Vocabulario De Medicina

Vocabulario De Medicina

Vocabulario de Medicina (galego-español-inglés-portugués) Servizo de Normalización Lingüística Universidade de Santiago de Compostela COLECCIÓN DE VOCABULARIOS TEMÁTICOS N.º 5 SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA Vocabulario de Medicina (galego-español-inglés-portugués) 2008 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA VOCABULARIO de medicina : (galego-español-inglés-portugués) /coordinador Xusto A. Rodríguez Río, Servizo de Normalización Lingüística ; autores María Casas García ... [et al.]. — Santiago de Compostela : Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2008. — 851 p. ; 21 cm. — (Vocabularios temáticos ; 5). — D.L.C 3806-2008. — ISBN 978-84-9887-028-2 1. Medicina-Diccionarios. 2. Galego (Lingua)-Glosarios, vocabularios, etc. políglotas. I.Rodríguez Río, Xusto A., coord. II.Casas García María. III.Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Normalización Lingüística, coord. IV. Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, ed. V.Serie. 61(038)=699=60=20=690 © Universidade de Santiago de Compostela, 2008 Coordinador: Xusto A. Rodríguez Río (Área de Terminoloxía. Servizo de Normalización Lingüística. Universidade de Santiago de Compostela) Autoras/res: María Casas García (Área de Medicina Familiar e Comunitaria. Unidade Docente de Pontevedra. Centro de Saúde de Bueu) Sonia Miguélez Ferreiro (Área de Medicina Familiar y Comunitaria. Unidad Docente de Segovia. Centro de Salud Segovia 1) Carolina Pena Álvarez (Área de Oncoloxía Médica. Complexo Hospitalario de Pontevedra) Iria Pereira Fernández (Escola Universitària d’Infermeria. Universitat de Barcelona) Adriana Rubín Barrenechea (Hospital Amato Lusitano. Castelo Branco. Portugal) Sabela Sánchez Trigo (Área de Medicina Interna. Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide - Nóvoa Santos. Ferrol) Xoana María Vázquez Vicente (Servei d’Aparell Digestiu. Hospital Universitari de Bellvitge. Barcelona) Isabel Vidal Castiñeira (Área de Medicina Familiar e Comunitaria. Unidade Docente de Santiago de Compostela. Centro de Saúde de Fontiñas) Xusto A. Rodríguez Río (Área de Terminoloxía. Servizo de Normalización Lingüística. Universidade de Santiago de Compostela) Asesores puntuais: Francisco Caamaño Isorna (profesor do Departamento de Psiquiatría, Radioloxía e Saúde Pública. Universidade de Santiago de Com- postela). Tomás García-Caballero Parada (catedrático do Departamento de Ciencias Morfolóxicas. Universidade de Santiago de Compostela). Francisco Javier Jorge Barreiro (catedrático do Departamento de Ciencias Morfolóxicas. Universidade de Santiago de Compostela). José Joaquín Lado Abeal (profesor titular do Departamento de Medicina. Universidade de Santiago de Compostela). Agustín Montes Martínez (profesor titular do Departamento de Psiquiatría, Radioloxía e Saúde Pública. Universidade de Santiago de Compostela). Xosé Luis Otero Cepeda (profesor titular do Departamento de Estatística e Investigación Operativa. Universidade de Santiago de Com- postela). Jesús Bernardo Otero Costas (catedrático do Departamento de Fisioloxía. Universidade de Santiago de Compostela). Germán Sierra Paredes (profesor titular do Departamento de Bioquímica e Bioloxía Molecular. Universidade de Santiago de Compos- tela). Ernesto Smyth Chamosa (profesor titular do Departamento de Psiquiatría, Radioloxía e Saúde Pública. Universidade de Santiago de Compostela). Subvenciona Consellería de Sanidade Edita Servizo de Publicacións e Intercambio Científico Campus universitario sur www.spubl/usc.es Imprime Imprenta Universitaria Campus universitario sur Dep. Leg.: C 3806-2008 ISBN 978-84-9887-028-2 Agradecementos Como responsables da elaboración deste Vocabulario queremos deixar constancia da nosa gratitude a todas aquelas persoas que dunha forma ou doutra contribuíron a que este traballo vexa finalmente a luz: á Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela —e en especial aos docentes que nos asesoraron na busca de bibliografía especializada e na resolución das dúbidas concretas que se nos foron presentando—; a Zenaida Piñeiro Aguin, Eva Salgado Pérez, Maruxa Martínez Nogueira, Isabel Vaquero Quintela, María Teresa Castaño Oreja, Ana María Bermejo Barrera, María del Carmen Masa Vázquez e outras e outros que de seguro esquecemos. Tamén queremos facer unha mención de recoñecemento ás familias e amizades que nos apoiaron, soportaron con paciencia os enfados e ten- sións que provoca participar nunha obra coma esta. Igualmente queremos expresar o noso agradecemento á Consellería de Sanidade, polo apoio económico que fai posible a edición deste volume. E, finalmente, a vós, lectores e lectoras, porque ao utilizar este Vocabu- lario facedes que o noso traballo cobre sentido. Índice 9 Limiar 15 Táboa de materias 17 Abreviaturas empregadas 21 Vocabulario de Medicina 547 Índice de denominacións españolas 643 Índice de denominacións inglesas 737 Índice de denominacións portuguesas 833 Índice de denominacións latinas 849 Bibliografía 7 Limiar A historia da elaboración deste vocabulario é a historia dunha ne- cesidade. Explicar de onde xorde lévanos a lembrarnos de nós mesmas hai uns poucos anos: unhas estudantes de Medicina que pensaban en galego e pretendían empregar esta lingua na súa vida académica pero que, por descoñecemento dos termos técnicos desa disciplina, “inventaban” o vocabulario tentando atinar, sen a certeza de estar empregándoo ben ou mal pola ausencia de referentes… Desas ca- rencias e dun grupo de estudantes dispostas a traballar arrincou este proxecto. Poderiamos dicir que todo comezou na Facultade de Medicina, pero non seriamos nin xustas nin concretas abondo. Foi nos Comi- tés Abertos de Faculdade onde escoitamos falar por primeira vez do proxecto de redactar un vocabulario de termos médicos en lin- gua galega, e foi alí tamén onde nos implicamos na posta en mar- cha desa iniciativa, converténdoa no noso propio labor. O entusiasmo inicial impedíanos albiscar as dificultades dun proxecto desta envergadura: un grupo de estudantes de Medicina, sen coñecementos especializados de lingua, que emprenden a ela- 9 boración dun vocabulario galego de termos médicos con equivalen- tes ás catro –ou cinco, se sumamos o latín– linguas máis relevantes para o seu exercicio profesional. A integración de persoal técnico do Servizo de Normalización Lingüística no equipo de traballo per- mitiu cubrir con garantías os aspectos lingüísticos e metodolóxicos en que a nosa formación era deficitaria. A primeira lección para nós, cando planificabamos o traballo con prazos eternamente prorrogados, foi que un labor destas caracte- rísticas requiría un esforzo e unha constancia inimaxinables, que nin tan sequera albiscabamos no principio. Todas estas dificulta- des mesturábanse coas nosas vidas, roubándolle horas ó estudo e ó lecer. Tivemos que rematar a carreira, aprobar o MIR e comezar a nosa vida laboral durante o proceso de elaboración do vocabula- rio, seleccionando termos de entre interminables textos técnicos e glosarios. A meta principal deste Vocabulario é facilitar a tarefa de falar ou escribir sobre medicina en galego con calidade e precisión a quen ensina ou se forma nesta ou noutras titulacións da área das ciencias da saúde. Pero agardamos tamén que a súa repercusión reborde o ámbito universitario e chegue ao mundo profesional, xa que esta ferramenta de normativización -cun amplo repertorio de termos médicos en galego - pode contribuír á normalización e aumentar desa forma a presenza do galego na comunicación sanitaria. Sabemos ben que unha iniciativa coma esta non é máis ca un pe- queno chanzo no camiño dun obxectivo tan ambicioso e, sendo conscientes de que seguiremos atopando prexuízos e obstáculos en contra do galego, tan difíciles de mudar coma de xustificar, traba- llamos e seguiremos traballando por un galego normativizado e normalizado, un galego culto e de calidade, que irá ocupando o lugar que lle corresponde dentro do ámbito científico en Galicia. 10 Que hoxe teñas nas túas mans este exemplar é para nós a maior recompensa. U U U Antes de que comeces a consultalo parécenos interesante ofrecerche algunhas pistas sobre a información que no Vocabulario vas atopar e a forma en que esta se presenta. Deste xeito, poderás tirarlle moito máis partido desde o primeiro momento. Estruturalmente, divídese en dous grandes bloques: a. o vocabulario propiamente dito, no que se recolle o corpus de entradas, numerado e ordenado alfabeticamente segundo a súa denominación galega. b. os índices remisivos, nos que se presenta unha listaxe alfabé- tica de todos os equivalentes en cada unha das linguas de tra- ballo (español, inglés, portugués e latín), indicando o número da entrada galega a que corresponde e onde se atopa toda a información sobre ela. O primeiro deles é a cerna deste traballo, e consta de dous tipos de entradas: 1. As ENTRADAS COMPLETAS son as que compilan e organi- zan toda a información sobre cada un dos conceptos estuda- dos no Vocabulario. Identifícanse cun número que permite remitir facilmente a elas desde calquera dos índices e encabézanse coa denomi- nación galega e a categoría gramatical desta. A continuación indícase a área temática a que pertence o concepto designa- do por esa denominación1, e unha liña despois preséntanse outros nomes galegos que remiten ao mesmo concepto, quer 1 Vid. unha listaxe das empregadas na “´Táboa de materias”. 11 sinónimos (marcados como SIN.), quer variantes (marcadas como VAR.). O seguinte bloque de información recolle e ordena os nomes empregados en español (es), inglés (en),

View Full Text

Details

  • File Type
    pdf
  • Upload Time
    -
  • Content Languages
    English
  • Upload User
    Anonymous/Not logged-in
  • File Pages
    847 Page
  • File Size
    -

Download

Channel Download Status
Express Download Enable

Copyright

We respect the copyrights and intellectual property rights of all users. All uploaded documents are either original works of the uploader or authorized works of the rightful owners.

  • Not to be reproduced or distributed without explicit permission.
  • Not used for commercial purposes outside of approved use cases.
  • Not used to infringe on the rights of the original creators.
  • If you believe any content infringes your copyright, please contact us immediately.

Support

For help with questions, suggestions, or problems, please contact us