Ponte Caldelas Sanxenxo
Total Page:16
File Type:pdf, Size:1020Kb
Núm. 11 Venres 17 de xaneiro de 2014 Páx. 52 ## &$)%;$$% &%#)&#% ,& &*+ 4 A < ' ' , , D <( < " < $ < "' ( T > >, " > ( $ > D < " ,< / > / ; D A < > /38, " *( ##* &$)$%-%#);& &) 8 D ( # / > ( C ' " (UU Na Illa de Arousa, a 26 de decembro de 2013.—O Alcalde, José Manuel Vázquez Vázquez. 2014000043 @@@ PONTE CALDELAS ANUNCIO DE APROBACIÓN PROVISIONAL DA MODIFICACIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DO SERVIZO DE MERCADO DE ABASTOS DE PONTE CALDELAS Aprobada inicialmente a Modificación da Ordenanza Reguladora do Servizo de Mercado de Abastos de Ponte Caldelas en sesión plenaria celebrada o 30 de decembro de 2013, sométese a información/exposición pública e audiencia dos interesados polo prazo de trinta días, e faise público que dita modificación estará exposta no Taboleiro de Anuncios do Concello para que os interesados poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións e suxerencias que estimen oportunas, segundo establece o Art. 49 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. De non presentarse reclamación ningunha, durante dito prazo, entenderase definitivamente aprobada a modificación. En Ponte Caldelas, 3 de xaneiro de 2013.—O Alcalde, Perfecto Rodríguez Muíños. 2013000162 @@@ SANXENXO ANUNCIO A Alcaldía-Presidencia no día de hoxe emitiu a seguinte resolución que literalmente di: “Con data do 30 de agosto de 2011 entrou en vigor o “REGULAMENTO DO SERVIZO PUBLICO DE TRANSPORTE DE VIAXEIROS EN AUTOMÓBILES LIXEIROS DE ALUGUER CON CONDUTOR (AUTO-TAXI) DO CONCELLO DE SANXENXO”, de conformidade co seu artigo 31.4, é necesaria a celebración dunha www.bop.depo.es N [email protected] N Dep. Legal: PO 1-1958 Núm. 11 Venres 17 de xaneiro de 2014 Páx. 53 proba de aptitude para a obtención do permiso municipal de condutor, que habilite a conducir vehículos auto-taxis cuxa licenza fora outorgada por este concello. Esta alcaldía, en uso das atribucións que lle confire a lexislación vixente RESOLVE: PRIMEIRO: convocar a celebración dunha nova proba de aptitude para a obtención do permiso que faculta para a realización da actividade de condutor de taxi. O lugar e hora da súa celebración faranse públicos, unha vez transcorrido o prazo de presentación de solicitudes, polos medios descritos no apartado terceiro. SEGUNDO: As solicitudes de participación na proba axustaranse ao modelo que figura no Anexo I desta resolución. TERCEIRO: As solicitudes poderán presentarse no Rexistro de entrada do Concello de Sanxenxo, ou ben, segundo o disposto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de dez días hábiles contados a partir da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. A partir deste anuncio os demais que se realicen neste expediente faranse a través de publicación no taboleiro de edictos do concello e na páxina web do concello (www.sanxenxo.es). CUARTO: As solicitudes irán acompañadas da seguinte documentación: a) Fotocopia do DNI ou documento que o substitúa b) Fotocopia do permiso de condución de automóbiles da categoría BTP ou superior, expedido pola Xefatura Provincial de Tráfico. c) Certificado médico oficial acreditativo de non padecer enfermidade infectocontaxiosa ou impedimento físico que imposibilite ou dificulte o normal exercicio da profesión. d) Declaración xurada de non estar incurso nalgunha das causas de incapacidade indicadas neste regulamento. e) Dúas fotografías tamaño carné. f) No seu caso, documento acreditativo de estar de alta no réxime correspondente da Seguridade Social. A lista provisional de admitidos será publicada no Taboleiro de editos do concello xunto coa lista de excluídos e os motivos de exclusión. A citada lista quedará elevada a definitiva tras un prazo de subsanación de 5 días que se abrirá tras a publicación da lista provisional. QUINTO: As materias que deberán coñecer os aspirantes son os seguintes: Acreditarase o coñecemento das vías públicas, lugares de interese turístico, locais de esparcemento público, oficinas e demais centros e edificios públicos, monumentos, principais hoteis e itinerarios mais directos para chegar aos puntos de destino. A proba terá carácter oral. SEXTO: Unha vez realizada a proba e puntuada polos tribunal designado, se dará publicidade inmediata dos resultados que serán apto/a ou non apto/a. SÉTIMO: O Tribunal está composto por: Presidente: Luis Angel Sabariz Rolán, tesoureiro municipal. Suplente: Angel Luis López Pita, secretario xeral do Concello de Sanxenxo. Vogais: Faustino Balea Casas, oficial da Policía Local. Suplente: Abelardo Martínez Meis, Policía Local. Secretaria: Ana Mª Vázquez Álvarez, Policía Local. Suplente: Manuel Martínez Sánchez, Policía Local. www.bop.depo.es N [email protected] N Dep. Legal: PO 1-1958 Núm. 11 Venres 17 de xaneiro de 2014 Páx. 54 OITAVO: Dese conta desta resolución a “TAXIS ASOCIACIÓN DE AUTOPATRONOS DE PONTEVEDRA Y MUNICIPIOS DE LA PROVINCIA”. ANEXO I D/ª................................................................, DNI nº......................., Data de nacemento:........................., domicilio en............................................................, Concello.............................., CP..............................e teléfono:............................... EXPOÑO: Que desexo participar na proba de aptitude para a obtención do PERMISO MUNICIPAL DE CONDUTOR/A DE AUTO-TAXI convocada mediante resolución do Concello de Sanxenxo de data ............................................., achegando a seguinte documentación: a) Fotocopia do DNI ou documento que o substitúa b) Fotocopia do permiso de condución de automóbiles da categoría BTP ou superior, expedido pola Xefatura Provincial de Tráfico. c) Certificado médico oficial acreditativo de non padecer enfermidade infectocontaxiosa ou impedimento físico que imposibilite ou dificulte o normal exercicio da profesión. d) Declaración xurada de non estar incurso nalgunha das causas de incapacidade indicadas neste regulamento. e) Dúas fotografías tamaño carné. f) No seu caso, documento acreditativo de estar de alta no réxime correspondente da Seguridade Social. Por todo isto, SOLICITO: Ser admitido na realización da proba convocada para a obtención do permiso municipal de condutor de auto-taxi no Concello de Sanxenxo. Sanxenxo, ............................de 2014.—SRA. Alcaldesa-Presidenta de Concello de Sanxenxo. Dado en Sanxenxo a tres de Xaneiro de dous mil catorce.—A Alcaldesa-Presidenta Catalina González Bea.—Angel Luis López Pita, Secretario Xeral.” Sanxenxo, a 3 de Xaneiro de 2014.—A Alcaldesa, Catalina González Bea. 2014000163 @@@ SILLEDA ANUNCIO En base ao disposto nos artigos 44.1, 44.2 e 47.2 do Real Decreto 2.568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, veño en DECRETAR o seguinte: Primeiro.—Efectuar delegación, por ausencia, de todas as competencias da Alcaldía no primeiro Tenente de Alcalde, Don Klaus Brey Montaña o día 09 de xaneiro de 2014. Segundo.—Publíquese o contido do presente Decreto no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, e déase conta do mesmo ao Pleno na primeira sesión que celebre. En Silleda a 08 de Xaneiro de 2014.—O Alcalde, Manuel Cuiña Fernández. 2014000204 @@@ www.bop.depo.es N [email protected] N Dep. Legal: PO 1-1958.