Grial : Revista Galega De Cultura. Núm. 99, 1988

Grial : Revista Galega De Cultura. Núm. 99, 1988

nn xaneiro febreiro marzo Tomo XXVI-19 8 8 GRIAL ANTONIO TOVAR: As orixes dos pobos peninsulares, segun- dom a lingüística t . X. ALONSO MONTERO: Prehistoria da Academia Galega. PEDRO BENAVENTE: 0 Diccionario Xerais lido por un veterinario. LUZ POZO GARZA: X. L Franco Grande: Á búsqueda da ¡den- tidade. VICENTE ARAGUAS: Diario de Dublín. GIUSEPPE TAVANI: Propostas para unha nova lectura da can- Na historia do AS MOCEDADES galeguismo anterior á guerra civil, as GALEGUISTAS Mocedades Galeguisras xogaron un papel de indubitable importancia, pero non ben coñecido nos nosos días, pese ó testemuño ArximiroRojo de moitos dos seus dirixenr.es, algúns dos cales teñen aínda hoxe un protagonismo destacado na vida cultural e política do país. Nacidas dun xeito inorgánico arredor do Partido Galeguista, as Mocedades celebraron a súa prime ira Asamblea en Ourense no ano 1934, quedando constituidas a partir de entón nunha agrupación autónoma dentro da declaración de principios do agrá aberta partido, aínda que galaxia desvinculada da disciplina táctica deste último, o cal non foi impedimento para que os seus militantes apoiaran o proceso estatutario. A última Asamblea, que era a terceira das celebradas, reuniuse tamén en Ourense nos primeiros días de maio de 1936. O radicalismo nacionalista desta xuntanza, na que as Mocedades aparecían divididas en dous grandes grupos, determinou o cambio de nome, convertíndose a Federación de Mocedades Galeguístas en Federación de Mocedades Nacionalistas. A historia comprendida entre estes dous feitos aparece detallada no estudio que aquí se presenta, debido ó profesor Arximiro Rojo, que dedicou anos á investigación desea importante parcela do nacionalismo galego. Trátase dun traballo ben documentado, que se espera ha contribuir dun xeito positivo ó coñecemento obxetivo dunha parte sustancial da historia galega contemporánea. REVISTA GALEGA DE CULTURA Director Periodista: Xosé Landolra Yugo. Codirectores: Ramón Pl- ñelro López e Francisco Fernández dal Riego. Consello de Redac- ción: R. Carballo Calero - D. Garda Sabell • M. Dónega Rozas - Camilo G. Suérez Uanos - Basilio Losada Castro - Ricardo Garda CRIAL Suárez. REDACCIÓN E ADMINISTRACIÓN: EDITORIAL GALAXIA - Reconquista, 1 - VIGO Imprime: "A. G. Galicia, S. A." - Segovia, 15 - VIGO / Dep. Legal: VG 99-1963 SUMARIO ENSAIOS Páxinas As orixes dos pobos peninsulares, segundo a lingüística, por ANTONIO TOVAR 3 Prehistoria da Academia Galega. Á procura da norma culta de 1875 a 1905, por XESÜS ALONSO MONTERO 8 O Diccionario Xerais lido por un veterinario, por PEDRO BENAVENTE JAREÑO 19 X. L. Franco Grande: Á búsqueda da identidade, por LUZ POZO GAR- ZA .f 37 ESCOLMA 19 poemas -coma 19 anos, por XOSÉ MANUEL NEIRA 43 Diario de Dublín, I, por VICENTE ARAGUAS '. 49 PENEIRA DOS DÍAS Propostas para unha nova lectura da cantiga de Mendinho, por GIUSEP- PETAVANI 59 A ironía romántica en ' 'Elprimer loco'' de Rosalía de Castro, por EUGE- NE F. DEL VECCHIO 62 Na morte de dous ilustres brasileiros, por CARLOS SIXIREI PAREDES ... 67 Sobre a necesaria viaxe de Rodríguez Baixeras, por RAMIRO FONTE 71 Bolois e Dumia. Topónimos celtas?, por NICANDRO ARES 75 "Domina": Condición feminina e poder público na Galicia altomedieval (séculosVIIIaXI), por CARLOS BALIÑAS PÉREZ.... 78 1988, ano de Otero Pedrayo 85 Un rasgo da humanidade de Eneas. Notas tiradas do libro V da Eneida, por XOSÉ CARBALLUDE BLANCO 87 Fóisenos un século de memoria, por LUÍS GONZÁLEZ TOSAR 93 Comentario ó poema "Amei-vos sempre, amigo" de Joan Airas de San- tiago, porF. RAMÓN SOAGE VIDAL 95 Franza nos nosos escritores, por X.G.G 102 -iBROS, por SalvadorLorenzana, X.G.G., Demetrio VilasLosada, e Cos- me Barreiros 112 O REGÓ DA CULTURA 121 Tomo XXVI • N.° 99 • xaneiro - febreiro - marzo, 1988 113*. ENSAIOS AS ORIXES DOS POBOS PENINSULARES, SEGUNDO A LIN- GÜÍSTICA. Pouco tempo antes do seu pasamento deu unha conferencia en Vigo o pro- fesor Antonio Tovar sobre os vestixios celtas que se podían aduviñar en Galicia, a través da información lingüística. Naquela ocasión pedinlle unha colabo- ración para esta revista que puidera ter interés para os leitores, dentro do ámbi- to da súa especialidade. Non tardou en me mandar o texto dun «aballo qué presentara no ano 1978, nun coloquio sobre o convivio de culturas na penín- sula ibérica, celebrado na Universidade de Salamanca. O traballo estivo tras- papelado entre os orixinais recibidos para "Grial", aínda sen publicar. Pesie ao tempo decorrido desde entón, e xa morto o seu autor, parécenos obrigado reproducilo agora, en versión galega. S.L. O nome da Península Ibérica que se emprega para desígnala é un algo perigoso si no adxectivo olíamos unha referencia a un pobo histórico, o dos iberos, que precisamente viviu na parte oriental da Península. Podemos empregar a designación de ibérica si lembramos que os gregos chamáronlle Iberia a toda a Península; claro que porque o que coñeceron mellor déla ao comezo foron as costas orientáis, poboadas polos iberos. Pola mesma razón podemos falar da Península hispánica, ou de Hispania, si utilizamos o no- me romano e esquecemos que ese nome de Hispania na xeografía política actual é o que se continúa nun dos dous estados peninsulares, España, con exclusión de Portugal. Comezamos por sinalar este feito, porque o estudio das linguas primiti- vas da Península tivo que romper cun prexuicio que, en parte, estaba deter- minado por esa mesma designación de "ibérica": o de creer que a lingua primitiva de toda a Península era o ibérico, e que este, á súa vez, non era se- nón o antecedente da lingua indíxena qué sobreviviu: o vascuence. A idea de que o vasco é o descendente directo do ibérico foi formándose a medida que, desde o Renacimento, os estudiosos, especialmente os das provincias vascas e Navarra, reflexionaron sobre esta lingua e pensaron que fora a propia dos antigos hispanos. Guillermo de Humboldt, que tanto in- fluxo tivo, adeprendeu esta idea dos sabios vascos eos que tratou, principal- mente Antarloa e Moguel, e a través del pasou a ser un dogma apenas dis- cutido na ciencia do século XIX. Cando no 1922-1925 Manuel Gómez-Moreno, baseándose ñas moedas, descifrou a escritura ibérica, as súas ideas bateron con esta tradición cientí- fica, e un dos seus máis ilustres persoeiros, o romanista e vascólogo Hugo Schuchardt, declarou que o desciframento da escritura era falso. Pero Gó- mez-Moreno viu ben que a Península na antigüedade foi poboada por po- bos de diversas linguas e, baseándose principalmente nos nomes persoais, trazou un mapa da distribución de linguas e pobos que desde entón foi de- mostrándose como seguro. Que a Península tivera diversos pobos con diversas linguas é o máis na- tural si se pensa que as outras penínsulas mediterráneas, Italia e os Balkáns ou Anatolia, tamén foron poboadas por xentes diversas. Os antigos souperon abondo desta diversidade de poboadores da Penín- sula, e o cadro que ofrece a historia que se estudiaba ñas escolas, coincide eos resultados da lingüística e a epigrafía moderna: ao este e sudeste, temos os iberos, flanqueados polos vascos nos Pirineos e por pobos varios, de iden- tidade difícil de determinar na Babea Andalucía. O resto da Península, des- de Bilbao a Teruel e logo, seguindo esta liña a través da Mancha e entre o Guadiana e o Guadalquivir, presenta un centro, norte e oeste indoeuropei- zados, poboados por pobos que a tradición histórica chama en xeral celtas. As noticias dos antigos sobre a Península ibérica comezan relativamente axina, moito máis axina que as informacións que nos dan sobre os outros países do interior e do oeste de Europa. Naturalmente, os navegantes gre- gos dirixíronse, como tamén os fenicios, e antes sen dúbida outros pobos, á zona do Estreito de Xibraltar, e foron atraídos polas riquezas mineiras do sur da Península, desde Cartagena deica Portugal. Por iso, tamén a escritura se desenvolveu na Península axina, e conser- vou ñas súas diversas formas (ibérica propiamente tal e do sudoeste) un ca- rácter sumamente arcaico, cun sistema que xunto ás "letras" do fenicio e do grego emprega aínda os signos silábicos que coñecemos en Creta e Mice- nas e Pylos, e noutras escrituras do Mediterráneo oriental no II milenio a. C. Tamén unha destas conservouse ata o século IV a. C. en Chipre. Pensamos que esa escritura ibérica desenvolveuse directamente baixo a influencia dos colonizadores, probablemente no sur da Península, onde houbo un tempo no que se atopaban gregos con fenicios, quezaias cara o 700. Un grupo de inscricións, as do Algarva e Alentejo, no sur de Portugal, acompañadas dalgunhas mostras en España (Extremadura, Alcalá del Río, xunto a Sevilla, Puente Genil) son de seguro as que mellor nos conservan a primitiva forma da escritura ibérica. Desgraciadamente, estas inscricións son de difícil leitura, e ata agora non se puido determinar en que lingua es- tán escritas. Novos achados de inscricións deste tipo poden dármonos a cla- ve. Na mitade oriental de Andalucía temos unha escritura que podemos chamar propiamente ibérica, aínda que non é tan regular como a que cha- mamos ibérica en sentido estrito, que se extende desde Játiva deica En- sérune (preto de Montpellier) e que foi utilizada tamén polos celtíberos. A lingua que podemos chamar ibérica exténdese desde o corazón de Andalucía (por exemplo atopámola ñas moedas de Obulco, Porcuna, Jaén) deica a costa do sur de Francia. Poseemos algúns centos de inscricións, cuias palabras, organizadas nun vocabulario, pasarían do milleiro; pero desgra- ciadamente o ibero non parece ter emparentamento estreito con ningunha lingua coñecida (nen co vasco, nen co celta, nen seguramente co beréber) e é un enigma que se atopa en situación semellante ao da lingua etrusca: as inscricións lénse, podemos supór ás veces a interpretación dalgunha pala- bra, pero o sentido das inscricións máis estesas, como o plumbo de Caste- llón ou as abondosas inscricións de vasos de Liria, escápansenos aínda.

View Full Text

Details

  • File Type
    pdf
  • Upload Time
    -
  • Content Languages
    English
  • Upload User
    Anonymous/Not logged-in
  • File Pages
    132 Page
  • File Size
    -

Download

Channel Download Status
Express Download Enable

Copyright

We respect the copyrights and intellectual property rights of all users. All uploaded documents are either original works of the uploader or authorized works of the rightful owners.

  • Not to be reproduced or distributed without explicit permission.
  • Not used for commercial purposes outside of approved use cases.
  • Not used to infringe on the rights of the original creators.
  • If you believe any content infringes your copyright, please contact us immediately.

Support

For help with questions, suggestions, or problems, please contact us