O El Rubius converteuse en noticia a semana pasada ao anunciar que ía trasladar a súa residencia de España a Andorra para pagar menos impostos. Mais non é o único, durante anos puidemos contemplar como españois con gran fama nacional e internacional como TheGrefg, Lolito, Vegeta777 ou Willyrex marchaban debido á súa política fiscal.

Youtube é unha entidade sen fronteiras na que cada creador de contido pode traballar desde calquera parte do mundo e tributar dende o país que máis lle interese, xa que a plataforma non está ligada a ningunha nación. Ademais, os youtubers que teñen millóns de seguidores, rexístranse como empresas, polo que algúns buscan os lugares onde a tributación de impostos sexa mínima.

TRIBUTAR EN ESPAÑA OU EN ANDORRA

Andorra, ao ter menos de 100.000 habitantes, non necesita recadar tanto diñeiro en tributos, polo que impón aos seus cidadáns o 10% dos seus ingresos anuais, independentemente da súa renda. En contraposición, os youtubers en España teñen que pagar o Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, que supón o 47% dos seus ingresos anuais debido a que ingresa máis de 300.001 euros.

O creador de contido, El Rubius, segundo a empresa de analítica SocialBlade, gaña 4,3 millóns de euros ao ano, que ao aplicarlle o 47% do IRPF, quédaselle en máis de dous millóns de euros, mais parece que non é suficiente.

Hai anos, este youtuber xa arremetera contra Facenda nun vídeo, no que criticou que "Hacienda me ha tenido en el punto de mira desde el día uno. Siempre han estado intentando putearme, tío. Lo he hecho todo legal. Aun así, por ser el único tonto que se ha quedado en España me putean a mí. Si vais a estar así conmigo, pues a lo mejor me voy, ¿sabes?".

Estas palabras xa crearan polémica nas redes sociais, mais quedou nunha anécdota. Agora que o youtuber cumpriu a súa ameaza, moitos youtubers vitorearon a súa decisión, xa que estes levaban xa tempo vivindo no "paraíso youtuber".

CRÍTICAS E MANIFESTACIÓNS EN CONTRA

Estas declaracións foron moi criticadas polo conxunto da sociedade e, en concreto, por outros youtubers españois de renome que tamén gañan grandes cantidades de diñeiro, pero deciden quedar en España e contribuír á riqueza xeral do Estado, como Ibai Llanos, que gaña 1,2 millóns de euros anuais.

Este youtuber e streamer publicou nas historias da súa conta de Instagram varios vídeos defendendo tributar en España: "Si no me he ido a Andorra ha sido porque no me ha dado la gana. Yo vivo genial igual aunque me quiten la mitad. Me da igual lo que me quiten, me parece normal que a la gente que gana mucha pasta le quiten mucho dinero. Y como yo, hay muchos youtubers que piensan lo mismo y por eso no se han ido a Andorra".

Pola súa parte, o tamén recoñecido youtuber alexelcapo criticou a actuación daqueles creadores de contido que decidiron marchar a Andorra para pagar menos e deixar de pagar impostos no seu país. Ademais, defendeu, mediante uns chíos publicados no seu Twitter, que agora é máis importante que nunca pagar impostos en España debido á crise económica que xerou a pandemia pola Covid-19. 1. Responde as seguintes preguntas: ◦ Que outros youtubers marcharon para Andorra? ◦ Cal é o motivo de que os youtubers marchen para Andorra? ◦ Por que poden mudarse sen que cambie nada no seu traballo? ◦ Que porcentaxe se tributa en Andorra? Por que? ◦ Canto lle quitan ao Rubius de IRPF? Por que? ◦ Onde é o paraíso youtuber? ◦ Que dous influencers criticaron abertamente ao Rubius? ◦ Por que alexelcapo pensa que é moi importante tributar na actualidade en España? 1. Fai un resumo do anterior texto. 2. Extrae 5W presentes no texto. 3. Crea un titular e un subtítulo para a anterior noticia. 4. Atopa no texto substantivos das seguinte clases: ◦ Propio: ◦ Común e abstracto: ◦ Común, concreto e incontable: ◦ Común, concreto, contable e individual: ◦ Común, concreto, contable e colectivo: