COMISIÓN INFORMATIVA ESPECIAL DE CONTAS E DE FACENDA E ECONOMÍA **************** ASUNTO: EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS N.º 4/2016.- DITAME O Sr. interventor accidental dá conta do contido da moción da Presidencia e de dúas emendas á dita moción, presentadas igualmente pola Presidencia. O presidente da comisión somete a votación a apreciación da urxencia do asunto, que é declarada co voto favorable do Grupo Popular, o voto en contra do Grupo Socialista e a abstención de Democracia Ourensana. Seguidamente procédese ao debate da moción, producíndose as seguintes intervencións: D. Vicente Gómez García, do Grupo Socialista, explica o voto contrario do seu grupo á urxencia, porque na comisión anterior non se declarou urxente unha moción presentada polo Grupo Socialista o día 15 de xullo, na mesma data da convocatoria da comisión. En cambio agora se trae por vía de urxencia un expediente complexo, para cuxo estudo se debería dispoñer de máis tempo, e pregunta por qué se vota a favor da urxencia deste expediente e en contra da moción do Grupo Socialista. D. Jorge Pumar Tesouro, do Grupo Popular, explica, con respecto ao sucedido na comisión anterior, que hai uns prazos estipulados para a presentación de mocións dos grupos políticos, e que, en cambio, esta é unha proposta da Presidencia e non unha moción dun grupo. D.ª Isabel Gil Álvarez, do Grupo Socialista, insiste en que a moción do Grupo Socialista se presentou o día 15 e que á vista do exposto haberá que solicitar a hora en que se rexistrou de saída a convocatoria, para que este tema non dera lugar a interpretacións, porque parece ser que a moción se presentou en rexistro antes de que saíse a convocatoria. De todos modos cre que este é unha actitude un pouco estraña, a de votar en contra da urxencia da moción do seu grupo, e acusa ao Grupo Popular de prepotencia por non aceptar a tramitación desta moción, abusando da súa maioría absoluta segundo lles interese. Roga que se fixen criterios para a votación das mocións urxentes. D. Jorge Pumar Tesouro, do Grupo Popular, explica que cando el convoca a comisión que preside o fai sobre a base da orde do día que lle envían desde Secretaría, e nestes termos asinou a convocatoria da comisión, e que non se lle dixo que houbese ningunha outra moción presentada. Se a moción chega despois de realizada a convocatoria non forma parte da orde do día e debe tramitarse como unha moción urxente, o que implica que debe declararse a urxencia pola propia comisión. O Grupo Popular non se nega a tramitar mocións de urxencia, pero a súa tramitación esixe a votación sobre a dita urxencia, e iso foi o que se fixo, votar, e o voto maioritario da comisión foi contrario á urxencia, polo que entende que non hai nada estraño en todo isto. Lembra que hai unha circular da Presidencia onde hai uns prazos para presentar as mocións, e dese tema xa se falou por activa e por pasiva, falouse na Xunta de Portavoces, e comunicouse por escrito e todos os grupos políticos dispoñen de persoal, polo que poden cumprir cos prazos. D. Rosendo Luís Fernández Fernández, do Grupo Popular, di que se está falando do sucedido noutra comisión informativa, e pide que se fale dos asuntos propios desta comisión e non doutras comisións. O presidente da comisión di que cre que están claras as posturas dos grupos ao respecto, e entende que as intervencións dos deputados do Grupo Socialista explican o sentido do voto do seu grupo en contra da urxencia, algo necesario porque o sentido do dito voto apartouse do criterio habitual do citado grupo. D. Vicente Gómez García, do Grupo Socialista, entrando no debate do expediente de modificación de créditos, di que hai algunhas subvencións previstas na modificación sobre as que precisa algunha aclaración. Así, por exemplo, con respecto á Estación de , a subvención inicialmente prevista de un millón e medio de euros, pasa a converterse nunha ampliación de capital, e pide que se explique isto. Di tamén que hai cousas raras, como cambios nas finalidades de determinadas subvencións previstas para concellos, para as que agora se prevén finalidades completamente distintas ás iniciais. Así, por exemplo, para o Concello da Veiga prevíase unha subvención para astro-turismo que agora pasa a dedicarse a apicultura, manténdose, non obstante, a mesma cantidade, e así sucede con outras moitas subvencións, algo que lle parece pouco coherente. Non está de acordo con este expediente porque ao final se trata dunha serie de parches orzamentarios que se van montando a golpe de subvencións nominativas e cre que o que debería facerse é elaborar unhas bases de carácter competitivo para poder acceder a ese tipo de subvencións. Sinala que hai subvencións para velorios previstas sen ningún tipo de criterio aparente, con diferentes contías, sen unha xustificación para isto, e lembra que, en relación cos velorios, no seu día o seu grupo presentara unha moción na que pedían que se aplicasen criterios obxectivos no reparto destas subvencións. Polo exposto anuncia o voto en contra do seu grupo. D. Armando Ojea Bouzo, de Democracia Ourensana, pide tamén que se aclare o cambio de destino da subvención da Veiga, subliñando que a realización de actuacións de astro-turismo no seu momento tivo incluso moita difusión pública, polo que lle chama a atención que agora se cambie a finalidade. Anuncia o seu voto en contra. D.ª Isabel Gil Álvarez, do Grupo Socialista, pide que se lle informe sobre algunhas subvencións que se prevén, como a adquisición dunha carpa no Concello de Piñor ou unha subvención para asesoramento urbanístico no Concello de , e que se aclare o seu obxecto. D. Plácido Álvarez Dobaño, portavoz do Grupo Popular, di que esas subvencións responden á solicitudes municipais e que o seu obxecto e finalidade está xustificado nesas solicitudes. D.ª Isabel Gil Álvarez, do Grupo Socialista, pídelle ao Sr. Álvarez Dobaño que en todo caso lle aclare as subvencións que se prevén para uns campamentos xuvenís e para animación socio cultural e socorrista no complexo turístico onde se desenvolven os campamentos. D. Plácido Álvarez Dobaño, portavoz do Grupo Popular, di que son dúas subvencións complementarias entre si, explicando brevemente a súa finalidade. Con respecto á pregunta do Sr. Gómez García sobre a subvención á Estación de Manzaneda, di que o cambio da subvención á ampliación de capital é un cambio técnico. Con respecto ao cambio da subvención de astro-turismo da Veiga para temas de apicultura, explica que é habitual na dinámica da xestión dos concellos que os alcaldes busquen financiamento de diversas fontes para os seus proxectos, e, ás veces, conseguen financiamento por outras vías, como sucedeu neste caso, polo que o alcalde da Veiga pediu que se destinara a subvención nominativa inicialmente prevista para astro-turismo para outra finalidade. D. Vicente Gómez García, do Grupo Socialista, di que entende esa explicación, pero en todo caso é rechamante que o cambio da finalidade da subvención non varíe o seu importe e pregunta se se efectuou unha análise ao respecto. D.ª Isabel Gil Álvarez, do Grupo Socialista, ao fío do exposto polo Sr. Gómez García, di que, por exemplo, en Boborás se cambiou a finalidade dunha subvención para unha piscina municipal para dedicala a un velorio e que este tipo de cambios non parecen serios. D. Plácido Álvarez Dobaño, portavoz do Grupo Popular, di que se procede igual que nos casos dos plans provinciais con respecto á autonomía municipal cando se cambia a finalidade das obras ás que van destinadas as subvencións. D. Armando Ojea Bouzo, de Democracia Ourensana, con respecto á autonomía municipal, di que non se debe esquecer que existe tamén a autonomía provincial para a fixación de prioridades, e que é rechamante que se fagan todos eses cambios e, en cambio, se manteñan idénticas as contías. D. Plácido Álvarez Dobaño, portavoz do Grupo Popular, di que simplemente había un diñeiro destinado para unha finalidade solicitada por un concello e o concello preferiu logo destinalo a outra cousa, e a Deputación respecta ese criterio. Non se producen máis intervencións, someténdose a votación o expediente conxuntamente coas emendas presentadas pola Presidencia da Deputación e co voto favorable do Grupo Popular e o voto en contra do Grupo Socialista e de Democracia Ourensana, a comisión ditamina favorablemente a adopción, por parte do Pleno, do seguinte acordo: 1º.- Aprobar a modificación de créditos n.º 4/2016 do expediente, co seguinte detalle:

CRÉDITOS EXTRAORDINARIOS. GASTOS DE INVESTIMENTOS APLICACIÓN EXPRESIÓN IMPORTE € 924.12/789.01 Outras transferencias nominativas. Participación 53.000,00 veciñal

CRÉDITOS EXTRAORDINARIOS. GASTOS CORRENTES

APLICACIÓN EXPRESIÓN IMPORTE € 334.14/212.00 Edificios e outras construcións. Museo artesán da 11.100,00 música 334.20/462.11 A Concellos nominativas. Actividades culturais 102.006,00 334.20/489.14 Outras transferencias. Actividades culturais e 165.067,00 recreativas 326.14/489.00 A Fundación Universidade de Vigo 6.000,00

SUPLEMENTOS DE CRÉDITO. GASTOS DE INVESTIMENTOS

APLICACIÓN EXPRESIÓN IMPORTE € 450.12/762.01 A Concellos. Cooperación provincial 1.802.748,87

SUPLEMENTOS DE CRÉDITO. GASTOS CORRENTES

APLICACIÓN EXPRESIÓN IMPORTE € 334.20/226.09 Actividades culturais. Actividades culturais 54.000,00 342.11/226.02 Información e publicidade. Pazo dos deportes 25.000,00 912.11/226.02 Información e publicidade. Corporación Provincial 72.709,81 341.11/226.08 Actividades deportivas. Fomento do deporte 25.000,00 912.11/226.01 Atencións protocolarias e representativas. 10.000,00 Corporación provincial 453.11/221.99 Materiais. Vías e obras provinciais 10.000,00 341.11/489.00 Fomento do deporte. Outras transferencias 1.000,00 334.20/226.10 Outras reunións e conferencias. Actividades 25.000,00 culturais e recreativas 326.11/451.00 A Organismos Autónomos. Universidade de Vigo 20.000,00 450.12/462.10 A Concellos. Cooperación provincial 172.717,00 231.11/462.01 A Concellos subv. para PAI. Acción social 46.834,40 341.11/482.09 Escolas deportivas. Fomento do deporte 18.500,00 334.20/489.08 Outras transferencias. Pen clube . 30.000,00 Actividades culturais 231.11/489.00 Atencións benéficas e sociais. Acción social 46.000,00 912.11/489.00 Outras transferencias. Corporación provincial 15.000,00

341.11/482.07 Rallie . Fomento do deporte 9.000,00 433.00/489.01 Outras transferencias. Desenrolo empresarial 50.000,00

RESUMO Suma suplementos de crédito ……………………...... 2.433.510,08 Suma créditos extraordinarios ...... 337.173,00 RECURSOS UTILIZADOS

Remanente Tesourería. Subconcepto 870.00 para financiar 2.770.683,08 gastos xerais

2º.- Na bases de execución do orzamento da Deputación Provincial de Ourense procede concretar o capítulo IV e VII de gastos que se ven modificados neste expediente, polo que se procede á especificación das aplicacións para as que se habilite crédito nesta modificación orzamentaria

Con cargo á aplicación orzamentaria 450.12/762.01. A Concellos. Cooperación provincial: Beneficiario Finalidade Importe A Gudiña Remate obras anexo multiusos 12.000,00 € Bande Adecuación accesos Bande OU-540 18.336,29 € Baños de Molgas Brazo para desbrozadora 9.000,00 € Reparación danos da electricidade atmosférica 10.000,00 € na instalación de iluminación pública de Vilar de Condes e Muimenta Equipamento auditorio 6.000,00 € Axuda para velorios en Piornedo, Fontefria, 17.900,00 € Monteveloso, Veiga de Nostre Celanova Obras de restauración da cuberta do pavillón 34.664,69 € municipal de deportes Coles Creación dunha zona de xogos no campo de 26.634,90 € Cambio Parque empresarial 30.000,00 € Esgos Adquisición terreos velorio municipal 50.000,00 € Ampliación abastecemento auga para Larouco e 13.700,00 € redacción do proxecto Laza Electricidade 59.000,00 € Manzaneda Construción de beirarrúas no núcleo rural da 39.999,00 € Corredoira Muíños Mellora rede viaria municipal en Piñoi, 57.003,52 € Fornadeiros e Vilar de Cas Muíños Rede viaria local 32.722,85 € Nogueira de Ramuín Sinalización 6.000,00 € Nogueira de Ramuín Adquisición rozadora de brazo 25.000,00 € Saneamento Penalonga, mellora saneamento 25.000,00 € Covelas e beirarrúas en Nóveas Paderne de Iluminación campo de fútbol e pavillón 33.608,00 € Pereiro de Aguiar 2 campos de fútbol 100.000,00 € Petín Impermeabilización piscinas 30.000,00 € Mellora vial acceso polígono de Trado 22.000,00 € Melloras no velorio municipal e na rede viaria 30.000,00 € municipal Arranxo palco de música 15.000,00 € Velorios de Sarreaus e Cortegada 12.000,00 €

Taboadela Arranxo velorios de Pereiras e Torán 15.000,00 € Toén Moreiras-1ª fase humanización de rúas 60.000,00 € Mellora camiño de Míllara 21.796,56 € Vilamartin de Acondicionamento praza de Cernego 9.000,00 € Valdeorras Vilamartin de Ensanche camiño en Correxais 17.500,00 € Valdeorras Conexión parque empresarial 3.700,00 € Vilar de Santos Equipamento centro iniciativas empresarias e 36.300,00 € adaptación minusválidos Asfaltado vías municipais 70.000,00 € Xinzo de Limia Mobiliario urbano 20.000,00 € Xinzo de Limia Construción pozo e montaxe bomba 6.098,40 € Adaptación velorios municipais 25.000,00 € Baños de Molgas Mellora de instalacións deportivas 25.000,00 € Parada do Sil Plan Vivenda 50.000,00 € Sarreaus Vías municipais 50.000,00 € Equipamentos deportivos 25.000,00 € Bande Mellora da infraestrutura levada de auga de 9.222,56 € Sarreaus a Bande Bande Redacción do proxecto básico da obra 12.600,00 € "Urbanización acceso e entorno da capela visigótica de Santa Comba" Bande Adquisición Coitela quitaneves 5.742,00 € Beade Instalación de maquinaria elevador na casa do 24.441,20 € concello Calvos de Randín Obras de explanación en terreos de propiedade 59.380,00 € municipal para dotación de solo industrial Alumeado público e obras varias de exercicio 41.000,00 € anteriores Larouco Arranxo saneamento do pobo de Larouco 30.000,00 € Larouco Arranxo piscinas 12.500,00 € Laza Poste repetidor TV en Camba 17.000,00 € Arranxo no núcleo de A Vila a estrada 18.000,00 € provincial rematando ás beirarrúas Lobios Arranxo local social de Grou 30.000,00 € Maceda Mellora de equipamentos deportivos no 60.000,00 € pavillón de Maceda Melón Redacción Proxecto Técnico 18.150,00 € Melón Mellora da rede eléctrica e alumeado público 13.553,72 € Oímbra Anteproxecto de ampliación e mellora das 20.500,00 € dependencias da casa do concello Oímbra Proxecto básico e de execución de adaptación 16.364,92 € de local para velorio en Bousés Oímbra Proxecto básico e de execución de adaptación 14.830,00 € de local para velorio en Videferre Oímbra Proxecto básico e de execución de adaptación 19.038,79 € de local para velorio en Espiño Paderne Allariz Adaptación velorio escola de Figueiroá 10.000,00 € Velorio en Golpellás 10.000,00 € Arranxo depuradora 15.000,00 € Piñor Adquisición carpa eventos 10.000,00 € Porqueira Depósito en Toxal 20.000,00 € Punxín Pavimentación camiño Barxela-estrada de 9.891,75 € Figueiroa Riós Adaptación velorios en A Eirexa, A Chaira, 22.446,00 € Cortegada e San Pedro de Trasverea Riós Obras de acondicionamento de camiños nos 13.553,72 € núcleos rurais da Trepa e San Cristovo Riós Obras de mellora da eficiencia enerxética da 8.000,00 € iluminación pública nas Ferreiras Adaptación velorios 15.000,00 € Trasmiras Optimización enerxética de instalación de 20.500,00 € alumeado público Verea Cambio de carpintería e mobiliario na casa do 4.424,08 € concello Xinzo de Limia Instalación de máquinas de frío nos velorios 44.213,40 € municipais Obras de restauración da antiga escola de 27.432,52 € Mociños para local social

Con cargo á aplicación orzamentaria 450.12/462.10. A concellos cooperación provincial: Beneficiario Finalidade Importe Limpeza, conservación e mantemento do 20.000,00 € contorno do castelo de Monterrei e posta en funcionamento da oficina de Turismo Celanova Asesoramento urbanístico 20.000,00 € Celanova Inventario municipal para valoración de bens e 25.000,00 € dereitos que constitúen o patrimonio municipal Lobeira Traballos medioambientais 10.000,00 € Lobeira Brigada medioambiental 9.000,00 € Lobeira Contratación adxunta administración xeral 17.717,00 € Cortegada Mantemento do servizo de augas, alumeado e 30.000,00 € subministro de enerxía Xunqueira de Ambía Plan piloto creación de cooperación de 8.000,00 € horticultura en Xunqueira de Ambía Padrenda Servizos medioambientais 6.000,00 € San Cibrao das Elaboración plan estratéxico orientado ao 21.000,00 € Viñas fomento dos recursos empresariais e turísticos do Concello Estudio navegabilidade do Miño 6.000,00 €

Con cargo á aplicación orzamentaria 334.20/462.11 A Concellos nominativas. Actividades culturais Beneficiario Finalidade Importe Bande Escola de gaita, percusión, canto e pandeireta 8.006,00 € Porqueira Banda de Gaitas 8.000,00 € Rairiz de Veiga Promoción da Romaría da Saínza 2016 11.000,00 € A Veiga Actividades turísticas 25.000,00 € Muíños Animación sociocultural e socorrista no 20.000,00 € Complexo Turístico "O Corgo" Muíños Campamentos xuvenís, Programa Coñece 30.000,00 € Ourense

Con cargo á aplicación orzamentaria 231.11/462.01. A Concellos subvencións para PAI . Acción social: Beneficiario Finalidade Importe Punxín Gastos de transporte colectivo de persoas dependentes 5.834,40 € Funcionamento do PAI 25.000,00 € Maceda Axuda gardería 16.000,00 €

Con cargo á aplicación orzamentaria 341.11/482.09. Escolas deportivas. Fomento do deporte: Beneficiario Finalidade Importe Federación galega balonmán Promoción balonmán 3.500,00 € Federación galega de Judo Promoción judo 3.000,00 € Club Xadrez Ourense Promoción xadrez 3.000,00 € Federación galega de fútbol Promoción fútbol 3.000,00 € Federación galega de Fútbol Promoción fútbol sala 3.000,00 € Sala Federación galega de ciclismo Promoción de ciclismo 3.000,00 €

Con cargo á aplicación orzamentaria 334.20/489.08 Outras transferencias. Pen clube Galicia. Actividades culturais: Beneficiario Finalidade Importe Pen Clube Celebración Congreso Internacional de 30.000,00 € escritores

Con cargo á aplicación orzamentaria 334.20/489.14 Outras transferencias. Actividades culturais e recreativas: Beneficiario Finalidade Importe Asoc. de empresarios de Gastos de gala 3.500,00 perruquería e salóns de beleza € Ourense Asoc. de Pensionistas xubilados e Gastos de funcionamento 1.500,00 prexubilados € Asoc. Entrenadores fútbol O Afiador 1.200,00 € Asoc. Polígono de Barreiros Gastos de funcionamento 20.000,00 € Asoc. Veciños Correxais Diversas actividades 9.000,00 € Capela Madrigalista Gastos de funcionamento 1.500,00 € FETEGA Gastos 2015 e 2016 10.367,00 € Fundación Carlos Casares Actividades 2016 25.000,00 € Liceo de Ourense Gastos de funcionamento 25.000,00 € Fundación Festa da Istoria Festa da Istoria 23.000,00 € - MITEU 15.000,00 Sarabela - Produción obra infantil “O 10.000,00 secuestro da bibliotecaria” - FITO 20.000,00

Con cargo á aplicación orzamentaria 231.11/489.01 Outras transferencias nominativas. Acción social: Beneficiario Finalidade Importe Fundación de 26.000,00 € Discapacitados Gastos de funcionamento Psíquicos de Verín COGAMI Servizos itinerantes para discapacidade no rural 50.000,00 € Delegación de Causa solidaria Ecuador (Manuel Rodicio) 20.000,00 € Misións

Con cargo á aplicación orzamentaria 912.11/489.00 Outras transferencias. Corporación provincial: Beneficiario Finalidade Importe Fundación Curros Gastos de funcionamento 30.000,00 € Enríquez

Con cargo á aplicación orzamentaria 326.11/451.00 “A Organismos Autónomos. Universidade de Vigo”: Beneficiario Finalidade Importe Universidade de Vigo Ampliación convenio Universidade 20.000,00 €

Con cargo á aplicación orzamentaria 326.14/48900 “A Fundación Universidade de Vigo”: Beneficiario Finalidade Importe Fundación Universidade Curso didáctica da ficción e creación 6.000,00 € de Vigo literaria 2014

Con cargo á aplicación orzamentaria 341.11/482.07 Rallie Ourense. Fomento do deporte: Beneficiario Finalidade Importe Escudería Ourense Rallie Ourense 9.000,00 €

Con cargo á aplicación orzamentaria 341.11/489.00 Fomento do deporte. Outras transferencias: Beneficiario Finalidade Importe Escudería Ribeira Sacra Rallie Nogueira de Ramuín 10.000,00 € Escudería Celanova Motor Subida ao Furriolo 2015 2.000,00 €

Con cargo á aplicación orzamentaria 341.11/462.00 A Concellos. Fomento do deporte : Beneficiario Finalidade Importe Concello de A Veiga Grand Prix – Race Edition 10.000,00 €

Con cargo á aplicación orzamentaria 433.00/489.01 Outras transferencias. Desenrolo empresarial : Beneficiario Finalidade Importe Confederación de Desenvolvemento accións empresariais 50.000,00 € empresarios de Ourense provinciais e gastos de funcionamento resto 2016

Con cargo á aplicación orzamentaria 924.12/789.01 Outras transferencias nominativas. Participación veciñal: Beneficiario Finalidade Importe Asfaval Adquisición vehículo 10.000,00 € ASVV Solveira de Paderne Acceso a velorios e equipamento 18.000,00 € local AAVV Palmes Velorio 1.500,00 € AVV Castro de Beiro Reforma Velorio 1.500,00 € Comunidade de Montes Veciñais Arranxos en local social e traballos e Man Común "Serra de Enciña medioambientais 10.000,00 € da Lastra" Coral Liceo de Ourense Vestiario Coral 6.000,00 € Albor Reforma local 2.000,00 € Amigos da Cociña Galega Equipamento vestiario 4.000,00 €

3º.- Aprobar a modificación, no que se refire á especificación do capítulo IV e VII de gastos, experimentando as seguintes variacións:  Nas bases de execución do orzamento 2016 e con cargo á aplicación orzamentaria 450.12/762.01 “A Concellos. Cooperación provincial”, prevíase unha subvención ao Concello de Oímbra para “ampliación Casa do Concello”por importe de 50.000,00. Visto que o Concello solicita que a dita subvención se destine en parte a “Equipamento para as dependencias resultantes da ampliación da casa do Concello” procédese ao dito cambio na finalidade:

Beneficiario Finalidade Importe

- Obras de ampliación da casa do Concello 30.000,00 € Concello de Oímbra - Equipamento para as dependencias resultantes da ampliación da casa do Concello 20.000,00 €

 No expediente de modificación n.º 3/2016 e con cargo á aplicación orzamentaria 433.11/770.00 “Estación invernal. Desenvolvemento empresarial”, prevíase unha subvención á Estación invernal de Manzaneda para innivación por importe de 1.500.000,00 euros. Advertido un erro na dita finalidade proponse a súa corrección, quedando da seguinte maneira:

- 433.11/860.10 Ampliación capital. Desenvolvemento empresarial

Beneficiario Finalidade Importe Estación invernal de Manzaneda Adquisición de accións 1.500.000,00 €

Procede aprobar a modificación por baixa por anulación na aplicación orzamentaria 433.11/770.00 así como un crédito extraordinario na aplicación 433.11/860.10 “Ampliación de capital. Desenvolvemento empresarial” por importe de 1.500.000,00 euros. Dito crédito extraordinario será financiado mediante a baixa por anulación á que se fai referencia.  No expediente de modificación n.º 1/2016 e con cargo á aplicación orzamentaria 450.12/762.01 “A Concellos. Cooperación provincial”, prevíase unha subvención ao Concello de Xinzo para escaleira de minusválidos na piscina por importe de 4.494,00 euros. Baseándose no escrito remitido polo Concello en data 07/04/2016, proponse o cambio de finalidade da dita subvención debido á existencia dun erro no que respecta á súa finalidade:

Beneficiario Finalidade Importe Concello de Xinzo Grúa na piscina climatizada do Concello 4.494,00 €

 No expediente de modificación n.º 1/2016, existe consignada unha subvención nominativa á Asociación Galega de Pizarristas por importe de 25.000,00 euros. Segundo escrito do 19 de abril de 2016 emitido pola Asociación Galega de Pizarristas, a dita subvención debera serlle concedida ao Clúster da Pizarra de Galicia por ser esta entidade a que representa a toda a cadea de valor engadido do sector. Así, quedaría da seguinte maneira: Beneficiario Finalidade Importe

Clúster da Pizarra de Convenio de actuacións do clúster 25.000,00 € Galicia correspondentes ao ano 2016

 Nas bases de execución do orzamento 2016 e con cargo á aplicación orzamentaria 450.12/762.01 “A Concellos. Cooperación provincial”, prevíase unha subvención ao Concello de Boborás para “Piscina municipal” por importe de 84.750,00. Visto que o Concello solicita que dita subvención se destine a “Velatorios municipais” procédese a dito cambio na finalidade:

Beneficiario Finalidade Importe

Concello de Boborás Velorios municipais 84.750,00 €

 No expediente de modificación n.º 1/2016 e con cargo á aplicación orzamentaria 450.12/462.10 “A Concellos. Cooperación provincial”, prevíase unha subvención ao Concello de A Veiga para “actuacións de astroturismo” por importe de 40.000,00 euros. Baseándose no escrito remitido polo Concello en data 18/04/2016, proponse o cambio de finalidade da dita subvención debido ás novas demandas e necesidades producidas no eido municipal:

Beneficiario Finalidade Importe Concello da Veiga Actuacións no ámbito da apicultura 40.000,00 €

 No expediente de modificación n.º 1/2016 e con cargo á aplicación orzamentaria 231.11/462.01 “A Concellos subvencións para PAI. Acción social”, prevíase unha subvención ao Concello da Gudiña para “escola infantil” por importe de 26.000,00 euros. Baseándose no escrito remitido polo Concello en data 21/04/2016, proponse o cambio de finalidade da dita subvención:

Beneficiario Finalidade Importe Concello de A Gudiña Outros servizos sociais: fomento da 26.000,00 € natalidade, servizos á infancia, xuventude e terceira idade

 Nas bases de execución do orzamento 2016 e con cargo á aplicación orzamentaria 450.12/762.01 “A Concellos. Cooperación provincial”, prevíase unha subvención ao Concello de Bande para “Equipamento campo de fútbol” por importe de 50.000,00. Visto que o Concello solicita o cambio na denominación da actuación, proponse o seu cambio:

Beneficiario Finalidade Importe

Concello de Bande Creación, reparación e equipamento 50.000,00 € de infraestruturas deportivas

 No expediente de modificación n.º 1/2015 e con cargo á aplicación orzamentaria 450.12/762.01 “A Concellos. Cooperación provincial”, prevíase unha subvención ao Concello de para “pasarela peonil sobre o río Avia” por importe de 60.000,00 euros. Baseándose na modificación do convenio de colaboración entre a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, a Deputación Provincial de Ourense e o Concello de Leiro, proponse o cambio de finalidade da dita subvención:

Beneficiario Finalidade Importe Concello de Leiro Senda fluvial marxe dereito río Avia en 60.000,00 € Leiro 4º.- De acordo co artigo 169 da Lei reguladora das facendas locais, por remisión do artigo 177.2 do mesmo texto legal, o expediente será exposto ao público, tras o anuncio no Boletín Oficial da Provincia, por 15 días, durante os cales os interesados poderán examinalo e presentar reclamacións ante o Pleno. O expediente considerarase definitivamente aprobado se durante o citado prazo non se presentasen reclamacións. Ourense, 20 de xullo de 2016 A COMISIÓN,