Comunicación social e opinión pública nas ditaduras Narrativas, idearios e representacións COORD. ED. Alberto Pena Rodríguez Mª Victoria Martíns Rodríguez Xosé Manuel Baamonde Silva Mónica Valderrama Santomé 4 5 6 Edición Vicerreitoría de Relacións Institucionais e Comunicación da Universidade de Vigo Research Network for the Study of Fascisms, Authoritarianisms, Totalitarianisms and Transitions to Democracy (REFAT) Dirección web da REFAT: https://site.unibo.it/refat/en Coordenadores da edición Alberto Pena Rodríguez Mª Victoria Martíns Rodríguez Xosé Manuel Baamonde Silva Mónica Valderrama Santomé Dirección da REFAT Alberto De Bernardi (coordenador) João Paulo Avelãs Nunes Luciano Aronne de Abreu (vicecoordenadores) Comité científico da Research Network for the Study of Fascisms, Authoritarianisms, Totalitarianisms and Transitions to Democracy (REFAT) Gilvan Dockhorn, Mirco Dondi, Alessio Gagliardi, Álvaro Garrido, Emilio Grandío Seoane, Tatyana de Amaral Maia, Carme Molinero, Matteo Pasetti, Heloisa Paulo, Alberto Pena Rodríguez, Luís Reis Torgal e Marco Aurélio Vannucchi Deseño gráfico Tatiana Lameiro González Universidade de Vigo Maquetación e preimpresión Tatiana Lameiro González Universidade de Vigo Fotografía da portada Adobe Stock nº: 246479944 ISBN 978-84-8158-886-6 Data da edición Marzo 2021 © Autores da obra: Emilio Grandío Seoane, Carme Molinero, Matías Rodríguez da Torre, Xosé Manuel Baamonde Silva, Mário Matos e Lemos, Luís Reis Torgal, Fernando Tavares Pimenta , Alberto Pena Rodríguez, Alberto De Bernardi, Pietro Pinna, Luciano Aronne de Abreu, Gilvan Veiga Dockhorn, Pablo Sapag, Marcos Gutemberg e Denise Rollemberg Consello Social Universidade de Vigo 7 Comunicación social e opinión pública nas ditaduras Narrativas, idearios e representacións 13 PREFACIO 01 Movemento católico 18 ¿CEDA… POPULISTA? LA IMAGEN POLIÉDRICA DEL CATOLICISMO SOCIAL DE na II República, ‘MASAS’ DURANTE LA SEGUNDA REPÚBLICA ESPAÑOLA. política social Emilio Grandío Seoane 36 POLÍTICA SOCIAL Y PROPAGANDA EN EL e represión no RÉGIMEN FRANQUISTA franquismo Carme Molinero 52 REPRESIÓN DA LINGUA E CULTURA GALEGAS: DO FRANQUISMO Á ACTUALIDADE Matías Rodríguez da Torre Xosé Manuel Baamonde Silva 02 Censura, opinión 66 A CENSURA E AS REVOLTAS DE 1931: MADEIRA, AÇORES, GUINÉ E SÃO TOMÉ pública e oposición Mário Matos e Lemos 74 O TEATRO E A OPINIÃO PÚBLICA NO á ditadura en ESTADO NOVO: ESTUDO DE CASOS Portugal Luís Reis Torgal 98 O ESTADO NOVO E O CONTROLO (TITUBEANTE) DA IMPRENSA COLONIAL EM MOÇAMBIQUE. OS PERÍODOS ELEITORAIS, A PROPAGANDA POLÍTICA E A OPOSIÇÃO AO SALAZARISMO (1945-1958) Fernando Tavares Pimenta 112 OPOSICIÓN POLÍTICA Y PROPAGANDA ANTIFASCISTA EN ESTADOS UNIDOS: JOÃO CAMOESAS Y EL SURGIMIENTO DEL PACD Alberto Pena Rodríguez 03 Poder, prensa 132 ALIMENTAZIONE E POTERE NELL’ESPERIENZA FASCISTA e proxección Alberto De Bernardi 148 IL FASCISMO E LA STAMPA ITALIANA internacional ALL’ESTERO. PROPAGANDA E COSTRUZIONE DEL CONSENSO TRA EMIGRATI E CITTADINI do movemento STRANIERI fascista italiano Pietro Pinna 04 Intelectuais, 168 AUTORITARISMO POLÍTICO EN BRASIL: INTELECTUALES Y PRENSA narrativas Luciano Aronne de Abreu 182 DOS SILÊNCIOS E DAS NARRATIVAS DO e propaganda PASSADO RECENTE AOS IMPACTOS NA ATUAL POLÍTICA BRASILEIRA do autoritarismo Gilvan Veiga Dockhorn en Brasil e Chile 212 LA DICTADURA MILITAR CHILENA Y SUS DISÍMILES RESULTADOS PROPAGANDÍSTICOS. DEL TRIUNFO DEL CREDO NEOLIBERAL AL APARENTE FRACASO POLÍTICO (1973-1990) Pablo Sapag 05 Estratexias de 232 O PODER DA MENTIRA E A GUERRA CONTRA A VERDADE: A INVENÇÃO DA REALIDADE NA persuasión nazi ALEMANHA NAZISTA Marcos Guterman e representacións 250 MEMÓRIA VERSUS HISTÓRIA: O CASO DOS SETTE FRATELLI da memoria Denise Rollemberg 12 13 PREFACIO 14 PREFACIO Esta obra contén unha escolma das ponencias presentadas no XII Congreso internacional da Research Network for the Study of Fascisms, Authoritarianisms, Totalitarianisms and Transitions to Democracy (REFAT, con sede electrónica na Universidade de Bolonia - https://site.unibo.it/refat/en -, e integrada por varias decenas de investigadores de Italia, 15 Portugal, Brasil e España) celebrado na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo (campus de Pontevedra) entre o 16 e o 18 de outubro de 2019. O evento reuniu a un conxunto de historiadores de varias especialidades para abordar o fenómeno da comunicación social atendendo ás interaccións da opinión pública cos diferentes actores políticos en contextos autoritarios ou de transicións dende rexímenes ditatoriais a modelos democráticos. Un tema de enorme interese para comprender, con perspectiva histórica, o xurdimento e a proxección mediática de líderes políticos, movementos ou gobernos autoritarios que están a transformar actualmente as sociedades contemporáneas e a estrutura das relacións internacionais. Mediante diferentes metodoloxías de análise centradas nos movementos autoritarios dos séculos XX e XXI no Sur de Europa e Latinoamérica dende escenarios de reflexión teórica ou temática comparada sobre os múltiples enfoques do tema de estudo, os autores debullan os aspectos máis relevantes sobre as técnicas e as estratexias de comunicación. De maneira especial, a obra estuda fenómenos políticos asociados ó fascismo italiano, ó franquismo, ó sa- lazarismo e ó varguismo como modelos autoritarios ou totalitarios paradigmáticos na historia contemporánea, tendo en conta tamén os posibles reflexos ou semellanzas que puideron ter noutros países. Pero tamén hai aproximacións á propaganda na Alemaña nazi, na ditadura chilena de Augusto Pinochet ou no Brasil de Jair Bolsonaro. Nos diferentes capítulos, que manteñen a lingua orixinal dos seus autores (en portugués, italiano, castelán ou galego) reflíctese sobre a relevancia fundamental que ten a comunica- ción política na configuración da esfera pública e na creación de consensos inducidos desde o poder político ou institucional. Como se pode observar no índice, o libro está dividido en cinco partes. A primeira analiza o movemento católico durante a II República española, a política social e a represión no franquismo; a segunda aborda a censura, a opinión pública e a oposición á ditadura en Portugal; a terceira estuda o fascismo italiano e a súa proxección internacional; a cuarta os autoritarismos e as súas narrativas en Brasil e Chile; e a quinta achégase ao nazismo a través da memoria e as súas estratexias de propaganda. O conxunto destas aportacións científicas analiza tanto os formatos das mensaxes e as representacións simbólicas de carácter ideolóxico como os emisores e os medios por eles utilizados ca intención de persuadir ós receptores, co obxectivo de instaurar ou consolidar sistemas políticos autoritarios ou totalitarios que basearon ou basean a sua lexitimación pública no uso da propaganda de masas ou na desinformación, como técnica que pervirte o fundamento mesmo do debate democrático. 16 Xa que logo, con esta nova edición a REFAT profundiza no estudo do complexo fenómeno da comunicación persuasiva e do control mediático como instrumentos esenciais de gober- nos ou movementos políticos que se serven, entre outros mecanismos, da violencia simbólica ou retórica para manipular e dominar os espazos de debate público para xerar consensos masivos. Con outro enfoque, este tema xa foi abordado pola REFAT a través de dúas apro- ximacións académicas anteriores nos seus seminarios Estados autoritários e totalitários e suas representações (celebrado na Universidade de Coimbra en 2007, con actas editadas por Luís Reis Torgal e Heloisa Paulo na Imprensa da Universidade de Coimbra, 2008, ISBN: 978-989- 8074-53-9) e A cultura do poder. A propaganda nos Estados autoritários (celebrado na Illa de San Simón, ría de Vigo, Pontevedra, en 2013, con edición a cargo de Alberto Pena Rodríguez e Heloisa Paulo na IUC en 2016, ISBN: 978-98926-1063-4). Por último, os organizadores do congreso e coordinadores desta edición desexan agradecer encarecidamente o patrocinio e apoio institucional ou científico das seguintes entidades: Consello Social da Universidade de Vigo, Vicerreitoría do Campus de Pontevedra, Vicerrei- toría de Comunicación e Relacións Institucionais, Facultade de Ciencias Sociais e da Comu- nicación, Concello de Pontevedra, Deputación Provincial de Pontevedra, Centro de Estudos Interdisciplinares do Século XX (CEIS20) da Universidade de Coimbra, Dipartamento de Storia Cultura Civiltà da Universidade de Bolonia, Pontifícia Universidade Católica de Rio Grande do Sul, Centro d’ Estudi sobre Dictadures i Democràcies (CEDID) da Universitat Au- tònoma de Barcelona e Grupo de Investigación sobre Historia Política e dos Nacionalismos (HISPONA) da Universidade de Santiago de Compostela. Queremos expresar especialmente o noso recoñecemento ao presidente e secretario do Consello Social da Universidade de Vigo, D. Ernesto Pedrosa Silva e D. Ignacio Rodríguez Iglesias respectivamente, ao vicerreitor do Campus de Pontevedra, Dr. Jorge Soto Carballo, e á concelleira de Cultura do Concello de Pontevedra, Dna. Carmen Fouces. Os coordenadores da edición, Alberto Pena Rodríguez Mª Victoria Martíns Rodríguez Xosé Manuel Baamonde Silva Mónica Valderrama Santomé 17 01 Movemento católico na II República, política social e represión no franquismo ¿CEDA… POPULISTA? La reacción conservadora frente a la llegada LA IMAGEN POLIÉDRICA DEL de la II República en España fue rápida. Tras CATOLICISMO SOCIAL DE el shock inicial, en meses se creó y desarrolló 20 ‘MASAS’ DURANTE LA SEGUN- toda una estructura política de enorme éxito DA REPÚBLICA ESPAÑOLA
Details
-
File Typepdf
-
Upload Time-
-
Content LanguagesEnglish
-
Upload UserAnonymous/Not logged-in
-
File Pages256 Page
-
File Size-