Xunta De Galicia Concellos
Total Page:16
File Type:pdf, Size:1020Kb
VENRES, 20 DE DECEMBRO DE 2019 N.º 291 XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE. AUGAS DE GALICIA. SERVIZO TERRITORIAL DE LUGO Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA Alejo Benito Alonso solicita de Augas de Galicia a autorización de obras en zona de policía. O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art. 52 do Regulamento do dominio público hidráulico. Expediente: DH.W27.65314. As obras solicitadas consisten na construción dunha vivenda unifamiliar e peche perimetral, no predio con referencia catastral 27019A037000250001YJ, na zona de policía do rego Lagoa, no lugar de Anido, na parroquia de Nois, no concello de Foz (Lugo). O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) días a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Foz ou nas oficinas deste servizo, situadas na Ronda da Muralla, 70, 2º, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe. Lugo, 13 de decembro de 2019.- A xefa do servizo territorial, Rocío Carreira Carral. R. 3799 Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA O Concello de Muras solicita de Augas de Galicia a autorización de obras en zona de policía. O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art. 52 do Regulamento do dominio público hidráulico. Expediente: DH.W27.68324. As obras solicitadas consisten na humanización do Campo da Feria do Viveiró e na execución dunha rede de colectores de saneamento no núcleo da Igrexa e instalación dunha depuradora no lugar da Igrexa, na parroquia Santa María do Viveiró, no concello de Muras (Lugo). Afecta á zona de policía, servidume e dominio público hidráulico de varios regos innominados e do río Landro. O vertido de augas tratadas realizarase ao río Landro. O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) días a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Muras ou nas oficinas deste servizo, situadas na Ronda da Muralla, 70, 2º, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe. Anuncio publicado en: Num BOP 296 año 2019 (19/12/2019 13:29:02) (20/12/2019 08:00:00) 291 Lugo, 17 de decembro de 2019.- A xefa do servizo territorial, Rocío Carreira Carral. R. 3823 CONCELLOS BEGONTE Anuncio Elevado a definitivo o acordo provisional do Pleno desta Corporación, de data 22 de Outubro de 2019, de modificación da Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa por Recollida Domiciliaria e Tratamento de Residuos Sólidos Urbanos, en cumprimento do disposto no art. 17.4 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que 2 Núm. 291 – venres, 20 de decembro de 2019 BOP Lugo se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, faise público o texto íntegro da devandita modificación: I.- Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa por Recollida Domiciliaria e Tratamento de Residuos Sólidos Urbanos. Art. 5.- BENEFICIOS FISCAIS.- Establecer unha bonificación do 10% do recibo a tódolos contribuíntes, que se aplicará de oficio, en base á adhesión realizada por este concello á bonificación establecida pola Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. Begonte, 13 de Decembro de 2019.- O Alcalde, José Ulla Rocha. R. 3800 Anuncio Elevado a definitivo o acordo provisional do Pleno desta Corporación, de data 22 de Outubro de 2019, de modificación da Ordenanza Fiscal Reguladora do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica, en cumprimento do disposto no art. 17.4 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, faise público o texto íntegro da devandita modificación: I.- Ordenanza Fiscal Reguladora do Imposto sobre Vehículos de Tracción mecánica. Art. 3.- Apartado 2.- Os vehículos das distintas clases, gozarán nos termos que se dispoñen nos seguintes apartados, dunha bonificación do 75% na cota do imposto, durante 5 anos, en función das características dos motores, da clase de combustible que consuma o vehículo e a incidencia da combustión no medio ambiente, sempre que cumpran as condicións e requisitos seguintes: A) Que se trate de vehículos híbridos, que estean homologados de fábrica, incorporando dispositivos catalizadores, adecuados á súa clase e modelo, que minimicen as emisións contaminantes. B) Que se trate de vehículos de motor eléctrico e/ou de emisións nulas. C) Que se trate de vehículos que utilicen exclusivamente como combustible biogás, gas natural comprimido, metano, metanol, hidróxeno e GLP. Para gozar das bonificacións deste apartado 2, os interesados deberán instar a súa concesión acompañando á correspondente solicitude a copia do permiso de circulación, da ficha técnica do vehículo e a documentación acreditativa dos requisitos. En todo caso, se se desexa que a bonificación produza efectos no mesmo periodo impositivo en que se produce a matriculación, a solicitude deberá presentarse no prazo de un mes a contar desde esta matriculación, se non producirá efectos para o periodo impositivo seguinte. Non procederá a concesión desta bonificación no caso de que o titular do vehículo non estea ao corrente do pagamento deste imposto por calquera vehículo. As bonificacións reguladas neste apartado 2 non son aplicables simultáneamente. No caso de que o suxeito pasivo teña dereito a dúas ou mais, disfrutará da mais alta. Begonte, 13 de Decembro de 2019.- O Alcalde, José Ulla Rocha. R. 3801 A FONSAGRADA Anuncio publicado en: Num BOP 296 año 2019 (19/12/2019 13:29:02) (20/12/2019 08:00:00) 291 Anuncio Padróns de auga, lixo e sumidoiros correspondentes ao quinto bimestre do ano 2019 Visto os padróns da taxa polos servizos de abastecemento e distribución de auga, sumidoiro e recollida de lixo correspondentes ao 5° bimestre do ano 2019, o Concello da Fonsagrada, por Decreto de Alcaldía de data 13 de decembro de 2019, ACORDA: PRIMEIRO.- Avocar a competencia outorgada á Xunta de Goberno Local por Decreto de Alcaldía de data 18 de xullo de 2019 relativa á aprobación dos padróns da taxa polos servizos de abastecemento de auga, sumidoiro e recollida de lixo, para este único caso. SEGUNDO.- Aprobar os padróns da taxa polos servizos de abastecemento e distribución de auga, sumidoiro e recollida de lixo correspondentes ao 5º bimestre do ano 2019. 3 Núm. 291 – venres, 20 de decembro de 2019 BOP Lugo TERCEIRO.- Expoñer ao público os padróns aprobados, mediante a publicación de edito no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Corporación, por un prazo de 15 días dende a publicación. Esta exposición actúa como notificación colectiva a todos os contribuíntes nos termos do artigo 102.3 da Lei 38/2003, de 17 de decembro, Xeral tributaria. CUARTO.- Contra as liquidacións incorporadas aos padróns, os interesados poderán interpoñer recurso de reposición ante a Xunta de Goberno Local, de acordo co artigo 14.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, no prazo dun mes dende o día seguinte á publicación do edito no BOP. Contra a desestimación do recurso poderase interpoñer recurso contencioso- administrativo ante o Xulgado do Contencioso- Administrativo de Lugo, no prazo de 2 meses dende o día seguinte á notificación da resolución expresa ou de 6 meses dende que se produza a desestimación presunta. Todo o anterior, sen prexuízo do dereito de interpoñer calquera outro recurso que o interesado estime conveniente. QUINTO.- O prazo de cobro en período voluntario abarcará dende o día 16.12.2019 ao 16.02.2020 para o cobro de ditos padróns, aos contribuíntes que non o teñan domiciliado, os documentos de cobro seranlles enviados ao domicilio declarado do suxeito pasivo para que efectúen o pago nas sucursais bancarias establecidas a tal efecto. A falta de pago no período voluntario sinalado suporá a esixencia do canon da auga directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia e, así mesmo, deberá indicarse que a repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico - administrativa ante o órgano económico - administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo de un mes dende que se entenda producida a notificación. A Fonsagrada, 13 de decembro de 2019.- O alcalde, Carlos López López. R. 3802 FRIOL Anuncio O Pleno do Concello na sesión extraordinaria do 12 de decembro de 2019, prestou aprobación a unha nova modificación da Ordenanza Reguladora das Axudas á Natalidade, incrementando o importe das axudas. O que se somete ao trámite de información pública, durante o prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ao da inserción deste anuncio no Boletín Oficial de Provincia. Tamén se insertará na sede electrónica do Concello https://friol.sedelectronica.gal. No devandito prazo os/as interesados/as poderán examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas, que deberán dirixirse ao Sr. Alcalde-Presidente. No caso de non presentarse reclamacións, entenderase definitivamente adoptado o acordó ata entón provisional, procedendo á publicación do acordo e do texto da ordenanza, de conformidade do disposto na norma de aplicación. Friol, 12 de decembro de 2019.- O Alcalde, José Angel Santos Sánchez. R. 3803 Anuncio O Pleno do Concello na sesión extraordinaria celebrada o 12 de decembro de 2019, prestou aprobación á modificación da Ordenanza Fiscal reguladora do Imposto de Construcións, Instalacións e Obras, no referente ás bonificacións ás empresas e industrias que se instalen na capitalidade do concello, así como a prórroga das bonificacións para as inicien a súa actividade no polígono industrial de Friol (aprobadas en 2011 e 2015).