Traducións Xustificadas
Total Page:16
File Type:pdf, Size:1020Kb
REVISTA GALEGA DE TRADUCIÓN VICEVERSA Nº 15 (2009) SECRETARIO Alberto Álvarez Lugrís CONSELLO DE REDACCIÓN Valentín Arias López, Isabel Boullón Agrelo, Teresa Caneda Cabrera, Manuel Forcadela, Leandro García Bugarín, Gonzalo Constenla Bergueiro, Anxo Fernández Ocampo, Xosé Mª Gómez Clemente, Ana Luna Alonso, Camino Noia Campos, Antón Palacio Sánchez COMITÉ ASESOR Joan Argenter, Bacelona - Teresa Barro, Lancaster - Jose Bento, Lisboa Franciso Xavier Fernández Polo, Santiago - Américo Ferrari, Xenebra Xesús Ferro, Santiago - Maria Filipowicz-Rudek, Cracovia Johannes Kabatek, Tübingen - Bego Montorio, Vitoria Fernando Pérez Barreiro-Nolla, Lancaster - Albert Rivas, Barcelona José María Rodríguez, Ithaca - John Rutherford, Oxford Antón Santamarina, Santiago - Xavier Senín, Santiago Josu Zabaleta, Donostia - Juan Zarandona, Soria A revista Viceversa e os artigos nela publicados están recollidos nos seguintes índices: Cambridge Scientifi c Abstracts - Linguistics and Language Behaviour Abstracts; MLA International Bibliiography; MLA Directory of Periodicals; TSA-BTS (Translation Studies Abstracts - Bibliography of Translation Studies); ULRICH’S Periodicals Directory; Latindex; Dialnet; Rebiun. DESEÑO DA CAPA: Antón Pulido REDACCIÓN: Dto. de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo 36310 Vigo - Galicia ISSN 1135-8920-15 IMPRESIÓN: Tórculo Artes Gráfi cas. Rúa de Álvaro Cunqueiro, 3 - baixo. 36205 Vigo. D. Legal: VG 371-1995 Este volume de VICEVERSA publícase cunha axuda da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Xunta de Galicia SUMARIO XULIO RÍOS. Fernando Pérez-Barreiro Nolla, in memo- riam. Trazos da Galicia de Fernando Pérez-Barreiro Nolla .........7-9 TEORÍA E HISTORIA .............................................................................11 FERNANDO PÉREZ-BARREIRO NOLLA. A tradución da métrica. Prácticas co Macbeth de Shakespeare en galego. .13-22 PILAR ORDÓÑEZ LÓPEZ. Aproximación filo- sófica á figura do tradutor: o retrato do tradutor de Ortega y Gasset. .......................................................................23-32 RAJIV SAXENA. Tradución e transmisión cultural: o es- pañol cara ás linguas vernáculas indias. ......................................33-47 Mª ISABEL DEL POZO TRIVIÑO, IOLANDA GA- LANES SANTOS e ELISA GÓMEZ LÓPEZ. Pano- rámica da tradución e a interpretación nos servizos públicos en Galicia: resposta a unha nova realidade social e lingüística. ...................................................................49-67 JORGE MANUEL COSTA ALMEIDA E PINHO. As motivações do tradutor. ............................................................69-77 INSTRUMENTA .........................................................................................79 Imaxin | software. O tradutor automático inglés-galego de opentrad....................................................................................81-86 MARÍA TERESA SÁNCHEZ NIETO. O realce totaliza- dor en español e alemán. Un estudo retórico-contrastivo e descritivo de traducións de sitios web corporativos de adegas. ....................................................................................87-118 MARIA TYMCZY SKA. Como integrar eficazmente ac- tividades na aula e en liña por medio de Moodle. ................119-131 TRADUCIÓNS XUSTIFICADAS ...........................................................133 MARÍA CRISTINA GONZÁLEZ PIÑEIRO. O trata- mento do code switching e a reflexión metalingüística na tradución do italiano ao galego de Montedidio de Erri de Luca......................................................................................135-156 MARCO SYRAYAMA DE PINTO. O problema da tra- dução para o português dos topônimos e antropônimos no Livro de Dede Korkut. ..........................................................157-164 MONA IMAI. Tradución do xaponés ao galego: Kitchen de Banana Yoshimoto. ..........................................................165-171 CRÍTICAS E RECENSIÓNS .................................................................. 173 A casa de mango street. VANESA SILVA FERNÁNDEZ ..175-179 Las 1001 lenguas. XOSÉ SOTO ANDIÓN .........................181-183 O universo xurídico en orde alfabética. XOSÉ LUÍS JA- NEIRO ESPIÑEIRA ............................................................185-188 Análise paratradutiva do filme Para que non me esquezas. XOÁN MANUEL MONTERO DOMÍNGUEZ ..................189-202 INFORMACIÓNS ..................................................................................... 203 Traducións ao galego no ano 2008. ANA LUNA ALONSO...205-223 VIII Premio Plácido Castro de tradución (2009) ........................225 Día internacional da traducción ...........................................227-228 Convocatoria de artigos. ......................................................229-231 Instrucións para os autores. ..................................................233-236 FERNANDO PÉREZ-BARREIRO NOLLA, IN MEMORIAM. TRAZOS DA GALICIA DE FERNANDO PÉREZ-BARREIRO NOLLA Xulio Ríos Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (http://www.igadi.org/) [email protected] A Fernando, en boa medida, defíneo a busca refl exionada e serena da orixinalidade, un persistente empeño que ten a súa raíz non nun snobismo trasnoitado ou ata nun mimetismo mercantil tan en boga hoxendía —ata no mundo das letras—, senón na preocupación intelectual pola identifi cación dos eixes profundos que conforman a nosa identidade e nos que debera fundamentarse todo o noso desenvolvemento social. Fernando é un símbolo desa apelación constante ao ser colectivo para recuperar capacidades críticas e creativas que alenten un discurso autóctono e fóra do común. Esa é a Galicia aínda por descubrir e a Galicia que pode achegar algo de interese ao mundo, obra de persoas que cren nun modelo fl exible que avanza co tempo pero que ten perfectamente trazadas as vigas que conforman a súa particular constelación. Esa diferenza é a que cómpre cultivar para evitar o desencanto e sortear a tentación de reiterar en clave galega as múltiples uniformidades que proliferan no mundo de hoxe. E resulta paradoxal que en Galicia, un pobo que tanto tempo perde en virar e virar sobre si mesmo con teimas que arrepían pola súa reiteración, carezamos tanto dun esforzo xenuíno como o desenvolvido por Fernando ao longo de toda a súa vida ata converterse nunha rara avis da nosa contorna. Sen dúbida, nesa circunstancia infl uíu positivamente o feito de radicarse fóra tantos anos, sen por iso afastarse do seguimento e o compromiso coas cousas do país, afi ando as súas ideas, contrastándoas coas experiencias inmediatas do seu contacto co universo británico e o seu cosmopolitismo peculiar e enriquecéndose cun talante positivo ben distante das morriñas. Fernando era un adaptado integral entendido como aquela persoa que interioriza as claves universais da cultura, calquera que esta sexa, non fraccionable, nutrinte do espírito. É ben coñecida a querenza de Fernando polas linguas, un favor correspondido con dotes naturais sorprendentes asentadas nunha constancia e capacidade de traballo verdadeiramente admirables. Sobra argumentalo, e aí está o seu labor e os seus recoñecementos múltiples, pero si compre VICEVERSA 15 (2009) 7-9 7 destacar que desde ese compromiso, fuxiu sempre do concepto que asocia de xeito limitativo cultura e lingua, unha identifi cación que pesa como unha lousa sobre nós, con efectos severamente limitantes, no conceptual, no institucional e no alternativo. O debate sobre a lingua, tan actual nos nosos días, é enormemente empobrecedor e caricaturesco e nel, ademais da crítica aos “liquidacionistas”, bótase en falla a autocrítica mesmo entre aqueles que defendemos a imperiosa necesidade dunha vontade normalizadora (cabe recoñecer, por exemplo, as carencias do noso compromiso co fomento do coñecemento doutras linguas, cando debera ser o galeguismo o abandeirado dese proceso, fendendo así un argumento maniqueo que outorga relativa credibilidade aos contrarios da normalización). A aposta polo plurilingüísmo é consubstancial á identidade de Fernando. Achegándonos un pouco máis, poderiamos concluír que, en certa medida, na súa perspectiva, o de Galicia é un problema de expresión e de expresividade, no que pesan graves taras, tamén psicolóxicas, que conforman o noso ánimo e a nosa maneira de ser. A clave da motivación de Fernando, expresada igualmente en termos do país que arelaba, consiste en achegar algo interesante, algo distintivo, creativo e construtivo, que permita o noso avance social pero tamén a nosa achega ao global porque ambos aspectos son totalmente inseparables, para ensinar e para aprender. É aí onde o sentido da resistencia, tan predominante hoxe pero á defensiva, ten todas as de gañar e onde o esforzo pola relevancia pode liquidar todo asomo de vulgaridade, o maior dos perigos para a nosa supervivencia como sociedade e como país- cultura. Son enormes as enerxías que estragamos na auto-destrución, iso que se presenta como un recoñecemento da diversidade suicida que cómpre “admitir”. Fernando percibíao á perfección dende a súa atalaia inglesa, lamentando o escaso vigor, a creatividade auténtica e o narcisismo do noso pequeno mundo, factores tan daniños como a hostilidade manifesta. Esa distancia, libre de servidumes, permitiulle entender a “anormalidade social” do noso país e formular críticas, ideas e propostas que deberían considerarse con atención porque nelas recoñécese un pensar distinto, enriquecedor, e vertebrado sobre eixes diferentes do común. Saber o que somos signifi ca auto-examinarnos,