DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 8 De Marzo De 2021 Clara Campoamor : La Sufragista Española / Concha Fagoaga, Paloma Saavedra Ed
Total Page:16
File Type:pdf, Size:1020Kb
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 8 de marzo de 2021 Clara Campoamor : la sufragista española / Concha Fagoaga, Paloma Saavedra Ed. rev. Madrid : Instituto de la Mujer, 2007 Clara Campoamor, deputada demócrata, avogada e activa feminista, tivo un destacado papel en defensa do voto das mulleres. O voto feminino formaba parte da táboa vindicativa do feminismo da segunda onda, o sufragista, que internacionalmente se marcou dous grandes obxectivos, a plenitude dos dereitos educativos e dos cívico- políticos, sinxelamente pedidos como o voto e o acceso á educación superior. B CAM fag Biografía; Clara Campoamor; Sufragio femenino Emilia Pardo Bazán : la luz en la batalla / Eva Acosta. Barcelona : Lumen, 2007 Un clásico nos estudos biográficos sobre Emilia Pardo Bazán, no seu día “La luz en la batalla” achegou ao lector non só a imaxe máis íntima da escritora, mal coñecida e envolta en tópicos trasnoitados, senón tamén a súa propia voz. A biografía descubriu así a peripecia vital dunha muller cuxa vontade de ser ela mesma resultaba case intolerable para os canons sociais e artísticos masculinos, dominantes na súa época. Biografía; Emilia Pardo Bazán B PAR aco As mulleres en Galicia no século XX / Jesús de Juana López, Julio Prada Rodríguez (directores) . Vigo : Ir Indo, [2011] (Agencia Gráfica Gallega) O que a historia das mulleres permite poñer de manifesto son os mecanismos, as estratexias, as institucións e os axentes que perpetuaron as relacións de dominación entre os sexos. Pero tamén, para nós, a necesidade de abandonar ese esquemas que ofrecen unha visión nesgada da realidade, contribuíndo á realización dunha historia máis complexa e real, que buscaría unha meirande integración entre as partes. G 305 MUL Historia; Integración; Mulleres Irmandiñas / Aurora Marco Santiago de Compostela : Laiovento, 2020 Malia os tímidos avances que se produciron nas primeiras décadas do século XX, non foi nada doado para as mulleres a incorporación aos espazos públicos. As irmandiñas non foron unha excepción e a súa proxección pública foi abondo limitada se a comparamos coa dos compañeiros, mais o seu compromiso e actividades non foron en absoluto irrelevantes. G 329 MAR irm Espazos públicos; Mulleres; Irmandiñas Tres mulleres galegas de armas tomar : María Balteira, María Castaña, María Soliña / Guillermina Domínguez Touriño, Felicia Estévez Salazar A Coruña : Baía, 2018 Guillermina Domínguez, historiadora, e Felicia Estévez, filóloga, actualizan un traballo que tivo xa un gran percorrido e que obedece a unha demanda tanto nos centros de ensino, como nos focos de investigación do papel das mulleres na historia e da súa visualización na sociedade actual. O seu obxectivo non é facer unha profunda investigación, senón transmitir o pulo que mulleres lle deron á mesma historia. G 929 DOM tre Biografías; Mulleres; Galicia Elisa e Marcela : alén dos homes / Narciso de Gabriel Vigo (Pontevedra) : Nigratrea, [2008] ([s. l. ] : Gráficas Ápel) Elisa Sánchez Loriga —convertida en Mario— e Marcela Gracia Ibeas casaron na igrexa de San Xurxo da Coruña o 8 de xuño de 1901. Na primeira parte deste libro descríbense as súas peripecias na Coruña, Porto e Bos Aires, analízanse as medidas adoptadas polas autoridades eclesiásticas, académicas e xudiciais sobre o matrimonio e reconstrúese a repercusión pública do caso. Na segunda parte faise unha lectura desta historia desde o hermafroditismo, o lesbianismo, o travestismo e o feminismo. G 929 GAB eli Matrimonio; Lesbianismo; Feminismo Concepción Arenal : unha muller pioneira / [textos, Felicia Estévez Salazar, Nanina Santos Castroviejo] [A Coruña] : Deputación Provincial da Coruña, D. L. 2005 Pioneira por ser a primeira muller en asistir a unha Universidade en España, Concepción Arenal loitou por romper os canons establecidos para a muller, rebelándose contra a tradicional marxinación do sexo feminino e reivindicando a igualdade en todas as esferas sociais. GB ARE est Biografía; Concepción Arenal; Pensamento político e social Rosalía de Castro : cantos de independencia e liberdade 1837-1863 / Mª Xesús Lama Vigo : Galaxia, 2017 Neste primeiro volume da biografía de Rosalía de Castro nárranse as súas orixes familiares e os seus anos de mocidade. Mª Xesús Lama pescuda con rigor e admiración na vida da poeta en Galicia e Madrid nun tempo de ideais e de aprendizaxe para a mocidade que na segunda metade do século XIX decide intentar vivir da pluma. A autora aproveita as últimas descubertas da investigación filolóxica e histórica para afondar nas viraxes que obrigan á poeta a regresar a Compostela. GB CAS lam Biografía; Rosalía de Castro María Pita / María del Carmen Saavedra Vázquez ; ilustracións de Javier Badal Palacio 1ª ed. Gaxate, San Pedro, A Lama, Pontevedra : Nigra Trea, 2011 María Pita viviu dacabalo entre os séculos XVI e XVII, un período no que a poderosa monarquía dos Austrias comezaba a mostrar os primeiros síntomas de debilidade. Ela mesma ía converterse en testemuña dese mundo cambiante chamado a transformar a situación do seu país e a da súa propia contorna. Os problemas da vida cotiá obrigárona a centrar a atención noutras realidades máis inmediatas. Biografía; María Pita GB PIT saa Anti natura / María Xosé Queizán Vigo : Edicións Xerais de Galicia, 2008 (Vigo : Artes Gráficas Diumaró) María Xosé Queizán descobre as trampas e simplifica as teorías que, desde Aristóteles ata Freud, lexitimaron o patriarcado, deténdose nas distintas concepcións do feminismo e apoiándose nos valores racionais de igualdade e xustiza. O saber é quen de mudarnos a mirada e de automodificarnos, de suprimir a opresión e a apropiación patriarcal; con todo, os cambios non serán inmediatos, a pesar das leis. Teorías patriarcais; Conceptos feministas; Igualdade GE QUE ant A muller celta : espírito e misterio / Edain McCoy ; [traducción do inglés, Natalia Margalejo Concheiro] Noia : Toxosoutos, 2001 A espiritualidade das mulleres celtas cingue os arquetipos femininos da tradición, polo que calquera muller pode acadar os aspectos sagrados da guerreira, nai, vella, virxe, soberana ou trocadora de forma. Este marabilloso recurso mostra como dar poder e desenvolver en profundidade unha conexión co divino chea de significado que enriquecerá os pensamentos e a vida espiritual. H 7480 Espiritualidade; Mulleres celtas; Arquetipos femininos Cabeza moderna, corazón patriarcal : (un diagnóstico social de género) / María Antonia García de León ; prólogo de Celia Amorós 1ª ed. Barcelona : Anthropos, 2011 Vivimos nunha especie de esquizofrenia social: sociedades con alta dose de racionalidade e, con todo, con prácticas irracionais por razón de xénero. Cabezas modernas que contraditoriamente viven ancoradas a un corazón patriarcal. Esta obra pon en evidencia un desfasamento entre a cabeza e o corazón que segue latexando en moitas mulleres, homes e o que anima á sociedade no seu conxunto. H 12822 Sociedade; Xénero; Patriarcado La mujer en el desarrollo social / Alexandra Kollontai Barcelona : Guadarrama, D. L. 1976 Kollontai fai unha análise do desenvolvemento histórico da situación da muller, desde o comunismo primitivo ata a era da manufactura; sobre a situación da muller no capitalismo, as insuficiencias do movemento feminista e a importancia das traballadoras na loita de clases e para a revolución socialista, e explica o cambio revolucionario das regulamentacións sobre o traballo da muller baixo o poder soviético. Movemento feminista; Loita de clases; Revolución Socialista H 12896 La emancipación de la mujer en España / Concepcion Arenal 1ª ed.Madrid : Júcar, 1974 As raíces históricas da emancipación feminina brotan visiblemente no século XIX. Nesa España convulsa na que o liberalismo decimonónico loitaba polas igualdades. A igualdade da muller foi obxecto de análise para o núcleo de intelectuais que formaron a Institución Libre de Ensino e a escola krausista nas últimas décadas. Ao seu lado, aínda que as ideoloxías resulten dispares, Concepción Arenal escribe os primeiros documentos directos do problema, todos eles recollidos no presente volume. H 12910 Historia; Mulleres; Condicións sociais Alguien se acordará de nosotras : mujeres en la ciudad griega antigua / Marina Picazo Gurina. Barcelona : Bellaterra, [2008] O obxectivo principal deste libro é presentar as principais liñas de investigación arqueolóxica e histórica que se desenvolveron nos últimos anos sobre as mulleres nas cidades gregas. Pero o desexo principal da autora é demostrar que a pesar de que a súa cultura esixíselles «dar o menos posible que falar, nin ben nin mal», as mulleres e as súas actividades tiveron un papel esencial na historia da cidade grega. H 23874 Historia; Mulleres; Civilización grega Informe sobre os arquivos públicos en Galicia : unha perspectiva de xénero e feminista / Dolores Pereira Oliveira, Olimpia López Rodríguez, Mariám Mariño Costales Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega, 2019 Elaborado desde unha ollada feminista por iniciativa da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega, este informe presenta unha visión crítica global e actualizada sobre os arquivos públicos de Galicia en toda a súa complexidade, co obxectivo de xerar propostas críticas co patriarcado e co androcentrismo que teñan a posibilidade de se traducir en liñas consolidadas de traballo efectivas. H 24822 Arquivo; Galicia; Sexismo na linguaxe Papá, por que non pintas as unllas de cores? : educando (construíndo) masculinidades disidentes / Jorge García Marín 2ª reimp. Vigo : Galaxia, 2020 Non se nace home ou muller. Apréndese a ser home ou muller. No caso concreto dos