Novas Palabras Galegas: Repertorio De Creacións Léxicas Rexistradas No Prensa E Internet / Susana López Fernández

Novas Palabras Galegas: Repertorio De Creacións Léxicas Rexistradas No Prensa E Internet / Susana López Fernández

MATERIAIS LINGÜÍSTICOS Novas palabras galegas: repertorio de creacións léxicas rexistradas no prensa e Internet / Susana López Fernández ... [et al.] Vigo: Universidade de Vigo, Servizo de Publicacións, D. L. 2005 400 p. ; 24 cm. – (Materiais lingüístico ; 6) D.L. VG. 101-2005 – ISBN 84-8158-284-0 1. Galego (Lingua) – Lexicografía I. López Fernández, Susana II. Universidade de Vigo. Servizo de Publicación, ed. 806.99 Edición: Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo Reitoría da Universidade de Vigo r/ O Porto, 1 36201 Vigo Tel. 986 813574 Fax: 986 813559 © Susana López Fernández, Laura Montes García, Laura Almazán García, Xosé Ramón Alonso Priegue, Esther Ares Vázquez, Iago Castro Buerger, Óscar Fontán Celard, Marta García Garrido, Eloi Gestido de la Torre, Xosé María Gómez Clemente, Carme Patiño Méndez, Carme Pereiro González, Jorge Suárez Álvarez © Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, 2005 © Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo, 2005 Printed in Spain - Impreso en España I.S.B.N. 84-8158-284-0 Depósito Legal: VG-101-2005 Deseño e maquetación: Acuarela Comunicación SLL Imprime: Tórculo Artes Gráficas S.A. Reservados todos os dereitos. Nin a totalidade nin parte deste libro pode reproducirse ou transmitirse por ningún procedemento electrónico ou mecánico, incluíndo fotocopia, gravación magnética ou calquera almacenamento de información e sistema de recuperación, sen o permiso escrito da Área de Normalización Língüística da Universidade de Vigo. materiais lingüísticos materiais lingüísticos NOVAS PALABRAS materiais lingüísticos GALEGAS materiais lingüísticos REPERTORIO DE CREACIÓNS LÉXICAS materiais REXISTRADAS NA PRENSA E INTERNET lingüísticos materiais lingüísticos materiais lingüísticos Susana López Fernández, Laura Montes García, materiais Laura Almazán García, Xosé Ramón Alonso Priegue, lingüísticos Esther Ares Vázquez, Iago Castro Buerger, materiais Óscar Fontán Celard, Marta García Garrido, Eloi Gestido de la Torre, Xosé María Gómez Clemente, lingüísticos Carme Patiño Méndez, Carme Pereiro González, materiais Jorge Suárez Álvarez lingüísticos materiais lingüísticos materiais Observatorio de Neoloxía da Universidade de Vigo Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo lingüísticos 2004 materiais lingüísticos materiais lingüísticos materiais UNIVERSIDADE DE VIGO lingüísticos Novas palabras GALEGAS 4 introdución Introdución inguén que sexa un pouco observador pode deixar de se decatar N de que a nosa lingua está a sufrir unha serie de innovacións léxi- cas que son reflexo dun fenómeno de globalización económica, socio- lóxica e tecnolóxica que Galicia vai asumindo con desigual acerto. Podemos afirmar que non hai día que non se rexistre unha nova pala- bra, un novo significado que xorde por necesidades denominativas, un novo concepto que hai que nomear, ou expresivas, unha nova forma de dicir algo. O léxico dunha lingua vai desta maneira arrequentándo- se, evolucionando, adaptándose, aínda que estas variacións non están exentas de perigo cando se albiscan procesos de aceptación acrítica do empréstito doutras linguas fronte á creación interna. A neoloxía, como campo de estudo dos fenómenos de creación lé- xica, tanto desde un punto de vista teórico coma aplicado, está sendo obxecto de atención polos lingüistas, xa que da descrición e análise do novo léxico poden tirarse leccións que sirvan para unha correcta planificación, especialmente en linguas en situacións de minorización. O galego, como calquera lingua de cultura do mundo, está creando e recibindo adoito novos significantes e significados que se poden ob- servar e analizar cunha recollida sistemática. Nós levámolo facendo na Universidade de Vigo dende 1997 e agora presentamos unha pe- quena parte do noso traballo. Hai anos, cando nos decidimos estudar a aparición de novas pala- bras na lingua galega, comezamos a elaborar unha base de datos con aquelas unidades léxicas que non aparecían nos dicionarios galegos, aplicando un criterio lexicográfico que máis abaixo explicaremos. Pareceunos que un rexistro sistemático destas unidades nos podía 5 Novas palabras GALEGAS fornecer información sobre a situación do uso do léxico galego, tanto no que atinxía á aparición de novas palabras coma á presenza dos cri- terios normativos establecidos pola RAG e o ILG ao longo dos anos, na lingua utilizada nos medios de comunicación escritos. O traballo nun principio foi manual: coa colaboración de moita xente, principalmente alumnado de Filoloxía Galega e de Tradución de Vigo, fomos baleirando prensa diaria, semanal e mensual en galego (no- meadamente O Correo Galego, A Nosa Terra e Tempos Novos). A partir de 2003 comezamos a utilizar un extractor de neoloxismos en Internet que nos permitiu acceder de maneira automática a aquelas páxinas web que nos pareceron interesantes. O programa (neoloxia.uvigo.es/neo) per- mítenos facer un baleirado diario de publicacións e observar a “neolo- xía” que se rexistra nun medio tan interesante coma a rede. O volume de datos que posuímos nestes momentos é significativo, e se cadra representativo, dos procesos internos de creación léxica que se están dando no galego e, tamén, dos procesos externos de emprésti- to, incluídos os castelanismos que nós, maioritariamente, considera- mos interferentes. Dos datos da prensa escrita e da rede xorde este dicionario que é unha pequena mostra dos 12737 candidatos a neoloxismos que temos na nosa base de datos. Por que este dicionario? Este dicionario xorde pola constatación de que no galego se están usando a cotío novas palabras que non están recollidas aínda nos di- cionarios de lingua e, se cadra, nunca o estean. A actualización de di- cionarios é complicada: as Academias da lingua manexan criterios pu- ristas e protecionistas que non permiten a incorporación de novas palabras dunha maneira rápida. Este criterio está ben definido sempre que non leve a un excesivo afastamento da norma e do uso. Podemos ver exemplos da actualización dos dicionarios académicos tanto no español coma no catalán. Nesta última lingua temos constatación de que o traballo do Observatori de Neologia da Universitat Pompeu Fabra foi recoñecido na última actualización do Diccionari de la lle- gua catalana (Institut de Estudis Catalans, 1995). Os dicionarios que non dependen de academias son quizais máis receptivos a este tipo de 6 introdución léxico que xorde a cotío, aínda que isto non queira dicir que se acepte todo a feito (véxanse as últimas edicións dos dicionarios Cumio (2004), Ir Indo (2004) ou o Gran Xerais (2000). Como incluír as novas palabras nunha determinada tradición lexi- cográfica? Tradicionalmente empregáronse diversos sistemas: (i) Salientar nos dicionarios de lingua as novas palabras con algunha marca de neoloxicidade (* neol). Esta práctica non é moi seguida e se cadra tampouco recomendable porque deita sospeitas sobre a nova unidade léxica. O usuario pode entender que esa palabra presenta algún tipo de problema e por iso leva unha indicación concreta. (ii) Introducir as novas palabras cun algún tipo de letra diferente que as di- ferencie do resto. (iii) Elaborar dicionarios específicos que recollan o léxico que non aparece, ou que non pode aparecer, noutras obras lexi- cográficas. Nós apostamos ofrecémoslles aos interesados esta terceira opción que continúa, entre outras, coas obras de Green (1991) e Tulloch (1991) para o inglés; coas de Merle (1989), Quemada (1993) para o francés; coas de Adamo (2002) Cortelazzo (1992) e Lurati (1990) para o italiano; coas de Martí (1998) para o español e coas do Observatori de Neologia (1998) e do Termcat (1997) para o catalán. Este dicionario non é nin prentende ser un dicionario normativo, non pretende orientar o uso das novas palabras, non pretende dar carta de autenticidade a nada. Con el só queremos constatar a apari- ción de certas palabras na nosa lingua, tal e como as rexistramos na prensa e en Internet. A outros cómprelles dicir se son axeitadas, darlles condición de normais nos dicionarios galegos. As 1160 entradas que aparecen neste dicionario foron escollidas se- guindo os seguintes criterios: a) Criterio de representatividade que se utilizou en dous sentidos: (i) As unidades recollidas pretenden ser representativas da neoloxía espontánea rexistrada na prensa galega. (ii) Tamén son represen- tativas dos datos recollidos ao longo dos anos que levamos traba- llando en neoloxía; b) Criterio de frecuencia: As unidades incluídas nesta obra son aquelas que aparecen con maior recorrencia na nosa base de datos ao longo do tempo. Porén, aparecen palabras que só temos rexistradas unha vez pero que consideramos interesantes nun de- terminado tema ou para un determinado uso. 7 Novas palabras GALEGAS Algunhas delas, 203, (o 17, 39%) están recollidas xa nos diciona- rios de lingua que se foron publicando. Por que as introducimos nun dicionario de novas palabras? Facémolo simplemente porque eran en- tradas que estaban nas nosas bases de datos dende 1997, sen recoller en ningunha obra lexicográfica, e pareceunos interesante incluílas como mostra dun uso que tardou algún tempo en aparecer nos dicio- narios galegos. Tamén nos guiamos, neste sentido, polo criterio do Diccionari de paraules noves do catalán, que recolle un certo número de entradas que aparecen en obras lexicográficas catalás. Conceptos que se deben entender previamente Que é un dicionario de novas palabras? Podería levar outro nome? A elección dun título para esta pequena compilación non foi doada. Nós, cando falamos de novas palabras que se recollen na prensa e

View Full Text

Details

  • File Type
    pdf
  • Upload Time
    -
  • Content Languages
    English
  • Upload User
    Anonymous/Not logged-in
  • File Pages
    396 Page
  • File Size
    -

Download

Channel Download Status
Express Download Enable

Copyright

We respect the copyrights and intellectual property rights of all users. All uploaded documents are either original works of the uploader or authorized works of the rightful owners.

  • Not to be reproduced or distributed without explicit permission.
  • Not used for commercial purposes outside of approved use cases.
  • Not used to infringe on the rights of the original creators.
  • If you believe any content infringes your copyright, please contact us immediately.

Support

For help with questions, suggestions, or problems, please contact us