Micoloxía no xeodestino Julián Alonso Díaz Antonio Rigueiro Rodríguez Ancares-Courel

1 Julián Alonso Díaz Antonio Rigueiro Rodríguez

Dpto. de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría Escola Politécnica Superior de Enxeñaría Campus Terra de Universidade de Santiago de Compostela

Sociedade Micolóxica Lucus

Fotografías: Julián Alonso, excepto: Serra dos Ancares (Deputación de Lugo) Debuxos: Aser Barreira López ÍNDICE

1. O xeodestino Ancares-Courel

2. Fungos e cogomelos: que son, aproveitamento e micoturismo

3. A identificación dos fungos

4. Descrición das principais especies

5. Lexislación e boas prácticas

6. Ligazóns, teléfonos e outros datos de interese

3 1. O xeodestino Ancares-Courel

O xeodestino Ancares-Courel comprende os municipios da Paisaxe Pintoresca, e o territorio de incluído Fonsagrada, As Nogais, , Becerreá, Negueira de Muñiz, dentro do Xeoparque “Montañas do Courel” declarado pola Ribeira de Piquín, Cervantes, Folgoso do Courel, Navia de UNESCO en 2019. Suarna, , , e Samos. De topografía accidentada, neste territorio destaca unha litoloxía Este territorio é o maior espazo natural de , integrando caracterizada pola presenza de lousas, xistos e cuarcitas, entre diferentes niveis de protección nos que atopamos as Reservas as que se intercalan estratos calcarios, moi escasos no resto da Biosfera Eo-Oscos e Terras de Burón, e Ancares Lucenses de Galicia. Sobre estes substratos aséntase unha importante e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá. Dentro da Rede biodiversidade vexetal, da que dá mostra o dato de que ao redor Natura 2000 inclúense as Zonas Especiais de Conservación do 45 % das especies de plantas vasculares de Galicia están Ancares-Courel, Cruzul-Agüeira, Río Cabe, Carballido, Negueira citadas nestas montañas. Comunidades arbóreas como faiais, e a Zona de Especial Protección de Aves de Ancares, ademais bidueirais, carballeiras, reboleiras, aciñeirais, soutos, abeledos, da declaración dunha parte deste espazo natural como Reserva bosques de acivro, bosques de ribeira, etc., xunto a diversos Nacional de Caza, Zona de Especial Protección do Oso Pardo e tipos de matogueiras, hábitats acuáticos e medios antropizados,

Serra dos Ancares

O Incio

4 Serra do Courel

constitúen espazos de gran biodiversidade nos que podemos destacar pola súa singularidade os bosques da Marronda, Car- ballido, o faial da Pintinidoira, o souto de Agüeira, o aciñeiral de Cruzul, as devesas da Rogueira e Romeor e os soutos do Courel. Esta importante biodiversidade deriva fundamentalmente das Ribeira de Piquín circunstancias ambientais, como o clima, a forte variación de Negueira de Muñiz altitudes, a topografía que orixina microclimas particulares, a Baleira diferente orientación das ladeiras e os variados substratos. Pero tamén garda unha estreita relación coa paisaxe agrofo- restal que desde hai séculos foron configurando os habitantes das innumerables aldeas que de forma dispersa se distribúen Becerreá por estas montañas. Toda esta diversidade de hábitats e con- dicións xeoclimáticas configura tamén unha espectacular e Triacastela Cervantes aínda parcialmente coñecida biodiversidade micolóxica, o Samos As Nogais que fai deste xeodestino un escenario ideal para a práctica do eco e micoturismo, e, se a iso unimos un patrimonio cultural e O Incio Pedrafita do Cebreiro etnográfico impresionante, unha rica gastronomía e múltiples festas populares de interese, podemos asegurar que estamos Folgoso do Courel ante unha espectacular bisbarra natural.

5 2. Fungos e cogomelos: que son, aproveitamento e micoturismo

A micoloxía é a ciencia que estuda os fungos, un amplísimo e basidios variado grupo de organismos que conforman un reino indepen- dente de seres vivos (reino Fungi). Os fungos caracterízanse principalmente por ser: • Eucariontes: teñen células con núcleo verdadeiro. • Filamentosos: a maior parte están constituídos por un corpo filamentoso denominado micelio, formado por esporas células alongadas chamadas hifas, cuxas paredes pre- sentan quitina como principal elemento estrutural. • Heterótrofos: a diferenza das plantas, non teñen clo- rofila e aliméntanse por absorción de materia orgánica producida por outros seres vivos. • E reproducirse por esporas, que son elementos de disper- sión semellantes ás sementes das plantas pero micros- ascos cópicas e haploides, é dicir, cun só xogo de cromosomas. A súa nutrición heterótrofa é sinxela, a través dun proceso de trato no que se desenvolve descompoñéndoo e absorbendo dixestión externa no que o micelio segrega enzimas no subs- logo as moléculas simples disoltas. Este proceso pódese desenvolver de varias maneiras e distinguimos así tres tipos de fungos: saprófitos ou saprotróficos: degradan e aliméntanse Cogomelo (esporocarpo) de materia orgánica morta; parasitos: viven a expensas dou- tros seres vivos aos que danan, e simbiontes: asócianse con outros seres vivos obtendo un beneficio mutuo. A simbiose máis habitual é a que os fungos fan coas plantas (micorrizas). Por todo iso os fungos son fundamentais na natureza, reci- Esporas clando a materia orgánica e os nutrientes, establecendo aso- ciacións micorrícicas fundamentais para o desenvolvemento saudable das plantas e os bosques, e os parasitos contribuíndo á selección natural e ao equilibrio dos ecosistemas. Os fungos poden reproducirse por esporas de forma tanto asexual como sexual. Na reprodución sexual as células que forman estas esporas (basidios ou ascos, segundo o tipo de Micelio fungo) atópanse habitualmente en estruturas que en moitos

6 fungos son microscópicas pero noutros son agregacións de hifas complexas e visibles que se denominan corpos frutí- feros, carpóforos, esporocarpos ou, popularmente, setas ou cogomelos. Os fungos que forman cogomelos denomínanse de modo xeral macromicetos (macro: grande e miceto: fungo) e neles pode- mos considerar, polo tanto, dúas partes: o micelio, que é o corpo vexetativo filamentoso e permanente do fungo, normal- mente difuso e non visible ao estar inmerso no substrato, e o esporocarpo ou cogomelo, de aparición esporádica, visible e con función reprodutora ao conter as células fértiles que pro- ducen as esporas, axudando, ademais, a diseminalas. Aínda que “micoloxía” se usa habitualmente como un termo xeral referido ás múltiples facetas relacionadas cos fungos, estritamente micoloxía é a ciencia que os estuda, micofilia será a afección ou afinidade a estes e, por outra banda, apro- como modalidade que combina a micoloxía en sentido amplo (estudo, micogastronomía, fotografía, sendeirismo, etc.), com- veitamentos micolóxicos serán os usos dos fungos con algún plementada coa posibilidade do gozo sustentable da riqueza potencial interese para os humanos, aínda que normalmente e diversidade natural, paisaxística, cultural, gastronómica e esta expresión se usa para referirse á colleita de cogomelos patrimonial que ofrece un territorio, para convertelo así nun en montes con diversas finalidades, entre as que se atopan a elemento de dinamización económica e social. de consumo propio, a comercial ou a científica e didáctica. Neste sentido recordemos que os fungos foron e son utiliza- Non obstante, toda actividade relacionada co aproveitamento dos polos seres humanos para múltiples aplicacións: lévedos dos fungos debe ser compatible coa súa sostibilidade, garan- e fungos microscópicos para fermentación de alimentos e tindo a súa conservación, asociada á súa enorme importancia bebidas, obtención de antibióticos e outros medicamentos, e valor ecolóxico, polo que debe coñecerse e ser respectada a etc., e os cogomelos que producen os macromicetos úsanse normativa que regula os aproveitamentos micolóxicos e a de desde tempo inmemorial como alimento, para tratamento de conservación, que é aplicable ás zonas de especial protección, enfermidades, usos rituais, etc. ademais das pautas e boas prácticas que deben acompañar o exercicio da afección micolóxica e do micoturismo. Nos últimos tempos o interese polos fungos adquiriu unha nova dimensión asociada, por un lado, ao alto valor gastro- Así mesmo, a faceta de recolección de cogomelos para con- nómico e económico dalgúns cogomelos e, por outro, polo sumo, cando pode realizarse, debe ir acompañada por parte interese crecente da cidadanía polo seu coñecemento e o con- do afeccionado duns básicos coñecementos sobre micoloxía tacto en xeral coa natureza, configurando así un novo sector e de criterios de precaución ao existir especies de cogomelos do turismo: o chamado turismo micolóxico ou micoturismo, moi tóxicas.

7 3. A identificación dos fungos

A identificación dos fungos macromicetos faise normalmente Para un afeccionado de campo os tres primeiros tipos de mediante a observación e o estudo dos cogomelos que pro- características son as que pode apreciar e, aínda que moitas ducen. O primeiro que debemos ter claro é que non existe nin- especies requiren para unha identificación precisa os datos gunha regra válida para coñecer e diferenciar os cogomelos microscópicos e/ou químicos e moleculares, outras poden (e se son ou non comestibles) que non consista no seu reco- identificarse cunha axeitada e coidadosa observación. ñecemento e identificación precisos. Dun xeito resumido indicamos os principais elementos morfo- Para identificar os cogomelos debemos coñecer as caracte- lóxicos a observar: rísticas que os definen, observando e obtendo toda a infor- mación posible dos exemplares que atopemos e do medio no Sombreiro (píleo) que se encontran, para así poder pescudar a especie exacta Restos de veo xeral da que se trata. (verrugas, placas, etc.) As características que definen aos fungos macromicetos son: Himenóforo 1. Macroscópicas: morfoloxía (forma) e cores das distin- Restos de veo parcial tas estruturas visibles. Veo xeral (anel, cortina) 2. Organolépticas: olor e sabor do cogomelo. Veo parcial Pé (estípite) 3. Ecolóxicas: hábitat e outras características do lugar de crecemento. Restos de veo xeral Veo xeral 4. Microscópicas e químicas: formas das estruturas micros- Volva cópicas e reaccións químicas ante distintos reactivos. 5. Xenéticas: características moleculares e filoxenéticas. Primordio Cogomelo (esporocarpo) maduro

8 Externo Interno

TIPOS DE HIMENÓFORO

Pregamentos Tubos Aguillóns Lamelas

Características macroscópicas

A forma e aspecto xeral dun cogomelo non bastan por si sós 3. Consistencia da carne á rotura: a carne (contexto) dos para identificalo, xa que moitas especies comparten aspectos cogomelos pode ter distintas texturas: xelatinosa, coriá- e cores semellantes, ademais de que as cores, o tamaño e a cea, elástica, etc., e nos cogomelos de forma típica pode forma xeral poden variar coa idade e condicións climáticas e ser: fibrosa (ao romper deixa fibras) ou granulosa (non do hábitat, polo que son soamente aspectos orientativos. É deixa fibras e rompe como xiz húmido) e neste último tipo necesario tamén observar detalladamente a morfoloxía e as de textura pode acompañarse da presenza dun zume lei- características das diversas partes do cogomelo. toso de distintas cores denominado látex. A consistencia apréciase especialmente na rotura do pé do cogomelo. Para iso, e aínda que existen cogomelos de formas moi diver- sas, describimos as partes principais daqueles máis típicos con pé (estípite) e sombreiro (píleo), sendo sempre fundamen- tal observar o seguinte: 1. Tipo de himenóforo: que é a parte do cogomelo na que se atopan as células fértiles que producen as esporas. O himenóforo pode ser interno ou externo, e nos de forma Fibrosa Granulosa típica de paraugas é externo e atópase baixo o sombreiro; pode estar formado por: lamelas, tubos acabados en poros, 4. Presenza ou ausencia de veos e os seus restos (anel, aguillóns ou pregamentos. cortina, volva): o veo parcial é unha membrana que reco- 2. Relación do himenóforo co pé: especialmente cando o bre o himenóforo, desde o bordo do sombreiro ata o pé, himenóforo é de lamelas é moi importante observar como nos exemplares novos dalgúns xéneros de cogomelos, e se unen ou relacionan co pé, diferenciando entre as libres, cando medra o sombreiro o veo despréndese do seu bordo adnatas, escotadas e decorrentes. e deixa distintas estruturas no pé: un anel máis ou menos membranoso ou noutros casos un conxunto de filamentos ou fíos denominado cortina. O veo xeral é unha membrana máis o menos consistente que recobre os exemplares incipientes dos cogomelos (primordios) nalgúns xéneros Libres Adnatas (p. ex. en Amanita). En caso de telo e ser consistente, ao TIPOS DE LAMELAS desenvolverse o cogomelo e romper o veo xeral, este pode deixar restos sobre o sombreiro (placas, escamas grumo- sas, verrugas, etc.) ou unha envoltura máis ou menos mem- Escotadas Decorrentes branosa na base do pé denominada volva.

9 5. Cor da esporada: aínda que as esporas son microscópicas, Características ecolóxicas o conxunto das producidas polo cogomelo forma un po chamado esporada, na que se pode apreciar a cor Hábitat no que encontramos os cogomelos: sobre o solo (ou característica (branca, amarela, rosa, marrón, negra, etc.). soterrados) ou sobre outros substratos (madeira, excremen- Pode orientar sobre a cor da esporada a coloración que tos, etc.), se se atopa en prados ou en bosques e baixo que adquiren os tubos ou lamelas nos exemplares maduros, especies de árbores, época do ano na que se encontran, alti- pero para comprobalo con seguridade o mellor é deixar tude, tipo de solo, etc. unhas horas un exemplar maduro coa parte do himenóforo sobre un papel para que deposite a esporada. Una vez feita a descrición dos cogomelos, debemos situalos nunha clasificación e pescudar o seu nome. Os fungos, como todos os seres vivos, clasifícanse pola ciencia da taxonomía mediante un sistema xerárquico de grupos taxonómicos (de máis amplo a máis concreto: reino, división, clase, orde, fami- lia, xénero e especie), e noméanse cientificamente cun nome binomial que consta de dúas palabras: a primeira indica o xénero e a segunda (epíteto), a especie dentro dese xénero. Por exemplo: o nome científico do cogomelo popularmente cha- mado “choupín” ou “zarrota” é Macrolepiota procera, que indica que forma parte do xénero Macrolepiota e ten, polo tanto, as características propias dese xénero, e ademais as propias e Ademais destes caracteres macroscópicos básicos, tamén concretas da especie Macrolepiota procera. Aínda que o uso debemos comprobar en distintas fases de desenvolvemento do nome científico pode parecer inicialmente complicado, coa outros aspectos como a forma, cor e pel da superficie (pellis) práctica pode ser tan familiar como o nome popular, coa van- do sombreiro e pé (se é lisa ou aveludada, escamuda, fibrilosa, taxe de que este é local, cambiante e arbitrario, mentres que etc.), o aspecto do bordo do sombreiro (liso, estriado, aca- o científico é universal e leva asociada información concreta. nalado, etc.), a cor da carne ou posibles oxidacións ao corte A un afeccionado pode non interesarlle toda a taxonomía, pero ou rozamento, se é maciza ou oca, a densidade das lamelas si é importante que polo menos coñeza os nomes e caracterís- (distantes ou apertadas), etc. ticas dos principais xéneros de fungos que estuda ou observa. Dun xeito moi resumido, e soamente Características organolépticas como orientación, indicamos nunha clave as principais características dalgúns Olor, ás veces sutil e pouco indicativo, pero nalgunhas espe- xéneros de fungos que producen cogo- cies moi peculiar e característico. Sabor: desde carne insípida melos de dimensións medias a grandes. ata doce, picante ou amarga. Ao comprobar o sabor, débese probar soamente un pequeno anaco de carne e cuspilo logo, Pódese descargar unha clave máis ampla sempre sen tragalo. a través do seguinte código QR:

10 1. Forma típica de paraugas (sombreiro e pé) e himenóforo de lamelas 1.1. Carne granulosa (rompe como xiz húmido, sen deixar fibras) — ao romper libera látex, lamelas xeralmente algo decorrentes: Lactarius — ao romper non libera látex, lamelas xeralmente adnatas: Russula 1.2. Carne fibrosa 1.2.1. Con volva — con ou sen anel, lamelas libres, esporada branca: Amanita — sen anel, lamelas libres, esporada rosa: Volvaria 1.2.2. Sen volva e con anel — esporada branca, lamelas libres, anel consistente, especies escamudas e grandes: Macrolepiota (se as lamelas e a carne arroiban ao corte ou rozamento e o pé é liso: Chlorophyllum) — esporada branca, lamelas libres, anel lábil, escamudas e medias/pequenas: Lepiota — esporada branca, lamelas adnatas, sobre troncos ou raíces: Armillaria — esporada ocre, lamelas adnatas: Pholiota e xéneros similares — esporada marrón escura, lamelas libres: Agaricus — esporada púrpura, lamelas adnatas: Stropharia — esporada negra, lamelas libres e que se licúan ao madurar, anel lábil ou sen el: Coprinus e Coprinopsis 1.2.3. Con cortina ou restos de cortina — esporada de cor marrón-ferruxe (grupo moi amplo): Cortinarius — esporada parda/ocre, cortina fugaz, sombreiro cónico, lacerado ou escamudo: Inocybe — esporada parda clara, cortina fugaz ou sen ela, sombreiro convexo, liso: Hebeloma — esporada púrpura, sobre madeira: Hypholoma 1.2.4. Sen volva, anel ou cortina — lamelas decorrentes, esporada branca, pé central: Clitocybe (e xéneros similares) — lamelas decorrentes, esporada branca, pé lateral, sobre madeira: Pleurotus — lamelas decorrentes, esporada rosada: Clitopilus — lamelas decorrentes, esporada e lamelas de cor ocre: Paxillus — lamelas escotadas ou adnatas, esporada branca: Tricholoma, Melanoleuca, Lyophyllum — lamelas escotadas ou adnatas, esporada rosa ou crema: Entoloma, Lepista — lamelas libres, esporada rosa, sobre madeira: Pluteus

11 2. Forma típica e himenóforo de tubos acabados en poros — tubos difíciles de separar da carne, que é dura ou coriácea, en madeira: Polyporus (e similares) — tubos fáciles de separar, carne non coriácea, sobre solo: Boletus s.l. (en sentido amplo) Inclúe múltiples xéneros: Boletus, Leccinum, Xerocomus, Suillus, etc.

3. Forma típica e himenóforo de pregamentos decorrentes — cogomelos macizos, non ocos: Cantharellus — cogomelos non macizos, co pé fistuloso, oco: Craterellus, Pseudocraterellus

4. Forma típica e himenóforo de aguillóns — cogomelos de cor abrancazada, crema ou alaranxada, carne quebradiza: Hydnum — doutras cores, ás veces confluentes, carne dura: Sarcodon, Hydnellum, Phellodon

5. Cogomelos de outras formas — forma de lamela pregada ou de copa sobre un pé: Helvella — forma de cabeza con alvéolos sobre un pé oco: Morchella (se a forma é de cerebro: Gyromitra) — forma fálica e olor repugnante: Phallus, Mutinus (con forma de polbo ou malla redonda: Clathrus) — forma de copa sen pé ou con pé rudimentario: Peziza, Aleuria, Otidea, etc. — forma arbórea ramificada ou de coral: Ramaria, Clavaria, Clavulina, Calocera, etc. — forma de pelota, bóla, bombilla, as esporas madurecen no interior e as soltan como po ao madurar: Lycoperdon, Calvatia, Bovista, Scleroderma, etc. — forma de tubérculo subterráneo. Tuber, Elaphomyces e outros xéneros de fungos hipoxeos. — formas de pezuño, abano, repisa, sen pé ou pouco desenvolvido, carne dura ou coriácea, himenóforo con poros, sobre madeira: Polyporales s.l. (en sentido amplo): Ganoderma, Phellinus, Trametes, etc. de cor vermella e con carne zumarenta e con vetas: Fistulina — formas de costras sobre madeira: Corticiales s.l. (en sentido amplo): Stereum, Terana, etc.

En resumo, una correcta identificación baséase en obter toda dor (fíxase en todos os detalles), prudente (consulta as súas a información posible dos exemplares de cogomelos que dúbidas e nunca consome se persisten), ten criterio (estuda atopemos e do medio no que se encontren, para así poder correctamente os cogomelos e non se fía de falsas normas), situalos nunha clasificación e identificar as especies ás que paciente (sabe que a aprendizaxe require tempo) e respec- corresponden. Neste proceso un bo afeccionado é observa- tuoso co medio no que se atopa.

12 4. Descrición das principais especies

Das aproximadamente 2.400 especies, variedades e formas de fungos macromicetos citadas ata o momento en Galicia, e salvo aquelas específicas de hábitats costeiros, boa parte delas poden atoparse no xeodestino Ancares-Courel, tendo en conta os seus múltiples e variados elementos xeolóxicos, climáticos e florísticos, pero neste documento divulgativo soamente imos describir brevemente algunhas das máis emblemáticas pola súa calidade comestible e gastronómica ou pola súa toxicidade e o seu risco se se consomen.

Cogomelos comestibles

Algunhas especies de cogomelos son utilizadas como ticas que comentaremos, recordando sempre que o máis alimento desde moi antigo. Son un saboroso alimento importante, por seguridade, é recoller para consumo só que presenta unha gran riqueza en texturas, sabores e os cogomelos perfectamente identificados e, en caso de aromas. Iso fai que algunhas especies poidan chegar a dúbida, nunca consumir. ter unha elevada importancia gastronómica e comercial. O Pode descargar un cartel sobre cogomelos comestibles seu valor nutricional é variable segundo especies pero, en do territorio a través do seguinte código QR: xeral, presentan un alto contido en auga (80-90 %), maior nivel de proteínas que os vexetais (2-5 %), entre un 4-6 % de hidratos de carbono, poucas graxas (0,5 %), unha elevada riqueza en minerais como potasio, fósforo, zinc, cobre, selenio, etc., e aportan poucas calorías. Para a recollida de cogomelos silvestres é imprescindible coñecer e cumprir a lexislación vixente sobre aproveita- mentos micolóxicos e seguir unhas pautas de boas prác-

13 Agaricus campestris L. Amanita caesarea (Scop.) Pers. (cogomelo dos lameiros, champiñón silvestre) (raíña, cogomelo dos césares)

Especie de tamaño medio que, ao igual que outros Agaricus, se As especies do xénero Amanita caracterízanse pola presenza caracteriza polas súas lamelas libres de cor inicial gris pálida, de restos de veo xeral (volva e/ou restos no sombreiro), a logo rosada e ao final marrón escura (pola esporada desa cor), maior parte con anel e lamelas libres con esporada branca e pola presenza de anel, que nesta especie é fráxil e delicado. (salvo algunha excepción). A. caesarea presenta volva branca O seu olor é fúnxico e atópase en prados e pasteiros no outono. membranosa e en forma de saco; lamelas, anel e pé amarelos Pódese confundir con outros Agaricus comestibles de cheiros e sombreiro amarelo-alaranxado co bordo estriado. No terri- aromáticos e anel membranoso, como Agaricus arvensis (bóla torio localízase no verán e principio do outono nalgúns bos- de neve), pero atención a non confundilo co indixesto Agaricus ques cálidos de frondosas. Non confundila con exemplares xanthodermus e as súas variedades, con cheiro químico desa- de A. muscaria con cores lavadas, pero que amosa sempre gradable e superficie que amarelece ao rozamento e de xeito lamelas, anel e pé brancos, restos grumosos brancos (aínda marcado na carne da base do pé. Moita atención tamén a non que fugaces) no sombreiro e volva friable non membranosa. confundilo con especies brancas do xénero Amanita, algunhas extremadamente tóxicas, como A. verna, que presentan lame- las brancas e volva na base do pé.

14 Coprinus comatus (O.F. Müll.) Pers. Macrolepiota procera (Scop.) Singer (piocán, cabeludo) (choupín, zarrota, cerrote, patamela, cogordo)

Especie de notables dimensións (de 10 ata 25 cm de diáme- tro ou máis) caracterizada polo seu sombreiro con escamas pardas concéntricas que se desprenden ao rozamento, lame- las de brancas a crema, pé alongado adornado con escamas dispostas en franxas e con presenza dun anel groso, dobre e móbil. Localízase en prados e claros de bosques no outono. Existen outras especies de Macrolepiota semellantes e Especie caracterizada pola súa forma ovoide, con escamas debemos evitar confundila especialmente coas do xénero laúdas, pé con anel fino e fugaz e lamelas inicialmente bran- Chlorophyllum, antes incluídas no xénero Macrolepiota, pero cas pero pronto negrexando e progresivamente licuándose que presentan pé liso, carne que arroiba ao corte e sombreiro cara ao centro do sombreiro nun líquido negro. Atópase en con escamas difíciles de desprender; moitas delas moi prados e herbais e é unha especie frecuente no outono. indixestas. Igualmente, cómpre moita atención ante a posible confusión con especies do xénero Lepiota, moito máis peque- Coprinopsis atramentaria, tóxico en inxestión con bebidas nas e con pé con anel delicado non móbil ou só con bandas alcohólicas, ten a superficie do sombreiro de cor gris e anulares, algunhas extremadamente tóxicas. estriada radialmente, sen escamas laúdas.

15 Lactarius deliciosus (L.) Gray Cantharellus cibarius Fr. e outras especies do grupo deliciosus (fungo da muña, níscaro) e outras especies do grupo cibarius (cantarela, chantarela, cacafina)

As especies do xénero Lactarius caracterízanse pola súa As especies do xénero Cantharellus caracterízanse polo seu carne granulosa con presenza de látex. Os Lactarius do grupo tamaño medio con forma inicial convexa pero pronto de funil deliciosus (sección Dapetes) presentan como principal carac- irregular, carnosas, non ocas e con himenóforo de pregamen- terística látex de cor alaranxada ou vermella. tos decorrentes. C. cibarius ten unha cor amarelo-alaranxada e carne interior de cor branca con cheiro agradable a froitas. L. deliciosus ten sombreiro alaranxado (verdeando á manipu- Preto desta especie existen outras moi semellantes coñeci- lación), algo zonado, pé con presenza de manchas redondea- das colectivamente como “cantarelas”, entre elas C. pallens, das (escrobículos) e látex alaranxado xeralmente inmutable, que é máis robusta, con presenza no sombreiro dunha pruína localizándose en piñeirais. abrancazada fugaz, e himenóforo de cor máis intensa cara L. quieticolor é outra especie deste grupo moi semellante á marxe do sombreiro, ou C. amethysteus, con sombreiro pero de cor máis apagada, pé sen ou con poucos escrobícu- lixeiramente escamudo cunha pruína violácea e oxidando ao los e ao corte látex laranxa, que vai virando ao avermellado rozamento, entre outras especies deste grupo. tras pasar máis de 20 minutos. Atópanse desde a primavera ata o outono especialmente en soutos e bosques de frondosas. Non confundir con outras especies de Lactarius de cores semellantes pero con látex non alaranxado (branco ou Hygrophoropsis aurantiaca (falsa cantarela) é máis esvelta, ten amarelo), algúns deles indixestos ao consumo (L. tormino- lamelas apretadas decorrentes, carne algo alaranxada e vai adqui- sus, L. chrysorrheus, etc.). rindo manchas escuras coa idade. Adoita aparecer en piñeirais.

16 Craterellus tubaeformis (Fr.). Quél. Boletus edulis Bull. (trompeta de inverno) e e outras especies do grupo edulis (andoa, madeirudo)

Craterellus cornucopioides (L.) Pers. (trompeta dos mortos, cantarela moura)

Especies robustas e carnosas caracterizadas pola súa carne branca e inmutable, himenóforo de tubos rematados en poros inicialmente brancos, logo amarelos e finalmente verdosos. As especies do xénero Craterellus son de tamaño medio, ocas Este grupo fórmano B. edulis con sombreiro de cor marrón ou fistulosas e teñen himenóforo case liso ou de pregamentos máis clara cara á marxe, superficie algo untuosa e carne decorrentes. Cr. tubaeformis ten unha cor pardo-amarelada lixeiramente rosada baixo a pel do sombreiro, e medra baixo con himenóforo de pregamentos marcados, presente en bos- frondosas e coníferas no outono; B. pinophilus que presenta ques diversos no final do outono.Cr. lutescens, tamén comes- sombreiro de cor marrón-avermellada e pode atoparse na tible, é semellante pero de cores máis vivamente amarelas e primavera e no outono, preferentemente baixo coníferas; con himenóforo con pregamentos menos marcados. B. aereus con sombreiro de cor marrón escura a case negra Cr. cornucopioides ten cor parda escura ou negra, con hime- e habita baixo frondosas no verán e principio do outono; e nóforo case liso, gris-abrancazado, e aparece preferente- B. reticulatus con cor marrón ou parda clara uniforme sen mente en bosques de frondosas ou mixtos ao final do outono. tons rosados baixo a pel do sombreiro e aparece con frecuen- Cr. cinereus (tamén comestible) é semellante, pero ten hime- cia baixo frondosas no verán e principios do outono. nóforo con pregamentos marcados. Outras boletáceas semellantes presentan sombreiro e poros de distintas cores, e/ou carne amarela, que nalgunhas espe- cies oxida azulando ao rozamento ou ao corte.

17 Hydnum repandum L. Fistulina hepatica (Schaeff.) With. (lingua de vaca) (fígado de boi)

Especie con forma irregular, convexa ou aplanada, de cor cre- Especie de doada identificación con forma de semicírculo, ma-amarela, himenóforo de aguillóns cónicos decorrentes e lingua ou abano carnoso de cor avermellada na superficie e carne abrancazada quebradiza; atópase en distintos tipos con himenóforo de tubos brancos na parte inferior. Presenta de bosques e plantacións de frondosas e coníferas desde o unha carne vermella con veas abrancazadas que exsuda un outono a principios do inverno. zume avermellado. Atópase sobre troncos de vellos carballos e castiñeiros desde o verán ata o outono. Hydnum rufescens e outras especies do seu grupo (tamén comestibles) son semellantes pero máis pequenas e esveltas, con aguillóns non decorrentes.

18 Cogomelos tóxicos e intoxicacións

As intoxicacións por cogomelos ou micetismos son pro- As principais intoxicacións, toxinas e especies máis impor- vocadas pola inxestión de esporocarpos que conteñen tantes que as producen pódense consultar no cartel dispo- substancias tóxicas que, dependendo da especie, poden ñible a través do seguinte código QR: ser desde lixeiras molestias ata intoxicacións de suma gravidade que poden provocar a morte. As intoxicacións clasifícanse en dous grandes grupos segundo o tempo que transcorre desde o momento da inxestión ata a aparición dos primeiros síntomas: A) De período de latencia breve, de 30 minutos a unhas 3-4 horas, e adoitan ser leves, e B) De período de latencia longo, de máis de 6 horas (normalmente entre 9-15 horas ou máis), e son normalmente intoxicacións graves.

Agaricus xanthodermus Genev. (bóla de neve cheirenta)

Agaricus que presenta como caracteres distintivos o seu cheiro químico, a tinta ou fenol, e a tendencia a amarelecer ao rozamento e dun xeito moi intenso na carne interna da base do pé, que é frecuentemente bulboso e presenta un anel membranoso dentado na parte inferior. O sombreiro é con- vexo-trapezoidal, branco na forma tipo, cuberto de pequenas escamas agrisadas na var. griseus e moi escamoso na var. lepiotoides. Atópase principalmente no outono en prados, xardíns e claros de bosques. Indixesto en consumo.

19 Amanita phalloides (Vaill. ex Fr.) Link Amanita muscaria (L.) Lam. (cacaforra da morte) (rebentabois, brincabois)

Amanita caracterizada polo sombreiro de cor verdosa (branco A. muscaria presenta un sombreiro de cor vermella ou ver- na variedade alba) con finas fibrilas innatas e sen restos de mello-alaranxada con presenza de verrugas fugaces brancas, volva ou con algunha placa membranosa branca, pé bran- pé branco con anel branco membranoso fráxil e co bordo co-verdoso, ás veces xaspeado ou con fibrilas en zigzag, dentado ás veces de cor algo amarelada, e volva friable con anel branco e membranoso e volva patente na base, branca, restos verrugosos. Atópase en bosques diversos, con espe- membranosa e sacciforme (forma de saco). En bosques diver- cial afinidade con piñeiros e bidueiros, no verán-outono. sos, preferentemente de frondosas no verán-outono. Especie Non confundir A. muscaria, especie tóxica, con A. caesarea, MORTAL en consumo pola presenza de amatoxinas (amani- que ten lamelas, anel e pé amarelos e volva sacciforme, e que tinas). A. verna e A. virosa son amanitas brancas tamén con é un cogomelo comestible apreciado. volva membranosa, e igualmente moi tóxicas ao conter as mesmas toxinas.

20 Amanita pantherina (DC.) Krombh. Chlorophyllum brunneum (Farl. & Burt) Vellinga (amanita pantera) e especies similares

A. pantherina ten sombreiro de pardo a pardo-agrisado coa As especies do xénero Chlorophyllum (C. brunneum, C. marxe estriada, recuberto con restos de veo xeral con forma rhacodes, C. venenatum, C. olivieri, etc.) teñen aspecto de de pequenas verrugas brancas fugaces, o pé é branco e con Macrolepiota pero as escamas do sombreiro non se despren- anel membranoso pero fráxil, volva branca, circuncisa, ás den con facilidade, arrastrando ao tirar delas carne subxa- veces disociada por encima en brazaletes. Localízase en bos- cente, teñen o pé liso, a carne arroiba ao roce ou corte e as ques diversos desde o verán ata o outono. esporas ao microscopio teñen o ápice truncado. C. brunneum presenta ademais un pé con base bulbosa marxinada e anel Non confundir A. pantherina con A. rubescens (especie comes- membranoso simple co bordo inferior escuro, e atópase prefe- tible, aínda que tóxica en consumo en cru ou pouco cociñada), rentemente en xardíns e terreos fertilizados desde o verán ata que non ten o bordo estriado, os restos do veo no sombreiro o outono. Non confundir con Macrolepiota procera e similares, son agrisados, a base do pé é napiforme e a carne arroibada. que teñen escamas no sombreiro que se separan facilmente Tanto A. muscaria como A. pantherina son tóxicas en consumo salvo no disco central, pé máis ou menos escamudo, non liso, (aínda que de maior gravidade A. pantherina) polo contido en anel dobre, carne que non arroiba (ou lixeiramente nalgunha derivados isoxazólicos como o ácido iboténico, muscanoza variedade) e esporas sen ápice truncado. A maior parte das e muscimol. especies de Chlorophyllum son indixestas ao consumo.

21 Cortinarius orellanus Fr. Galerina marginata (Batsch) Kühner (arañeira da morte) e especies similares

Sombreiro de 3-8 cm a miúdo mamelonado, coa superficie algo granulosa de cor pardo-alaranxada. Lamelas de cor ama- relo-alaranxada e ao final de cor ferruxe, pé amarelo con cor- tina só evidente en exemplares moi novos. Atópase en bos- ques de frondosas no verán e principio do outono. Especie MORTAL por consumo que afecta particularmente aos riles pola presenza do alcaloide orellanina. En xeral as especies do xénero Cortinarius (presenza de Especie de pequenas dimensións, con sombreiro de 1-4 cm cortina ou os seus restos e esporada de cor ferruxe) non de diámetro, convexo, liso, higrófano, de cor amarela mel a deben recollerse para consumo, particularmente aquelas de ocre, lamelas adherentes de amarelas a ocres e pé esvelto con cores vermella, laranxa ou azafrán en sombreiro e lamelas presenza de pequeno anel; en grupos sobre madeira, especial- (C. rubellus, C. sanguineus, C. croceus, etc.), pois algunhas mente de coníferas pero tamén de faias e outras frondosas. delas son altamente tóxicas. Especie MORTAL ao consumo pola presenza de amanitinas. Non confundir con Marasmius oreades (sendeiriña) que aparece no solo, non sobre madeira, e ten o pé moito máis duro e consistente, sen anel.

22 Inocybe rimosa (Bull.) P.Kumm. Lepiota subincarnata (= Pseudosperma rimosum) e outras especies de Inocybe e outras especies do xénero Lepiota

As especies do xénero Inocybe son de tamaño pequeno a As especies do xénero Lepiota son de talle medio ou pequeno, medio, con sombreiros en xeral cónicos, fibrilosos, fendidos con sombreiros decorados con pequenas escamas, lamelas radialmente ou escamudo-laúdos, con lamelas de agrisadas brancas e libres e presenza de anel sinxelo e fráxil ou unha a ocres na madurez e pé sen anel nin volva, ás veces con cor- simple zona con restos de anel, segundo especies, sendo tina sutil. A maior parte son tóxicos ao consumo por conter algunhas delas potencialmente MORTAIS en consumo polo muscarina. I. rimosa presenta un sombreiro cónico e con contido de amanitinas (L. subincarnata, L. brunneoincarnata, mamelón, de cor ocre-amarela, coa superficie radialmente L. helveola, etc.). L. subincarnata presenta sombreiro con esca- rabuñada e lamelas ocre-oliváceas. Atópase tanto en planta- miñas rosadas e pé con restos a modo de flocos baixo unha cións como bosques de frondosas e coníferas dende o verán zona anular. En xardíns e bosques dende o verán ata o outono. ata o outono. Non debe confundirse con especies de Macrolepiota, máis grandes e robustas, con anel evidente, en moitas delas dobre e móbil, nin con Marasmius oreades (sendeirilla) con sombreiro liso e pé moito máis duro e consistente, sen anel nin restos del.

23 Paxillus involutus (Batsch) Fr. Gyromitra esculenta (Pers.) Fr. (orellagacha enrolada)

Especie de tamaño medio a grande, co sombreiro apardazado, Especie con sombreiro globoso, lobulado, con forma de cere- inicialmente convexo e coa marxe moi recurvada, logo esten- bro e oco, de cor marrón, sustentado por un pé abrancazado, dido ou en forma de funil. Lamelas ocre-amareladas, deco- cilíndrico e tamén oco. Atópase na primavera en piñeirais de rrentes, doadamente separables da carne, e que se manchan montaña. O seu consumo reiterado, especialmente de exem- ao tacto de cor parda escura ao igual que a carne ao corte. plares pouco cociñados, pode provocar unha síndrome giro- Atópase en todo tipo de bosques e plantacións forestais mitriana grave, debido ao seu contido en hidrazinas. Non con- desde a primavera ata o outono. O seu consumo pode pro- fundir con especies do xénero Morchella con sombreiro de ducir unha síndrome hemolítica grave, mesmo mortal, de tipo aspecto de panal, alveolado-reticulado, sen forma de cerebro. inmunolóxico. Non confundir con Lactarius deliciosus (fungo da muña) ou similares, de cores máis alaranxadas, carne gra- nulosa e presenza de látex alaranxado ou avermellado.

24 5. Lexislación e boas prácticas

En calquera actividade relacionada cos aproveitamentos micolóxicos é necesario cumprir as normas recollidas na lexislación vixente e ter en conta tamén as restricións esta- blecidas en espazos protexidos, como os da Rede Natura, polo que sempre é conveniente consultar coas autoridades compe- tentes e solicitar, de ser necesario, os permisos pertinentes segundo a actividade que se realice. En relación cos aproveitamentos micolóxicos en Galicia é de aplicación o Decreto 73/2020, que recolle o dereito dos titu- lares dos montes para a reserva do aproveitamento mediante o acoutamento das propiedades e establece tres tipos de aproveitamentos: para consumo propio, ata 2 kg por persoa e día; comercial, de máis de 2 kg por persoa e día, e require autorización do propietario; científico ou didáctico, limitado a 5 exemplares por especie e debe estar acreditado. Os aprovei- tamentos para consumo propio e os científicos ou didácticos son libres, agás que a persoa titular acote e regule o aproveita- mento, que deberá estar sinalizado. Ademais, o Decreto recolle unha serie de normas que en resumo son as seguintes:

• Os cogomelos extraeranse coidadosamente, coa punta da navalla ou coitelo, desde a base do pé, de xeito que queden enteiros, e tendo perfectamente visibles todos os caracteres que permitan a súa correcta identifica- ción, sen danar o micelio. Unha vez extraídos, reporase a terra ou a folla, de xeito que o terreo quede nas con- dicións orixinais. • Deixaranse intactos os exemplares que non se vaian recoller. • Os recipientes utilizados para o traslado e almacenaxe dos cogomelos terán que ser cestos ou outros recipien- tes de material permeable de semellante natureza, aber- tos pola súa cara superior, permitindo a súa aireación e a caída ao exterior das esporas.

25 • Está prohibido remexer o chan de xeito que se altere ou prexudique a cuberta superficial do mesmo (con excep- ción de fungos subterráneos extremando as precau- cións) e usar anciños, angazos, aixadas ou calquera outra ferramenta que altere a parte vexetativa dos cogomelos. • Está prohibido romper ou deteriorar calquera cogomelo que non sexa obxecto de recolección, agás roturas pun- tuais dalgún exemplar necesarias para a axeitada iden- tificación taxonómica, recoller cogomelos demasiado • Non existe ningunha regra válida para coñecer se un novos ou demasiado vellos, usar bolsas de plástico ou cogomelo é comestible ou tóxico que non sexa a súa similares, recoller ou estragar exemplares de especies identificación precisa e, polo tanto, nunca se fíe de protexidas e recoller cogomelos de noite. supostas regras infalibles. • O buscador non experimentado debe empezar reco- Ademais, como en calquera actividade de natureza, debemos llendo para consumo soamente especies de doada seguir unas lóxicas condutas e boas prácticas como: identificación e sen confusións perigosasHydnum ( • Evitar alterar a flora e fauna da zona e reducir e controlar repandum, Fistulina hepatica, Boletus grupo edulis, etc.), os impactos relacionados co estacionamento de vehí- consultando as súas dúbidas en libros especializados e culos, necesidades fisiolóxicas, residuos, pisar excesi- con persoas experimentadas ou asociacións micolóxi- vamente o terreo, respectar pechamentos, valados, etc. cas, e non fiándose soamente do parecido con fotos de libros ou imaxes de Internet. • Informarse dos valores ambientais do espazo onde se realice a actividade e das posibles restricións existen- • Recolla soamente cogomelos en bo estado, evitando os tes e solicitar as autorizacións pertinentes en caso de vellos, pasados ou parasitados. precisalas. • Revisar ben na casa os cogomelos recollidos e non • Se está permitido o aproveitamento, ter en conta as mesturar especies coñecidas con outras dubidosas, limitacións establecidas na lexislación vixente para para evitar que exemplares ou anacos de cogomelos cada tipo de aproveitamento (consumo propio, comer- non identificados poidan consumirse. cial ou científico-didáctico). • Dos cogomelos que consuma garde algún exemplar, xa que pode axudar, no caso de intoxicación, a identificar a Se a actividade implica a recollida de cogomelos para con- especie responsable, e se ten sospeitas de intoxicación sumo nun espazo no que estea permitido ou autorizado, hai chame ou acuda rapidamente a un centro de saúde. que lembrar sempre o seguinte: • A lgunhas especies comestibles son mal toleradas por • Recolla para consumo soamente os cogomelos que certas persoas (alerxias, malas dixestións, etc.), polo coñeza con absoluta seguridade, fixándose en todas as que o consumo de cogomelos debe facerse sempre con súas estruturas (pé, sombreiro, anel, volva, etc.). moderación.

26 6. Ligazóns, teléfonos e outros datos de interese

No xeodestino Ancares-Courel existen múltiples espazos e rutas Concello de Pedrafita do Cebreiro de interese natural e micolóxico; son os concellos os que mellor Tel.: 982 367 103 http://www.concellopedrafita.es/ coñecen o seu territorio, polo que é de grande utilidade consultar os seguintes enlaces ou contactar nos teléfonos que se indican: Concello de Ribeira de Piquín Tel.: 982 333 601 Concello da Fonsagrada https://www.ribeiradepiquin.es/ Tel.: 982 340 000 / 982 340 025 https://www.ribeiradepiquin.es/rutas-de-senderismo/ http://es.afonsagrada.org/ http://fonsagrada.elcaminoentumano.com/ Concello de Samos Tel.: 982 546 002 Concello de As Nogais http://www.concellosamos.es/ Tel.: 982 364 092 / 982 364 190 https://www.concelloasnogais.es/ Concello de Triacastela https://www.concelloasnogais.es/index.php/turismo/rutas Tel.: 982 548 147 http://www.concellotriacastela.es/ Concello de Baleira Tel.: 982 354 059 http://www.concellobaleira.es/ https://turismobaleira.es/rutas-de-senderismo/ Outras ligazóns e contactos do interese Concello de Becerreá Tel.: 982 360 004 Deputación de Lugo http://www.concellobecerrea.es/ Tel. Servizo de Turismo: 982 260 000 http://turismo.deputacionlugo.gal/desfruta/caminosdamontana Concello de Cervantes http://turismo.deputacionlugo.gal/es/conece/xeodestinos/ancarescourel Tel.: 982 364 904 http://www.concellocervantes.es/ Turismo de Galicia Tel. en Lugo: 982 870 492 Concello de Folgoso do Courel https://www.turismo.gal/que-visitar/xeodestinos/ancares-courel Tel.: 982 433 001 / 982 433 134 http://folgosodocourel.com/ Estación Científica do Courel http://folgosodocourel.com/turismo/rutas Tel.: 982 821 901 / 982 821 900 Concello de Navia de Suarna https://www.usc.es/es/servizos/eccourel/ Tel.: 982 365 166 / 982 365 051 http://www.concellonaviadesuarna.es/ Sociedade Micolóxica Lucus Tel.: 676 750 812 Concello de Negueira de Muñiz http://www.smlucus.org/ Tel.: 982 353 303 www.concellonegueira.es/ Emerxencias e seguridade Saúde e asistencia sanitaria: 061.sergas.es Tel.: 061 Concello do Incio Emerxencias: www.112galicia.org Tel.: 112 / 080 (Bombeiros) Tel.: 982 427 014 Seguridade. Tel.: Policía nacional 061; Policía local 092; Garda Civil 062 http://www.concellooincio.es/ Instituto Nacional de Toxicoloxía: 902 007 214 / 918 372 295

27