Identidade(s) e xénero(s) na cultura galega: unha achega interdisciplinaria Identidade(s) e xénero(s) na cultura galega: unha achega interdisciplinaria Editoras Maria Boguszewicz Ana Garrido González Dolores Vilavedra Fernández Varsovia 2018 © Instituto de Estudios Ibéricos e Iberoamericanos de la Universidad de Varsovia AVALIADORAS María Xesús Lama López Joana Sabadell Nieto CORRECCIÓN LINGÜÍSTICA Borja Logares Carbajales DESEÑO E MAQUETACIÓN, DESEÑO DA PORTADA: Bartosz Mielnikow ([email protected]) IMPRESIÓN E ENCADERNACIÓN: Sowa–Druk www.sowadruk.pl ISBN: 978-83-65911-15-5 Editor: Instituto de Estudos Ibéricos e Iberoamericanos da Universidade de Varsovia Secretaría Xeral da Política Lingüística da Xunta de Galicia SPis TREśCI PRÓLOGO. 7 POESÍA Begoña Regueiro Salgado — Identidades con guión: a obra de Luz Pichel e Manuel Pereira Valcárcel como exemplo da identidade híbrida do grupo Bilbao. 15 Ánxela Lema París — Sobre ruptura(s) coa heteronormatividade e (homo)erotismo na poesía galega. 45 Beatriz Suárez Briones — Chus Pato. Cruzar a ponte dunha escrita mnémica. 67 NARRATIVA María Reimóndez — Silencios que non son: o contínuum lesbiano nas narradoras galegas. 87 Lorena López López — O poder nas marxes: post-humanismo tecnolóxico, monstros e subversión na narrativa de Cristina Pavón. .115 Beatriz Fernández Barciela — Modelos de identidade de xénero e sexual: unha cala nas lecturas de secundaria . 145 Dolores Vilavedra — Singularidades da articulación socio-discursiva da narrativa galega de autoría feminina. 167 Danny M. Barreto — Emigration in Double-Time: The Performance of a Feminist Identity in Eva Moreda’s A Veiga é como un tempo distinto . 195 Alicia Romero López — Visibilizar lo invisible: (micro)Machismos en la obra de Laura Caveiro. .225 Paloma García Rodríguez — Reinterpretación de los papeles de la Penélope y Circe clásicas en Circe ou o pracer do azul de Begoña Caamaño. 249 TEATRO Anna Kalewska — A historia do teatro galego: um esboço (desde os inícios até aos nossos dias). 269 Xaquín Núñez Sabarís — Mar Revolto, de Vidal Bolaño, nas interseccións da dramaturxia galega e portuguesa. 293 Begoña García Ferreira — Literatura dramática feminina e teatro radiofónico galego. 321 OUTROS ESPAZOS CULTURAIS Javier Rivero Grandoso — A creación de protagonistas femininos no xénero criminal: o exemplo de Serramoura . 359 Teresa López — Jean R. Longland e a cultura galega alén mar. 387 Irena Fialová — Algunas observaciones sobre el uso del lenguaje (no) sexista en los medios electrónicos en Galicia. 413 Andréia Cristina Lopes Frazão da Silva — Escrita hagiográfica, patronato literário e a categoria gênero: uma leitura das vidas dedicadas à Santa Senhorinha de Basto. 437 Ana Luna Alonso — A tradución na Festa da Palabra Silenciada (1983-1998). .463 Brais González Arribas — Da violencia á diferenza. 493 Helena González Fernández — A cicatriz branca de Margarita Ledo Andión: saudade e expulsión afectiva das mulleres migrantes. 515 PRÓLOGO A exploración moderna das identidades reconfigurou totalmente non só o que podemos considerar centro e marxe senón a propia articulación xerárquica destes ámbitos; por outra banda, o move- mento globalizador, que parecía anunciar o apocalíptico final da diversidade cultural, conduciu a mirada de moitos teóricos cara esas supostas periferias resistentes. Como consecuencia de todo isto, identidades adoito consideradas minorizadas como a galega, teñen acadado protagonismo nos actuais estudos que analizan os procesos de construcións identitarias en contextos transcul- turais. En paralelo, o feminismo e os estudos sobre diversidade sexual teñen proporcionado algunhas das ferramentas teóricas máis eficaces para estudar a construción das identidades desde a marxe e a exclusión. Dende Polonia, nas marxes da Europa máis canónica que olla con receo ás recen chegadas, decatámonos de que estabamos nun- has coordenadas especialmente axeitadas para reflexionarmos sobre a emerxencia de novas identidades no mapa cultural de Galicia. Froito desta toma de consciencia, nace este volume por cuxas páxinas transitan identidades híbridas, transnacionais, sub- alternas... e, como non, no seu cerne, a encrucillada xénero-iden- tidade na poesía, a narrativa, o teatro e noutros espazos culturais. O tomo ábrese cun primeiro apartado que xira ao redor da poesía, o xénero canónico por excelencia da literatura galega. No primeiro capítulo Begoña Regueiro Salgado fálanos, por medio do estudo de dous casos, da construción da identidade híbrida galego-madrileña do grupo Bilbao e como esta deixa pegada nas obras do grupo. No segundo e terceiro capítulo deste apartado Áxela Lema París e Beatriz Suárez Briones estudan a ruptura coa 8 PRÓLOGO heteronormatividade e co relato patriarcal na poesía galega en xeral a primeira, e na poesía de Chus Pato en particular a segunda. Estes capítulos poñen de manifesto ata que punto foi importante o impacto do pensamento feminista na literatura galega e como sen ter en conta este impacto non poderiamos explicar fenóme- nos como os da considerada por determinados sectores da crítica ‘moda violeta’, que chegou a desestabilizar o canon e a posición marxinal das escritoras. Aínda que o segundo bloque está dedicado á narrativa, o ar- tigo que o abre continúa, dalgún xeito, a reflexión anterior, pois o traballo de María Reimóndez “Silencios que non son: o contí- nuum lesbiano nas narradoras galegas” pon de manifesto como, a pesar da mencionada moda violeta, a “literatura lesbiana” na narrativa galega foi considerada algo “marxinal” e con mínima entidade; algo semellante acontecería co subxénero de ficción científica, tal e como nos mostra Lorena López López ao recons- truír a odisea pola que pasou a escritora Cristina Pavón ata editar Limiar de consciencia (2012), que remataría por autoeditar a pesar de que a novela quedara como finalista no Premio Xerais. Neste caso a marxinalidade será dobre porque Pavón emprega, como tamén sucedía nas novelas analizadas por María Reimóndez, per- sonaxes híbridos, post-humanos e ambiguos, que no caso de Pa- vón encaixan mesmo nas categorías convencionais da abxección, como as máquinas con auto-consciencia, os humanos-máquina ou a vampira pre-adolescente lesbiana, e que resultan fortemente desestabilizadores para as identidades hexemónicas. Beatriz Fernández Barciela achéganos a un corpus pouco e mal coñecido no ámbito universitario, o dos programas de lecturas obrigatorias para o estudantado galego de secundaria, e analiza cales son os modelos de identidade de xénero e as orientacións sexuais predominantes, e que valores transmiten estas obras no relativo ao ‘currículum oculto’ en materia de xénero. PRÓLOGO 9 Tamén os artigos de Dolores Vilavedra e Danny M. Barre- to resultan complementarios. Se Vilavedra pretende explicar as singularidades sistémicas e discursivas que caracterizan o desen- volvemento diacrónico do corpus que podemos etiquetar como “narrativa gallega de autoría femenina”, en “Emigration in Double- Time: The Performance of a Feminist Identity in Eva Moreda’s A Veiga é como un tempo distinto” Barreto achégase, a partir da análise da novela de Eva Moreda, á experiencia da construción da identidade feminista na emigración galega en Londres. Pola súa parte, Alicia Romero López analiza, seguindo as teorías de Galtung sobre os diferentes tipos de violencia (estrutural, cultu- ral e directa), as novelas Polas inmensas e alleas fortunas e As naos afondando de Laura Caveiro, poñendo así de manifesto como esas violencias son unha das ferramentas das que se serve a autora para a construción das relacións de xénero nas súas obras. Por último, Paloma García Rodríguez retoma un tema recorrente na litera- tura galega: a revisión dos clásicos. Neste caso a reinterpretación de dúas figuras femininas poderosas na obra Circe ou o pracer do azul de Begoña Caamaño. A terceira sección do volume está dedicada ao teatro, un xé- nero tradicionalmente marxinal na cultura galega, e congratulá- monos ao constatar a importancia cualitativa e cuantitativa dos traballos que lle prestaron atención. Anna Kalewska déixanos un exhaustivo e utilísimo percorrido panorámico polo teatro galego que nos permite entender e ubicar mellor as intersec- cións entre a dramaturxia galega e portuguesa das que xorde, e nas que pescuda, a obra Mar Revolto de Roberto Vidal Bolaño, estudada por Xaquín Núñez Sabarís. A panorámica de Kalewska axúdanos tamén a valorar con xusteza o carácter revoluciona- rio que ten o actual protagonismo da dramaturxia feminina no teatro radiofónico galego, evidenciado no capítulo asinado por Begoña García Ferreira. 10 PRÓLOGO O derradeiro bloque do volume olla cara a outros espazos cul- turais e, como non podía ser doutro xeito, nel impera a diversidade. Javier Riveiro Grandoso ábreo coa análise dunha coñecida serie da TVG protagonizada por unha sarxento da Garda Civil; Grandoso estúdaa como un exemplo máis da ampliación das fronteiras do xénero criminal, protagonizado predominantemente por homes. No segundo capítulo Teresa López analiza o papel da biblioteca- ria da Hispanic Society of America Jean R. Longland na difusión da cultura galega no mundo académico norteamericano. A seguir, Irena Fialová indaga no uso da linguaxe (non) sexista nalgúns dos medios electrónicos de comunicación máis consultados en Ga- licia mentres que Andréia Cristina Lopes Frazão da Silva inda- ga en como a categoría de xénero na composición, circulación e transmisión da escrita haxiográfica centrándose na análise dun conxunto de manuscritos dos séculos XVI e XVII que narran a vida de Santa
Details
-
File Typepdf
-
Upload Time-
-
Content LanguagesEnglish
-
Upload UserAnonymous/Not logged-in
-
File Pages538 Page
-
File Size-