CRIAL 138 ABRIL MAIO, XUNO TOMO XXXVI /1998 O NACIONALISMO HOXE RAMÓN MÁIZ; A reconstrucción teórica do nacionalismo e as demandas políticas da democracia. KLAUS-JÜRGEN NAGEL A unificación europea. ¿Unha nova escena posible para os nacionalismos non estatais? XUSTOG.BERAMENDI: Identidade. etnicidade e Estado na España contemporánea. JOSÉÁLVAREZjL'N'CO O proceso de construcción nacional na España do século XIX. PEREANGUEHA: 0 nacionalismo catalán. JOSÉ LUIS DE LA GRANJA SAINZ: O nacionalismo vasco heterodoxo no século XX. XOSÉM.NÚÑEZSEKAS: Radicáis e pragmáticos: do nacionalismo galego a fináis do século XX. XUSTO G. BERAMENDI / XAVIER CASTRO: Entrevista con Borja de Riquer. REVISTA GALEGA DE CULTURA 138 ABRIL, MAIO, XUNO TOMO XXXVI /1998 O presente número de Grial (oí coordinado por XUSTO G. BERAMENDI e XAVIER CASTRO. Director: CAEOS CASARES Subdirector: XAVIER CASTRO Secretario de Redacción: XOSÉ MANUEL SOUTULLO Consello de Redacción: XAN BOUZADA, CARLOS X. FERNÁNDEZ, GUSTAVO ADOLFO GARRIDO, MODESTO LÓPEZ BOUZAS, HENRIQUE MONTEAGIJDO ROMERO, MANUEL RODRÍGUEZ ÁLVAREZ, DAMIÁN VIHALAÍN Deseño: ! M.JANEIRO ; Ilustracións: Signos notaríais do Inventario de Protocolos Notaríais. Noia, 1531-1895 EDITORIAL GALAXIA, S. A. Redacción, subscrición e distribución: Reconquista, 1.36201 VIGO. Telfs.: 43 2100 - 43 32 38. Fax: 22 32 05 E-mail: [email protected] Páxina web: http://www.arrakis.es/~galaxia/grial/grial_gl.htra Imprime: OBRADOIRO GRÁFICO, S. L, Avda. Rebullón, 49 - Mos poj Esta revista é membro de í SM ARCE (Asociación de Revistas ISSN: 0017-4181 / DEPÓSITO LEGAL: VG-99-1963 EH culturales de España). O NACIONALISMO HOXE 181 XUSTO G. BERAMENDI / XAVIER CASTRO: Presentación. ENSAIOS 185 RAMÓN MÁiZ: A reconstrucción teórica do nacionalismo e as demandas políticas da democracia. 199 KLAUS-JÜRGEN NAGEL A unificación europea. ¿Unha nova escena posible para os nacionalismos non estatais? 239 XUSTO G. BERAMENDI: Identidade, etnicidade e Estado na España contemporánea. 26l JOSÉ ÁLVAREZ JUNCO: O proceso de construcción nacional na España do século XIX. 279 PERE ANGUERA: O nacionalismo catalán. 295 JOSÉ LUIS DE LA GRANJA SAINZ: O nacionalismo vasco heterodoxo no século XX. 313 XOSÉ M. NÚÑEZ SEiXAS^Radicais e pragmáticos: do nacionalismo galego a fináis do século XX. ENTREVISTA 349 XUSTO G. BERAMENDI / XAVIER CASTRO: Entrevista con Borja de Riquer. 363 OPINIÓNS XOSÉ LUÍS BARREIRO RTVAS, ROBERTO L. BLANCO VALDÉS, FRANCISCO CARBALLO, BENEDICTO GARCÍA VILLAR, BIEITO IGLESIAS, AVELINO POUSA ANTELO, FRANCISCO PUY, ANDRÉS TORRES QUEIRUGA. 379 LIBROS | DOLORES VILAVEDRA JOAQUIM VENTURA, X. G. G, XAVIER CARRO, HENRIQUE MONTEAGUDO, ERNESTO GONZÁLEZ SEOANE, ANDRÉS POCINA, MARÍA XOSÉ AGRÁ ROMERO, CELSO CANCELA OUTEDA, XOSÉ LÓPEZ. 409 TEATRO j . • DOLORES VILAVEDRA. 413 ARTE X. ANTÓN CASTRO. 419 IMAXE : XOSÉ LUÍS CABO. 423 MÚSICA ; W PILAR ALEN. I 427 ÍNDICE DE COLABORADORES Presentación Xusto G. Beramendi Xavier Castro Parece indiscutible que a cuestión nacional segué a ser unha das de maior vixencia tanto no marco europeo como no do Estado español. No que atinxe a este último, súmase ademáis este ano o peso simbólico do centenario de 1898, que foi un claro punto de inflexión ñas dinámicas nacionais en España. Era oportuno, xa que logo, reunir nunha mesma publicación un feixe de reflexións ó respecto, máxime cando ata agora non sefixera en galego. De aquí este número monográfico de Grial, que foi posible pola desinteresada colaboración tanto dalgúns dos mellores es- pecialistas nos seus respectivos eidos de investigación como de persoeiros galegos de diferentes tendencias ideolóxicas que aceptaron enviar por es- crito as súas opinións. A todos eles, o noso máis sincero agradecemento. O número estructurase en tres partes. A primeira conten unha serie de ensaios que procuran un acbegamento actualizado, aínda que non exhaustivo, ós aspectos ou movementos que coidamos de maior interese para o lector galego. En primeiro lugar, Ramón Máiz reflexiona sobre os recentes debates tidos no eido da ciencia política verbo da relación entre nacionalismo e democracia. Recollendo as aportacións teóricas de diferentes autores, afirma a actual complementariedade ideolóxica entre ambas as dúas realidades nos vellos Estados occidentais e nalgúns dos novos da Europa do Leste. Na súa opinión, a fundamentación clásica da democracia, de signo liberal, non ahonda para garantir de seu a cohesión comunitaria dos cidadáns nin a existencia dunha cultura diferencial vizosa epropi- ciadora da participación política, polo que compre ir alen da mera plu- ralidade da cidadanía para configurar unha convivencia cívica satis- factoria afincada tamén nos vínculos nacionalitarios sobre os que se asenta desde as súas orixes o sistema político democrático. E isto conleva 182 ; Xusto G. Beramendi/Xavier Castro a recuperación do relegado concepto comunitario de nation, pero resi- tuado agora no marco discursivo das garantías, liberdades e dereitos democráticos. Pola súa parte, Klaus-Jürgen Nagel analiza as favorables perspecti- vas de actuación que atoparon as rexións no marco da Unión Europea en contraposición coa disfuncionalidade que se ten producido verbo das vellas nacionalidades históricas. Esténdese na casuística a nivel xe- ral e descende a considérala tamén no ámbito do Estado español, nomea- damente no de Cataluña. Examina así mesmo a problemática que con- leva a reivindicación do dereito de autodeterminación no novo marco comunitario e a incidencia dos nacionalismos non estatais na cuestión da defensa e do afianzamento da democracia. Xusto G. Beramendi aborda, desde a perspectiva da xénese e evolu- ción das identidades, a confluencia de procesos nacionalizadores mu- tuamente excluíntes no seo do Estado español na Idade contemporánea e propon, mediante a análise comparada, unha hipótese explicativa en base á combinación única de factores condicionantes que caracteriza este caso. A aportación de José Álvarez Junco refírese a unha das grandes ma- terias pendentes do estudio dos nacionalismos peninsulares: o naciona- lismo español, do que analiza as súas condicións de nacemento e os ris- cos básicos da súa evolución durante o século XIX. Pere Anguera repasa as formulacións políticas que desde as orixes foron artellando o catalanismo, inicialmente baixo un prisma liberal e avanzado e só despois complementado cunha corrente conservadora. Detense na consideración do papel que desempeñaron os aspectos lin- güístico-culturais ós que se engadiu unha nidia vontade política dife- rencialista, de maneira que desde moi cedo callou unha simboloxía na- cional diferenciada e unha eficiente mitoloxía referencial identitaria. Deste xeito, xa antes da proclamación da II República, o nacionalismo catalán abranguía un ampio espectro de ideoloxías e opcións partida- rias que lie permitiron vertebrar unhas estructuras normalizadas. José Luis de la Granja salienta a natureza bifronte que tivo sempre o nacionalismo vasco (moderación/radicalismo; autonomismo/indepen- dentismo) e, logo dunha breve síntese dos avatares desta tensión interna na súa organización maior, o PNV, estudia unha dimensión minorita- ria e moito menos coñecida dése nacionalismo: a terceira vía dos na- cionalistas vascos heterodoxos, máis en consonancia coas posturas his- tóricamente maioritarias dos seus homónimos catalán e galego. E para rematar esta primeira parte, Xosé M. Núñez Seixas examina a realidade do nacionalismo galego recente, marcada polo ascenso, sor- prendente para moitos observadores foráneos, do Bloque Nacionalista Presentación 183 Galego. Logo de pasar revista ás peculiaridades ideolóxicas e organizati- vas deste nacionalismo, á incidencia dos cambios institucionais e ás di- ferencias de implantación nos diferentes sectores sociais, aventura un prognóstico: o rápido retroceso do mundo rural e os acelerados cambios de toda índole que se están a producir, fundamentalmente o aumento da comunicación social e o afortalamento dun marco de intereses espe- cífico, crean as condicións de posibilidade dun novo artellamento social e político do país así como da consolidación dunha identidade supralo- cal de referente galego. A segunda parte consiste nunha entrevista a Borja de Riquer, un clá- sico nos estudios do nacionalismo catalán e un dos autores que abriron novos vieiros para a comprensión da especificidade da cuestión na- cional no Estado español dentro do conxunto europeo. As análises que versan sobre a situación do nacionalismo en Europa e no noso marco estatal, nunha perspectiva teórica e bistórico-fáctica, compleméntanse cun conxunto de opinións que queren dar conta das diferentes sensibilidades existentes hoxe en Galicia verbo da súa identi- dade e, no seu caso, das conseguintes reivindicacións políticas. Colabo- ran neste apartado persoas sen especial protagonismo político ás que, porén, escullimos por coidalas representativas das diversas percepcións do feito diferencial galego. Aínda que, por desgracia, non responderon todos os queforon invitados, pensamos que este retablo de textos breves, redactados con total liberdade, é significativo de abondo. Con este pequeño labor que hoxe presentamos non pretendemos sen- tar cátedra de nada nin deixar resoltas definitivamente cuestións tan complexas e decisivas para o noso presente e o noso futuro. Móvenos unha arela máis modesta, ou cecais máis ambiciosa: fomecer uns ma- teriais que contribúan, xunto con moitos outros, á avanzar na com- prensión e discusión racionáis destes problemas. A reconstrucción teórica do nacionalismo e as demandas políticas da democracia Ramón
Details
-
File Typepdf
-
Upload Time-
-
Content LanguagesEnglish
-
Upload UserAnonymous/Not logged-in
-
File Pages264 Page
-
File Size-