Manuais De Medios Sociais Para Pequenas Grandes Entidades Redes Sociais Para Grandes Pequenas Entidades
Total Page:16
File Type:pdf, Size:1020Kb
Manuais de Medios Sociais para pequenas grandes Entidades Redes Sociais para Grandes Pequenas Entidades Manuel Freiría July 3, 2015 Os Podcasts (Versión 0.1) Abstract A comunicación en liña é unha ferramenta moi poderosa para as Organizacións Non Gubernamentais, sen Ánimo de Lucro e para as Grandes Pequenas Entidades en xeral. Co seu uso lograse comunicar información valiosa ó mínimo coste, partillar actividades en tempo real, aumentar a nosa base de contactos, escoitar ás nosas usuarias, e en definitiva, expandir e divulgar e espallar a propia misión, visión e valores Quedou atrás, que non descartada, o tempo das políticas tradicionais de comunicación e difusión como os envíos postais masivos, como as interminables sesións de chamadas telefónicas na percura de novas persoas afiliadas, axudas ou apoio para campañas concretas, ou incluso as campañas de captación a pé de rúa. Nas seguintes páxinas amosarase qué son as Redes Sociais e as comunidades virtuais, daremos un vistazo polas mais coñecidas e utilizadas, así como polas que poden resultar mais útiles para acadar os obxectivos para cada proposta solidaria ou que aporte valor ás comunidades nas que vivimos; mostrase como crear unha estratexia de comunicación e traense a colación as ferramentas mais económicas (gratuitas na maior parte dos casos) que proporciona a WWW para seren quen de acadar unha presencia dixital axeitada. Mirase neste texto, polo tanto, a partires da comunicación necesaria para acadar a asertividade das nosas mensaxes, as canles posibles onde realizala, as ferramentas para traballar colaborativamente de xeito non presencial, diversos útiles para a e-governanza, así os útiles de monitorización que nos permitan coñecer o impacto das nosas accións dixitais e por ende, realizar cando comprira accións correctoras para elevar súa eficacia. Por outra banda, a explosión realizada polos medios sociais e o comercio electrónico, levou aparellada a aparición de diversas leis relacionadas tanto co uso das Redes, o comercio electrónico e a protección de datos das usuarias, ás cais atinxen, cando menos tanxencialemente as ONG’s, polo que son incluidas neste texto sen ser debulladas polo miudo. Sendo as Redes Sociais entidades de transmisión de contidos, tampouco podería faltar unha mención ás leis de protección da propiedade Intelectual e as licenzas solidarias que traballan co enfoque da cultura partillada. Pretendín estructurar o texto dende Zero, pero o razonable é empezar polo parte 4„ ¿ ONDE ESTAMOS?, definir en segunda instancia cales son os obxectivos que nun periodo de tempo dado nosa organización se marque, utilizando as ferramentas adecuadas en cada caso, adaptalas ás diferentes realidades normativas , e finalmente avaliar os resultados obtidos, examinar os procedementos empregados, atopar os erros no diseño ou execución da estratexia e aplicar as oportunas medidas correctoras que fagan que a estructura de comunicación xire arredor de un proceso de mellora continua. Traballaremos nun contexto modular e construtivista 1 ; a partires de onde estamos, desenvolvemos e afondamos en aqueles módulos ou ámetos nos que reside noso interés mais inmediato ou onde atopemos maiores carencias, ben sexa por convicción ou porque as ferramentas analíticas usadas indiquen que son os mais adecuados para acadar nosos obxectivos. Serán, polo tanto, os distintos grupos ou a propia lectora quen marque a ruta dos contidos en cada taller ou a ruta de lectura de estes pequenos manuais. 1O ensino baixo o enfoque construtivista concibese como un proceso a traverso do cal axudase, apoiase e diríxese ó alumnado na construcción do coñecemento. Como sinala Freire (1997), ensinar entón non é transferir coñecementos, senon crear as posibilidades da súa producción ou da súa construcción. 1 _ 2 Abstract Contents 1 Os Podcasts 4 1.1 Aplicacións dos PostCasts . 4 1.2 Crea teu PodCast . 4 1.2.1 Toma notas: . 4 1.2.2 Crea un Roteiro (Guión) . 4 1.2.3 Amortigua o Son . 4 1.2.4 Entrevista a distancia: . 5 1.2.5 Recibe preguntas e comentarios . 5 1.2.6 Edita teu Audio . 5 1.3 Convirte teu audio a MP3 . 5 1.3.1 Dende a Internet: . 5 1.3.2 Dende o PC . 5 1.4 Hospeda teu PodCast . 6 1.4.1 Amazon S3 . 6 1.4.2 Archive.org . 6 1.4.3 Mediagoblin (https://goblinrefuge.com/mediagoblin) ¡¡¡ Recomendada!!! . 7 1.4.4 Podomatic (http://www.podomatic.com) . 7 1.4.5 Radioteca (http://radioteca.net) ¡¡¡ Recomendada!!! . 7 1.4.6 Sound Cloud (https://soundcloud.com/) . 8 1.5 Etiqueta teus audios . 8 1.6 Publicita e difunde teu PodCast . 8 1.6.1 Participa nas Redes Sociais . 9 1.6.2 Ofrece contidos alternativos o PodCast: . 9 1.6.3 Engade teu Audioblogue a directorios e comunidades: . 9 1.6.4 Contacta con audiobloggers de temática ou obxectivo similar: . 9 1.6.5 Pon o enderezo na sinatura dos teus e-mails: . 9 1.6.6 Date de alta nos buscadores: . 9 1.6.7 Non esquezas o RSS: . 9 1.6.8 Contesta a todos os comentarios: . 9 3 1 Os Podcasts Tamén se lle chamaba audioblogue, nome que rematou caindo en desuso pero que podes usar xa que se entende. Un Audioblogue é basicamente unha transmisión ou programa que se emite sobre a internet e que podese escoitar directamente na computadora, no listófono, tablet ou calqueira reproductor de audio no momento e lugar onde nos atopemos, ainda que non teñamos cobertura, xa que como pode ser almacenado nos dispositivos anteditos, podemos reproducilos no momento en que o desexemos.2 Unha das características principais dos audioblogues, a diferencia dos programas de radio profesionais, é que está creado pensando nunha audiencia mais específica e que tratan temas moi puntuais e específicos do ámeto onde van dirixidos. A gran ventaxa do PodCast sobre a radio convencional é que non compre estar á beira do aparello de radio o día e hora de emisión do teu programa favorito. 1.1 Aplicacións dos PostCasts Os PodCasts foron concebidos orixinalmente como audioblogues, pero xa non é así. Moitos sitios web como a BBC, RNE e outros teñen podcasts dispoñibles para seren descargados e oidos. Isto permitiu o nascemento de comunidades virtuais pensadas como lugares de almacenamento, e ó tempo, o desenvolvemento de múltiples ferramentas que per- miten acceder a estes contidos dende calisquer dispositivo electrónico. Esta extensión dos PodCasts levanos a conter dende charlas e tutoriais ata música e concertos Algúns usos interesantes dos Podcasts son os seguintes: (Contame os que esquecín... :-) ) • Grabacións de música: Hai artistas que teñen seu propio PodCast nos que van subindo súas novedades e novas. • Divulgación : Podense transmitir programas e charlas ou ponencias sobre calqueira tema imaxinable. • Aplicacións educativas: As alumnas poden recibir leccións no formato de audio e escoitalas ou estudalas cando consideren. • Entrevistas (Interviús): Posibilidade de recibir entrevistas completas no PodCasting do programa. • Radio: Cada vez con maior frecuencia as radios teñen canles onde se pode acceder ós seus contidos mais influintes. • Visitas guiadas a museos: Iso, te pos os cascos e se che vai describindo o que miras con unha audiovisita. • Conferencias: Podese escoitar as ponencias sin necesidade de estar no lugar onde se imparten.3 Ainda que a sistemática é similar para os videos, quero separalos por dúas razóns: O video hai que mirar para el... en caso contrario non é video; e a segunda e que o volume de información almacenada nun video é con moito moi superior o espazo e ancho de banda ocupado por o audio. 1.2 Crea teu PodCast 1.2.1 Toma notas: Si estás a cubrir un evento e túa memoria é tan feble como a miña, valeche a pena que vaias tomando notas, apuntes ou escribindo mnemotécnicas dos asuntos mais relevantes. Fiarse da memoría é bo a corto prazo, e as informacións compren que teñan veracidade. Si non tes un boli a man usa as funcións de gravación do teu teléfono móbil, ou o seu block de notas. 1.2.2 Crea un Roteiro (Guión) Pode ser que sexas unha máquina da improvisación e un guión parezache irrelevante. No caso de que non sexa así, planificar o teu contido aforrarache reprocesos e facilitarache o traballo. O Roteiro é a guía para o desenvolvemento da historia que estás a contar. Unha descripción pormenorizada de unha viaxe que ten como destino transformase nunha obra sonora. 1.2.3 Amortigua o Son En moitas ocasións, como cando grabas unha conferencia, non teŕas moitas opcións, pero si estás a grabar no teu domicilio ou garaxe, lembra que o mobiliario e paredes dos sotos, oficinas e armarios teñen moita reverberación e eco que afectan inevitablemente ó audio. Se non tes acceso a un estudio a proba de bruidos, sobre todo si estás nunha habitación case valeira, pendura unhas mantas das paredes para evitar rebotes indexesados. 2http://tecnologia-facil.com/que-es/que-es-un-podcast/ 3https://es.wikipedia.org/wiki/Podcasting#Aplicaciones 4 1.2.4 Entrevista a distancia: Skype Google Voice Recorder Google Hanghouts 1.2.5 Recibe preguntas e comentarios SimpleVoiceBox https://www.simplevoicebox.com/ Many podcasters play recorded questions or comments from listeners during their show. If you’re interested in doing this, use SimpleVoiceBox to set up a voicemail service with a unique number your listeners can call. The system will hold an unlimited number of messages—plus, those messages can easily be downloaded into .WAV format. 1.2.6 Edita teu Audio A edición de un podcast é tan simple ou tan complexo como ti o decidas. O normal é editar solo as meteduras de pata gordas e non tocar os “ums” “eeehh” ou pausas longas a menos que realmente canten moito na grabación e desvirtuen o que estás decindo. Si eres un tanto puntillosa pode ser que queiras incluir un anaco de audio antes e despois do falado, ou che pete mesturar temas de música ou incluir efectos de son.