Excma. Deputación Provincial De Lugo Concellos
Total Page:16
File Type:pdf, Size:1020Kb
VENRES, 23 DE AGOSTO DE 2019 N.º 193 EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO SERVIZO DE RECURSOS HUMANOS Anuncio NOMEAMENTO PARA PROVER, MEDIANTE O SISTEMA DE CONCURSO-OPOSICIÓN, UNHA PRAZA DE TÉCNICO/A DE XESTIÓN MEDIOAMBIENTAL, QUENDA LIBRE, DO CADRO DE PERSOAL FUNCIONARIO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO, CORRESPONDENTE Á OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO ANO 2017. “Logo de ver a proposta da Sra. Deputada Delegada da Área de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo do seguinte teor. “Celebrado o procedemento selectivo de Técnico/a de Xestión Medioambiental, cuxa convocatoria e bases específicas fixéronse públicas nos Boletíns Oficiais da Provincia número 246, de 26 de outubro de 2018 e número 281 de 10 de decembro de 2018, vista a proposta do Tribunal Cualificador, e visto que a aspirante presentou a documentación á que se refire o punto 13.1 das Bases Xerais que rexe a convocatoria, cumprindo polo tanto os requisitos esixidos, esta Presidencia, atendendo á proposta do Tribunal Cualificador e de acordo co punto 14.1 das Bases Xerais, propón á Xunta de Goberno a resolución definitiva do procedemento selectivo sinalado nomeando a: Dona Andrea Macho Benito, para ocupar a praza número 855 de Técnica de Xestión Medioambiental, Escala de Administración Especial, Subescala Técnica, Técnicos Medios, Grupo A, Subgrupo A2, do cadro de persoal funcionario, correspondente á Oferta de Emprego para o ano 2017, cuxas bases fixéronse públicas no Boletín Oficial da Provincia número 246, de 26 de outubro de 2018 e número 281, de 10 de decembro de 2018; asignándoselle o posto de Técnica de Xestión Medioambiental nº 1339”. A Xunta de Goberno, por unanimidade dos asistentes, acorda prestar aprobación á proposta presentada e anteriormente transcrita.” O presente acordó faise público para cumprimento do punto 14.2 das Bases Xerais que rexen a convocatoria. Contra o presente acordo que pon fin á vía administrativa cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición ante a Xunta de Goberno da Deputación Provincial no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación do presente acordo no BOP ou recurso Contencioso-Administrativo ante o Xulgado do Contencioso- Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses e na forma prevista na Lexislación reguladora de dita Xurisdición, sen prexuízo de que poida interpoñer calquera outro que estime procedente. Pazo Provincial, 21 de agosto de 2019.- A SECRETARIA, María Esther Álvarez Martínez. R. 2579 CONCELLOS Anuncio publicado en: Num BOP 193 año 2019 (22/08/2019 12:07:56) (23/08/2019 08:00:00) BALEIRA Anuncio CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN DUN POSTO DE TRABALLO. - Posto: Un Operario de desbroces. - Especialidade: Un operario-conductor de maquinaria forestal con motor, grupo de cotización 10. - Modalidade contractual: Contrato laboral temporal a tempo completo. - Duración prevista do contrato: Contrato por obra ou servizo cunha duración de tres meses. 2 Núm. 193 – venres, 23 de agosto de 2019 BOP Lugo - Requisitos: Acreditación de ter os coñecementos necesarios para o desempeño do devandito posto, estar en posesión de carnet de conducir que lle habilite para o manexo de tractor con desbrozadora, ademáis dos esixidos con carácter xeral na legislación vixente. - Criterios de selección: Os establecidos nas Bases Xerais para o acceso a prazas de persoal laboral temporal do Concello de Baleira, publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Lugo Nº 292, de 22 de decembro de 2010. - Prazo de presentación de instancias: Cinco días hábiles dende o seguinte á publicación no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. - Data e lugar da entrevista prevista nas Bases: O día 4 de setembro de 2019, as 10:00 horas, no Concello de Baleira. A entrevista realizarase mediante unha proba escrita na que se evaluarán contidos relacionados co posto de traballo a desempeñar. - Tribunal cualificador: o Presidenta: Sandra Neira Gómez, Técnico de Xestión. o Secretaria: Mª Esperanza Garmendia Nuñez, Secretaria-Interventora. o Vocais: Mª Germana López González, Auxiliar Administrativo, Angel Alvarez Pereira, Alguacil-Celador. O Tribunal constituirase o día 4 de setembro de 2019 ás 9:30 horas. Baleira, 16 de agosto de 2019.- O Alcalde, Angel Enrique Martinez-Puga López. R. 2557 MONFORTE DE LEMOS Anuncio APROBACION PADRÓN FISCAL TAXA RECOLLIDA DO LIXO 3º BIMESTRE DO EXERCICIO 2019 E ANUNCIO DE COBRANZA Por Xunta do Goberno Local do día 29.07.2019 aprobouse o padrón da Taxa pola recollida, tratamento e eliminación de Lixo do terceiro bimestre do exercicio 2019 (maio-xuño). De acordo co disposto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral tributaria, notifícanse colectivamente os recibos derivados deste padrón. De conformidade coa Ordenanza Xeral de ingresos municipais de dereito público, exporase ao público nun prazo de 20 días, contados a partir do primeiro día do período de pago en voluntaria deste padrón, para que se poidan presentar as reclamacións pertinentes. De acordo co artigo 14.2 c) do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei das Facendas Locais, contra o acordo de aprobación do padrón e das súas liquidacións poderase interpor recurso de reposición no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao remate da exposición pública do padrón. Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderase interpor recurso contencioso-administrativo na forma e prazos que a tal efecto se establecen na Lei 25/98 de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa. Fíxase como prazo de pago en período voluntario, dende o 26.08.2019 ata o 28.10.2019. De acordo co artigo 24 do Real Decreto 939/2005, de 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación, ponse en coñecemento, que no período de pago en voluntario sinalado no parágrafo anterior, os contribuíntes que non teñan domiciliados os recibos polo concepto da Taxa pola recollida, tratamento e eliminación de Lixo, poderán facer o pago dos mesmos mediante : Anuncio publicado en: Num BOP 193 año 2019 (22/08/2019 12:07:56) (23/08/2019 08:00:00) 1) Ingreso en efectivo en calquera oficina de A Banca ou Banco Sabadell en horario de atención ao público 2) A través de caixeiros automáticos nas devanditas entidades financeiras 3) A través da páxina web do Concello www.monfortedelemos.es Advírtese que transcorrido o prazo de ingreso en período voluntario, as débedas serán esixidas pola vía de constrinximento, e devindicaranse as correspondentes recargas do período executivo, os xuros de mora, e no seu caso, as costas que se produzan Monforte de Lemos, 29 de xullo de 2019.- O alcalde- presidente, José Tomé Roca. R. 2544 3 Núm. 193 – venres, 23 de agosto de 2019 BOP Lugo Anuncio APROBACION PADRONS AXUDA AO FOGAR BASICA E LEI DEPENDENCIA xullo 2019 E ANUNCIO DE COBRANZA Por Resolución de Alcaldía do día 13.08.2019 aprobáronse os padróns de prezos públicos Axuda ao Fogar Básica e Lei dependencia mes de xullo de 2019. De acordo co disposto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, notifícanse colectivamente os recibos derivados destes padróns. De conformidade coa Ordenanza Xeral de ingresos municipais de dereito público, exporanse ao público nun prazo de 20 días, contados a partir do primeiro día do período de pago en voluntaria destes padróns, para que se poidan presentar as reclamacións pertinentes. De acordo co artigo 14.2 c) do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei das Facendas Locais, contra o acordo de aprobación dos padróns e das súas liquidacións poderase interpor recurso de reposición no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao remate da exposición pública dos padróns. Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderase interpor recurso contencioso-administrativo na forma e prazos que a tal efecto se establecen na Lei 25/98 de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa. De acordo co disposto no artigo 62.3 da Lei Xeral Tributaria , fíxase como prazo de pago en período voluntario, dos devanditos padróns dende o 15.08.2019 ata o 16.10.2019. Advírtese que transcorrido o prazo de ingreso en período voluntario, as débedas serán esixidas pola vía de constrinximento, e devindicaranse as correspondentes recargas do período executivo, os xuros de mora, e no seu caso, as costas que se produzan. Monforte de Lemos, 16 de agosto de 2019.- O alcalde – presidente, José Tomé Roca. R. 2545 O PÁRAMO Anuncio APROBACIÓN INICIAL O Pleno deste Concello, en sesión extraordinaria celebrada o día 14 de agosto de 2019, acordou a aprobación inicial do expediente de suplemento de crédito financiado con cargo a o remanente líquido de tesourería, como segue a continuación: Aprobado inicialmente o expediente de suplemento de crédito financiado con cargo a o remanente líquido de tesourería, por Acordo do Pleno de data 14 de agosto de 2019 en cumprimento do disposto no artigo 169.1 por remisión do 177.2 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, sométese a información pública polo prazo de quince días, a contar desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio en leste Boletín Oficial da Provincia. Durante devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se estimen pertinentes. Se transcorrido devandito prazo non se presentaron alegacións, considerarase aprobado definitivamente devandito Acordo. O Páramo, 16 de agosto de 2019.- O Alcalde, Jose Luis López López. Anuncio publicado en: Num BOP 193 año 2019 (22/08/2019 12:07:56) (23/08/2019 08:00:00) R.