Toponimia Do Val De Fragoso - / Marta 6 Bembrive Álvarez Pérez S Riode Ervizo P Toponimia Doval Ublicacións Marta Álvarez Pérez De Fragoso
Total Page:16
File Type:pdf, Size:1020Kb
TOPONIMIA DO VAL DE FRAGOSO Entidade Local Menor BEMBRIVE de Bembrive 6 A vida na parroquia de Bembrive estivo intimamente ligada ao longo do tempo, e ata hai non moitos anos, á terra, aos seus PÉREZ ÁLVAREZ - MARTA MARTA ÁLVAREZ PÉREZ usos e aproveitamentos. Esta realidade quedou plasmada tamén na toponimia... Pero nestes últimos tempos tanto esa íntima relación coa paisaxe como a transmisión interxeracional de coñecementos foise rompendo, dando lugar a xeracións novas totalmente descoñecedoras do seu pasado e da súa contorna. Mais esta perda pode ser reversible só en certa medida e nun curto espazo de tempo, o que nos queda antes da desaparición das últimas veciñas e veciños que gardan na súa memoria a paisaxe toponímica da parroquia e todas as lendas, tradicións e coñecementos / 6 BEMBRIVE DE FRAGOSO TOPONIMIA DO VAL SERVIZO DE PUBLICACIÓNS asociados a ela. SERVIZO DE PUBLICACIÓNS SERVIZO DE PUBLICACIÓNS SERVIZO DE PUBLICACIÓNS Entidade Local Menor de Bembrive materiais lingüísticos materiais lingüísticos COLECCIÓN: TOPONIMIA DO VAL DE FRAGOSO / BEMBRIVE, NÚM. 6 materiais lingüísticos materiais lingüísticos materiais lingüísticos materiais lingüísticos materiais lingüísticos Edición: Concellaría de Normalización Lingüística materiais Concello de Vigo lingüísticos Praza do Rei, 1 36202 Vigo materiais Tfno.: 968 810 281 lingüísticos © Fotógrafo: Javier Albertos materiais Foto portada: Igrexa de Bembrive (www.vigoenfotos.com) lingüísticos © Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, 2018 © Concellaría de Normalización Lingüística, 2018 materiais Printed in Spain - Impreso en España ISBN: 978-84-8158-813-2 lingüísticos Depósito legal: VG 51-2019 materiais Revisión: Servizo de Normalización Lingüística, Concello de Vigo Maquetación e impresión: Tórculo Comunicación Gráfica, S.A. lingüísticos materiais lingüísticos materiais Reservados todos os dereitos. Nin a totalidade nin parte deste libro pode reproducirse ou transmitirse por ningún procedemento electrónico ou mecánico, incluíndo foto- copia, gravación magnética ou calquera almacenamento de información e sistema de lingüísticos recuperación, sen o permiso escrito da Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Vigo. materiais lingüísticos materiais lingüísticos materiais lingüísticos materiais lingüísticos materiais lingüísticos materiais lingüísticos materiais TOPONIMIA DO VAL lingüísticos DE FRAGOSO materiais lingüísticos materiais BEMBRIVE lingüísticos materiais 6 lingüísticos materiais MARTA ÁLVAREZ PÉREZ lingüísticos materiais lingüísticos materiais lingüísticos materiais lingüísticos materiais lingüísticos Entidade Local Menor SERVIZO DE PUBLICACIÓNS materiais de Bembrive lingüísticos Ás veciñas e veciños de Bembrive, responsables últimos deste libro, por manter vivos os topónimos ao longo do tempo. Limiar 1 Limiar presente volume, dedicado á parroquia de Bembrive, continúa a colección Toponimia do Val de Fragoso iniciada no ano 2008 coa O publicación do libro Toponimia de Coia; nun intento por recuperar, valorizar e divulgar a toponimia de Vigo. Neste caso, á iniciativa impulsada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo sumouse a Entidade Local Menor de Bembrive, ao entender a importancia que para un pobo, neste caso no ámbito parroquial, ten coñecer o seu propio territorio e poder nomealo. Conta da importancia da toponimia dan as palabras escritas por Gonzalo Navaza na presentación desta colección: Os nomes de lugar son parte esencial do patrimonio cultural dunha comunida- de. Constitúen un manto civilizador que foi tecéndose ao longo dos séculos e que chega ata hoxe como herdanza transmitida de xeración en xeración. Algúns dos fíos deste tecido teñen orixe na prehistoria, se cadra nos remotísimos tem- pos en que por primeira vez a especie humana alcanzou estas áreas dos confíns atlánticos. Outros foron creándose ao longo do tempo e son hoxe memoria de modos de vida do pasado, da orografía, da flora, da fauna... da relación da xente coa paisaxe a través da historia. Pero nos últimos tempos, tanto esa íntima relación coa paisaxe como a transmisión interxeracional de coñecementos foise rompendo, dando lugar a xeracións novas totalmente descoñecedoras do seu pasado e da súa contorna. Unha perda que pode ser reversible só en certa medida e nun curto espazo de tempo: o que nos queda antes da desaparición das últimas veciñas e veciños que gardan na súa memoria a paisaxe toponímica da parroquia e todas as lendas, tradicións e coñecementos asociados a ela. 7 Toponimia DO VAL DE FRAGOSO : BEMBRIVE Porén, coa firme intención de opoñérmonos a este proceso de de- culturación, este libro pretende ser unha ferramenta que nos permita, en primeiro lugar, salvagardar o coñecemento das últimas xeracións que viviron esa indisoluble relación co territorio. Persoas que transi- taban a pé polos camiños da parroquia, que levaban o gando a pacer nos montes, que lavaban nos lavadoiros e moían nos muíños e que sabían cales eran as mellores terras para poulo, para centeo ou para horta, e que aínda viviron as mallas e o cultivo e procesado do liño na parroquia. En segundo lugar, agardamos que sexa un instrumento que lles sirva ás xeracións máis novas para descubriren o rico medio en que viven, para aprenderen a nomealo e, polo tanto, a amalo e defendelo. Non obstante, non pretendemos, en ningún caso, que a transmisión escrita sexa un substituto da transmisión oral. Todo o contrario, agar- damos que este libro sexa só un aperitivo que estimule o desexo por coñecer máis sobre cada un dos recunchos que percorreremos e para seguir recorrendo ás principais fontes que deron lugar a esta obra: as nosas e os nosos maiores. A recompilación das formas toponímicas deste volume realizouse grazas a un arduo traballo de campo. De xullo a novembro de 2012 percorremos a parroquia na procura de informantes orais que nos pro- porcionaron os nomes que posteriormente contrastamos cos da docu- mentación histórica á que tivemos acceso. Entre 2012 e 2014 volvemos a facer algunha entrevista concreta. Para a súa ordenación decidimos dividilos en tres grandes bloques: «A auga», «A terra» e «O espazo habitado». No primeiro agrupamos os topónimos que na súa etimoloxía, na orixe da palabra que os confor- ma, teñen relación coa auga. Así, por exemplo, non atoparemos neste apartado O Río de Eifonso, pero si topónimos como A Lagoa, que dá nome a diferentes terreos na parroquia, Regueiriños ou O Bueu. Do mesmo xeito, no apartado «A terra» teremos todos os topónimos que recollemos na parroquia que nos falan de características do medio (A Costa, O Picouto, As Verdellas) ou da flora, sexa espontánea ou cultiva- da, e a fauna que o habitan (O Carballal, A Espiñeira, As Teixugueiras). E para rematar, na última sección, «O espazo habitado», atoparemos os topónimos que expresan algunha relación coa actividade humana, os que nos falan de construcións, vías de comunicación ou actividades económicas (As Casas Vellas, A Estrada, O Muíño Vello); dos primeiros asentamentos humanos (O Crasto); de expresións culturais ou relixiosas 8 Limiar (O Mosteiro) etc. E temos tamén os que derivan do nome, apelido ou alcuño dunha persoa, como Xeme, Recaré ou, aquí si, Eifonso. Á súa vez, dentro de cada un dos apartados, atoparemos subdivisións que aparecen explicadas en cada caso. Esta ordenación ten certas aplicacións, unha delas a que nos permite apreciar, nunha rápida ollada, cales son elementos que tiveron maior potencial xerador de topónimos na parroquia. Porén, non podemos es- quecer que as clasificacións sempre están sometidas a certo grao de subxectividade e son só unha das diferentes posibilidades que se puide- ron ter escollido. Ademais, existen topónimos que se poderían incorpo- rar a máis dun apartado, segundo o criterio que optemos por empregar. Dentro de cada sección, os topónimos ordénanse alfabeticamente seguindo a mesma estrutura dos outros volumes da colección. No caso dos topónimos compostos fixarémonos no modificador para ordenalos, polo que, por exemplo, O Cocho Regueiro aparecerá baixo a epígrafe Regueiro, a non ser que o modificador non teña suficiente entidadeper se, caso en que optamos por dar máis peso ao primeiro elemento, como ocorre con Xestoso de Arriba, que incluiremos baixo a entrada Xestoso. Para cada topónimo ofrécese en primeiro lugar o significado (de non especificarse o contrario, será o proporcionado poloDicionario da Real Academia Galega) e unha breve explicación do seu étimo de orixe. Os topónimos galegos pertencen na súa maioría ao estrato latino-romance, pero existe tamén unha certa contribución do substrato prelatino, que se pon de relevo dun xeito especialmente salientable nos topónimos que fan referencia a elementos moi destacados na paisaxe como mon- tes, cursos de auga etc., e do superestrato xermánico (suevo e visigodo). Neste caso trátase basicamente de topónimos procedentes de nomes de posuidores, como Reiriz ou Rorigo. Os topónimos con raíz no árabe ou noutras linguas son moito máis escasos. Os étimos aparecerán escritos en versaletas (maiúsculas do tamaño das minúsculas) e precedidos dun asterisco cando haxa dúbidas sobre a súa forma. Como convención, nesta obra os étimos do latín son citados coa forma do acusativo sen o -M final. A continuación da explicación etimolóxica amósanse todos os to- pónimos que na parroquia comparten a mesma forma e dos cales pro- porcionaremos unha referencia que nos permita comezar a situarnos. Pode ser o nome do barrio ou lugar ao que pertence, ou simplemente o do conxunto de leiras, monte etc. en que está integrado