DOCUMENTO DE INICIO PARA A AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE PADRENDA

C/Pena do Vado, 64 32002 Telf./Fax. 988 22 25 33

ÍNDICE

1. OBXECTIVOS 333

1.1. OBXECTIVOS PARTICULARES DO PXOM 444

2. ÁÁMBITOMBITO TERRITORIAL 555

3. DIAGNOSE DA SITUACIÓN ACTUAL 666

3.1. ASPECTOS AMBIENTAIS A INTEGRAR NO PROCESOPROCESO DE PPROGRAMACIÓNROGRAMACIÓN 666

3.2. MEDIO FÍSICO 666

3.33.3.. MEDIO SOCIOSOCIOECONÓMICOECONÓMICO 11141444

3.43.4.. ANÁLISE DAS INFRAESTRUCTURAS E SERVIZOS 11161666

4. DESCRICIÓN DO PLANEAMENTO 11191999

4.1. FUNCIÓN DO PLANEAMENTO 11191999

4.2. MARCO NORMATIVO 202020

4.3. ALCANCE E CONTIDO 222222222222

5. DESCRIDESCRICIÓNCIÓN DOS PROCESOS QUE SE SEGUIRÁSEGUIRÁNN PARA A ELABORACIÓNELABORACIÓN DO PLAN 22282888

2 22 PLAN XXERALERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE PADRENDA DOCUMENTO DE INICIO PARA A AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA

1. OBXECTIVOS (descrición dos obxectivos xerais e específicos que se pretenden acadar con este planeamento)

A presente memoria constitúe o Documento Inicial requirido pola consellería competente en materia de medio ambiente, en conformidade coas disposicións contidas no artigo 18 da Lei 9/2006 do 28 de abril sobre a avaliación dos efectos de determinados plans e programas no medio ambiente, para a elaboración dun documento de referencia que determinará o contido do Estudo de Sostibilidade Ambiental, Impacto Territorial e Paisaxístico (ESAITP) que formará parte do futuro Plan Xeral de Ordenación Municipal do concello de Padrenda.

O concello de Padrenda carece dun planeamento municipal e unicamente vén rexéndose por unhas Normas Subsidiarias Provinciais de Planeamento Municipal, aprobadas definitivamente con data do 3 de abril de 1991. Esta normativa non permite unha organización territorial axeitada ás necesidades actuais, o que obriga ao concello á posta en marcha dun Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) adaptado á lexislación actual e que sente as bases para a definición dun modelo de desenvolvemento urbanístico e socioeconómico que se rexa baixo criterios de sustentabilidade.

O encargo da redacción do plan nace como consecuencia da nova Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de (LOUPMRG), coas Modificacións derivadas da Lei 15/2004, do 29 de decembro.

A Unión Europea estableceu os obxectivos ambientais da Avaliación Ambiental Estratéxica (AAE), na Directiva 2001/42/CE, do Parlamento Europeo e do Consello relativa á Avaliación Ambiental Estratéxica de plans e programas, a citada Lei 9/2006 e á transposición da Directiva comunitaria ao ordenamento xurídico español.

Os pasos a seguir para a tramitación da AAE quedan reflectidos na Lei 9/2006 e teñen como obxectivo converter a AAE nun instrumento de prevención, integrando os aspectos ambientais na toma de decisións de plans e programas que poidan influír no medio ambiente, a consecución deste obxectivo só pode ser levado a cabo se a AAE se efectúa en paralelo á propia elaboración do Plan. Coa entrada en vigor o 17 de maio de 2007 da Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia, este procedemento de avaliación ambiental estratéxica dos plans e programas intégrase co procedemento de aprobación do planeamento urbanístico.

O concello de Padrenda como órgano promotor do Plan Xeral de Ordenación Municipal elaborou o presente informe, como Documento Inicial da AAE deste Plan, que contén os parámetros básicos de cara á súa avaliación ambiental: definición dos obxectivos da planificación, diagnose da situación

3 33 PLAN XXERALERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE PADRENDA DOCUMENTO DE INICIO PARA A AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA

actual, descrición dos procesos que se seguirán para a elaboración do Plan Xeral e unha aproximación aos efectos ambientais previsibles.

1.1. OBXECTIVOS PARTICULARES DO PXOM

O Plan Xeral de Ordenación Municipal que agora se presenta, está fundamentado en base aos problemas urbanísticos detectados e plantéxanse os obxectivos, propostas e alternativas xerais de ordenación para o municipio que máis adiante se describen, no estudo pormenorizado do concello de Padrenda e no cumprimento da LOUPMRG, e as modificación da Lei 15/2004.

O Plan debe dar resposta aos problemas xerais ou sectoriais, polo que en síntese, os obxectivos e solucións globais de ordenación que se propoñen para o municipio de Padrenda serán os seguintes:

a) Dotar ao termo municipal de Padrenda dun instrumentoinstrumento de planeamento propio que estableza as determinacións básicas de ordenación urbanística, orientadas a establecer as medidas de protección do territorio e da paisaxe, facer posible a actividade edificatoria dentro dos núcleos de poboación sen desnaturalizarse o seu carácter e mellorar, no seu caso, as condicións de vida nos mesmos a través de plans especiais de mellora do medio rural.

b) Analizar a estructura territorial existente e proferir a súa complementación en función das necesidades de crecemento e as características específicas do territorio e da paisaxe.

c) Manter e potenciar o actual sistema de asentamentoasentamento da poboaciónpoboación, tratando de favorecer o desenvolvemento e a consolidación dos núcleos fronte á diseminación indiscriminada da poboación por todo o territorio.

d) Con relación ao núcleo urbano do municipio, é obxectivo primordial deste planeamento, dotalo dunhas ordenanzas que permitan controlar o seuseu crecemento e potenciar os seuseuss valores ambientais e urbanísticosurbanísticos.

e) Preservar da ocupación indiscriminada debida á edifedificaciónicación masiva as áreas destinadas a usos agrícolas e forestais.

f) Defender as características xerais da paisaxepaisaxe, así como as áreas singulares e de interese existentes no municipio, preservando do crecemento urbano e da invasión por outros usos que puideran degradar os valores, os espazos naturais, as masas forestais, o sistema hidrográfico, as áreas de interese paisaxístico e os xacementos arqueolóxicos.

4 44 PLAN XXERALERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE PADRENDA DOCUMENTO DE INICIO PARA A AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA

Os obxectivos sobre os asentamentos e núcleos de poboación constitúen a base principal do presente planeamento, incluíndo planos e ordenanzas para cada unha das posibles situacións.

2. ÁÁÁMBITOÁMBITO TERRITORIAL (delimitación dos ámbitos territoriais tanto de execución como de afección do planeamento)

O concello de Padrenda está situado no extremo sudoccidental da provincia de Ourense, da que administrativamente forma parte. Limita polo norte, cos concellos de e Crecente; polo leste con e polo sur e polo oeste, co país veciño de Portugal. Pertencendo á comarca de Terra de .

Nos 57 km 2 de superficie que constitúen o termo municipal existen arredor de cen lugares e aldeas que á súa vez se organizan nun total de sete parroquias: San Miguel de Desteriz, Santa María do Condado, San Cibrán de Padrenda, San Xoán de Monterredondo, Santa María de Gorgua, San Pedro da Torre e San Xoán de Crespos.

A súa situación xeográfica é 42º07´20 latitude norte e a 8º10´28 lonxitude oeste. Convén ter presente, a efectos de identificación, que o código xeográfico de Padrenda é o 32057; o do INE, é o 32056; e as follas do mapa topográfico nacional nas que aparece debuxado, son a 225, a 262 e a 263.

Padrenda é un municipio montañoso, marcado pola transición dunha paisaxe agreste, que culmina en Pena Rubia a 1.227 metros de altitude, co descenso paulatino cara os vales dos ríos Deva e Miño. Esta particular configuración do territorio ofrece numerosos recursos naturais de gran beleza paisaxística. As abas das montañas cúbrense cunha frondosa vexetación composta por coníferas, frondosas e pradeiras, namentres que os cultivos teñen que adaptarse en bancais.

Os ríos e regatos que discorren polo termo municipal son numerosos: o río Deva ou Grande, Troncoso, Gorgua ou Crespos, ademais dunha innumerable cantidade de regatos que xorden das serras meridionais, todos tributarios do Miño, que se remansa no encoro de Frieira.

Aínda que, en xeral, este concello presenta unha morfoloxía suave, tamén atoparemos elevacións como Pedra Rubia (1.227 m), Monte do Cabelo (1.210 m), Alto de Guntín e Serra da Basteira (1.224 m), Serra de Aguillón (1.100 m), Serra do Castelo (1.030 m) e Costa Vella (806 m). Existen na zona (relícticas) canteiras de granito e de granodiorita na zona de Fonte Deva. Ao igual que o resto dos concellos da comarca e do resto da provincia, a distribución demográfica caracterízase por un elevado grao de dispersión, unha perda continuada de poboación e un envellecemento progresivo da mesma.

5 55 PLAN XXERALERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE PADRENDA DOCUMENTO DE INICIO PARA A AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA

3. DIAGNOSE DA SITUACSITUACIÓNIÓN ACTUAL (presentación xenérica da situación en ausencia de planeamento)

3.1. ASPECTOS AMBIENTAIS A INTEGRAR NO PROCESO DE PROGRAPROGRAMACIÓNMACIÓN

Dentro do proceso de AAE, a Directiva 2001/42 menciona unha serie de factores ambientais que teñen que ser obxecto de avaliación no proceso de elaboración daqueles plans e programas que teñan incidencia no medio ambiente. Os efectos a considerar sobre estes factores son secundarios, acumulativos, sinérxicos, a corto, medio e longo prazo, permanentes e temporais, positivos e negativos.

Os aspectos a ter en conta son os seguintes: biodiversidade, poboación, saúde humana, fauna, flora, terra, auga, aire, factores climáticos, bens materiais, patrimonio cultural incluíndo o patrimonio arquitectónico e arqueolóxico, a paisaxe e a interrelación entre estes factores.

Sen prexuízo de analizar outros posibles factores de acordo co proceso de avaliación ambiental que se inicia, exponse unha aproximación de caracter xeral á situación actual destes aspectos no concello de Padrenda.

Así exponse a continuación o planeamento formulado, o marco normativo de aplicación, as alternativas baralladas e a opción seleccionada, as medidas incluídas no planeamento e a aproximación aos efectos ambientais previsibles polo desenvolvemento do PXOM.

3.23.23.2.3.2 . MEDIO FÍSICO

O concello de Padrenda organízase administrativamente, segundo o decreto 332/1996 so 26 de xullo polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Ourense, en 7 parroquias cos seus correspondentes núcleos de poboación, un total de 100.

Parroquia de San Xoan de CresposCrespos: Alén, Ameán, Baltamarón, A Barxa, As Canles, Carballal, Casal de Veco, Freáns, Gresufe, As Lamas, Morgade, O Pontillón , Redondelo, Requeixo, Rodenlas, , San Roque de Crespos, Seoane, Zaqueiradas e Zacumeira. Parroquia de San Pedro da Torre: Grixó,, Entrosrríos, Retorta e Vilar. Parroquia de Santa María de Gorgua desglosada da parroquia de San Pedro de GrixoGrixo:: Gorgua e Esmoriz Parroquia de San XoXoánán de MonterredondoMonterredondo:::: A Abeleira, Alén, Ancado, Cerdeiro, Chan do Crego, Chan do Forno, Cochos, Congostro, A Costa, O Coto, O Covelo, A Escusalla, Lapiñeiras, Ludeiro, O Outeiro, Outón, Pardellas, O Pereiro, A Quinta e San Antonio.

6 66 PLAN XXERALERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE PADRENDA DOCUMENTO DE INICIO PARA A AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA

Parroquia ddde de San Cibrán de Padrenda: A Agra, A Agrela, Aldea do Souto, Azoreira, Barral, Pontebarxas, Barreiros, Os Campos, Cela de Abaixo, Cela de Arriba, Chan do Souto, Costeiro, Coucieiro, O Covelo, Eira de Lapela, A Embalsada, Ferreiros, Gomesendes, Lapela,, Lavandeira, O Mato, Nogueira, A Pena, Piñeiro, Ponte Barxas, Pousafoles, A Rubiña e Santa Baia. Parroquia dedede Santa María do CondadoCondado: Carreira, O Condado, Saa e Espiña. Parroquia dedede San Miguel de Desteriz : Acivido, A Agra, Casasgrandes, A Corga, Coto da Mo, O Coto, As Cruces, Formarigo, A Frieira, Lordelo, A Notaria, Oleiros, Pazo, Pozavella, Regueiro, Salgueiro, Sanfagundo, Souto, Tarendo, A Torre, A Travesa e As Vendas.

No presente apartado defínense a moi grandes trazos as características físicas do municipio de Padrenda. Descríbese a utilización actual do territorio así como as áreas de interese existentes desde o punto de vista natural e paisaxístico.

Climatoloxía

Para a realización da análise climática seleccionáronse os datos das estacións meteorolóxicas máis próximas ao municipio de Padrenda, á estación de Freás, a de e a de Frieira (esta última na provincia de Pontevedra). Usáronse datos dos anuarios climáticos de Galicia publicados pola Xunta de Galicia e a consulta de libros como o “Atlas Climático de Galicia” e a obra “Bioclimatoloxía de Galicia” (Carballeira et al . 1983).

Estas estacións sitúanse nas seguintes coordenadas:

Coordenadas xeográficas Coordenadas UTM Altitude Estación Latitude Lonxitude Leste X Norte Y Fuso (m.s.n.m) Freás 42º 10´ 8º 10´ 581228,3077 4668442,5654 29 300 Ribadavia 42º 16´ 8º 08´ 637712,5124 4667468,4555 29 100 Frieira 42º 09´ 8º 12´ 566101,2796 4666433,8233 29 100 Táboa 111.1... Situación das estacións meteorolóxicas

Para obter un resumo xeral do clima na zona de Padrenda teranse en conta sobre todo os datos da estación de Frieira. Considérase esta estación porque é a que posúe todos os datos para un período de tempo moi amplo (30 anos) e pola súa situación xeográfica (a máis próxima ao concello):

1)1)1) As clasificacións climáticas definen o clima da zona de Padrenda como un clima Mediterráneo-Marítimo segundo Papadakis e como un clima MediterráneoMediterráneo- ---SubhúmidoSubhúmido de tendencia Atlántica segundo Allué. Se ben hai que ter en conta que a situación do concello

7 77 PLAN XXERALERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE PADRENDA DOCUMENTO DE INICIO PARA A AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA

de Padrenda é fronteiriza co clima interior de compoñente continental, polo que moitas das características climáticas da zona non se poden definir a través dun só tipo de clima pois existen moitos matices. 2)2)2) A temperatura en Padrenda oscilará entre os 8,4 ºC de temperatura media no mes de xaneiro ata os 22,2ºC do memess de xulloxullo. Rexístranse os valores máis baixos nos meses de inverno (decembro a febreiro), onde se observan unhas temperaturas medias en torno a 10 ºC, nalgúns días destes meses prodúcense valores de temperatura próximos a 1 ºC. Os valores máis elevados corresponden aos meses de verán onde as temperaturas aproxímanse a 21 ºC, sendo os meses de xullo e agosto os que mostran valores máis extremos de temperatura. Non existe un período cálido ben definido (temperatura media das máximas > 30 ºC), ata nos meses de verán as medias das temperaturas máximas do mes non superan este valor aínda que non é de destacar que en todo o período non se producisen estes rexistros. 3)3)3) As precipitacións son abundantes sendo o outono e o inverno as estacións máis chuviosas, mentres que na época estival prodúcese un déficit precipitacional. A pluviometría media anual é de 1.129 mm., con maior concentración de precipitación nos meses de novembro a marzo. Os máximos segundo a estación son en xaneiro e febreiro, e os mínimos segundo estación son xullo e agosto. 4)4)4) O risco de xeada é elevado nos meses de outono a abril, e un pouco menos probable no mes de maio.

Xeoloxía e Litoloxía

En xeral, en Padrenda atoparemos unha diversidade xeolóxica e litolóxica que podemos clasificar de notable.

Destaca o predominio das granodioritas na parte norte e central do concello, e das migmatitas na parte leste e en zonas estratéxicas do norte e sur do municipio. Atoparemos manchas dispersas de granito de dúas micas pola parte oeste e zonas centrais, así como unha única mancha de granito de megacristais orientados.

Composición xeolóxica Localización Granito parautóctono de grao fino a medio, equigranular Pena Rubia e Basteira Migmatitas (nebulitas) do Precámbrico-Cámbrico Alto de Guntín e A Quinta Xistos con intercalacións de cuarcitas Aguillón, Cauño e Deva Granodiorita de biotita de grao groso con megacristais Zona SO (Lapela), Monterredondo e Freás Granodiorita de biotita de grao groso sen megacristais Entre Lordelo e Morgade Migmatitas (flebitas) Ao sur das anteriores e cara San Roque Táboa 222.2. Composición xeolóxica do concello de Padrenda 8 88 PLAN XXERALERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE PADRENDA DOCUMENTO DE INICIO PARA A AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA

O macizo de Mociños-Parada de Monte é un afloramento, unha mancha duns 25 km, onde predomina o chamado granito de Penagache (sincinemático) con grande homoxeneidade petrográfica. O macizo de Crespos presenta facies de megacristais , porfiroide E con gran desenrolo de cristais de feldespato.

Topografía

O territorio presenta un relevo moi quebrado, que cae en altitude de sur a norte, desenvolvéndose entre os derrames da serra de Laboreiro e o río Miño. O territorio presenta un relevo moi quebrado, que cae en altitude de sur a norte. Así na fronteira con Portugal, Pena Rubia (na Serra do Leboreiro), alcanza os 1.227 m, desde aquí, a medida que se encaixa a rede fluvial dos afluentes do río Miño, caso do Barxas e Deva incluso do propio Miño, as terras descenden ata os 100 m. O dominio de serra medio-baixa comprende a área Sur e Este do municipio, con altitudes como a devandita Pena Rubia de 1.227 m que presenta unha suave topografía, moi desgastada pola erosión. A superficie de aplanamento superior, cara o centro e Leste (pobos de Gorgua, Monterredondo e Padrenda), é un escalón paralelo ao anterior onde afloran núcleos montañosos coma o do Alto do Bostelo 719 m. Aquí conflúen varios regatos que forman as cabeceiras dos ríos: Baxas e Gorgua, surcos fluviais que comezan a fraguar vales por debaixo dos 600 m. pertencentes á superficie de aplanamento inferior (Crespos), que xunto coa área de vales (Condado, Desteriz, Padrenda), descende ata os 200 m en Pontebarxas. Paisaxe, en definitiva, de montaña cara o sur, e de ribeira ao norte; pois nos debemos esquecer que o maxestoso discorrer do Miño, constitúe a arteria fluvial principal.

Edafoloxía

Segundo o Mapa de Solos de Galicia no concello de Padrenda existen os seguintes tipos de solo.

Os solos poden clasificarse fundamentalmente diversas variedades:

CCCambisolCambisol dístrico e ránker dístdístricoricorico: en torno o Miño e o Deva. Ránker dístrico e húmicohúmico: cara a zona centro-sur. LitosoisLitosois: no extremo meridional e oriental.

Atoparemos solos antropóxenos de terras pardas como no caso dos numerosos bancais ou ránkers pardos a simple vista, en O Condado, Regueiro, Pontebarxas. Os solos máis pesados e fértiles están hoxe inundados polas augas do encoro de Frieira.

9 99 PLAN XXERALERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE PADRENDA DOCUMENTO DE INICIO PARA A AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA

Hidroloxía e hidroxeoloxía

Con obxecto de caracterizar os recursos hídricos da zona de estudo, divídese esta nas diferentes unidades hidrográficas que o integran, e realízase un estudo da hidroloxía superficial e da subterránea.

HiHiHidroloxíaHi droloxía superficial

O municipio de Padrenda está dividido entre as subconcas dos ríos Barxas e Deva (tributarios do Miño); a ámbalas dúas subconcas van verquer cursos menores como o río Gorgua e outros regatos como Os Pereiros ou Codeseira.

Os ríos troiteiros de Troncoso e Gorgua (onde os amantes da pesca poden gozar de interesantes cotos troiteiros) ademais dunha innumerable cantidade de regatos, xorden das serras meridionais e ábrense paso a través de vales pechados e estreitos, orixinando solos de escaso espesor, pouco axeitados para o desenvolvemento de cultivos. Estes cursos de auga diríxense cara o Miño, onde desaugan. O réxime pluvial de augas é bastante regular e abundante. A fronteira con Portugal ven establecida polo río Troncoso.

Vexetación e Fauna

Vexetación

A vexetación natural queda relegada a uns poucos espazos debido ao uso agrícola da terra e á explotación, algunhas veces irracional dos recursos naturais. Non hai que esquecer un problema engadido á hora de conservar as masas forestas como son os incipientes incendios forestais que devastan o monte baixo e as zonas arboradas.

Vexetación potencial

Desde o punto de vista bioxeográfico o concello de Padrenda pertence á Rexión EurosiberianaEurosiberiana, Provincia AtlánticoAtlántico----EuropeaEuropeaEuropea, Subprovincia CántabrCántabroooo----AtlánticaAtlánticaAtlántica, Sector GalaicoGalaico----PortuguésPortuguésPortugués, Subsector MiñenseMiñense.

A vexetación clímax é a vexetación que se establece por si mesma nun determinado lugar, nunhas determinadas condicións climáticas, en ausencia prolongada de accións antrópicas. A etapa madura ou clímax destas series corresponde a carballeiras densas, bastantes sombrías, creadores de terras pardas con mull ( Quercenion pyrenaicae). As etapas de substitución son, en primeiro lugar, as

10 1010 PLAN XXERALERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE PADRENDA DOCUMENTO DE INICIO PARA A AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA

matogueiras retamoides ou piornais ( Genistion floridae ), que prosperan sobre solos mulliformes ben conservados e as breixeiras ( Erica aragonensis ), que corresponden a etapas degradadas, onde os solos tenden a podsolizarse máis ou menos pola influencia dunha materia orgánica bruta.

O óptimo climático da vexetación potencial da zona de estudo é unha fraga densa de carballos (Quercus robur ), con certa cantidade de cerquiños ( Quercus pyrenaica ), castiñeiros ( Castanea sativa ), acivros ( Ilex aquifolium ), sobreiras ( Quercus suber ) e loureiros ( Laurus nobilis ).

Vexetación actual

Os hábitats de interese comunitario no concello (incluídos no anexo I da Directiva 92/43/CEE):

 Augas oligotróficas cun contido de minerais moi baixo das chairas areosas ( Littorelleratalia uniflorae )  Lagos eutróficos naturais con vexetación Magnopotamion ou Hydrocharition  Uceiras húmidas atlánticas de zonas mornas de Erica ciliaris e Erica tetralix  Uceiras secas europeas  Uceiras oromediterráneas endémicas con toxo  Turbeiras de cobertor. Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi- Veronicion dillenii .  Carballeiras galaico-portuguesas con Quercus robur e Quercus pyrenaica . Bosques de Castanea sativa .

En canto a flora, é necesario indicar que esta non é unha relación exhaustiva de especies, senón que se destacan as que consideramos máis relevantes dentro da área, incluíndo as especies que aparecen nos anexos da Rede Natura 2000 entre outras.

No municipio de Padrenda máis do 70% da superficie útil do terreo está ocupada por masas forestais e matogueira, ou monte baixo, este municipio ten un forte carácter forestal que impulsa a industria madeireira. As especies máis importantes como noutros municipios limítrofes, e en xeral en toda a comarca son o piñeiro marítimo ( Pinus pinaster ) e o rebolo ( Quercus pyrenaica ), ademais de contar con outras especies como o bidueiro ( Betula celtiberica ).

Fauna

En canto á fauna convén destacar certas especies de vertebrados que pola súa representatividade dentro da fauna ibérica e pola súa vulnerabilidade e grao de ameaza, son merecedoras de mención.

11 1111 PLAN XXERALERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE PADRENDA DOCUMENTO DE INICIO PARA A AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA

Mamíferos

Dentro dos mamíferos as especies máis representativas son o gato montés ( Felis sylvestris ), o lobo (Canis lupus), o cabalo (Equus cavallus ), o corzo (Capreolus capreolus ), o raposo ( Vulpes vulpes ), o xababarín (Sus scropha ), o porco teixo ( Meles meles ) o a lontra ( Lutra lutra ).

Reptís

Tamén son destacables dentro da fauna alguns reptís como o lagarto verdinegro ou das silveiras (Lacerta schreiberi ), a cobra de colar ( Natrix natrix ), a víbora de seoane ( Vipera seoanei ) e a lagartixa de bocage ( Podarcis bocagei ).

Anfibios

Así mesmo anfibios como o sapo común ( Bufo bufo ) ou o sapo parteiro ( Alytes obstetricans ) están presentes neste área.

Avifauna

A avifauna é moi rica, producto da posición bioxeográfica da área e da complexidade ambiental derivada do gradiente altitudinal e a diferente orientación das cadeas montañosas. Resulta altamente complexo elaborar un censo detallado das especies presentes no concello de Padrenda xa que se trata de individuos que abarcan un amplo radio de acción e que, ao igual que o resto da fauna (e da flora) non entenden de fronteiras administrativas.

Destaca a presenza de aves rapaces, incluíndo especies moi ameazadas e de distribución moi localizada, como a aguia real ( Aquilea chrysaetos ), que aínda que non nidifica desde hai anos, utiliza habitualmente as serras do concello como área para campar desde os seus territorios; a aguia perdigueira ( Hieraetus fasciatus ), que ten aquí a súa zona de presenza máis frecuente en Galicia; e o bufo real ( Bubo bubo ), e a súa poboación foi reforzada mediante a solta de varios exemplares.

Así mesmo, nidifican a aguia cobreira ( Circaetus gallicus ), o miñato abelleiro ( Pernis apivorus ), a gatafornela ( Circus cyaneus ), a tartaraña cincenta ( Circus pygargus ), e o falcón peregrino ( Falco peregrinus ).

A avifauna mediterránea e montana, está ligada a rochedos e matogueiras, con moitas especies de distribución máis ou menos localizada en Galicia (nalgúns casos con poboacións moi reducidas), entre elas destacan as do pombo pequeno ( Columbus oenas ), a andoriña dáurica ( Hirundo daurica ),

12 1212 PLAN XXERALERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE PADRENDA DOCUMENTO DE INICIO PARA A AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA

a pica campestre ( Anthus campestris ), o pedreiro rubio ( Oananthe hispanica ), os merlos rubios (Monticola saxatilis ), e azul ( Monticola solitarius ), a choia ( Pyrrhocorax pyrrhocorrax ), e o escribente das hortas ( Emberiza hortulana) . O concello acolle algunhas das poboacións máis sudoccidentais de especies tipicamente eurosiberianas, como a pica das árbores ( Anthus trivialis ), a papuxa picafollas (Sylvia borin) , o picanzo vermello ( Lanius collurio ), o cardeal ( Pyrrhula pyrrhula ), e o escribente amarelo ( Emberiza citrinella ). O bicotorto común ( Loxia curvirostra ), ten aquí unha das súas poucas (quizais a única) zonas de cría en Galicia.

Entre a avifauna acuática, ligada aos encoros, destaca a presenza como hibernante do mergullón cristado ( Podiceps cristatus ), e a cría da píllara pequena ( Charadrius dubius ).

Tamén se pode practicar a caza, xa que abondan as especies como o coello, a perdiz e incluso o xabarín.

Paisaxe

Polo Decreto 72/2004, do 2 de abril ( Diario Oficial de Galicia número 69, do 12 de abril). Declárase como zonas de especial protección dos valores naturais os lugares de importancia comunitaria que forman parte da Rede Natura 2000 e as zonas de especial protección para as aves (ZEPAs) e establece a denominación, superficie de cada unha delas, así como os concellos onde se sitúan. A parte sur de Padrenda pertence ao espazo denominado BAIXA LIMIA-SERRA DO XURÉS.

Maxestosa é a fisionomía que presentan estes macizos da Serra do Leboreiro, nestas terras de Padrenda dende calquera rincón; extraordinarias son tamén as vistas dende a súa cima: extensos praderías, bosques de castiñeiros, carballos e piñeiros

Un claro exemplo de esta formidable paisaxe, é posible divisalo recorrendo a ruta do Camiño da Azureira, que discorre paralelo á “raia” con Portugal e que está marcada fisicamente pola conca do río Barxas, afluente do Miño.

Esta ruta nos transporta a unha paraxe natural de socalcos, con abundante pastoreo e numerosos prados; no que ascendendo progresivamente cegamos ó alto da serra, na aldea de Azureira, onde pasando un pequeno regato estaremos sen mais no parque nacional “Xurés” de Portugal.

Dende seu inicio hasta seu fin, é un fantástico recorrido onde se mesturan dous países, dous culturas separadas, exclusivamente por un regato, o Barxas. Pola súa marxe dereita as aldeas, costumes, vida e arquitectura do municipio de Padrenda; pola esquerda os pobos e etnografía portugueses.

13 1313 PLAN XXERALERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE PADRENDA DOCUMENTO DE INICIO PARA A AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA

Tamén é posible contemplar, formidables gargantas que se foron curtindo lentamente, os diversos regatos na súa milenaria erosión ós montes desta serra.

O outro elemento é o Miño, as ribeiras do Miño son un espacio natural protexido xa nas Normas Subsidiarias provinciais. Este río, co seu sinuoso discorrer polas terras de Padrenda, confire a este municipio, unhas características paisaxísticas moi especiais.

Patrimonio cultural

As Normas Subsidiarias de Planeamento Provincial (3 de abril de 1991) recollen os elementos patrimoniais máis destacados deste municipio. Coa confección do presente Plan Xeral contribuirase a completar este catálogo do patrimonio, elaborando así un novo documento

Os vestixios arqueolóxicos máis antigos os constitúen as Mámoas de Bandexa, a cultura castrexa deixou a súa pegada nos castros de Desteriz, Monterredondo e A Torre. Da ocupación romana téñense atopado restos de explotacións mineiras e dúas aras, unha delas na igrexa de Santa María do Condado. Nas proximidades deste templo achábase un hospital de peregrinos que procedentes de Portugal empregaban as calzadas romanas para chegar ata Compostela. Do seu pasado medieval quedan os restos das fortificacións de O Castelo e Desteriz. No que se refire á arquitectura relixiosa, conta con igrexas construídas na súa maioría entre os séculos XVIII e XIX, así como diversos cruceiros e petos de ánimas. A arquitectura civil vese complementada cos pazos de Coucieiro e Regueiro.

3.3.3.33. 333.. MEDIO SOCIOECONÓMICO

Segundo os obtidos a partir da información publicada polo IGE (Instituto Galego de Estatística) e o INE (Instituto Nacional de Estadística) a evolución do censo poboacional do concello de Padrenda no último século foi a seguinte:

1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 4.142 4.242 3.979 4.038 4.983 4.887 4.741 4.520

1981 1991 2000 2001 2002 2003 2004 4.121 2.881 2.836 2.743 2.629 2.530 2.479 Táboa 333.3. Evolución da poboación no concello de Padrenda (I(IGE)GE)

14 1414 PLAN XXERALERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE PADRENDA DOCUMENTO DE INICIO PARA A AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA

6.000

5.000

4.000

3.000

2.000

1.000

0

0 0 0 1 1 2 4 9 0 90 920 93 950 96 981 000 00 003 00 1 1910 1 1 1940 1 1 1970 1 19 2 2 20 2 2

Gráfico 1. Representación gráfica da evolución da poboación no concello de Padrenda

O concello de Padrenda presenta un crecemento demográfico lento pero continuado ao longo do século XX que soamentes se ve alterado por un significativo descenso que ten lugar nas primeiras décadas deste século debido fundamentalmente ao éxodo poboacional que se produciu en Galicia pola emigración a América. A recuperación do censo prodúcese case de xeito inmediato pero a partires dos anos 50 comeza outro fenómeno que atopa o seu punto máis álxido a partires dos anos 80, e que non é outro que a marcha do rural cara núcleos de poboación máis grandes. Padrenda non logra recuperarse desta nova onda de emigración que fai que na época actual non chegue aos 2.500 veciños.

Total Homes Mulleres 000-0---4444 66 29 37 555-5---9999 82 49 33 101010-10 ---14141414 108 57 51 151515-15 ---19191919 91 49 42 202020-20 ---24242424 139 69 70 252525-25 ---29292929 145 84 61 303030-30 ---34343434 147 82 65 353535-35 ---39393939 159 76 83 404040-40 ---44444444 155 86 69 454545-45 ---49494949 115 60 55 505050-50 ---54545454 108 51 57 555555-55 ---59595959 181 76 105 606060-60 ---64646464 211 94 117 656565-65 ---69696969 303 132 171 707070-70 ---74747474 222 107 115 757575-75 ---79797979 163 69 94 808080-80 ---84848484 107 39 68 858585-85 ---89898989 62 20 42 90 e máis 24 6 18

15 1515 PLAN XXERALERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE PADRENDA DOCUMENTO DE INICIO PARA A AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA

Total 2.588 1.235 1.353 Táboa 444.4. Poboación de Padrenda segundo sexo e grupos quinquenaisquinquenais de idade (IGE(IGE----2001)2001)

O balance demográfico é, en xeral, negativo. A pirámide poboacional amosa unha distribución campaniforme no municipio de Padrenda, con valores moi similares tanto para mozos coma mozas nas idades mais tempéranas. Esta igualdade non existe xa nas idades maiores onde o número de mulleres supera ao dos homes.

A taxa de paro é elevada, tendo lugar un progresivo abandono do sector primario, principalmente pola falta de incorporación de novos traballadores neste sector que poidan cubrir as vacantes dos que se xubilan e concentrándose a actividade no secundario e terciario. A Taxa de Paro é mais elevada no caso das mulleres e no caso da Taxa de Actividade, loxicamente, o número de homes traballadores é maior que o de mulleres traballadoras.

Período 1996 Total Homes Mulleres Taxa de 34,4 53,6 17,3 actividade Taxa de 28,1 42,5 15,2 ocupación Taxa de paro 18,4 20,6 12,0 Táboa 555.5...TaxasTaxas de aaactividadeactividade e paro do ccconcelloconcello de Padrenda (IGE(IGE----1996)1996)

3.43.43.4.3.4 . ANÁLISE DAS INFRAESTRUINFRAESTRUTURATURATURASS E SERVIZOS

Infraestruturas de saneamento e abastecemento

A maioría dos núcleos de poboación están dotados dos servicios urbanísticos básicos (abastecemento, saneamento, alumeado público, telefonía, electricidade, recollida de lixo...). Aínda que cabe sinalar que aínda existe proporción significativa de núcleos que carecen de rede municipal de abastecemento de auga e de saneamento. As actuacións acometidas nos últimos anos grazas tanto ao financiamento da administración provincial, como autonómica e estatal, sen esquecer as propias partidas orzamentarias elaboradas desde o órgano xestor municipal, contribuíron a mellorar esta situación e implementar as redes.

As redes de abastecimiento e saneamiento nos núcleos son de titularidade municipal, sendo realizada ben con cargo aos presupostos municipais, ben na virtude dos plans provinciais de obras e servicios da excelentísima Deputación Provincial de Ourense.

16 1616 PLAN XXERALERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE PADRENDA DOCUMENTO DE INICIO PARA A AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA

Rede de saneamento

O municipio conta con dúas depuradoras, unha en Pontebarxas e outra en Crespos.

As redes de saneamento de San Roque de Crespos, A Notaria e Pontebarxas son de formigón e as máis novas de PVC cos seus correspondentes pozos e tapas de rexistro, estas últimas son de fundición.

A rede de abastecemento ten o mesmo esquema que a de saneamento transcorrendo ámbalas dúas pola mesma zanxa.

Os verquidos directos de augas residuais ó medio natural, supón un grave problema ambiental, que pode derivar facilmente en problemas de saúde pública, motivo polo que hai que extremar o control nos puntos en que exista vivendas sen sistema de evacuación de augas residuais.

Rede de abastecemento

O depósito de auga do núcleo de Crespos atópase ao oeste, na parte alta do núcleo, e o de Pontebarxas está por riba das vivendas e o de A Notaria está próximo ao núcleo de As Vendas.

Moitos dos núcleos rurais contan con depósitos de auga, nos depósitos municipais almacenase a auga provinte da captación de mananciais propios e introdúcese na rede, garantindo a continuidade do servizo.

Actualmente existen establecidos uns criterios de calidade do auga para consumo humano que as entidades locais deben facer cumprir nas augas que sirvan a poboación. Estes criterios de calidade da auga de consumo humano ven recollidos no Real Decreto 140/2003, a auga de consumo humano deberá ser salubre e limpa, e considerarase salubre e limpa cando no conteña ningún tipo de microorganismo, parasito ou substancia, nunha cantidade ou concentración que poda implicar un risco para a saúde humana, e cumpra cos requisitos especificados nas partes A e B do anexo I do citado Real Decreto.

O número mínimo de toma de mostras e os intervalos entre todas as mostras serán os axeitados para a representatividade do recurso a explotar. A periodicidade e o número de toma de mostras en cada sistema será o que se especifica no anexo V do Real Decreto 140/2003.

17 1717 PLAN XXERALERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE PADRENDA DOCUMENTO DE INICIO PARA A AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA

Enerxía eléctrica e alumeado ppúblicoúblico

Todos os núcleos do concello dispoñen de enerxía eléctrica subministrada por Unión Fenosa e, salvo contadas excepcións, tamén de alumeado público.

RecolliRecollidada de lixo

A recollida de residuos sólidos é un servizo municipal que se realiza mediante colectores, nalgúns casos selectivos, instalados por todo o municipio. Estes residuos trasládanse directamente a unha microplanta de transferencia de residuos A partir do momento en que os residuos son depositados nesta microplanta corresponde a Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA) a xestión dos residuos sólidos urbanos.

Na microplanta de transferencia de residuos non se efectúa ningunha operación de tratamento sobre os residuos, a súa función é permitir o transvase dos residuos dende os camións de recollida urbana a contedores de maior capacidade e máis adecuados para o transporte a longa distancia.

O concello de Padrenda presenta recollida selectiva de residuos sólidos na maioría dos seus núcleos de poboación, pero debido fundamentalmente ao elevado número de núcleos e á consecuente dispersión poboacional, supón un custo engadido para o concello non só dispoñer de contedores para separar as fraccións de materia orgánica, envases e papel-cartón, senón tamén garantir a súa axeitada xestión e recollida. Trátase dunha obriga derivada de tres importantes leis: a Lei 11/1997 Envases e Residuos de Envases, a Lei 10/1998, de Residuos e a Lei Autonómica 10/1997, de 22 de agosto, de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia (BOE nº 237, 3 de outubro de 1997).

Os contedores están situados na rúa, de modo que os cidadáns depositan os residuos debidamente segregados no contedor correspondente. Para a situación dos contedores selecciónanse normalmente os cruces ou os puntos con maior concentración veciñal.

Dotacións de Equipamentos e Espazos LLibresibres

Os equipamentos dotacionais, unha vez incluídos os relixiosos (capelas e igrexas) e cemiterios, intimamente relacionados coa estrutura parroquial, apareceran catalogados.

No núcleo de Crespos localízanse como equipamentos: un centro de saúde, un velatorio, o edificio do Concello, a casa de cultura. Tamen dispón de campo de Fútbol, piscina e polideportivo. Estase construíndo un centro da terceira idade.

18 1818 PLAN XXERALERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE PADRENDA DOCUMENTO DE INICIO PARA A AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA

Tamén no núcleo urbano atopamos as dotacións administrativas co edificio propio do concello ademais do centro escolar.

Outros equipamentos administrativos como os dos Corpos de Seguridade e o Paso Fronteirizo están situados no núcleo de Pontebarxas.

Destacamos a existencia de equipamento Educativo, xa que o municipio de Padrenda conta cun Centro de Ensino no núcleo urbano de Crespos. De equipamento Sanitario-Asistencial que se centraliza no núcleo urbano cun centro de saúde e un centro da terceira idade en construcción. De equipamento Deportivo, que se compón de dous campos de fútbol principias como sistemas xerais, emprazados nun área deportiva con piscinas. Equipamento Sociocultural, que está integrado polos locais sociais existentes no medio rural e na capitalidade. Equipamento Administrativo que se centraliza no núcleo de San Roque de Crespos e estaría principalmente conformado pola Casa do Concello. Equipamento Social-Relixioso, formado polo espacio destinado o velorio municipal. Tamén atoparemos equipamento conformado por Infraestruturas Urbanas tipo central eléctrica, depuradoras ou depósitos, entre outros. E por último o equipamento Relixioso que aínda que non se ten en conta con carácter xeral, senón mais ben a nivel local tendo en conta o conxunto de igrexas e cemiterios sitos en cada unha das parroquias.

En canto ás zonas verdes, sinalar a existencia de máis de vinte espazos libres e zonas verdes distribuídos por todo o concello, entre os que destaca polas súas dimensións (máis de 40.000 m 2) a do monte Bandexa-Crespos.

4. DESCRICIÓN DO PLANEAMENTO

4.1. FUNCIÓN DO PLANEAMENTO (descrición da problemática á que pretende dar resposta o planeamento)

A formulación deste Plan Xeral de Ordenación Municipal pretende modificar substancialmente o planeamento actual (Normas Subsidiarias Provinciais de Planeamento Municipal, aprobadas definitivamente con data do 3 de abril de 1991) debido a que este aparece ao amparo da Lei do Solo de Galicia de 1985, e que a Lei 1/1997, do 24 de marzo, introduciu profundas e xeneralizadas modificacións as que tamén se lle suman as aportadas pola Lei Estatal sobre Réxime do Solo e Valoracións do 13 de Abril de 1998 e os determinados pola Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia.

19 1919 PLAN XXERALERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE PADRENDA DOCUMENTO DE INICIO PARA A AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA

4.2. MARCO NORMATIVO (lexislación que da amparo ao planeamento e lexislación que lle afecta)

A normativa e determinacións do Plan Xeral estarán sometidas ás determinacións que deveñan da lexislación urbanística e sectorial de obrigada aplicación, tanto de carácter comunitario ou estatal coma autonómico ou local, do mesmo xeito que recoñece a preeminencia dos ámbitos competenciais propios das respectivas administracións.

O documento do Plan Xeral redáctase conforme ao ordenamento legal vixente. Así,entre outras, cúmprense as seguintes disposicións e normativas sectoriais: aaa)a) Normativa autonómica

- Lei 10/2008 de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia. - Lei 7/2008 de Protección da Paisaxe de Galicia. - Real Decreto Lexislativo 2/2008 polo que se aproba o texto refundido da Lei do Solo. - Normativa de Impacto Ambiental 1/2008 de Actividades Molestas, Nocivas e Perigosas. - Decreto 262/2007 do 20 de decembro polo que se aproban as Normas Básicas do Hábitat galego. - Decreto 88/2007 do 19 de abril, polo que se regula o Catálogo Galego de Especies Ameazadas. - Lei 6/2007 do 11 de maio de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia. - Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. - Decreto 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais. - Lei 9/2002 do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia (LOUG), modificada pola Lei 15/2004 de 29 de decembro, a Lei 6/2007 do 11 de maio de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral e pola Lei 6/2008 do 19 de xuño de medidas urxentes en materia de vivenda e solo. - Lei 8/2002 de Protección do Ambiente Atmosférico de Galicia. - Lei 8/2001 de protección da calidade das augas das rías de Galicia. - Lei 9/2001 de Conservación da Natureza de Galicia. - Decreto 35/2000, de 28 de xaneiro, de Regulamento de Desenvolvemento e Execución da Lei de Accesibilidade e Supresión de Barreiras Arquitectónicas da Comunidade Autónoma de Galicia. - Decreto 199/1997, do 10 de xullo, polo que se regula a actividade arqueolóxica en Galicia. - Lei 8/1997 de Accesibilidade e Supresión de Barreiras Arquitectónicas na Comunidade Autónoma de Galicia. - Lei 5/1997, do 20 de xullo, da Administración Local de Galicia.

20 2020 PLAN XXERALERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE PADRENDA DOCUMENTO DE INICIO PARA A AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA

- Lei 5/1996, do 30 de xuño, para a protección, conservación e mellora dos ríos galegos, que declara de interese xeral da Comunidade Autónoma de Galicia a conservacións dos bens de patrimonio cultural vinculados a este. - Lei 10/1995 de Ordenación do Territorio de Galicia, modificada pola Lei 6/2007 de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral. - Lei 8/1995 de Patrimonio Cultural de Galicia (LPCG). - Lei 8/1995, do 30 de outubro, de Patrimonio Cultural de Galicia. - Lei 1/1995, de 2 de xaneiro, de Protección Ambiental de Galicia. - Lei 4/1994 Lei de Estradas de Galicia. - Decreto 327/1991 de Avaliación de Efectos Ambientais. - Decreto 442/1990, do 13 de Setembro, de Avaliación de impacto Ambiental para Galicia. - Regulamento de Planeamento (R.P.) R.D. 2159/1978 de 23 de xuño, Regulamento de Xestión Urbanística (R.X.) R.D. 3288/1978 de 25 de agosto, Regulamento de Disciplina Urbanística para o Desenvolvemento e Aplicación da Lei do Solo de Galicia Decreto 28/1999 de 21 de xaneiro, todos eles nas condicións establecidas na Disposición Transitoria Sexta da LOUG. b) Normativa estatal

- Lei 9/2006, de 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no medio ambiente. - Lei 43/2003 de Montes, modificada pola Lei 10/2006. - Lei 37/2003, do 17 de novembro de ruído. - Infraestruturas de Telecomunicacións R.D. 401/2003 de 4 de abril. - Lei 16/2002 de Prevención e Control Integrados da Contaminación. - Lei 6/2001, de 8 de maio, de modificación do Real Decreto Lexislativo 1302/1986, de 28 de xuño, de Avaliación de Impacto Ambiental. - Real Decreto Lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas. - Lei 6/1998 sobre réxime de solo Real Decreto-Lei 9/2000, de 6 de outubro, de modificación do Real Decreto Lexislativo 1302/1986, de 28 de xuño de Avaliación de Impacto Ambiental (BOE nº 241, de 7 de Outubro de 2000). - Lei 7/1997 de 11 de agosto de Protección contra a Contaminación Acústica. - Lei 4/1989 sobre Conservación de Espazos naturais, fauna e flora silvestres. - Lei 25/1988 de Estradas e o seu Regulamento (R.D. 1812/1994) e a súa Modificación (R.D. 597/1999). - Lei 16/1987 de 30 de xullo de Ordenación dos Transportes Terrestres” e o seu Regulamento (R.D. 1211/1990 de 28 de setembro). - Prego de Condicións Técnicas Xerais para entubados de Saneamento (MOPU/1986).

21 2121 PLAN XXERALERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE PADRENDA DOCUMENTO DE INICIO PARA A AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA

- Lei 16/1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español. - Lei 7/1985, Reguladora das Bases do Réxime Local. - Regulamentos de Redes e Acometidas de Combustibles Gasosos (O.M. 18.11.1974 e O.M. 26.10.1983). - Real Decreto 2.816/1982 polo que se publica o Regulamento Xeral de Policía de Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas. - Prego de Condicións Técnicas Xerais para entubados de abastecemento de auga (MOPU/1974). - Decreto 449/1973, do 22 de febreiro, polo que se colocan baixo a protección do Estado os “hórreos” ou “cabazos” antigos existentes en Galicia e Asturias. - Decreto 3151/1968 de 28 de novembro de Regulamento Técnico de Liñas Aéreas de Alta Tensión. - Decreto 571/1963, do 14 de marzo, sobre protección dos escudos, emblemas, pedras heráldicas, rolos de xustiza, cruces de termo e pezas similares de interese histórico-artístico. - Decreto do 22 de abril de 1949 sobre os Castelos Españois. ccc)c) Normativa comunitaria

- Directiva 75/442/CEE, relativa aos residuos. - Directiva Aves 79/409/CEE. - Directiva Avaliación do Impacto Ambiental 85/337/CEE, modificada pola 97/11/CEE. - Directiva Hábitat 92/43/CEE. - Directiva 96/61/CEE, relativa á Prevención e Control Integrados da Contaminación. - Directiva 2001/42/CE de 27 de xuño, relativa á avaliación dos efectos de determinados plans e programas no medio ambiente. - Directiva Marco da Auga 2000/60/CE.

4.3. ALCANCE E CONTIDO (descrición do contido do planeamento e profundidade coa que se vai a acometer o planeamento)

A ordenación que se propón trata de aproveitar as oportunidades do territorio, o modelo de asentamentos, a mellora das comunicacións e as infraestruturas e a pervivencia do modelo parroquial, co obxecto de mellorar a calidade de vida dos habitantes do municipio, fixar poboación e atraer actividades, basicamente a explotación dos seus recursos naturais, de forma sostible e razoada, como forma de xerar un crecemento endóxeno vinculado ao crecemento derivado das novas e previsibles demandas de vivenda e outros usos.

O proceso de ordenación sitúase así na detección dos solos a protexer e a identificación e delimitación dos solos de núcleo rural e urbano e a definición dos posibles solos de expansión de

22 2222 PLAN XXERALERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE PADRENDA DOCUMENTO DE INICIO PARA A AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA

núcleos como vertebradores do territorio municipal, elementos, xunto cos solos urbanizables, de conexión con outros núcleos e potenciadores da aparición de elementos estruturantes no seu desenvolvemento conxunto.

Ordenación e clasificación do solo

Da análise do territorio que se fixo de cara á realización dunha primeira proposta de Plan de Ordenación para o concello de Padrenda, establecéronse as seguintes propostas e obxectivos de ordenación:

Infraestruturas

a) Completar a actual estrutura viaria b) Estender as actuais redes de fortalecemento e saneamento, de acordo cos desenvolvementos previstos.

Equipamentos, espazos libres e zonas verdes

Da análise sobre equipamentos, espazos libres e zonas verdes, depréndese unha inicial carencia de equipamento recreativo o que se verá paliado coa execución deste planeamento grazas á mellora da área recreativo-cultural situada na zona do entorno do Castelo da Bandexa.

En relación cos espazos libres e zonas verdes, a ordenación trata de delimitar e definir todas as zonas verdes e espazos libres existentes, complementándoas cun conxunto de dotacións locais ao servizo das distintas áreas que integran o conxunto urbano.

Esta oferta urbana complementarase cós espazos libres, áreas recreativas e campos de festas existentes no medio rural.

Respecto dos Núcleos UUrbanosrbanos

a) Nun primeiro paso darlle unha clasificación de Solo Urbano.

b) Se prefire manter a ordenación das zonas consolidadas pola edificación, xa que unha remodelación en outro sentido, suporía un grande custe social e económico e a rotura dos tecidos que conforman a actual estructura.

23 2323 PLAN XXERALERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE PADRENDA DOCUMENTO DE INICIO PARA A AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA

c) A ordenación trata de conservar as tramas tradicionais e nesta liña poténciase o desenvolvemento dos núcleos históricos.Tamén se plantexa unha pequena área de solo urbano reservado pra desenvolvemento de vivendas de promoción autonómica na capitalidade. d) Do mesmo modo a ordenación que se propón, ten como finalidade consolidar o equipamento existente, o cal xa na actualidade é suficiente pra cubrir as necesidades da poboación actual. e) Dotar os núcleos urbanos de ordenanzas específicas adaptadas ao seu tipo de crecemento.

Respecto ao Medio Rural

A ordenación que se propón no Medio Rural parte do recoñecemento dunha realidade territorial e por conseguinte neste ámbito, que é o de maior extensión do termo municipal, respéctase o modelo tradicional de asentamento, configurando por núcleos de poboación de pequeno tamaño en moitos casos conformando outros maiores pola unión dos pequenos a modo de barrios. Nestes termos a ordenación trata de compatibilizar os previsibles desenvolvementos coa salvagarda dos valores e potencialidades existentes.

Todos os núcleos, de acordo co artigo 13.1 da Lei de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, modificada pola Lei 15/2004 do 29 de decembro, recoñécense como Núcleos Rurais, clasificándose os mesmos como Solo de Núcleo Rural, segundo determina no seu artigo 13.

A ordenación que se propón para os núcleos rurais parte do seu recoñecemento e identificación mediante o trazado dun perímetro delimitador do seu ámbito, establecendo a regulación dos mesmos, de acordo coa clasificación do solo adoptado.

A ordenación permitirá acoller novas edificacións dentro dos perímetros delimitados mantendo o seu carácter rural.

A delimitación dos núcleos rurais baseouse no trazado dunha liña envolvente das parcelas asociadas a camiños ou viais, axustándoa ás referencias e condicionantes físicos do terreo.

Establecéronse dous tipos de solo: Solo de Núcleo Rural Consolidado e Solo de Núcleo Rural de Expansión.

24 2424 PLAN XXERALERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE PADRENDA DOCUMENTO DE INICIO PARA A AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA

O establecemento destes dous tipos de Solo de Núcleo Rural leva o recoñecemento das distintas tipoloxías edificatorias existentes que o conforman: por unha parte, as agrupacións orixinarias dos núcleos rurais tradicionais, cunhas características de edificación de vivenda unifamiliar acaroada, sobre unha trama parcelaria miúda e perfectamente diferenciada; por outra parte, as zonas de prolongación dos anteriores, que se caracterizan por unha tipoloxía edificatoria de vivendas unifamiliares illadas.

De acordo con estas consideracións a ordenación que se propón para o Medio Rural parte de diferenciar os seguintes ámbitos: a) Núcleos Rurais de Poboación

No interior dos perímetros delimitadores dos núcleos rurais a ordenación fomentará o mantemento das súas características rurais tradicionais. b) Áreas de interese

Comprende as áreas do territorio que contan con valores ecolóxicos, medioambientais, paisaxísticos, de potencial produtivo, etc. A ordenación proposta fomenta a conservación de todos estes espacios de interese. c) Áreas aptas para o desenvolvemento

Comprende os restantes terreos do termo municipal, que por carecer de valores merecedores de protección e de outros condicionantes, resérvanse para a súa futura incorporación ao proceso de desenvolvemento urbanístico.

A clasificación do solo ven determinada en gran parte pola estrutura do territorio que a condiciona e polas limitacións legais, que definen cal vai ser solo urbano e cal vai ser solo especialmente protexido, tendo un carácter residual o solo urbanizable. O establecemento destes dous tipos de Solo de Núcleo Rural leva o recoñecemento das distintas tipoloxías edificatorias existentes que o conforman: por unha parte, as agrupacións orixinarias dos núcleos rurais tradicionais, cunhas características de edificación de vivenda unifamiliar acaroada, sobre unha trama parcelaria miúda e perfectamente diferenciada; por outra parte, as zonas de prolongación dos anteriores, que se caracterizan por unha tipoloxía edificatoria de vivendas unifamiliares illadas.

25 2525 PLAN XXERALERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE PADRENDA DOCUMENTO DE INICIO PARA A AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA

Solo Rústico

TIPO DE SOLO RÚSTICO REFERENCIA SR PROTECCIÓN ORDINARIA SR PROTECCIÓN ESPAZOS NATURAIS Solo clasificado como espazo natural (Rede Natura 2000) Solo que aínda que non se atopa amparado baixo ningunha figura de SR PROTECCIÓN PAISAXÍSTICA protección específica, destaca polas súas características naturais propias ou debidas á súa situación estratéxica dentro do contexto do concello. Solo onde se observaron cultivos e que aparecen como tal no mapa de usos SR PROTECCIÓN AGROPECUARIA do solo do SITGA SR PROTECCIÓN AUGAS Ríos e a súa protección (100 m) SR PROTECCIÓN INFRAESTRUTURAS Estradas, liñas de alta e media tensión e a súa protección SR PROTECCIÓN FORESTAL Solos clasificados como masa forestal segundo o SITGA SR PROTECCIÓN PATRIMONIO CULTURAL

TIPOS DE MEDIDAS INCLUÍINCLUÍDASDAS NO PLANEAMENTO

As medidas correctoras e protectoras que se presentan neste plan son de varios tipos segundo o seu tipo de incidencia:

• Medidas xenéricas Dentro destas medidas distínguense dous tipos: 1) Medidas de proteción vectorial: encamiñadas a protexer os distintos vectores media ambientais (atmosfera, solos, hidroloxía, vexetación, fauna e paisaxe). 2) Medidas horizontais ou transversais: abordan cuestións xerais de sostibilidade.

• Medidas particulares: medidas de aplicación en determinadas actuacións, as clasificadas como de impacto moderado ou referidas a infraestruturas concretas.

APROXIAPROXIMACIÓNMACIÓN AOS EFECTOS PREVISIBLES

Pódese establecer unha lista cos principais obxectivos que recolle o Plan e a incidencia sobre o medio que podería chegar a supoñer a posta en marcha mesmo:

ACTUACIÓNS PREVISTAS NO PLAN EVOLUCIÓN CON PLAN EFECTOS Delimitac ión de solo urbano, Delimitación das zonas máis Positivo urbanizable, de núcleo rural e de axeitadas para o

26 2626 PLAN XXERALERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE PADRENDA DOCUMENTO DE INICIO PARA A AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA

ACTUACIÓNS PREVISTAS NO PLAN EVOLUCIÓN CON PLAN EFECTOS expansión do núcleo desenvolvemento urbano. Detección dos espazos máis axeitados de cara ao establecemento de pequenas industrias Aumento do sistema xeral de Mellora da calidacalidadede de vida e cohesión espazos libres e zonas verdes Positivo social de dominio público Incorporación de novos elementos catalogados, Patrimonio establecemento de areas de Positivo proteción integral e de respecto Clasificación e protección de Espazos NaturNaturaisaisaisais áreas de interese local e Positivo supramunicipal. Definición de figuras legais de Territorio protección do solo rústico Positivo especialmente protexido. A recollida de información pon en valor os requisitos mínimos Información a estudar polo Plan e Positivo valoración sobre estimacións futuras Pesquisa de potenciación do sector económico baseado Economía nos recursos do municipio Positivo encaixada nun marco de respecto medioambiental

27 2727 PLAN XXERALERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE PADRENDA DOCUMENTO DE INICIO PARA A AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA

5. DESCRIDESCRICIÓNCIÓN DOS PROCESOS QUE SE SEGUIRÁSEGUIRÁNN PARA A ELABORACIÓN DO PLAN

CONTRATACIÓN DO PXOM

DOCUMENTO INICIO PXOM

CONSELLERÍA ORDENACIÓN TERRITORIO

Inform e (3 meses)

APROBACIÓN INICIAL

Audiencia aos municipios Información pública limítrofes

Solicitude de informe medioambiental CONSELLERIA DE MEDIO Solicitude de informes AMBIENTE sectoriais

Emisión polos servizos técnicos xurídicos municipais dun informe

APROBACIÓN PROVISIONAL

CONSELLERÍA ORDENACIÓN TERRITORIO

APROBACIÓN DEFINITIVA

28 2828 PLAN XXERALERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE PADRENDA DOCUMENTO DE INICIO PARA A AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA

Padrenda, xaneiro de 2010 O presente documento foi elaborado por:

Alba Dasairas Bouzada Lda. CC. Biolóxicas (colex. nº 19.733)

29 2929 PLAN XXERALERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE PADRENDA DOCUMENTO DE INICIO PARA A AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA