I CAMPIONATO CELTIBÉRICO DE BANDAS DE GAITAS “MEMORIAL GABINO GARCÍA”

CABEZA de MANZANEDA 31 e1 A X G U O L S L T 2 O1O

O RGANIZAN:

CONCELLO CONCELLO DE DE TRIVES MANZANEDA Os Trintas de Trives

Izado de Bandeiras (Banda de Gaitas de Manzaneda) I CAMPIONATO CELTIBÉRICO DE BANDAS DE GAITAS

CONCELLO “MEMORIAL GABINO GARCÍA” CONCELLO DE DE MANZANEDA TRIVES Programa 2010 Sábado, 31 de JULIO 22,00 h. Noite Celta  I Campionato Celtibérico de Gaiteiros solistas.  I Campionato Celtibérico de Redobrantes solistas.  I Campionato Celtibérico de Corpos de Percusión.  I Campionato Celtibérico de Cuartetos  I Campionato Celtibérico de Pandereteiras  Entrega de Premios 00,00 h. Gran Concerto folk do Grupo Quempallou Domingo, 1 de AGOSTO 09,55 h. Ceremonia de izado de bandeiras 10,00 h. I Campionato Celtibérico de Bandas de Gaitas 14,10 h. Entrega de Diplomas e Trofeos

* As Bandas de Gaitas participantes poderán acampar nas zonas acotadas pola organización Bidueira

Capela de Prada I CAMPIONATO CELTIBÉRICO DE BANDAS DE GAITAS - MANZANEDA Cabeza Grande de Manzaneda - Días 31 de Xullo e 1 de Agosto de 2010

É unha honra poder saudar a todos os participantes neste I Campionato Celtibérico de Bandas de Gaitas que se celebra en Man- zaneda así como a todos os que, atraídos polo singular bruído deste instrumento se achegan ata este lugar da xeografía galega para disfru- tar dun que tanto caracteriza e define ao noso pobo. A gaita é, sen dúbida, un instrumento propio da nosa cultura e tradición. Ela forma parte xa do noso ser e do noso sentir, da nosa idiosincrasia e incluso poderiamos dicir, da nosa alma. Moitos teñen sido os escritores e intelectuais que contribuíron á universalización deste noso instrumento. Tamén en parte grazas a el, Gali- cia é coñecida alén das nosas fronteiras. A forza lírica da gaita queda reflectida en poemas como o famoso alegato patriótico da nosa máis sonada poetisa, A gaita gallega de Rosalía de Castro, onde, en resposta ao ‘eminente poeta D. Ventura Ruiz de Aguilera’ afirmaba: “Non canta, que chora”. Espero que este certame de gaitas que comeza en Manzaneda sexa un claro expoñente da riqueza e da calidade dos gaiteiros cos que conta e un tributo á nosa música máis tradicional. Esta celebración, xunto coa XXXVIII edición da festa da Bica, unha das festas gastronómicas máis antigas de Galicia, contribuirán a que as te- rras de Trives e Manzaneda se convertan neste fin de semana en epicentro cultural. Non me queda máis que animar a todos os galegos e tamén aos tu- ristas que visiten Galicia a achegarse ata Manzaneda e disfrutar, ao mes- mo tempo, da bica, ese exquisito biscoito, caracterizado pola súa textura consistente, a súa capa azucrada e o sabor inconfundible que lle confire a manteiga, e a lírica do son das nosas gaitas. Alberto Núñez Feijóo Presidente da Xunta de Galicia Pombal de San Miguel

Cruceiro de Santa María de Trives I CAMPIONATO CELTIBÉRICO DE BANDAS DE GAITAS - MANZANEDA Cabeza Grande de Manzaneda - Días 31 de Xullo e 1 de Agosto de 2010

Queridos amigos, gaiteiras e gaiteiros:

Un ano máis teño o pracer de escribir unhas palabras adicadas ao gran evento da gaita e da bica que, ano tras ano, se ven celebrando nos campos de competición de Cabeza de Manzaneda, únicos no mundo; precisamente na memoria do insigne alcal- de de Manzaneda, o doctor Don Gabino García. É de xusticia e hónrome de pres- tarlle todo o meu apoio

O campionato de Bandas de Gaitas vai asociado a esas fermosas e outas terras como algo que as caracteri- za. En diante Campionato Celtibérico de Bandas de Gaitas, denomi- nación que conleva unha apertura ás demáis comunidades da Penín- sula que manteñen a gaita como símbolo diferencial da súa cultura. Neste senso desexo facer especial mención ás bandas procedentes de Portugal as que anualmente acuden a Manzaneda como punto de refe- rencia no seu Currículum.

A Deputación de , co seu presidente ao frente, desexa mostrar o seu decidido apoio a tan importante acontecemento nas Terras de Trives e Manzaneda, tamén importante para a súa dinamiza- ción turística e por suposto cultural.

Polo tanto desexo animar aos concellos e á Estación de Montaña para que redobren os esforzos para manter coa dignidade que se me- rece esta actividade, especialmente cando as axudas da administración non son as desexadas.

Para gaiteiros e percusionistas que un ano máis acuden a Man- zaneda desexo mostrar o meu sinceiro recoñecemento, xa que eles fan que estas Terras sexan un referente, e Manzaneda se convirta por un fin de semana na capital mundial da gaita. José Luis Baltar Pumar Presidente da Deputación de Ourense I CAMPIONATO CELTIBÉRICO DE BANDAS DE GAITAS - MANZANEDA Cabeza Grande de Manzaneda - Días 31 de Xullo e 1 de Agosto de 2010

Dende o goberno local, que me honra presidir, quero expresar a miña satisfacción pola posta en marcha desta edición do I Campionato Celtibérico de Bandas de Gaitas e da Festa da Bica, que nos permitirá dar a coñecer ao mundo o mellor das Terras de Trives e Manzaneda.

Cabeza de Manzaneda é unha fiestra aberta ao mundo; unha canle pola que podemos amosar a nosa bela e singular xeografía, a nosa singularidade arqueolóxica e histórica; o noso rico patrimonio cultural, natural e paisaxístico.

O noso labor continuo dende o goberno local para lograr que se celebrara o evento (non sen poucos atrancos), quedará reflectido nesta festa, para a xente que desexen visitarnos.

O camiño do I Campionato Celtibérico de Bandas de Gai- tas e da XXXVIII edición da Festa da Bica é un camiño que todos emprendemos, un camiño que non ten volta atrás e non debemos esquecer que temos que facelo entre todos, e que só a convivencia en harmonía nos pode conducir cara a un futuro mellor.

Benvidos ao teito da Galiza.

David Rodríguez Estévez ALCALDE de MANZANEDA I CAMPIONATO CELTIBÉRICO DE BANDAS DE GAITAS - MANZANEDA Cabeza Grande de Manzaneda - Días 31 de Xullo e 1 de Agosto de 2010

Celebra (Ourense) a súa Festa da Bica xunto co I Campionato Celtibérico de Bandas de Gaitas, un ano máis, en Cabeza Grande de Manzaneda. Nestes tempos difíciles compre buscar alivio, e ningún sitio mellor que a , e ningún producto mellor que a Bica, feita con amor e segredo que enche o ceo da boca de doce sabor e que axuda a esquecer as dificltades, cando menos, por un tempiño. Un anaquiño de Bica, ao son das gai- tas, no teito de Galicia, achéganos o ceo, ese ceo limpo onde as estrelas estan máis perto e lucen máis. Nos queremos que esta Festa, xa tradicional no calendario galego de festexos gastronómicos abundantes, ocupe o primeiro lugar, polo pro- ducto: A BICA, polo contorno: As imponentes terras da montaña, polo acompañamento: Centos de gaitas, que neste ano, de xeito moi especial, cobran protagonismo novo, para os-as gaiteiros-as que nos visitan. Non se precisan excusas para vir a Terra de Trives, mais neste ano revolto e complicado nada mellor que unha fin de semana disfrutando de paisaxes únicos, gastronomía excelsa, cultura e tradición, e como non das xentes de Trives sempre hospitalarias, boas e xenerosas. Para as nosas xentes traballamos e cremos que a Festa da Bica e o I Campionato Celtibérico de Gaitas son un motivo máis para compartir a beleza dunhas terras, escoitar moi boa música intemporal e disfrutar dun producto único feito coas mans amorosas da nosa xente: A Bica. Grazas tamén aos que coa vosa contribución e apoio facedes posible esta Festa. Benvidos a Trives. Saudos agarimosos aos que aquí estades. Para as xentes que veñen e que nos van acompañar nestes días os mellores desexos e que sexan moi felices nesta terrra máxica e xenerosa. A Pobra de Trives, xullo de 2010

O ALCALDE Luis Álvarez González Estación e pistas Cabeza de Manzaneda I CAMPIONATO CELTIBÉRICO DE BANDAS DE GAITAS - MANZANEDA Cabeza Grande de Manzaneda - Días 31 de Xullo e 1 de Agosto de 2010

Son vinte anos xa que as bandas de gaitas se xuntan nos cumios de Manza- neda, 20 anos de duro traballo de moita xente para acadar uns logros importantes na promoción da música e instrumentos tradicionais de Galicia. Quixeron enmudecer a montaña, pero non, alí resonaran outra vez polos vales abaixo ata os pobos da bisbarra os ritmos das muiñeiras, das pandeiradas… Os punteiros ben afinados (hai que mollar a palleta, que algúns se lle esque- ce), danlle son a melodía; os roncos enchen o espacio co seu doce soar, e xuntos toda a Iberia gaiteira os lobos han de espantar, que habelos hainos, e son ben capaces de cambiar tradición por traición e atacan as agachadas, pero co ánimo de romería, coas gaitas, tamboriles e pandei- retas, hemos de espantalos, hemos. Farémonos fortes nos outos, co ventiño fresco do Nordés, ben ali- mentados con BICA DE TRIVES que tras 38 anos de festa de exalta- ción de iste manxar de deuses ben coñecemos e sabemos apreciar. E nesta ocasión, e máis que nunca, lembramos os versos de Eduardo Pondal no Hino Galego: Os bós e xenerosos A nosa voz entenden E con arroubo atenden O noso ronco son, Máis sóo os iñorantes E féridos e duros Imbéciles e escuros Non nos entenden, non.

Luís M. Gurriarán Presidente de Meisa Xullo 2010 Pasadas no río de Requeixo

Cruceiro de Santa María de Trives

Curro de Requeixo

Ponte Navea I CAMPIONATO CELTIBÉRICO DE BANDAS DE GAITAS - MANZANEDA Cabeza Grande de Manzaneda - Días 31 de Xullo e 1 de Agosto de 2010

I Campionato Celtibérico de Bandas de Gaitas “Memorial Gabino García”

A Estación de Montaña de Manzaneda convértese novamente en punto de encontro para todos os amantes do son máis tradicional da nosa música, o das gaitas, grazas á celebra- ción do I Campionato Celtibérico de Bandas de Gaitas os días 31 de xullo e 1 de agosto. Dúas xornadas festivas nas que a música compartirá protagonismo coa gastronomía local, representada por un dos doces máis exquisitos da zona, a bica. A estreita colaboración entre dous concellos, Manzaneda e Trives, aos que desexo trasladar a miña máis sincera felicitación, foi sen dúbida un elemento clave para manter viva durante 20 anos esta cita que contribúe a difundir dous elementos diferenciadores da nosa cultura. Desde Caixanova non podíamos deixar de mostrar o noso apoio a esta iniciativa, que se axusta á perfección aos nosos obxectivos de promoción de Galicia a todos os niveis, especialmente nos ámbitos cultural e turís- tico, dous sectores estratéxicos para o desenvolvemento da nosa economía. Tamén é coñecida a estreita vinculación que nos une á provincia de Ourense, como demostra o noso firme apoio ao empresariado e ás familias e o noso compro- miso no ámbito social e cultural. Unha implicación que podemos estender ao resto da xeografía galega, onde cada ano se benefician das actividades que organiza a Obra Social Caixanova máis de tres millóns e medio de persoas. Por este motivo, é un orgullo para a nosa entidade apoiar aos concellos de Manzaneda e Trives neste evento, que configura unha oportunidade única para difundir o noso patrimonio cultural e gastronómico máis alá das nosas fronteiras. Estamos seguros de que a cita será, unha vez máis, un auténtico éxito de organiza- ción e de público. Luis Aldemira Requejo Director territorial de Caixanova en Ourense I CAMPIONATO CELTIBÉRICO DE BANDAS DE GAITAS - MANZANEDA Campos de Competición. Cabeza Grande (Manzaneda) - Domingo, 1 de Agosto de 2010

5 GRAO GRAO HORA N.º BANDA Int. A fi . Per. Est. TOT 5º 10:00 1 CONCELLO DE RIÓS 5º 10:05 2 CONCELLO DE BALTAR 5º 10:10 3 CONCELLO DE VILARIÑO DE CONSO - B 5º 10:15 4 CONCELLO DE 5º 10:20 5 A TARAZANA 5º 10:25 6 CONCELLO DE XUNQUEIRA DE AMBÍA 5º 10:30 7 AS PORTELAS 4 GRAO GRAO HORA N.º BANDA Int. A fi . Per. Est. TOT 4º 10:35 1 MATO VIZOSO DE VILALBA 4º 10:41 2 CONCELLO DE 4º 10:47 3 OS TRINTAS DE TRIVES 4º 10:53 4 CONCELLO DE COLES 4º 10:59 5 PREPARATORIO 4º 11:05 6 TERRAS DO CIGARRÓN 4º 11:11 7 CENTRO GALEGO DE PONFERRADA 3 GRAO GRAO HORA N.º BANDA Int. A fi . Per. Est. TOT 3º 11:17 1 CARDIELOS 3º 11:24 2 OS TRABAZOS DE 3º 11:31 3 CONCELLO DE VILAMARTÍN DE VALDEORRAS 3º 11:38 4 CONCELLO DE VILARIÑO DE CONSO 3º 11:45 5 CONCELLO DE LOBEIRA 3º 11:52 6 CONCELLO DE VILAMARÍN I CAMPIONATO CELTIBÉRICO DE BANDAS DE GAITAS - MANZANEDA Campos de Competición. Cabeza Grande (Manzaneda) - Domingo, 1 de Agosto de 2010

2 GRAO GRAO HORA N.º BANDA Int. A fi . Per. Est. TOT 2º 12:00 1 AGARIMO DE CATABOIS 2º 12:08 2 AMIGOS DO MOSTEIRO DE MELÓN 2º 12:16 3 SAO BERNARDO DE AVEIRO 2º 12:24 4 CONCELLO DE A GUDIÑA 2º 12:32 5 CONCELLO DE 2º 12:40 6 CONCELLO DE 2º 12:48 7 CONCELLO DE MURAS 1 GRAO GRAO HORA N.º BANDA Int. A fi . Per. Est. TOT 1º 12:57 1 CONCELLO DE VERÍN 1º 13:06 2 CONCELLO DE MANZANEDA 1º 13:15 3 REAL XUVENIL 1º 13:24 4 CONCELLO DE 1º 13:33 5 A CARBALLEIRA 1º 13:42 6 CONCELLO DE 1º 13:51 7 L’HOSPITALET & CORNELLÁ I CAMPIONATO CELTIBÉRICO DE BANDAS DE GAITAS MEMORIAL «GABINO GARCÍA» MANZANEZA (Ourense) 01-08-2010 I CAMPIONATO CELTIBÉRICO DE BANDAS DE GAITAS - MANZANEDA Cabeza Grande de Manzaneda - Días 31 de Xullo e 1 de Agosto de 2010

PREMIOS BANDAS DE GAITAS 1º GRAO CAMPIÓN 1.000 € + TROFEO + DIPLOMA SUBCAMPIÓN 750 € + DIPLOMA 3º CLASIFICADO 500 €+ DIPLOMA 2º GRAO CAMPIÓN 750 € + TROFEO + DIPLOMA SUBCAMPIÓN 500 € + DIPLOMA 3º CLASIFICADO 350 € + DIPLOMA 3º GRAO CAMPIÓN 600 € + TROFEO + DIPLOMA SUBCAMPIÓN 450 € + DIPLOMA 3º CLASIFICADO 300 € + DIPLOMA 4º GRAO CAMPIÓN 500 € + TROFEO + DIPLOMA SUBCAMPIÓN 350 € + DIPLOMA 3º CLASIFICADO 200 € + DIPLOMA 5º GRAO CAMPIÓN 400 € + TROFEO + DIPLOMA SUBCAMPIÓN 250 € + DIPLOMA 3º CLASIFICADO 150 € + DIPLOMA PREMIOS CANMORE PIPE BAGS LTD. CAMPIÓN 1º GRAO 480 € + DIPLOMA CAMPIÓN 2º GRAO 400 € + DIPLOMA CAMPIÓN 3º GRAO 320 € + DIPLOMA CAMPIÓN 4º GRAO 240 € + DIPLOMA CAMPIÓN 5º GRAO 160 € + DIPLOMA BANDAS DE GAITAS DO EXTERIOR 120 € + DIPLOMA Artesanía “OS ALEGRES” CAMPIÓN 1º GRAO 1 PANDEIRETA CAMPIÓN 2º GRAO 1 PANDEIRETA CAMPIÓN 3º GRAO 1 PANDEIRETA CAMPIÓN 4º GRAO 1 PANDEIRETA CAMPIÓN 5º GRAO 1 PANDEIRETA CAMPIÓN CONCURSO PANDERETEIRAS 1 PANDEIRETA I CAMPIONATO CELTIBÉRICO DE BANDAS DE GAITAS - MANZANEDA Cabeza Grande de Manzaneda - Días 31 de Xullo e 1 de Agosto de 2010

PARA AS BANDAS DE GAITAS DA PROVINCIA DE OURENSE PARA AS 6 PRIMEIRAS CLASIFICADAS DE CADA GRAO 21.000 Km. ( A repartir) 1º GRAO 2º GRAO 3º GRAO 4º GRAO 5º GRAO CAMPIÓN 1.300 Km. 1.100 Km. 1.000 Km. 800 Km. 700 Km. SUBCAMPIÓN 1.200 Km 900 Km. 850 Km. 700 Km. 600 Km. 3º CLASIFICADO 1.100 Km. 800 Km. 750 Km. 600 Km. 500 Km. 4º CLASIFICADO 1.000 Km. 700 Km. 600 Km. 500 Km. 400 Km. 5º CLASIFICADO 900 Km. 600 Km. 500 Km. 400 Km. 300 Km. 6º CLASIFICADO 800 Km. 500 Km. 400 Km. 300 Km. 200 Km. Os premios da Deputación de Ourense non se poderán duplicar en ningún outro campionato

PREMIOS CONCURSO GAITEIROS SOLISTAS CAMPIÓN 150 € + TROFEO + DIPLOMA SUBCAMPIÓN 100 € + DIPLOMA 3º CLASIFICADO 75 € + DIPLOMA PREMIO MENORES DE 10 ANOS 50 € + DIPLOMA CORPOS DE PERCUSIÓN CAMPIÓN 200 € + TROFEO + DIPLOMA SUBCAMPIÓN DIPLOMA 3º CLASIFICADO DIPLOMA REDOBRANTES SOLISTAS CAMPIÓN 100 € + TROFEO + DIPLOMA SUBCAMPIÓN DIPLOMA 3º CLASIFICADO DIPLOMA PANDERETEIRAS CAMPIÓN 200 € + TROFEO + DIPLOMA SUBCAMPIÓN 150 € + DIPLOMA 3º CLASIFICADO 100 € + DIPLOMA CUARTETOS CAMPIÓN 200 € + TROFEO + DIPLOMA SUBCAMPIÓN 150 € + DIPLOMA 3º CLASIFICADO 100 € + DIPLOMA I CAMPIONATO CELTIBÉRICO DE BANDAS DE GAITAS - MANZANEDA Cabeza Grande de Manzaneda - Días 31 de Xullo e 1 de Agosto de 2010

RELACIÓN Interpretación Roberto Quintillán Rial DE XUICES Afinación Begoña Louzao Filgueira Percusión Víctor Cortizo Fontán Estética Jesús María Antúnez Mesa Dionisio Aboal Bermúdez Mesa José Laureano Muñoz Quintas Carpa Elena Tobio Castro

Fulión de Manzaneda. Festa de Interese Turístico de Galicia

Mázcaras do Fulión de Manzaneda I CAMPIONATO CELTIBÉRICO DE BANDAS DE GAITAS - MANZANEDA Cabeza Grande de Manzaneda - Días 31 de Xullo e 1 de Agosto de 2010

PLANO SITUACIÓN

ESTABLECEMENTOS HOTELEIROS MANZANEDA Hostal “O PENDÓN” Tlf.: 988 33 30 01 MANZANEDA Estación de Montaña Tlf.: 988 30 90 90 Fax. 988 31 08 75 ESTABLECEMENTOS HOTELEIROS A POBRA DE TRIVES Turismo Rural Mesón Camping “A MASÍA” Pazo de “SAN LORENZO”COLEXIADO N.º Tlf.: 988 33 08 98 Tlf.: 988 33 07 12 Hotel “A VIUDA” “CASA GRANDE” Tlf.: 988 33 01 01 Tlf.: 988 32 20 66 Hostal “CASANOVA” Pazo de “PARADELA” Tlf.: 988 33 23 02 Tlf.: 988 33 07 14 Hostal “VIA NOVA” Pazo da “FREIRÍA” Tlf.: 988 33 08 49 Tlf.: 988 33 70 86 Hotel “ESPAÑA” AREA Tlf.: 988 33 00 15 Hotel “AS MACEIRAS” Hostal “GERARDO” Tlf.: 988 33 00 34 Tlf.: 988 33 40 19 Fulión de Manzaneda. “A LASTRIÑA” Albergue “MONECAU” Festa de Interese Turístico de Galicia Tlf.: 988 33 24 74 Tlf.: 988 33 40 44 Pensión“O PAIÑO” “CASAL DE DRADOS” Tlf.: 988 33 21 32 Mázcaras do Fulión de Manzaneda Tlf.: 988 33 42 35 P ATROCINA:

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura Secretaría Xeral para o Turismo

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

C OLABORAN:

LU-231-2010