Charles Eugène Barrois No Álbum Da Ciencia

Total Page:16

File Type:pdf, Size:1020Kb

Charles Eugène Barrois No Álbum Da Ciencia ÁLBUM DA CIENCIA: A elaboración desta nova versión do Álbum da Ciencia supón un esforzo investigador e divulgativo dun amplo equipo de especialistas. A dirección foi encomendada a Xosé A. Fraga Vázquez, da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello, quen contou coa colaboración do coordinador desa Sección, Francisco Díaz-Fierros Viqueira, na codirección, e de Alfonso Mato na coordinación e redacción. Charles Eugène Barrois Un traballo xeolóxico que perdurou no tempo Nacemento:Lille (Francia) 1851. Falecemento: Normandía (Francia) 1939 Autor/a da biografía: Bugallo, Ánxela Data de alta: 14/08/2012 Ámbitos de ocupación: Xeoloxía / Paleontoloxía / Charles Barrois naceu no seu dunha familia acomodada de Lille, o que lle permitiu desenvolver os seus traballos científicos sen preocupacións económicas. Educado segundo o modelo clásico no Colexio dos xesuítas de Lille, con dominio do inglés dende neno e grandes coñecementos de español, alemán e latín, entrou en contacto coa universidade en 1871, da man de Jules Gosselet, o fundador da Société géologique du Nord e grande amigo seu, quen o tomou ao seu servizo como preparador de Historia Natural honorífico. Sete anos máis tarde comezou a exercer como maître de conferences de Petrografía, e en 1902 sucedeu ao seu protector Gosselet na cadeira de Xeoloxía, que ocupou ata que a súa xubilación en 1926. Esta cadeira da Universidade de Lille crearase para Gosselet en 1864 e fora unha das primeiras de Xeoloxía en Francia. A dedicación á Universidade compaxinouna con numerosos cargos e responsabilidades, como a dirección do Institut géologique du Nord, a actividade na Société géologique du Nord, que contribuíra a fundar en 1871, e a participación no Conseil Supérieur de l’Instruction Publique. Foi membro, entre outras institucións, da Académie des Sciences dende 1904, secretario xeral do Congrès Géologique International de París no 1900, membro estranxeiro da Royal Society de Londres dende 1913, da de Edimburgo dende 1916 e, tamén, das Academias de Nova York, Madrid e Bélxica. Se ben o seu posto base de actuación foi Lille, durante a primeira parte da súa vida científica Barrois viaxou sen descanso. Nas primeiras investigacións de campo estudou o Cretácico superior de Inglaterra e Irlanda, traballos que recolleu nunha memoria que presentou como tese doutoral na Sorbona en 1876 e que mereceu o premio Viquesnel da Société géologique de France. A conclusión principal do estudo é que Inglaterra presenta unha sucesión de zonas paleontolóxicas diferenciadas, comparables ás encontradas por Hébert na Bacía de París, ou ás do NW de Alemaña. Interesado polos terreos primarios, dende 1876 publicou varios traballos sobre o Paleozoico, en concreto sobre o Silúrico e o Devónico de Finistère (Francia). Dous anos máis tarde publicou unha memoria sobre os terreos cretácicos das Ardennes e das rexións veciñas no norte de Francia. O seu contacto coa xeoloxía de Galicia Atraído polos descubrimentos de Casiano de Prado e Edouard de Verneuil, no verán de 1876 chegou a Madrid, onde foi acollido polos membros da Comisión del Mapa Geológico e onde coñeceu a José Macpherson, con quen iniciou unha longa amizade. Macpherson fixo de guía científico de Barrois en Madrid e axudoulle a equiparse de libros e mapas para o seu traballo. Con ese material emprendeu, na primeira metade do ano 1877, unha viaxe polo norte da Península Ibérica que o levou a percorrer Galicia, Asturias e Santander. Como resultado da viaxe publicou o traballo “Relation d'un voyage géologique en Espagne” (Barrois, 1877), no que realiza comparacións cos terreos semellantes de Francia. Sobre o Primario, as súas revisións e achegas son fundamentais, abranguendo dende o Cámbrico ao Carbonífero, e aportando estudios estratigráficos e paleontolóxicos. Tamén achega datos litolóxicos, principalmente da estrutura das rochas cristalinas, beneficiándose da iniciación adquirida no Collége de France baixo a dirección de Fouqué e Michel-Lévy. Nos anos 1878-1879 viaxou aos Estados Unidos coa intención de investigar as novas capas, como xa fixera en Inglaterra e España, e alí coñeceu ao famoso xeólogo James Hall, quen lle serviu de guía en varias excursións. Tras este breve período, no 1882 aparece a obra fundamental de Barrois sobre Galicia, Recherches sur les terrains anciens des Asturies et de la Galice, onde fai a descrición das primeiras observacións microscópicas sobre rochas galegas, recollidas na súa viaxe do ano 1877, e establece a sucesión estratigráfica do Paleozoico inferior da Galicia oriental. Na obra realiza a primeira división do Cambriano, nun termo inferior que chamou "lousas de Ribadeo", composto de lousas verdes e filadios azuis, e outro superior composto de calizas e lousas verdes que chama "de la Vega". Aínda que as distincións fundamentais do Siluriano xa foran dadas por Schulz, a Barrois pode atribuírselle a primeira división rexional. Tamén estuda detidamente a mancha granítica que chama "de Lugo" e que ocupa a zona máis oriental dos granitos galegos, atribuíndolle a este granito porfídico unha idade claramente posterior ao período Cámbrico, por ter comprobado que atravesa as lousas cámbricas, e aínda que non ve que as capas silúricas teñan sido cortadas, por analoxía cos Pirineos, deixa entrever que poden ser posteriores ao Silúrico. Quizais por non ter estudado a parte occidental de Galicia, non menciona outros tipos de granito dos citados por Schulz. O resultado global do seu traballo foi unha descrición completa dende o Cámbrico ata o Pérmico, fixando por vez primeira os membros xa clásicos do Devónico e determinando, tamén por vez primeira, a idade dos calcáreos griotte no Carbonífero, e a dos calcáreos de Lena e dos Cañones. O seu traballo foi utilizado como base en todas as reconstrucións da Europa herciniana. No prólogo da obra, Barrois fala da colaboración que recibiu dos enxeñeiros que formaban parte da Comisión del Mapa Geológico e, con seguridade, o Mapa Geológico beneficiouse dos seus descubrimentos. A lectura do capítulo 1 mostra que coñecía e valoraba debidamente a bibliografía sobre a zona elaborado antes da súa chegada, froito de medio século de investigacións xeolóxicas nesa mesma área. Das obras citadas na súa lista de antecedentes, empregou multitude de datos, especialmente de Paillette e Schulz, básicos para o xénero de traballo que emprendía, así como a valiosa información paleontolóxica achegada por Verneuil e colaboradores. Considerada, tras a de Schulz, como a segunda monografía fundamental no coñecemento da Xeoloxía e a Paleontoloxía do Paleozoico do norte peninsular, inclúe unha parte paleontolóxica de maior relevancia e unha valiosa utilización dos descubrimentos sobre fauna e flora con finalidades estratigráficas. Así, describiu as series estratigráficas do Carbonífero de Asturias e fixou a súa idade grazas a ese rico contido fosilífero. Reseña 385 especies do Paleozoico de Asturias, que sumadas ás citadas por de Verneuil e por Mallada elevan a 625 o número de especies coñecidas por aquela época no Paleozoico desta zona. Moitas delas aparecen descritas polo miúdo e figuradas nesta monografía de Barrois, considerada como un dos primeiros traballos sistemáticos ou descritivos sobre braquiópodos carboníferos. A súa relevancia neste campo foi tal, que os fósiles recollidos nos depósitos das cadeas costeiras cataláns (concretamente de El Papiol), descubertos por Almera en 1889, foron enviados a Barrois para a súa identificación e datación, aínda que esta última posteriormente foi rectificada por Pruvost, quen tamén confiou en Barrois enviándolle unha importante colección de fósiles de Canoves. A influenza da súa obra principal foi inmediata e aproveitada por todos cantos traballaban en cuestións relacionadas coa Xeoloxía mineira da Cordilleira Cantábrica. A súa escala foi aceptada por todos sen discusión e as súas idades non sufriron retoques ata a introdución de novas divisións no Carbonífero mundial a partir de 1927. A gran difusión debeuse, seguramente, á tradución da obra que fixo J. Egozcue ao ano seguinte da súa publicación e á Explicación del Mapa Geológico de Mallada, onde incluíu enteira a escala de Barrois. Posteriormente percorreu outras zonas da Península, dando conta dos seus descubrimentos e investigacións en distintas revistas científicas. Por exemplo, foi enviado pola Académie des Sciences á Andalucía para o estudio das rexións devastadas polo terremoto de 1884, como parte da misión francesa dirixida por Ferdinand Fouqué. Xunto con Offret presentou, como resultado das investigacións, unha memoria particular sobre a constitución xeolóxica da zona entre Serra Tejeda e Serra Nevada (Barrois; Offret, 1889). As súas descricións rexionais e os cortes xeolóxicos tiveron validez durante moito tempo. Volta a Francia coa mirada na Península Entre 1884 e 1909 traballou no levantamento cartográfico do Mapa Xeolóxico de Francia, na área do Macizo Armoricano. Estudou polo miúdo os terreos da zona mineira do Nord-Pas de Calais, establecendo a transición do Carbonífero ao devónico e facilitando así a investigación dos depósitos de carbón. Ademais, foi administrador da empresa explotadora das minas de carbón de Aniche no Departamento do Norte francés. Dende Francia o interese de Barrois polos terreos do Noroeste peninsular van influír no seu bo amigo José Macpherson, que xa o acompañara en varias excursións de estudo a Galicia e a Asturias. Cando este asiste en 1884 á reunión extraordinaria da Société géologique de France en Finistère (Francia), intercambia opinións cos franceses para comparar os terreos
Recommended publications
  • Texto Completo
    De Re Metallica, 6-7, 2006 pp. 35-42 © Sociedad Española para la Defensa del Patrimonio Geológico y Minero ISSN: 1577-9033 MEDALLAS FRANCESAS Y BELGAS DE HOMENAJE A ALGUNAS PERSONAS RELACIONADAS CON LA MINERÍA, QUE LLEVARON TAMBIÉN A CABO SU LABOR EN ESPAÑA Miguel Calvo Rebollar1 y Guiomar Calvo Sevillano2 1 Facultad de Veterinaria, Universidad de Zaragoza, Miguel Servet 177, 50013 Zaragoza. [email protected] 2 Estudiante de Ciencias Geológicas, Universidad de Zaragoza RESUMEN Entre los personajes en cuyo honor diferentes sociedades emitieron medallas en Francia y Bélgica en el primer tercio del siglo XX, hay algunos relacionados con la minería española. Charles Ledoux fue unos de los fundadores de la “Sociedad Peñarroya”, una de las mayores empresas de minería y metalurgia del plomo, plata y cinc en Espa- ña, Alexandre Pourcel y Adolphe Greiner participaron en el diseño y puesta en marcha de las principales plantas siderúrgicas de Vizcaya, y Charles Barrois realizó un estudió fundamental de los terrenos del Paleozoico de Astu- rias. Estas medallas, realizadas en el estilo propio de la época, representan, además de una expresión artística, un importante testimonio de historia minera. PALABRAS CLAVE: Barrois, Greiner, Ledoux, medallas mineras, Pourcel. ABSTRACT Among the persons in whose honor different French and Belgian societies emitted medals in the first third of the XXth century, there are some also related to the Spanish mining. Charles Ledoux was one of the founders of the “Peñarroya Society“, one of the greater companies of lead, silver and zinc mining and metallurgy in Spain, Alexan- dre Pourcel and Adolphe Greiner participated in the design and running of the main iron and steel plants of Biscay, and Charles Barrois published a fundamental work about the Paleozoic of Asturias.
    [Show full text]
  • Figures Et Acteurs De La Faculté Des Sciences De Lille Et De L'université Des Sciences
    Figures et Acteurs de la Faculté des Sciences de Lille (1854 - 1970) et de l’Université des Sciences et Technologies (1970 - ....) textes parus dans les bulletins de l’ASA (1991 - 2011) Numéro hors série de l’Histoire de la Faculté des Sciences de Lille et de l’Université Lille1 - Sciences et Technologies 2 Histoire de la Faculté des Sciences de Lille et de l’Université des Sciences et Technologies de Lille Tome 1: Contributions à l’Histoire de la Faculté des Sciences (1854 - 1970) Par A.Lebrun, M. Parreau, A. Risbourg, R. Marcel, A. Boulhimsse, J. Heubel, R. Bouriquet, G. Gontier, B. Barfetty, A. Moïses Tome 2: Le Laboratoire de Zoologie (1854 - 1970) Par Roger Marcel et André Dhainaut Tome 3: La Physique à Lille (du XIXème siècle à 1970) Par René Fouret et Henri Dubois Tome 4: L’Institut Electrotechnique (1904 - 1924) et l’Institut Electromécanique (1924 - 1969) par Arsène Risbourg, l’Institut Radiotechnique et les débuts de l’électro nique (1931 - 1969) par Yves Leroy, l’Automatique (1958 - 1997) par Pierre Vidal Tome 5: Histoire de la Botanique à la Faculté des Sciences (1856 - 1970) par Robert Bouriquet, Le Doyen Maige par Raymond Jean Tome 6: L’Electronique à l’Université de Lille de 1968 jusqu’à l’an 2000 par Yves Crosnier Tome 7 : La Physiologie Animale et la Psychophysiologie à la Faculté des Sciences de Lille de 1958 à 1970 par Pierre Delorme et Jean-Marie Coquery Tome 8 : La Géologie à la Faculté des Sciences de Lille de 1857 à 1970 par François Thiébault Tome 9 : L’Institut de Géographie de 1970 à 1986 par un collectif de géographes animé par Alain Barré Ces textes peuvent être trouvés sur le site de l’ASA: http://asa.univ-lille1.fr/spip/spip.php?article22 3 4 Note de l’éditeur Ce fascicule est une compilation de textes publiés dans les bulletins de l’ASA (Association de Solidarité des Anciens ) de l’Université - Lille I parus depuis 1991, date de création de l’association jusqu’à nos jours.
    [Show full text]
  • 19/02/2020 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23
    page 1 19/02/2020 A B CDEF boîte descriptif 1 début fin fonds domaine Enseig 78 Arrêté donnant la liste des CES autorisés 1896 1896 2 Faille (enseignement) 3 78 Mathématiques générales 1902 1959 Faille Enseig 1er cycle 4 78 Astronomie approfondie 1905 1960 Faille Enseig 2e cycle 5 78 Transition PCN >SPCN 1905 1906 Faille Enseig 1er cycle 6 78 Calcul différentiel et intégral 1907 1907 Faille Enseig 2e cycle 7 78 Analyse supérieure 1907 1907 Faille Enseig 2e cycle 8 78 Ingénieur électricien (diplôme de Rosengart) 1911 1911 Faille Enseig ingénieur 9 78 Mécanique appliquée 1919 1938 Faille Enseig 2e cycle 10 78 Chimie physique 1921 1921 Faille Enseig CES de radiotélégraphie transformé en CES de radiotechnique puis en CES de 78 1923 1955 11 radioélectricité et d'électronique Faille Enseig 12 78 CES de mathématiques, physique, chimie (MPC) 1927 1928 Faille Enseig 1er cycle 13 78 Physique supérieure et astrophysique 1928 1930 Faille Enseig 2e cycle 14 78 Mécanique des fluides 1928 1930 Faille Enseig 2e cycle 15 78 Mécanique et physique industrielle 1929 1929 Faille Enseig 2e cycle Electrotechnique générale (1929) et lettre manuscrite non datée de Swynguedauw sur 78 1929 1929 l'admission en troisième année de préparation au diplôme d'ingénieur 16 Faille Enseig ingénieur 17 78 Aérodynamique et hydrodynamique supérieures 1930 1931 Faille Enseig 78 Hydrogéologie, hygiène de l'eau et du sol (1930) et CES géologie appliquée (1949) 1930 1949 18 Faille Enseig 19 78 Chimie de la houille et de ses dérivés 1930 1930 Faille Enseig 20 78 Géographie physique
    [Show full text]
  • Société Géologique Du Nord” (SGN) and Earth Sciences in Northern France
    Blieck, A. and Meilliez, F., 2016. The “Société Géologique du Nord” (SGN) and Earth Sciences in Northern France. Boletín Geológico y Minero, 127 (2/3): 703-710 ISSN: 0366-0176 The “Société Géologique du Nord” (SGN) and Earth Sciences in Northern France A. Blieck(1) and F. Meilliez(2) (1) Past president, and (2) President of the Société géologique du Nord; Université de Lille – Sciences et technologies, UFR Sciences de la Terre, UMR 8198 Evo-Eco-Paléo et UMR 8187 LOG du CNRS, F-59655 Villeneuve d’Ascq cedex (France); [email protected] [email protected] ABSTRACT The “Société Géologique du Nord”, located in Lille, in northern France, was founded in 1870, with Jules Gosselet as the first president. It has always been closely connected to the geology department of the Faculty of Sciences of Lille, now called the “Université de Lille – Sciences et Technologies”, and keeps strong links with the Natural History Museum of Lille. Its activities and evolution were closely related to those of the coal-mining basin of the area until the last shaft was closed in 1990. Its activities are both in the fields of applied and fundamental geosciences. From its beginning, the Society has published the results of the research of its members, both in a periodical journal, the Annales, and as monographies called Mémoires. From the 1970s, the Mémoires have been progressively replaced by Publications, mostly devoted to State doctoral theses. During the transition from the 20th to the 21st century, the activities of the Society have strongly declined, due to several internal and external factors.
    [Show full text]
  • Laudatio Lisa Jardine
    sarton2010.book Page 1 Wednesday, September 29, 2010 8:10 AM SARTONIANA Volume 23 2010 Sarton Chair of History of Science Ghent University sarton2010.book Page 2 Wednesday, September 29, 2010 8:10 AM sarton2010.book Page 3 Wednesday, September 29, 2010 8:10 AM SARTONIANA Volume 23 2010 Editors: R. Rubens and S. Dupre Sarton Chair of History of Sciences Ghent University sarton2010.book Page 4 Wednesday, September 29, 2010 8:10 AM © Academia Press Eekhout 2 9000 Gent T. (+32) (0)9 233 80 88 F. (+32) (0)9 233 14 09 [email protected] www.academiapress.be De publicaties van Academia Press worden verdeeld door: J. Story-Scientia nv Wetenschappelijke Boekhandel Sint-Kwintensberg 87 B-9000 Gent T. 09 255 57 57 F. 09 233 14 09 [email protected] www.story.be Gent, Academia Press, 2010, 121 pp. ISBN 978 90 382 1674 4 D/2010/4804/218 U1505 Opmaak: proxess.be Niets uit deze uitgave mag worden verveelvoudigd en/of openbaar gemaakt door middel van druk, fotokopie, microfilm of op welke andere wijze ook, zonder voorafgaande schriftelijke toestemming van de uitgeverij. sarton2010.book Page 1 Wednesday, September 29, 2010 8:10 AM Table of Contents Introduction. 5 Robert Rubens SARTON CHAIR LECTURE Laudatio Lisa Jardine . 9 Jürgen Pieters Accidental Anglo-Dutch Collaborations: Seventeenth-Century Science in London and The Hague. 15 Lisa Jardine SARTON MEDAL LECTURES Laudatio Jean-Pierre Henriet . 43 Danny Segers The Face of the Ocean: Alphonse-François Renard (1842-1903) and the Rise of Marine Geology . 47 Jean-Pierre Henriet Laudatio Serge Dauchy, 24.02.2010 .
    [Show full text]
  • Figures Et Acteurs
    Figures et Acteurs de la Faculté des Sciences de Lille (1854 - 1970) et de l’Université des Sciences et Technologies (1970 - ....) textes parus dans les bulletins de l’ASA (1991 - 2016) Numéro hors série de l’Histoire de la Faculté des Sciences de Lille et de l’Université Lille1 - Sciences et Technologies Edition: novembre 2016 Edition: novembre 2016 2 Histoire de la Faculté des Sciences de Lille et de l’Université des Sciences et Technologies de Lille Tome 1: Contributions à l’Histoire de la Faculté des Sciences (1854 - 1970) Par A.Lebrun, M. Parreau, A. Risbourg, R. Marcel, A. Boulhimsse, J. Heubel, R. Bouriquet, G. Gontier, B. Barfetty, A. Moïses Tome 2: Le Laboratoire de Zoologie (1854 - 1970) Par Roger Marcel et André Dhainaut Tome 3: La Physique à Lille (du XIXème siècle à 1970) Par René Fouret et Henri Dubois Tome 4: L’Institut Electrotechnique (1904 - 1924) et l’Institut Electromécanique (1924 - 1969) par Arsène Risbourg, l’Institut Radiotechnique et les débuts de l’électronique (1931 - 1969) par Yves Leroy, l’Automatique (1958 - 1997) par Pierre Vidal Tome 5: Histoire de la Botanique à la Faculté des Sciences (1856 - 1970) par Robert Bouriquet, Le Doyen Maige par Raymond Jean Tome 6: L’Electronique à l’Université de Lille de 1968 jusqu’à l’an 2000 par Yves Crosnier Tome 7 : La Physiologie Animale et la Psychophysiologie à la Faculté des Sciences de Lille de 1958 à 1970 par Pierre Delorme et Jean-Marie Coquery Tome 8 : La Géologie à la Faculté des Sciences de Lille de 1857 à 1970 par François Thiébault Tome 9: L’Institut de Géographie de 1970 à 1986 par Étienne Auphan, Alain Barré (coordination) , Brigitte Coisne, Monique Dacharry, Charles Gachelin, Éric Glon, Claude Kergomard, Jean Sommé, Nicole Thumerelle et Jean Vaudois.
    [Show full text]
  • La Société Géologique Du Nord Et Les Sciences De
    La société géologique du Nord et les Sciences de la Terre dans le Nord de la France : science, industrie et société Alain Blieck, Denise Brice, Jacques Charvet, Jessie Cuvelier, Jean-Pierre de Baere, André Dhainaut, Antoine Matrion, Francis Meilliez, Bruno Mistiaen, Thierry Oudoire, et al. To cite this version: Alain Blieck, Denise Brice, Jacques Charvet, Jessie Cuvelier, Jean-Pierre de Baere, et al.. La société géologique du Nord et les Sciences de la Terre dans le Nord de la France : science, industrie et société. Mémoires de la société géologique du Nord, Société géologique du Nord, 2014, 17, pp.3-40. hal-02385542 HAL Id: hal-02385542 https://hal.archives-ouvertes.fr/hal-02385542 Submitted on 10 Dec 2019 HAL is a multi-disciplinary open access L’archive ouverte pluridisciplinaire HAL, est archive for the deposit and dissemination of sci- destinée au dépôt et à la diffusion de documents entific research documents, whether they are pub- scientifiques de niveau recherche, publiés ou non, lished or not. The documents may come from émanant des établissements d’enseignement et de teaching and research institutions in France or recherche français ou étrangers, des laboratoires abroad, or from public or private research centers. publics ou privés. Mém. Soc. Géol. Nord. T. XVII, p. 3-40, Décembre 2014. LA SOCIETE GEOLOGIQUE DU NORD ET LES SCIENCES DE LA TERRE DANS LE NORD DE LA FRANCE : SCIENCE, INDUSTRIE ET SOCIETE The Société Géologique du Nord and Earth sciences in northern France : Science, Industry and Society par Alain BLIECK (1), avec la collaboration de Denise BRICE (2), Jacques CHARVET (3), Jessie CUVELIER (1), Jean-Pierre DE BAERE (4), André DHAINAUT (5), Antoine MATRION (6), Francis MEILLIEZ (1), Bruno MISTIAEN (2), Thierry OUDOIRE (7), Jean RICOUR (8), Jean SOMMÉ (9) & Alain TRENTESAUX (1) Résumé.
    [Show full text]
  • Annals of Bryozoology 3: Aspects of the History of Research on Bryozoans
    Paper in: Patrick N. Wyse Jackson & Mary E. Spencer Jones (eds) (2011) Annals of Bryozoology 3: aspects of the history of research on bryozoans. International Bryozoology Association, Dublin, pp. viii+225. THE PARISIAN SCHOOL OF BRYOZOOLOGY 35 The Parisian School of Bryozoology Jean-Loup d’Hondt Département “Milieux et peuplements Aquatiques”, Muséum National d’Histoire Naturelle, 55 rue Buffon, F-75005 Paris, France 1. Introduction 2. The authors and their influences 3. Annex: The isolated (mainly non-Parisian) French bryozoologists 4. In conclusion: now and the future? Appendix. Known burial places of the French bryozoologists 1. Introduction The study of the Bryozoa in France was essentially carried out in the Muséum National d’Histoire Naturelle (Paris), and in six universities, those of Bordeaux, Lille, Lyon, Marseilles, Montpellier and Paris. In Marseille and Montpellier, the scientists were only interested in Recent species, in Bordeaux and Lyon principally by the fossils, and in Lille and Paris in both living and fossil forms. The Parisian University ran some marine stations, where the scientists carried out research in the field, as well as undertaking further studies at their laboratories in Paris. The observations made in the marine station were an extension of research carried out at Roscoff, Banyuls-sur-Mer and Villefranche-sur-Mer. The Museum also owns the marine station of Dinard. Various investigators were not attached to a particular marine laboratory but carried out their research topics elsewhere sometimes in relative isolation, perhaps owing to the requirements of their own specialities. The works on the Bryozoa were conducted successively during several centuries in Paris, beginning in Muséum National d’Histoire Naturelle from the 17th century and continued up to now in the faculty of sciences.
    [Show full text]
  • Annals Cover 5
    THIS VOLUME CONTAINS A BIBLIOGRAPHICAL INDEX OF DECEASED BRYOZOOLOGISTS WHO RESEARCHED FOSSIL AND LIVING BRYOZOANS. ISBN 978-0-9543644-4-9 INTERNATIONAL 1f;��'f ' ;� BRYOZOOLOGY � EDITED BY ASSOCIATION PATRICK N. WYSE JACKSON & MARY E. SPENCER JONES i Annals of Bryozoology 5 ii iii Annals of Bryozoology 5: aspects of the history of research on bryozoans Edited by Patrick N. Wyse Jackson & Mary E. Spencer Jones International Bryozoology Association 2015 iv © The authors 2015 ISBN 978-0-9543644-4-9 First published 2015 by the International Bryozoology Association, c/o Department of Geology, Trinity College, Dublin 2, Ireland. Printed in Ireland. All rights reserved. No part of this book may be reproduced or stored in any form by any means, electronic or mechanical, including photography, photocopying, recording or by any other means, without the prior written permission of the publisher. Cover illustrations Front: Photographic portraits of twelve bryozoologists: Top row (from left): Arthur William Waters (England); Hélène Guerin-Ganivet (France); Edward Oscar Ulrich (USA); Raymond Carroll Osburn (USA); Middle row: Ferdinand Canu (France); Antonio Neviani (Italy); Georg Marius Reinald Levinsen (Denmark); Edgar Roscoe Cumings (USA); Bottom row: Sidney Frederic Harmer (England); Anders Hennig (Sweden); Ole Nordgaard (Norway); Ray Smith Bassler (USA). Originals assembled by Ferdinand Canu and sent in a frame to Edgar Roscoe Cumings in and around 1910-1920 (See Patrick N. Wyse Jackson (2012) Ferdinand Canu’s Gallery of Bryozoologists. International Bryozoology Association Bulletin, 8(2), 12-13. Back: Portion of a plate from Alicide d’Orbigny’s Paléontologie française (1850–1852) showing the Cretaceous bryozoan Retepora royana. Background: Structure of Flustra from Robert Hooke’s Micrographia (1665).
    [Show full text]
  • The Palaeontological Association 48Th Annual Meeting 17Th-20Th December 2004 University of Lille
    Newsletter 57 I 97 The Palaeontological Association 48th Annual Meeting 17th-20th December 2004 University of Lille ABSTRACTS Newsletter 57 I 98 ANNUAL MEETING ANNUAL MEETING Newsletter 57 I 99 The Palaeontological Association Venue, Accommodation and Travel Detailed information will be sent to all registered participants before mid-November, Lille is easily accessible from London by Eurostar high speed trains (appr, 1 hour 40 minutes). 48th Annual Meeting You can also come to Lille by using TGV high speed trains from Paris (1 hour) and Bruxelles (40 minutes), or other cities. 17th-20th December 2004 The seminar and icebreaker (Friday 17th) are in the city centre, the seminar will take place in the Musée des Beaux-Arts, the icebreaker in the Musée d’Histoire Naturelle, The regular sessions, the Annual Address, Reception and Annual Meeting are taking place on Laboratoire de Paléontologie et the campus of the Université des Sciences et Technologies de Lille at Villeneuve d’Ascq, that can Paléogéographie du Paléozoïque (LP3), easily be reached by metro (underground train) in about 15 minutes from the city centre of Lille, Sessions will take place in the Congress Centre MACC on the campus (five minutes’ walk from the Université des Sciences et Technologies de metro station «Cité Scientifique». Lunches, Reception and the Annual Dinner take place in the University restaurant «Charles Barrois», just next to the metro station «Cité Scientifique» (about Lille eight minutes’ walk from the MACC). Accommodation is organised in different hotels (IBIS hotels or other). Most participants stay at On the following pages you will find the preliminary programme, schedule of events and Villeneuve d’Ascq, in hotels located at some 15 to 20 minutes’ walking distance from the MACC.
    [Show full text]
  • Proceedings Geological Society of London
    PROCEEDINGS OF THE GEOLOGICAL SOCIETY OF LONDON. SESSION 1909-1910. November 3rd, 1909. Prof. W. J. SOLLAS, LL.D., Sc.D., F.R.S., President, in the Chair. The List of Donations to the Library was read. The following communications were read :-- 1. ' Certain Jurassic (Lias-Oolite) Strata of South Dorset, and their Correlation.' :By S. S. Buckman, F.G.S. 2. ' Certain Jurassic (" Inferior Oolite ") Ammonites and Brachio- poda.' :By S. S. Buckman, F.G.S. 3. ' The Granite-Ridges of Kharga Oasis : Intrusive or Tectonic?'1 By William Fraser [-[ume, D.Sc., A.R.S.M., F.G.S., Director of the Geological Survey of Egypt. 4. ' The Cretaceous and Eocene Strata of Egypt.' By William Fraser ]-[ume, D.Sc., A.R.S.M., F.G.S., Director of the Geological Survey of Egypt. The following specimens and maps were exhibited :- Ammonites, etc. from the ' Inferior Oolite,' exhibited by S. S. :Buckman, F.G.S., in illustration of his papers. Fossils, rock-specimens, and lantern-slides, exhibited by Dr. W. F. Hum~, A.R.S.M., F.G.S., in illustration of his papers. Carte g4ologique internationale de rEurope, i.~oo.ooo1 : Livraison V[, Sheets EII, F II, F III, Berlin, 1909 ; prese~lted by the Map Com- mission of the International Geological Congress. l Withdrawn by permission of the Council. VOL. LXVI. PROCEEDINGS OF THE GEOLOGICAL SOCIET~'. [Feb. IOIO, :November 17th, 1909. Prof. W. J. SOLLAS, LL.D., Sc.D., F.R.S., President, in the Chair. James Alexander Haddon Armstrong, Dumisa, via Esperanza (Natal); Robert Alexander Farquharson, B.A., St.
    [Show full text]
  • The VIII International Geological Congress, Paris 1900
    336 Articles by O. Puche Riart, L. F. Mazadiego Martínez and P. Kindelán Echevarría The VIII International Geological Congress, Paris 1900 Escuela Técnica Superior de Ingenieros de Minas-Universidad Politécnica de Madrid. E-mail: [email protected], [email protected], and [email protected] France wanted to be the world centre of science and the Conference Palace of the Paris culture at the time of the Universal World Exhibition in Universal Exhibition in Place de l'Alma. The ceremony was led by the 1900 and therefore welcomed several international con- Conference Chair, Albert Gaudry gresses to Paris that year, including the VIII Interna- (1827–1908). He was a palaeontolo- tional Geological Congress. Some of the participants gist and professor at the Natural His- tory Museum and had been Vice- and organisers of this meeting are described and the Chairman of the first International participants and contributions are analysed by country. Geology Congress (Ellenberger, Topics in physical geography, tectonics and mineral 1970) (Figure 2). The Congress Sec- retary was the naturalist and former deposits attracted particular attention. The main Con- President of the Société Géologique gress themes are described and details of the numerous de France, Charles Barrois field excursions are also provided. No major scientific Figure 2 Albert Gaudry. (1851–1939) (Figure 3). Two distin- advances occurred as a result of the Congress but it pro- guished vice-presidents collaborated with them: Auguste Michel-Lévy vided the opportunity for valuable exchanges of infor- (1844–1911), a renowned petrologist mation and ideas and impetus to several fields. and chair of the French Geological Map Commission (Figure 4), and Marcel Bertrand (1847–1907), a tec- Introduction tonicist and Professor at the École des Mines in Paris (Figure 5).
    [Show full text]