ASAS MULLERES,MULLERES, OBXECTOOBXECTO EE SUXEITOSUXEITO DADA ARTEARTE Guillermina Domínguez Data de publicación: 24/07/2009 CONSELLO DA CULTURA GALEGA Comisión de Igualdade Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia) Tel: +34 981 957 202/ Fax: +34 981 957 205 /
[email protected] AS MULLERES, OBXECTO E SUXEITO DA ARTE Data de publicación: 24/07/2009 Guillermina Domínguez ANTIGÜIDADE “Fausto.- ¿Quen é isa? Mefistófeles.- Mírala ben. É Lilith. Fausto.- ¿Quen? Mefistófeles.- A primeira muller de Adán. Gárdate da súa fermosa cabeleira, a única gala que luce. Cando con ela atrapa a un rapaz non o deixa doadamente.” (Goethe: “Fausto) século XV Irmáns Limbourg. O Paraíso Terreal ,detalle. Miniatura do manuscrito iluminado, Século XV. Les tres riches heures du Duc de Berry. Condé, Chantilly Representación escultórica de Eva , “La tentación de Baixorrelevo de Pandora, creada Eva”.Capitel da portada da Catedral de Autun. sempre aparece, por Zeus,como castigo dos homes. tentadora, responsable dos males do mundo. Da caixa que está abrindo, saían as dores e as calamidades, segundo Hesíodo. Se ben na imaxe do Libro de Horas do Duque de Berry, a muller con cola de serpe é unha das moitas representacións do diablo (foto 1), na obra de Cox, cuxa protagonista es Lilith, o artista ofrécenos unha dobre exéxeses do personaxe: así, na parte superior, Lilith aparece como unha Eva seductora e seducida pola serpe, o seu corpo é totalmente humano; sen embargo na parte inferior, Cox, (séc.XIX) recorda a parte infernal de Lilith e represéntaa na súa forma metade humana, metade réptil; este réptil de símbolos polivalentes, principio feminino e do mal inherente a todo o terreal, ía a ser un dos emblemas máis recorrentes da iconografía da muller perversa, tanto na literatura Kenyon Cox,Lilith,c.1892 como nas artes visuais.