INFORMACIÓN AOS MEDIOS

PROFESIONAIS E CLIENTES DE ABANCA DE TODA PARTICIPARÁN NA CAMPAÑA ESPECIAL DE ADOS CO GALLO DO DÍA MUNDIAL DO DOADOR DE SANGUE

 As unidades móbiles de ADOS desprazaranse esta semana ata 27 localidades para achegar a doazón aos traballadores e traballadoras da entidade, así como aos seus clientes

Santiago, 10 de xuño do 2019.- A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e ABANCA colaboran na posta en marcha dunha campaña especial de doazón de sangue que permitirá aos profesionais e clientes do banco que doen, nas xornadas véspera da conmemoración do Día Mundial do Doador de Sangue que terá lugar o vindeiro venres 14 de xuño. As unidades móbiles de ADOS achegaranse ata 27 localidades, ata lugares próximos ás oficinas principais de ABANCA nestes municipios.

Nas xornadas previas aos desprazamentos das unidades móbiles, ABANCA está a informar a todos os seus profesionais desta iniciativa, distribuíndo material divulgativo sobre a importancia deste xesto solidario e informándolles sobre as visitas das unidades móbiles.

Desprazamentos previstos Os desprazamentos que comprende esta campaña da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue abrangue aos seguintes concellos: A Coruña, , Cesuras, Ferrol, Narón, , , Oleiros, , , , Lugo, Monforte, Monterroso, Vilalba, Mondariz, O Carballiño, Ourense, Viana do Bolo, Arbo, Caldas de Reis, Cangas, Poio, Tui, Vigo, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa

Para coñecer as datas dos desprazamentos e os lugares concretos onde estarán situadas as unidades móbiles de ADOS, poderase consultar na pestana “Onde Doar” da páxina web de ADOS: ados.sergas.gal

Traxectoria de colaboración A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue desexa amosar o seu agradecemento a ABANCA polas facilidades prestadas para o desenvolvemento desta iniciativa que xa ten precedentes coas campañas de doazón de sangue realizadas entre os seus profesionais, reflexo do compromiso desta entidade co solidario xesto da doazón.

Neste sentido, ADOS quere facer extensivo o seu recoñecemento a todos os traballadores e traballadoras de ABANCA que teñen doado sangue nalgunha ocasión e lembrar que nestas semanas, previas ao inicio da campaña de doazón “Verán 2019” resulta preciso incrementar a participación dos doadores e doadoras e, moi especialmente, das persoas que posúen o grupo Cero Negativo, popularmente coñecido como doador universal.

SAÚDOS, GABINETE DE COMUNICACIÓN DA AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE

Gabinete de Comunicación Axencia de Doazón de Órganos e Sangue Avda. Monte da Condesa s/n. 15706- Santiago de Compostela Teléfono: 881 546900- Fax: 981 5931 51 Correo : doadoressangue.ados @ sergas.es