MEMORIA 2.011 1. INTRODUCIÓN: O presente documento contén a memoria de actividades que a Asociación Amizade desenvolveu durante o ano 2.011 todas elas encamiñadas a favorecer a integración social e laboral das persoas con discapacidade e conseguir deste xeito a plena inclusión destas persoas en todos os ámbitos da sociedade. Para o logro deste obxectivo, as actividades que se desenvolveron dirixíronse cara tres liñas de actuación: Persoal: Contribuír á mellora das condicións físicas, intelectuais e cognitivas, formativas, sociais e/ou laborais das persoas con discapacidade. Familiar: Favorecer as relacións familiares das persoas con discapacidade ofrecendo información e asesoramento ás familias e posibilitando situacións de respiro familiar. Social: Sensibilizar ao conxunto da poboación da necesidade de conseguir unha sociedade máis xusta e igualitaria que dea cabida a todos os cidadáns e cidadás. 2. USUARIOS/AS: Os usuarios/as que acoden ao centro proveñen fundamentalmente do concello de Pontevedra, aínda que tamén fan uso dos nosos servizos persoas doutros concellos da comarca (A Lama, Soutomaior, Campo Lameiro, Barro, Poio, Moraña e Ponte Caldelas) e incluso doutros concellos próximos como Marín, Meis, Meaño, Portas, Caldas de Reis, Cuntis, Ribadumia, Cambados, Vigo e A Estrada. Son maioritariamente persoas con discapacidade física aínda que tamén participan persoas con discapacidade intelectual ou mixta. Non nos plantexamos servizos específicos para un tipo concreto de discapacidade, se non que consideramos que a interrelación entre as distintas persoas favorece o seu desenvolvemento integral. Posto que algunhas das actividades e cursos ofrecidos non son exclusivos para os nosos/as asociados/as, non todas as persoas que acoden ao centro son socias. Sen embargo e como se constata, a participación nestas actividades e cursos posibilita o incremento de asociados/as. Neste senso e durante o ano 2011 incorporáronse a Amizade un total de 4 novos socios/as, chegando a ser 103 asociados/as. 3. CENTRO DE ATENCIÓN INTEGRAL DE AMIZADE: O Centro de Atención Integral de Amizade ten por finalidade satisfacer as necesidades formativas, laborais, educativas e sociais das persoas con discapacidade. Para o logro de dito obxectivo elaborase un itinerario específico adaptado ás características de cada persoa e no que se establecen uns obxectivos individuais, que poden ser formativos, laborais, educativos e/ou sociais e un plan de acción para a consecución dos mesmos. Amizade desenvolve as súas actividades nun centro que é propiedade de COGAMI, que está situado na rúa Alemaña nº23, baixo, no barrio de Monte Porreiro do concello de Pontevedra, e que está estruturado nas seguintes áreas: 1 . Área de Dirección - Administración: 111,25 m Neste área atópanse as oficinas e as salas comúns tanto para a dirección do centro como para a atención a familias e usuarios/as. Aula Polivalente: 42,00m Aula na que se desenvolven a actividade de educación de adultos/as e o obradoiro de habilidades manuais. Aula de Informática: 42,00m Nesta aula desenvólvense tanto os cursos do Plan AFD como os cursos de Formación Profesional, así como o obradoiro de Informática con Atención Especializada. Sala de Curas: 7,14m Aula equipada cun lavabo, un botiquín e unha cadeira xeriátrica que serve como espazo de recuperación ante calquera eventualidade. Sala de Atención Especializada: 15,69m Está dedicada á atención individualizada ou en grupos reducidos por profesionais como pedagogos/as,... Sala de Rehabilitación - Ximnasio: 25,39m Equipada con elementos que favorecen a recuperación funcional a través do exercicio. TOTAL SUPERFICIE CONSTRUÍDA: 270.60m TOTAL SUPERFICIE ÚTIL: 238.55m No centro COGAMI presta o servizo de Centro de Día, que está atendido polo seguinte persoal: . Categoría profesional: Dirección (1 persoa). Titulación: Diplomatura en Xestión e Administración Pública. Especialista universitario en Xestión de Entidades sen Ánimo de Lucro. Categoría profesional: Administración (1 persoa). Titulación: Licenciatura en Pedagoxía. Especialidades: Pedagoxía Escolar: Formación docente e de Dirección de Centros Educativos e Pedagoxía Social e Laboral. Categoría profesional: Monitora de Formación (1 persoa). Titulación: Educadora Social. Categoría profesional: Monitor de Informática (1 persoa). Titulación: varias. Categoría profesional: Fisioterapeuta (1 persoa). Titulación: Diplomatura en Fisioterapia. Categoría profesional: Terapeuta Ocupacional (1 persoa). Titulación: Diplomatura en Terapia Ocupacional e Enfermería. Categoría profesional: Psicóloga (1 persoa). Titulación: Licenciatura en Psicoloxía e Logopedia. Categoría profesional: Traballadora Social (1 persoa). 2 Titulación: Diplomatura en Traballo Social. Categoría profesional: Coidador/Condutor (1 persoa). Titulación: varias. Todos estes profesionais desenvolven a parte principal da súa xornada de traballo no Centro de Día de COGAMI e dedican outra parte da mesma a colaborar cos servizos de Amizade. Para os obradoiros propios da asociación, Amizade conta ademais co seguinte persoal: . Categoría profesional: Monitora de Obradoiro (1 persoa). Titulación: varias. Categoría profesional: Monitor de Obradoiro (1 persoa). Titulación: varias. 4. SERVIZOS: 4.1 SERVIZO DE INFORMACIÓN E ASESORAMENTO Diariamente, en horario de atención de 8:30 a 15:00, no local social de Amizade, infórmase a todas as persoas que o soliciten sobre distintas temáticas tales como os beneficios do certificado de discapacidade, axudas económicas e técnicas, accesibilidade e supresión de barreiras, formación, asociacionismo, emprego, Lei de autonomía persoal, etc. A resolución das consultas realízase de forma inmediata polo persoal de Amizade, sempre que non requira un asesoramento profesional específico; casos nos que a consulta é trasladada ás oficinas centrais que COGAMI ten en Santiago onde un equipo multidisciplinar de profesionais (avogados/as, traballadores/as sociais, economistas...) redacta un informe coa resolución da consulta efectuada que, unha vez recibido, é trasladado á persoa interesada. Durante o ano 2011 resolvéronse un total de 81 consultas, distribuídas mensualmente da seguinte maneira: 3 Proporciónase información de moitos e moi variados temas, podendo clasificar todas as consultas nos seguintes tipos segundo a información requirida: VOLUNTARIADO 15 EDUCACIÓN AXUDA DOMICILIARIA VIVENDA OUTROS 10 10 CERTIFICADOS DE DISCAPACIDADE EMPREGO 8 7 7 BARREIRAS 6 AXUDAS ECONÓMICAS CENTROS 4 RESIDENCIAIS ASOCIACIONISMO 3 3 3 2 OCIO 111 AXUDAS TÉCNICAS FORMACIÓN 5. ACTIVIDADES: 5.1. ACTIVIDADES ASOCIATIVAS Durante o ano 2011 continuouse mantendo contacto coas traballadoras sociais dos concellos da comarca, ofrecendo información sobre a asociación e posibilitando que varias persoas se asociaran a Amizade e comezaran a facer uso dos nosos servizos. Mantívose contacto telefónico e vía correo electrónico coas traballadoras sociais dos concellos de Marín, Poio, Pontevedra, Campo Lameiro, A Lama, Cuntis, Soutomaior, Cambados, Caldas de Reis, Moraña, Barro e Ponte Caldelas. A estas profesionais tamén se lle enviaron varios exemplares do boletín de Amizade en cada unha das súas edicións. Ademais, representantes de Amizade participaron nas reunións e asembleas de COGAMI-Pontevedra (Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade da Provincia de Pontevedra) e de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) das que Amizade forma parte. Amizade estivo tamén presente nestes outros actos: . Asistencia ao acto de presentación de Antón Louro como candidato do PSOE á alcaldía de Pontevedra, o 15 de xaneiro. 4 . Asistencia ao acto de presentación do programa que o Partido Popular presentou ás eleccións ao Concello de Pontevedra, o 22 de marzo. Asistencia ao debate dos candidatos á alcaldía de Pontevedra dos tres principais partidos, na facultade de Ciencias Sociais o 4 de abril. Participación nun acto sobre accesibilidade organizado pola asociación de xoves empresarios da Coruña, no que o presidente de Amizade impartiu unha charla. Foi o 30 de xuño. Participación nun coloquio sobre “como dar voz aos colectivos en risco de exclusión” organizado pola Rede Galega de Loita contra a Pobreza en Santiago, o 1 de xullo. Asistencia ao acto de entrega dos premios “Pontevedresa na Onda” organizado por OndaCero e na que Amizade era candidata, o 1 de xullo. Asistencia ao acto de presentación do estudo de Tráfico e Mobilidade do concello de Pontevedra, o 22 de setembro. Asistencia ao acto de clausura do Equipo municipal de Inclusión Social de Pontevedra, o 30 de Decembro. A elaboración de comunicados de prensa sobre cuestións de actualidade que afecten ao grupo social das persoas con discapacidade foi unha tarefa continua que nos permitiu estar presentes nos medios de comunicación, contribuíndo así ao cambio social que todos e todas esperamos. Como consecuencia destes comunicados, a asociación Amizade estivo presente en diferentes xornais un total de 9 días, con noticias sobre actividades da asociación. Participouse tamén en 9 ocasións en distintos medios radiofónicos con entrevistas sobre a asociación, as reunións con responsables políticos, o día internacional das persoas con discapacidade, etc. Así mesmo, o presidente de Amizade estivo en Localia Televisión Pontevedra e na Televisión de Galicia en sendas entrevistas. 5.2. ACTIVIDADES DE SENSIBILIZACIÓN As actividades de sensibilización véñense enfocando en dúas direccións: a sensibilización social e a sensibilización política. Non se trata de dúas direccións opostas, posto que a sensibilización
Details
-
File Typepdf
-
Upload Time-
-
Content LanguagesEnglish
-
Upload UserAnonymous/Not logged-in
-
File Pages16 Page
-
File Size-