(XXXI) Quíxose Con Primor E Feitura

(XXXI) Quíxose Con Primor E Feitura

CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO (XXXI) FILGUEIRA VALVERDE HOMENAXE Quíxose con primor e feitura CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO (XXXI) FILGUEIRA VALVERDE HOMENAXE Quíxose con primor e feitura Edición de Luís Cochón Laura Mariño Taibo CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Directores: Luís Alonso Girgado Xosé Luís Cochón Touriño Ramón López Vázquez Consello asesor: Xesús Ferro Ruibal Anxo González Fernández Ramón López Vázquez Segundo Pérez López Manuel Quintáns Suárez Anxo Tarrío Varela Andrés Torres Queiruga Edita: Xunta de Galicia Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades Secretario Xeral de Política Lingüística: Valentín García Gómez Coordinador científico: Manuel González González Director Técnico de Literatura: Anxo Tarrío Varela © Textos: dos autores © Edición, miscelánea introdutoria e notas: Luís Cochón © Debuxo da cuberta: Xaime Quessada Maquetación e impresión: Grafisant, S.L. ISBN: 978-84-453-5188-8 Depósito legal: C 730-2015 ÍNDICE Mester de louvor (Arcadio López-Casanova) .................................. 7 Miscelánea introdutoria (Luís Cochón) ......................................... 11 Nota de edición ............................................................................. 29 ARTIGOS ACUÑA, Ana: Xosé Filgueira Valverde e O Gaiteiro de Lugo ......... 35 ALONSO MONTERO, Xesús: A miña relación persoal e literaria con Xosé Filgueira Valverde ........................................................... 51 ANGUEIRA, Anxo: A Rosalía de Filgueira Valverde ..................... 71 BARREIRO FERNÁNDEZ, Xosé Ramón: Filgueira Valverde e a reformulación da identidade galega ............................................... 85 BERAMENDI, Xusto: A xeira nacionalista de Filgueira Valverde (1920-1936) .................................................................................. 103 BLANCO FREIJEIRO, Antonio: O bruar do mar da Lanzada ..... 131 BREA, Mercedes; GUIADANES, Antonio; RON, Xabier: Filgueira investigador e divulgador do feito trobadoresco ............................. 133 CASAS, Arturo: Agromar. Farsa para rapaces (1936), a tentativa teatral de Filgueira Valverde ........................................................... 149 CERVIÑO GONZÁLEZ, Francisco: Filgueira Valverde. Literatura e política ....................................................................................... 171 CHACÓN, Rafael: Pontevedra e os seus nomes ............................ 177 CORRAL DÍAZ, Esther: Don Xosé Filgueira Valverde e os estudos da épica galego-portuguesa medieval ............................................. 187 DASILVA, Xosé Manuel: A actividade de Filgueira Valverde como camonista ...................................................................................... 197 5 DÍAZ-FIERROS VIQUEIRA, Francisco: Filgueira, tamén na ciencia galega ............................................................................................ 217 DOPORTO REGUEIRA, Cecilia; DOCOBO MARTÍNEZ, José Ángel: A relación epistolar de Filgueira co astrónomo e matemático Ramón María Aller ........................................................................ 233 FIDALGO, Elvira: Filgueira Valverde e as Cantigas de Santa María 249 FORCADELA, Manuel: A Compostela de Filgueira ..................... 267 GARCÍA MARTÍNEZ, Carlos: Filgueira no “Padre Sarmiento” .... 273 GONÇALVES, Elsa: Don Xosé Filgueira Valverde e a lírica trovadoresca galego-portuguesa...................................................... 291 JIMÉNEZ CASAS, Cipriano Luís: Día das Letras Galegas 2015 (Xosé Fernando Filgueira Valverde) ............................................... 305 LAVAUD-FAGE, Éliane: Don José ............................................... 313 LÓPEZ CASANOVA, Arcadio: Poética e poesía das 6 canciones de mar in modo antico ........................................................................ 317 LOPO, Antón: O baúl de don Xosé. Os Adral, a nostalxia e a infancia en Filgueira Valverde ..................................................................... 335 LOSADA, Basilio: Adral ................................................................ 345 MILLÁN GONZÁLEZ-PARDO, Isidoro: Orixes de Compostela 353 OTERO URTAZA, Fernando: Un legado de Filgueira: os cantores do Instituto .............................................................................................. 357 REGUEIRO TENREIRO, Manuel: Filgueira Valverde, procurador en Cortes ....................................................................................... 379 SAAVEDRA, Pegerto: Xosé Filgueira Valverde, camiñando polos vieiros abertos por Feijoo e Sarmiento ........................................... 405 VALLE PÉREZ, X.C. : Xosé Filgueira Valverde (1906-1996) e a historia da arte galega .................................................................... 417 VILLARES, Ramón: A creación do Consello da Cultura Galega. O papel de Xosé Filgueira Valverde .................................................... 445 6 MESTER DE LOUVOR Dicir mester quixera de louvor e lembranza. Xosé Filgueira amigo, meu señor da palabra, da flor do Tempo soubo dar froito e máis anada, home bo que foi sempre, vida a súa granada. Xose Filgueira amigo e mestre de favor, da que din a Boa Vila seu sentido amador; coa Compostela eterna no adral do corazón , ourive foi de obra luída con fervor. Pontevedra a súa Casa, tan querido fogar e as ribeiras do Lérez namoro seu no ollar; a Compostela en pedra e choiva de anainar ben mozo engaiolouno, deunos dela o cantar. Xosé Filgueira o mestre, aberto e xeneroso, no sentimento seu Galicia foi o soño; amar amou a Terra e amou a voz do pobo; do Cantábrico ó Trega todo o viviu con gozo. Dicir mester quixera de lembranza e louvor, Xosé Filgueira amigo, o bo mestre e señor; aquel da obra cumprida, aquel dun labor á vida súa afeita e feita con amor. Xosé Filgueira mestre, amigo e home bo, por vós o mester trobo de lembranza e louvor! Arcadio López-Casanova 7 MISCELÁNEA INTRODUTORIA LUÍS COCHÓN I. Fixo don Xosé Filgueira para a Gran Enciclopedia Gallega, en castelán, 23 entradas, sub nomine ou sub voce (non se falaba aínda de ítem) ben a requirimento ben por iniciativa propia, membro do Consello consultivo, pensando en voces que non podían faltar no elenco enciclopédico desta petita patria (a formulación é de Salvador Espriu, cando fala da súa) que chamamos Galicia e mesmo Galiza (véxase sub verba, a nota de prodixiosa erudición de Isidoro Millán González-Pardo, tan esclarecedora, na colección), Galicia/Galiza de dupla lección dende o fondo das idades. Tales achegas, ó saber e entender de quen as asina, declaran unha escolla doada no bo facer do autor, na fasquía, na tonalidade, tamén da extensión acorde, no tino, na capacidade de síntese e de alta divulgación, que veñen aquí consontes, disciplinares, trivio e cuadrivio: semper docuit... Tense dito de Sarmiento, frade bieito a quen don Xosé (así era invocado polos seus alumnos, sen máis adherencia) tivo como guieiro, Padre Mestre na súa orde, Sarmiento, Filgueira foino, semper docuit, asemade, na que tivo de seu, no século, mestre insigne da paideia de noso, quimera docente que veu ser o máis alto timbre gratulatorio no seu labor de educador, sempre, e mais despois. Provén Filgueira da magna estirpe dos ilustrados do setecentos, da sabia erudición do XVIII, da xenia de Feijoo e Sarmiento: cartas, críticas, ditames debeladores ortodoxos, de erros comúns e supersticiosos, na diversa Hispania de Ambos Mundos (non en van, foi Sarmiento o derradeiro Cronista de Indias). Pódese inventariar, autorizar e prodigar, tan só así, os innúmeros saberes cos que o meu mestre ten estrado os nove libros de ADRAL, nova enciclopedia revisada, aumentada, posta ó día e corrixida, e en galego. ADRAL (os nove adrais, cada un co seu número ordinal, romano ou en letra) configura as nosas etimoloxías, como pobo que somos verdadeiramente (`étimo´ e `verdadeiro´ o mesmo ten). Quen asina estas 22 entradas (non vaian ser 23), ensinou moito e equivocouse pouco, na palabra e na escrita. Dito sexa na súa honra. Non terá que cantar a palinodia, que outros si que por aí se andan. Non. Sabía o que tiña que saber, competente, docto e capaz no plinto dos mellores, 11 dotado dese plus carismático que, soamente en grandes educadores como el, que o foi a sabor, darse pode. Está por estudar a faceta americanista de JFV, innúmeras achegas de corte biográfico, as máis: como mostra, a entrada Sarmiento de Gamboa, Pedro. As corrigenda non eran do seu gusto nin sentaban á súa mesa. Non estaba Filgueira afeito á critica contra el, e aínda á autocrítica. Por iso –coido que única mostra– (in gurgite vasto) no artigo1 admirable que envía para a homenaxe a Rodríguez-Moñino (outro príncipe das Letras, compañeiro de oposición) fai acordo de si propio e do seu amigo: “y [me] corregía constantemente las concesiones de mi eclecticismo galaico o la tendencia a la generalización. Era el rigor del bibliófilo frente a la improvisación [mía]”. “Confieso que ante su primera y seca admonición, me sentí confuso, aunque venía acostumbrado a las no menos tajantes de Sampedro [y Folgar] y de Sánchez Cantón”. II. Filgueira na clase e fóra dela O primeiro labor de Filgueira é o de profesor, sempre. Semper docuit. Na aula e fóra da aula, no Instituto e no Museo, nas clases maxistrais en tódolos foros: o de conferenciante, por miles. Nunca se negou a ir cando o chamaron: na Universidade, na Academia, no Padre Sarmiento, as institucións, os ateneos, as casas de cultura, as asociacións culturais, ou mesmo as asociacións

View Full Text

Details

  • File Type
    pdf
  • Upload Time
    -
  • Content Languages
    English
  • Upload User
    Anonymous/Not logged-in
  • File Pages
    472 Page
  • File Size
    -

Download

Channel Download Status
Express Download Enable

Copyright

We respect the copyrights and intellectual property rights of all users. All uploaded documents are either original works of the uploader or authorized works of the rightful owners.

  • Not to be reproduced or distributed without explicit permission.
  • Not used for commercial purposes outside of approved use cases.
  • Not used to infringe on the rights of the original creators.
  • If you believe any content infringes your copyright, please contact us immediately.

Support

For help with questions, suggestions, or problems, please contact us