INFORMACIÓN AOS MEDIOS

ADOS CHAMA A PARTICIPACIÓN DA CIDADANÍA POLO DESCENSO NAS RESERVAS DE COMPOÑENTES SANGUÍNEOS

. A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue indica que é preciso incrementar o número de doazóns, especialmente dos grupos A Positivo e Cero Negativo . Diariamente, os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue para levar a cabo axeitadamente o seu labor asistencial

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2018.- A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), fai un chamamento á doazón da cidadanía e, moi especialmente, aos grupos A Positivo, Cero Positivo e Cero Negativo, popularmente coñecido como doador universal. As reservas destes grupos presentan niveis baixos, polo que resulta preciso reforzar o chamamento á participación nas campañas de doazón que fai a Consellería de Sanidade por medio de ADOS. Cómpre lembrar que os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns diarias para levar a cabo axeitadamente o seu labor asistencial.

A dirección da Axencia convida ás galegas e galegos a continuar amosando a súa xenerosidade e solidariedade e, aínda que nestes días precísase aumentar o número de doazóns dos grupos A Positivo, Cero Positivo e Cero Negativo, o chamamento é xeneralizado á participación de todos os doadores e doadoras.

Facilitar a participación ADOS agarda, novamente, contar coa participación dos cidadáns e, para iso, ofrecerá as máximas facilidades para doar, mediante o desprazamento de dez unidades móbiles que efectuarán as seguintes visitas:

DATA CONCELLOS Martes 11 de Narón, O Burgo (Culleredo), Mapfre (A Coruña), Praza Roja (Santiago), decembro , Rúa do Paseo (Ourense), Marín e Zona As Travesas e Rúa Príncipe () Mércores 12 de Pontedeume. O Burgo (Culleredo), Campus Vida e Praza Roja decembro (Santiago), , Cartelle, Toén, Zona Ferrería (), Rúa Príncipe (Vigo) e Xoves 13 de Praza de Armas (Ferrol), Zara-Loxística (Arteixo), Repsol (A Coruña), decembro Os Tilos (Teo), CRTVG-San Marcos (Santiago), Bertamiráns (Ames), Outeiro de Rei, , CIF Galfor (San Cibrao), Oimbra, Vilar de Barrio, O Grove, e Vilagarcía Venres 14 de Praza de Armas (Ferrol), Zara-Loxística (Arteixo), Repsol (A Coruña), decembro Noia, Bertamiráns (Ames), Praza Maior (), Xinzo de Limia, O Grove, Tui e Vilagarcía Sábado 15 de Praza de Armas (Ferrol), Urb. Rialta (Oleiros), Noia, Nogueira de decembro Ramuín, Xunqueira de Espadañedo, Tui e Vilagarcía.

Gabinete de Comunicación da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue Avda. Monte da Condesa s/n - 15706 Santiago de Compostela Teléfono: 881546900 - Fax: 981593151 Correo-e: [email protected]

Ademais, tamén existe a posibilidade de doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas.

LUGAR HORARIO COMPLEXO HOSPITALARIO Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas UNIVERSITARIO DE SANTIAGO Sábados das 8.00 ás 15.00 horas (Santiago) COMPLEXO HOSPITALARIO Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas UNIVERSITARIO DA CORUÑA (A Sábados das 8.00 ás 15.00 horas Coruña) HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas (Ferrol) Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas HOSPITAL LUCUS AUGUSTI (Lugo) Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas COMPLEXO HOSPITALARIO DE Luns de 8:00 ás 22:00 horas OURENSE (Ourense) Martes, mércores e xoves das 8:00 ás 15:00 horas Venres das 15.00 ás 22.00 horas HOSPITAL PROVINCIAL (Pontevedra) Luns e venres das 08.00 ás 15.00 horas Martes, mércores e xoves das 15:00 ás 22:00 horas HOSPITAL NICOLÁS PEÑA (Vigo) Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas Sábados das 8.00 ás 15.00 horas

Doar: moi sinxelo Pode doar sangue calquera persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C,...). A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e, mesmo, salvar a súa vida.

Para máis información, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue dispón da páxina web: ados.sergas.gal, ás páxinas de ADOS en redes sociais e tamén é posible chamar ao teléfono gratuíto para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles: 900 100 828

SAÚDOS, GABINETE DE COMUNICACIÓN DA AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE

Gabinete de Comunicación da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue Avda. Monte da Condesa s/n - 15706 Santiago de Compostela Teléfono: 881546900 - Fax: 981593151 Correo-e: [email protected]