TESOURERÍA

ANUNCIO

CONCELLO DE PONTECESURES

EXPOSICIÓN PÚBLICA DOS PADRÓNS E LISTAS COBRATORIAS DO IMPOSTO DE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA DO ANO 2021 E A SÚA COBRANZA

De acordo co establecido no artigo 22 da Ordenanza Fiscal Xeral do Órgano de xestión tributaria e recadación de tributos locais desta Deputación – ORAL e por Resolución de Tesourería de data 29 de marzo de 2021, aprobáronse os padróns e listas cobratorias do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica do ano 2021 (IVTM) correspondentes aos concellos que de seguido se relacionan e que teñen delegada a xestión tributaria do imposto nesta Deputación. Polo que, por medio do presente anuncio iniciase o trámite de información pública establecido no artigo 24 da Ordenanza Fiscal Xeral do Órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais da Deputación - ORAL. Os citados rexistros conteñen datos de carácter persoal amparados pola lei de protección de datos, polo que cada persoa interesada poderá consultar exclusivamente e na súa integridade os rexistros relativos á súa débeda tributaria no CONCELLO DE PONTECESURES e nas oficinas do ORAL durante o período de exposición ao público, que comprenderá dende o día 08 de abril de 2021 ata o día 07 de maio de 2021, ambas datas incluídas. Contra o acto de aprobación das citadas listas cobratorias poderá presentarse recurso de reposición no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao de finalización da exposición pública perante a Tesourería da Deputación Provincial de , previo ao contencioso-administrativo, de acordo co establecido no artigo 14.2 do RD Lexislativo. 2/2004 de 5 de marzo, do texto refundido da lei de facendas locais e demais disposicións vixentes na materia. A exposición ao público do presente anuncio ten carácter de notificación colectiva ó abeiro do artigo 102.3 da Lei 58/2003 xeral tributaria, remitíndose aos concellos incluídos a efectos da súa inserción no taboleiro de edictos.

COBRANZA EN PERÍODO VOLUNTARIO DO IVTM DO EXERCICIO 2021

De conformidade co previsto nos artigos 19, 24 e 25 da Ordenanza Fiscal Xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais - ORAL, en relación co artigo 62.3 da Lei 58/2003, xeral tributaria e cos artigos 23, 24 e 25 do Regulamento xeral de recadación, de 29 de xullo de 2005, comunícaselle ás persoas interesadas que o período voluntario de cobranza do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM) do exercicio 2021, para o CONCELLO DE PONTECESURES comeza o día 08 de abril de 2021 e finaliza o 08 de xuño de 2021, ámbalas dúas datas incluídas.

Pode verificar a integridade deste documento no enderezo: https://sede.depo.gal Código seguro de verificación (CSV):G1QZCOORF6288TAS

TESOURERÍA

NORMAS DE COBRANZA Formas e lugares de ingreso: • A través da Oficina Virtual Tributaria (OVT) da Deputación de Pontevedra–ORAL, https://ovt.depo.gal • A través da aplicación de pagamentos da Deputación de Pontevedra (dispoñible para IOS e Android) • Na caixa de calquera das entidades colaboradoras (ABANCA, BBVA, CaixaBank, Ibercaja Banco, Novo Banco, Sabadell, Santander e Unicaja Banco), e tamén nun caixeiro automático ou por internet (se a entidade colaboradora elixida dispón deses servizos) Envío de documentos de ingreso: os documentos de ingreso dos recibos non domiciliados en entidades financeiras enviaranse por correo postal ordinario ao domicilio único de cada contribuínte. Este envío non ten carácter de notificación. A non recepción dos documentos de ingreso no domicilio da ou do contribuínte non a ou o exime da súa obriga de pagamento. Se algunha persoa contribuínte non recibe no seu domicilio algún dos documentos de ingreso que precisa, poderá obtelos a través da OVT (https://ovt.depo.gal), chamando ao centro de atención telefónica no 886 211 400 ou de xeito presencial cando sexa posible, e sempre con cita previa, en calquera das nosas oficinas. Referencias de cobranza: os documentos de ingreso inclúen dúas referencias de cobramento con importes diferentes. A primeira é válida durante o período voluntario de pago que se indica no recibo. A segunda é válida a partir do día seguinte ao remate do período voluntario de pagamento, e o importe que ten asociado inclúe o principal da débeda e a recarga executiva do 5 %. Pasada a data de caducidade da segunda referencia xa non se poderán utilizar estes documentos para realizar o ingreso da débeda, polo que deberán descargarse outros a través da OVT (https://ovt.depo.gal), chamando ao centro de atención telefónica no 886 211 400 ou de xeito presencial cando sexa posible, e sempre con cita previa, en calquera das nosas oficinas. Cargos de domiciliacións: os recibos que figuren correctamente domiciliados faranse chegar ás respectivas entidades financeiras para que sexan cargados nas contas das e dos seus clientes o día indicado para cada tributo no calendario fiscal. Advertencia legal: o vencemento do prazo de ingreso en período voluntario sen que estea satisfeita a débeda determinará o inicio do procedemento de prema e a esixencia da recarga e dos xuros de demora que en cada momento correspondan. Tamén se liquidarán e se lle esixirán á ou ao debedor as custas regulamentarias orixinadas dese procedemento. Oficinas de atención presencial: a atención ao público nas oficinas do ORAL farase exclusivamente a través do sistema de cita previa, que se solicita a través das seguintes canles: • Web do ORAL: https://www.depo.gal/oral-xestion-tributaria-e-catastral • OVT: https://ovt.depo.gal/ovt/ • Sede electrónica: https://sede.depo.gal/citaprevia/ • Teléfono cita previa: 886 211 420

Pode verificar a integridade deste documento no enderezo: https://sede.depo.gal Código seguro de verificación (CSV):G1QZCOORF6288TAS

TESOURERÍA

RELACIÓN DE OFICINAS ORAL-DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

DÍAS E HORARIO DE OFICINA PRINCIPAL CENTROS DEPENDENTES ENDEREZO APERTURA Praza de , 1, baixo O. P. COMARCAS DO De luns a venres de O. P. Lalín (Castro Tecnolóxico) DEZA 9:00 a 14:00 horas 36500 Lalín O. P. COMARCA DE Avda. Benito , 47, baixo De luns a venres de TABEIRÓS – TERRA DE O. P. A Estrada 36680 A Estrada 9:00 a 14:00 horas MONTES Rúa José Salgado, 19, baixo De luns a venres de O. P. de Reis 36650 9:00 a 14:00 horas Rúa Cruceiro, 1 (esquina coa De luns a venres de O. P. rúa Aromas de Leyenda) O. P. COMARCA DE 9:00 a 14:00 horas 36620 Vilanova de Arousa CALDAS E SALNÉS Rúa Ourense, 8 De luns a venres de O. P. 36630 Cambados 9:00 a 14:00 horas Rúa Carlos Casas, 8, baixo De luns a venres de O. P. 36960 Sanxenxo 9:00 a 14:00 horas Praza das Pontes, s/n, edificio De luns a venres de O. P. Cangas do Concello 9:00 a 14:00 horas 36940 Cangas Rúa As Barxas, 15, baixo De luns a venres de O. P. Moaña O. P. COMARCAS DO 36950 Moaña 9:00 a 14:00 horas MORRAZO E VAL MIÑOR Rúa Damas Apostólicas, 15, De luns a venres de O. P. Nigrán oficina 108 9:00 a 14:00 horas 36370 A Ramallosa, Nigrán Rúa Eduardo Vicenti, 8 Luns e xoves de 9:00 a Ofic. aux. 36930 Bueu 13:30 horas Rúa do Rosal, 1 De luns a venres de O. P. Tui 36700 Tui 9:00 a 14:00 horas Praza do Seixo, s/n, edificio do Todos os mércores de O. P. COMARCA DO Ofic. aux.Tomiño Concello 9:00 a 13: 30 horas BAIXO MIÑO 36740 Tomiño Praza do Calvario, 1, edificio do Martes e xoves de Ofic. aux. Concello 9:00 a 13:30 horas 36770 O Rosal O. P. COMARCA DA Rúa O Pinar, 5, baixo De luns a venres de O. P. O Porriño ÁREA DE VIGO 36400 O Porriño 9:00 a 14:00 horas Rúa Solís Ruiz, 8 Venres de 9:00 a 13:30 Ofic. aux. 36420 Crecente horas Rúa Concha Brey, 4, baixo De luns a venres de O. P. 36860 Ponteareas 9:00 a 14:00 horas Rúa Luís Cubelas, 2 Sm Mércores de 9:00 a O. P. COMARCA DO Ofic. aux. Arbo 36430 Arbo 13:30 horas CONDADO E DA Rúa Progreso, edif. xulgados Martes e xoves 9:00 a PARADANTA Ofic. aux. A Cañiza 36880 A Cañiza 13:30 horas Praza da Cristiandade, s/n Venres de 9:00 a 13:30 Ofic. aux. 36440 As Neves horas Praza Mestre Cerviño, 2 Luns de 9:00 a 13:30 Ofic. aux. Covelo 36872 Covelo horas Avda. de Marín, 9 De luns a venres de Servizos centrais 36071 Pontevedra 9:00 a 14:00 horas COMARCA DE Avda. de Galicia, 17, edificio do PONTEVEDRA Venres de 9:00 a 13:30 Ofic. aux. Concello horas Ponte Caldelas Información tributaria: 886 211 400 Teléfonos DATOS DE Cita previa: 886 211 420 CONTACTO Enderezo electrónico [email protected]

Pode verificar a integridade deste documento no enderezo: https://sede.depo.gal Código seguro de verificación (CSV):G1QZCOORF6288TAS