e poderase continuar a tramitación do plan.

O cumprimento dos trámites aos que se refiren as anteriores alíneas interromperá o cómputo dos prazos que para a aprobación dos plans se establecen nesta lei.”

Cumpridos estes trámites o concello pode proceder á aprobación provisional da modificación e á súa remisión á consellaría competente en materia de urbanismo, onde de ser o caso se levará a cabo á aprobación definitiva da mesma.

Se é necesaria a avaliación ambiental estratéxica, o órgano promotor deberá realizar o seguimento dos efectos no medio ambiente da aplicación ou execución do plan, para identificar con prontitude os efectos adversos non previstos e permitir levar a cabo as medidas adecuadas para evitalos, conforme o disposto no artigo 15 da Lei 9/2006, do 28 de abril.

Modificación Puntual nº4 do PXOM de Taboadela Consultora Galega S.L 26

10. EQUIPO REDACTOR.

A presente Modificación Puntual nº4 redactouse por un equipo da empresa Consultora Galega S.L. no que participaron os seguintes profesionais:

- Xoán Carlos Portela Regodeseves, Arquitecto.

- Diego Rodríguez Enríquez, Arquitecto.

- Miguel A. Barreiro García, Xeógrafo.

- Brais Penela San Luis, Delineante Proxectista.

- Rosa Mª Castro Vazquez, Administrativa.

Pontevedra, decembro 2014.

Asdo. Xoán Carlos Portela Regodeseves. Dirección do Equipo.

Modificación Puntual nº4 do PXOM de Taboadela Consultora Galega S.L 27