RGF 14 Enteiro.Pdf
Total Page:16
File Type:pdf, Size:1020Kb
ÁREA DE FILOLOXÍAS GALEGA E PORTUGUESA Edita: Área de Filoloxías Galega e Portuguesa Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística Depósito Legal: C-584-2000 ISSN: 1576-2661 Distribúe: Consorcio Editorial Galego Deseño: Torné Asociados Maquetación: Antonio Souto A RGF agradece a colaboración do Servizo de Publicacións da UDC. Director: Xosé Ramón Freixeiro Mato (Universidade da Coruña). Subdirector: Xosé Manuel Sánchez Rei (Universidade da Coruña). Secretario: Xoán López Viñas (Universidade da Coruña). Consello de Redacción: Manuel Fernández Ferreiro (Universidade da Coruña), Iolanda Galanes (Universidade de Vigo), María Pilar García Negro (Universidade da Coruña), Xoán Carlos Lagares (Universidade Federal Fluminense de Niterói), Pär Larson (CNR-Opera del Vocabolario Italiano, Florencia), Maria Aldina Marques (Universidade do Minho), Ana Maria Martins (Universidade de Lisboa), Anxo M. Lorenzo Suárez (Universidade de Vigo), Goretti Sanmartín Rei (Universidade da Coruña), Xavier Varela Barreiro (Universidade de Santiago de Compostela). Comité Científico: Evanildo Bechara (Universidade Federal do Rio de Janeiro), Ataliba T. de Castilho (Universidade de São Paulo), Manuel Ferreiro (Universidade da Coruña), José Luiz Fiorin (Universidade de São Paulo), Juan Carlos Moreno Cabrera (Universidad Autónoma de Madrid), Rafael Lluis Ninyoles (Conselleria de Educació i Ciència, Generalitat Valenciana), Andrés Pociña (Universidade de Granada), Álvaro Porto Dapena (Universidade da Coruña), José Luís Rodríguez (Universidade de Santiago de Compostela), Sebastià Serrano (Universitat de Barcelona), Telmo Verdelho (Universidade de Aveiro), Mário Augusto do Quinteiro Vilela (Universidade do Porto), Roger Wright (University of Liverpool). Colaboracións e Correspondencia: Xoán López Viñas Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística Facultade de Filoloxía. Universidade da Coruña Campus da Zapateira, s/n. 15071 A Coruña (Galiza) e-mail: [email protected] Ámbito da Revista Galega de Filoloxía A Revista Galega de Filoloxía é unha publicación (revisada por un comité externo de expertos) vinculada á Área de Filoloxías Galega e Portuguesa da Universidade da Coruña, de traballos de investigación orixinais e inéditos dedicados a algún aspecto lingüístico ou filolóxico do ámbito galego-portugués. A lingua preferencial de publicación é o galego ou o portugués, aínda que en casos especiais se admita a publicación en calquera outro idioma. A Revista, fundada no ano 2000, ten unha periodicidade anual, de modo que só se edita un número por ano. Índices, directorios e bases de datos en que aparece a RGF CARHUS Plus+ 2010, Dialnet, DICE, ISOC, Latindex, MIAR, REGESTA IMPERII, RESH, ZBD Índice do número 14 Artigos 7-177 Edición e edicións: a propósito de crítica textual e lírica medieval (profana) galego-portuguesa (I) Mariña Arbor Aldea (Universidade de Santiago de Compostela) 9-26 Topónimos de base Sarand- e Serant-: unha hipótese etimolóxica común Gonzalo Hermo González (ILG/USC) 27-61 Contributos para o estudo do marcador discursivo ‘claro’ em Português europeu Ana Cristina Macário Lopes (CELGA/FLUC) 63-83 O discurso electrónico: a interacción comunicativa no contexto virtual Estefanía Mosquera Castro (Universidade da Coruña) 85-120 As notas marxinais coetáneas da Historia Troiana (BMP ms. 558). Edición e estudo Ricardo Pichel Gotérrez (UCM/USC) 121-150 Unha corrección marxinal do Cancioneiro da Ajuda nada marxinal Alexandre Guerra (Universidade de Vigo) 121-150 Metaphors, We Li(v)e By: Metáfora, verdade e mentira nas línguas naturais José Teixeira (ILCH/CEHUM) 151-177 Recensións 179-208 Xoán Carlos Lagares / Marcos Bagno (orgs.), Políticas da norma e conflitos linguísticos, São Paulo, Parábola Editorial, 2011, 391 páxinas. Xosé Ramón Freixeiro Mato 181-185 Xosé Manuel Sánchez Rei: Lingua galega e variación dialectal. A Coruña, Laiovento, 2011, 662 páxinas. Estefanía Mosquera Castro 187-192 Xosé Ramón Freixeiro Mato, Estilística da lingua galega, 2013, Vigo, Xerais, 572 páxinas. Xosé Manuel Sánchez Rei 205-208 Normas de presentación de traballos para a Revista Galega de Filoloxía 209-212 Contido dos números anteriores da Revista Galega de Filoloxía 213-216 Contents issue 14 Articles 7-177 Edition and editions: on Galician-Portuguese textual criticism and medieval lyric (I) Mariña Arbor Aldea (Universidade de Santiago de Compostela) 9-26 Place Names based on Sarand- and Serant-: a common etymological hypothesis Gonzalo Hermo González (ILG/USC) 27-61 Contribution to the study of the discourse marker ‘claro’ in European Portuguese Ana Cristina Macário Lopes (CELGA/FLUC) 63-83 Electronic discourse: communicative interaction in Virtual Space Estefanía Mosquera Castro (Universidade da Coruña) 85-120 The contemporary marginal notes of the Historia Troiana (BMP ms. 558). Editing and study Ricardo Pichel Gotérrez (UCM/USC) 121-150 A marginal emendation of the Cancioneiro da Ajuda is a not at all marginal Alexandre Guerra (Universidade de Vigo) 121-150 Metaphors, We Li(v)e By: Metaphor, truth and lie in natural languages José Teixeira (ILCH/CEHUM) 151-177 Edición e edicións: a propósito de crítica textual e lírica medieval (profana) galego-portuguesa (I)* Mariña Arbor Aldea Universidade de Santiago de Compostela Resumo: Neste artigo ofrécese unha revisión histórica e crítica do labor ecdótico realizado no ámbito da lírica profana galego-portuguesa desde os seus inicios, a comezos do século XIX, ata a década de 1960, momento en que a denominada “escola italiana” comeza os seus traballos. O estudo contempla as edicións inaugurais desta tradición poética, preparadas nos anos que seguiron ao descubrimento dos primeiros manuscritos –Stuart, Moura, Varnhagen–, a edición en Italia e en Portugal no último cuarto do século XIX –Monaci, Molteni, Braga–, o contributo dos grandes mestres –Michaëlis, Lang e Nobiling–, as publicacións motivadas polo achado de novos relatores, a comezos do século XX –M, P, R–, a edición en Portugal no período de entreguerras –Nunes–, as primeiras edicións dedicadas á lírica dos trobadores en territorio galego, o labor ecdótico en América –Carter, Ferreira da Cunha– e a edición no ámbito lusitano e galego con posterioridade ao estoupido, primeiro, da guerra civil española e, despois, da segunda guerra mundial. Palabras chave: Edición crítica, lírica profana galego-portuguesa. Abstract: This paper consists of a historical and critical survey of works in the field of textual criticism of Galician-Portuguese Lyric Poetry, from the beginnings in the 19th century until the 1960s, when the so-called ‘Italian School’ began its activity. The survey covers the inaugural editions of Galician-Portuguese poetry published in the years following the discovery of the first MSS. (Stuart, Moura, Varnhagen), the work carried out in Italy and Portugal in the last quarter of the 19th century (Monaci, Molteni, Braga), the contributions of the ‘great masters’ (Michaëlis, Lang, Nobiling), the output following the discovery of new MSS. (M, P, R), the editorial activity in Portugal between the wars (Nunes), the earliest works on Galician- Portuguese trobador lyric published in Galicia, the works of textual criticism carried out in North and South America (Carter, Ferreira da Cunha) and, finally, the editions published in Portugal and Galicia in the period following the Spanish Civil War and WW II. Key words: Critical editions, Galician-Portuguese Lyric Poetry. * Os datos expostos neste traballo son froito parcial dos estudos que desenvolve a autora no marco dos proxectos de investigación La lírica gallego-portuguesa en la corte de Alfonso X. Autores y textos II (FFI-2011-25899) e El debate metaliterario en la lírica románica medieval (FFI2011-26785), que reciben o apoio económico do Ministerio de Economía e Competitividad. Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2013, 14: 11-41 Data de recepción: 28/11/2012 | Data de aceptación: 21/12/2012 11 Mariña Arbor Aldea 1. Desde que nos albores do século XVIII se descubriu o primeiro manuscrito que transmitía textos da lírica profana galego-portuguesa, foron múltiplos os traballos que, seguindo criterios diferentes, abordaron a edición desta tradición poética. En edicións paleográficas, críticas, interpretativas, por cancioneiros, grandes xéneros ou autores particulares, todas as pezas que integran o acervo lírico dos trobadores do occidente ibérico contan con edición dispoñible para o público. Non obstante, pouco se escribiu a propósito desta longa tradición editorial, que cobre un arco temporal e xeográfico inmenso –dous séculos de traballo, en espazos e ambientes notablemente diversos– e unha bibliografía inxente, tanto no que ás edicións se refire como aos estudos que nutren e sobre os que se nutren esas edicións. Atendendo a este baleiro, nestas páxinas, puramente introdutorias ao argumento tratado, queremos debuxar as grandes liñas que se seguiron na edición da lírica galego-portuguesa, os núcleos xeográficos e os círculos académicos que impulsaron este labor, bosquexar, nun primeiro balance, que de ningún modo pode ser exhaustivo, o pasado, o percurso e o presente da edición no ámbito de traballo considerado1. Dado que, pola súa extensión, debemos segmentar este ensaio, nesta sede abordaremos o labor ecdótico desde as “orixes” ata o momento en que a denominada “escola italiana” inicia os seus traballos, reservando para unha segunda oportunidade a análise do período comprendido entre ca. 1960 e a actualidade. 1 A análise que nestas páxinas se recolle non é, nin pode ser, unha análise completa. Parte das