Crónica Da Academia (Ano 2011)
Total Page:16
File Type:pdf, Size:1020Kb
Boletín da Real Academia Galega Núm. 374, pp. 209-299 © 2015. Real Academia Galega “CUITA GRAND’E CUIDADO ” (A 32) / “COITA GRAND’E COYDADO ” (B 174) ESTRATIGRAFÍA DA VARIACIÓN LING ÍSTICA NOS CANCIONEIROS TROBADORESCOS Henrique Monteagudo Instituto da Lingua Galega (USC) Resumo: No presente contributo analizamos un abano de variantes scriptolin- güísticas dos Cancioneiros da Ajuda (A) e da Biblioteca Nacional (B), concentra- das no sector inicial de ambos os cancioneiros: nullo, nulla e oer- oera- oesse (en B); vus / v9, vusco- convusco, cuitar- cuita e coidar- coidado (en A). No ronsel do traballo de Maria Ana Ramos, a nosa análise detense fundamentalmente nas dúas últimas variantes (cuita e coidar), que son postas en relación con outras variables codicolóxicas do mesmo cancioneiro —en particular a ausencia / pre- senza de pauta musical nas findas—, e mais cos trazos lingüísticos galegos da Recolla dos trobadores (especialmente na obra de Johan Soarez Coello), compila- ción previa a A conxecturada por António Resende de Oliveira. Mostramos que a distribución das variantes cuita e coidar, contemplada no cadro de con- xunto das demais e á luz da comparanza coa distribución das rexistradas en B, permite identificar substratos scriptolingüísticos que consideramos correspon- dentes a hipotéticos antecedentes homográficos do Cancioneiro da Ajuda, botando nova luz sobre a cuestión das fontes deste cancioneiro, isto é, sobre a (proto-)tradición manuscrita da lírica trobadoresca galego-portuguesa. Abstract: In the present contribution we study a range of scriptolinguistic variants which are clustered together in the initial sections of the Cancio- neiro da Ajuda (A) and the Cancioneiro da Biblioteca Nacional (B): nullo, nulla and oer- oera- oesse (in B); vus / v9, vusco- convusco, cuitar- cuita and coidar- coi- dado (in A). Following the work of Maria Ana Ramos our analysis focuses on the last two variants (cuita and coidar), which we connect with other codicological variants on the same cancioneiro —especially the absence or © 2015 REAL ACADEMIA GALEGA. Boletín da Real Academia Galega, núm. 374, pp. 209-299 209 ISSN: 1576-8767 Henrique Monteagudo presence of a musical pattern in the findas— and also with the Galician lin- guistic traits attested in the Recolla dos trobadores (in the work of Johan Soa- rez Coello in particular), a compilation older than A whose existence was conjectured by António Resende de Oliveira. Here we show that the distri- bution of variants cuita and coidar, when it is studied along with the others and by comparison to those variants already registered in B, allows us to identify scriptolinguistic substrata that in our view correspond to hypotheti- cal homographic antecedents of the Cancioneiro da Ajuda. This fact can shed new light on the sources of this cancioneiro, namely on the manuscript (proto)tradition of the lyric poetry of Galician and Portuguese troubadours. Palabras chave: galego-portugués, lírica trobadoresca, variación scriptolin- güística, tradición manuscrita, Cancioneiro da Ajuda. Key words: galician-portuguese, troubadouresque lyric, scriptolinguistic variation, manuscript tradition, Cancioneiro da Ajuda. Um exame optimizado da posição este- mática do Cancioneiro da Ajuda no con- junto de toda a tradição conhecida deveria ter em conta as relações entre os dados codicológicos, paleográficos e grafemáticos, retirados da observação do Cancioneiro de Lisboa e o que se poderia depreender da tradição ita- liana, além do exame das edições críti- cas já efectuadas de trovadores presen- tes no Cancioneiro da Ajuda. (Ramos 2008 II: 692) O estudo da variación scriptolingüística no corpus da lírica trobadoresca galego-portuguesa é merecente dunha exploración sistemática, que pode forne- cer achegas de interese non só para a gramática histórica do galego e do portu- gués, senón tamén para un mellor coñecemento do fenómeno trobadoresco. 210 © 2015 REAL ACADEMIA GALEGA. Boletín da Real Academia Galega, núm. 374, pp. 209-299 ISSN: 1576-8767 "Cuita grand'e cuidado" (A32) / "Coita grand'e coydado" (B174) Estratigrafía da variación lingüística nos cancioneiros trobadorescos Pola nosa banda, xa realizamos algún tenteo nese senso na procura de apoios para o esclarecemento da cronoloxía, xeografía e relacións dalgúns trobadores (Monteagudo 2008b: 293-311 e 369-92). Daquela comezamos a enxergar as posibilidades que este tipo de investigación ofrecía para pescudar outro asunto, o proceso de constitución da tradición manuscrita, tema que nos pro- poñemos abordar no presente contributo. Como naquel traballo o noso interese estaba debruzado sobre os trobado- res máis antigos (nomeadamente Osoyro Eanes), centramos a nosa atención na sección inicial do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (B). Destarte, con apoio no traballo previo de Resende de Oliveira (1994) e con esteo en elementos coñeci- dos (como a posición dos autores nos cancioneiros) ou en proceso de explora- ción (como a súa cronoloxía e datos biográficos), reforzados cos resultados da análise lingüística que efectuamos, caracterizamos un núcleo de trobadores de ámbito miñoto estreitamente vencellados entre si —Fernan Rodriguez de Calleyros, Vasco Fernandez de Praga e Johan Soarez Somesso— e con outros, nomeadamente, Osoyro Eanes, Fernando Paez de Tamallancos e Martin Soa- rez. Unha serie de variantes que analizamos no dito traballo vencellaban estes autores tamén con Nuno Fernandez Torneol, Pero Garcia Burgales ou Vasco Gil, entre outros (Monteagudo 2008b: 369-92; resumo nas páxinas 387-92). Xa daquela albiscamos que se algunhas afinidades entre as composicións dos devanditos autores podían ser testemuña de contactos directos entre eles (persoais ou textuais), outras puideran estar relacionadas máis ben cos avatares da tradición da súa obra, tal como a súa copresenza nunha (ou máis de unha) hipotética colectánea cancioneiril previa a A. Naquel momento tiñamos en mente o fundamental traballo de António Resende de Oliveira (1994: 156-90), e máis en concreto a súa hipótese de que nun primeiro nivel de formación da tradición manuscrita, testemuñado por A, se realizaran dúas compilacións pre- vias á confección deste cancioneiro: primeiramente un Cancioneiro dos cabalei- ros, posteriormente unha Recolla de trobadores. Mentres avanzabamos no estudo publicado en 2008 tiñamos a impresión de que os resultados que obtiveramos da nosa análise estaban en liña coa devandita hipótese, pero daquela, como antes dixemos, non nos preocupaba especialmente este asunto. Unha pescuda posterior sobre Johan Soayrez Somesso (Monteagudo 2013 e 2014) volveu colo- car no foco da nosa atención a sección inicial de B e agora tamén de A, en par- ticular o amentado núcleo miñoto (Calleyros, Praga e Somesso). Aínda que naquel momento non era a nosa pretensión proceder a unha análise lingüística © 2015 REAL ACADEMIA GALEGA. Boletín da Real Academia Galega, núm. 374, pp. 209-299 211 ISSN: 1576-8767 Henrique Monteagudo dos seus textos, nunha ollada atenta saltaban de novo á vista as súas peculiari- dades compartilladas, que agardaban un estudo específico. Entrementres, tive- mos a fortuna de acceder ao minucioso estudo do Cancioneiro da Ajuda que constitúe a tese de doutoramento da profesora e amiga Maria Ana Ramos (2008)1. Esta magnífica investigación está debruzada nos aspectos codicolóxico, paleográfico e grafemático de A, de xeito que ofrece unha exhaustiva análise tanto do códice e da disposición material dos textos canto da variación scripto- lingüística que se rexistra no venerable cancioneiro. Pola variación gráfica comezaremos o noso percorrido. 1. A VARIACIÓN GRÁFICA NO CANCIONEIRO DA AJUDA: OBSERVACIÓNS PRELIMINARES A variación gráfica no Cancioneiro da Ajuda foi estudada en dous planos, o paleográfico (Pedro 2004, Mariño / Varela 2005) e o grafemático (Arbor / Varela 2005, Rodríguez Guerra / Varela 2007), un e outro abordados maxis- tralmente na obra de Maria Ana Ramos (2008, II). Imos resumir moi breve- mente as principais conclusións que se tira deses traballos no que atinxe aos nosos propios intereses: 1) O texto foi transcrito por tres mans (véxase cadro nº 1): a man 1 é res- ponsable da meirande parte do cancioneiro tal como chegou a nós (cadernos I, II, III, IV, V, VI, VII, VIIª, VIII, IX, X, XIª), a man 2 copiou unicamente un caderno (XII), a man 3 trasladou dous cader- nos que se conservan case íntegros e un folio máis (XIII, XIV e XIVª); dous folios foron escritos por cadansúa man diferente no recto e no verso: o fol. 40, no inicio do caderno VII, foi labrado no recto pola man 3, no verso pola man 1; o fol. 74, situado entre o caderno XI e o XII, foi trasladado no recto pola man 1 e no verso pola man 2. 2) As mans 2 e 3, ademais de seren identificables segundo trazos paleo- gráficos, presentan características grafemáticas específicas que as defi- nen fronte á man 1. Así, por poñer algúns exemplos —sen pretensións 1 Nesta tese recóllense e revísanse os seus contributos previos sobre o Cancioneiro da Ajuda, entre outros, Ramos 1984, 1986, 1988, 1994 e 1995. Arbor Aldea 2005 ofrece unha panorámica dos estu- dos sobre este cancioneiro útil ao noso propósito; tamén é interesante Ron 2005, cunha informa- ción actualizada sobre o rexistro documental e a identidade histórica dos trobadores presentes en A. 212 © 2015 REAL ACADEMIA GALEGA. Boletín da Real Academia Galega, núm. 374, pp. 209-299 ISSN: 1576-8767 "Cuita grand'e cuidado" (A32) / "Coita grand'e coydado" (B174) Estratigrafía da variación lingüística nos cancioneiros trobadorescos de exhaustividade—, podemos sinalar que