María Victoria Moreno

María Victoria Moreno

BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA María Victoria Moreno NÚMERO 379 A CORUÑA ANO 2018 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA NÚMERO 379 A CORUÑA ANO 2018 Boletín da Real Academia Galega Consello de Redacción: Víctor Fernández Freixanes Henrique Monteagudo Marilar Aleixandre Fina Casalderrey Andrés Torres Queiruga Secretaria técnica: Nélida Cosme Editoras científicas: Marilar Aleixandre Fina Casalderrey Edita: Real Academia Galega https://doi.org/10.32766/brag.379 Foto cuberta: Colección familiar Deseño: Xosé Díaz / Imago Mundi Maquetación: Real Academia Galega Impresión: Imprenta provincial Deputación da Coruña ISSN: 1576 - 8767 ISSN-e: 2605 - 1680 Depósito Legal: C-743/2000 © REAL ACADEMIA GALEGA Rúa Tabernas, 11 Apartado 557 Tlf. 981 20 73 08 Fax. 981 21 64 67 www.academia.gal 15001 A CORUÑA COMITÉ CIENTÍFICO FERNANDO BOUZA ÁLVAREZ Universidade Complutense- Madrid ISABEL BURDIEL Universidade de Valencia JOSE V. CAPELA Universidade do Minho IVO CASTRO Universidade de Lisboa FERNANDO DEVOTO Universidade de Buenos Aires PILAR GARCÍA NEGRO Universidade da Coruña JAVIER GÓMEZ MONTERO Universidade de Kiel TAINA HÄMÄLÄINEN Universidade de Helsinki JOHANNES KABATEK Universidade de Zürich TAKE KAZU ASAKA Universidade Tsudajuku de Toquio XABIER KINTANA Euskaltzaindia / Real Academia de la Lengua Vasca GIULIA LANCIANI Universidade Roma Tre ROSA MARÍA LOJO Universidade del Salvador / Universidade de Buenos Aires ARCADIO LÓPEZ-CASANOVA Universidade de Valencia BASILIO LOSADA Universidade de Barcelona ANA M.ª MARTINS Universidade de Lisboa MARINA MAYORAL Universidade Autónoma de Madrid MIRIAM HALPERN PEREIRA ISTCE- Instituto Universitário de Lisboa GABRIEL REI DOVAL Universidade de Wisconsin-Milwaukee BORJA DE RIQUER Universidade Autónoma de Barcelona GUILLERMO ROJO Real Academia Española / Universidade de Santiago de Compostela JOHN RUTHERFORD Universidade de Oxford JOAN VENY Institut d’Estudis Catalans / Termcat DARÍO VILLANUEVA PRIETO Real Academia Española / Universidade de Santiago de Compostela HELENA ZERNOVA Universidade de San Petesburgo Boletín da Real Academia Galega Núm. 379, p. 5-6 © 2018. Real Academia Galega ISSN-e: 2605-1680 LIMIAR número 379 do Boletín da Real Academia Galega, como xa vén sendo habitual, O está especialmente dedicado á figura que a institución salienta cada ano coa celebración do Día Das Letras Galegas (17 de maio). Nesta ocasión foi a persoa e a obra de María Victoria Moreno a que mereceu os honores dos estudosos e a mobilización social que medra en cada convocatoria. As Letras Galegas son, sen dúbida, a gran festa da nosa cultura, da nosa lingua e da nosa literatura, partici- pada cada ano por institucións de todo tipo, o asociacionismo cultural e o asocia- cionismo civil. Os criterios da RAG para elixir a persoa á que se lle dedica o Día das Letras son variados, pero basicamente redúcense a dous: a significación da biografía e da obra da personalidade a homenaxear e as posibilidades de proxección social, mesmo didáctica, da mesma, pensando nestes tempos sobre todo na xente nova. Na figura e na obra de María Victoria Moreno Márquez (Valencia de Alcán- tara, Cáceres, 1939- Pontevedra, 2005) sobrancean catro aspectos que cómpre subliñar. En primeiro lugar, a súa obra literaria, representativa dun fenómeno espe- cialmente relevante nas letras contemporáneas: o desenvolvemento e riqueza da literatura para os lectores e lectoras máis novos, o que en determinados ámbitos denominamos LIX (Literatura Infantil e Xuvenil), liña de creación que a partir da década dos anos 80 do pasado século, sobre todo, vive un tempo de crecemento con autores e autoras de primeiro nivel, recoñecidos dentro e fóra de Galicia. Tal fenómeno vén explicado por unha nova realidade política que recoñece a oficialidade da lingua galega no ensino non universitario, co que isto supón de crecemento e estabilidade dun mercado, mais tamén pola calidade dos textos (sen esquecer a contribución de ilustradores e deseñadores). Dalgunha maneira, a obra de María Victoria Moreno representa esa realidade cultural. Outro aspecto salientable é a súa condición de mestra, probablemente o que ela máis valorou por riba doutras actividades. Nos seus textos, nas súas declaracións, nos ensaios e, tamén, na súa práctica docente, María Victoria Moreno reivindi- cou moi especialmente o papel do profesorado na dignificación da lingua galega e na formación da futura cidadanía, actividade á que dedicou a súa vida e á que prestou especial atención, o que confirma a memoria que deixou nos alumnos e alumnas que pasaron polas súas aulas. Terceira cuestión, o feito (tamén significativo) de nacer e criarse nos seus pri- meiros anos e mesmo ata a primeira idade adulta (23 anos) fóra de Galicia. Nunca © 2018. REAL ACADEMIA GALEGA. Boletín da Real Academia Galega 379, 5-6 ISSN: 1576-8767 ISSN-e: 2605-1680 5 Limiar aceptou o cualificativo de “alófona” para definir o seu compromiso coa lingua galega, que descubriu principalmente durante a súa estadía en Lugo, da man do seu compañeiro de claustro, o profesor Alonso Montero. María Victoria Moreno considerábase “autófona”, instalada na lingua e na cultura que libremente deci- dira asumir como de seu, compromiso que desenvolveu activamente mesmo como editora e comentarista de textos, na súa condición de filóloga. A cuarta razón que valorou a RAG cando escolleu a María Victoria Moreno para a celebración do Día das Letras foi a súa condición de muller. Non por unha razón excluínte de xénero. Por riba desta consideración está a calidade do seu traballo e da súa produción, mais si como recoñecemento doutro fenómeno social que debemos salientar e en gran medida debuxa o horizonte dun novo tempo, a presenza cada vez máis activa da muller en todos os ámbitos da sociedade: na vida universitaria, académica, empresarial, artística, institucional, política…, fenó- meno que vén de atrás, pero que empeza a manifestarse con forza nas últimas décadas e constitúe unha realidade irreversible. A filóloga, a estudosa e crítica da literatura, a creadora literaria (pensando pre- ferentemente, aínda que non exclusivamente, na xente nova), a editora, a profe- sora aplicada e comprometida, a súa condición de galega de corazón (e vontade), a súa condición de muller nun tempo onde a igualdade de xéneros entre os seres humanos, por riba de calquera outra consideración, forma parte dos principios democráticos a consolidar, son razóns varias (e complementarias) que explican a elección de María Victoria Moreno, e mais que explican asemade a poderosa resposta social que a elección mobilizou. Neste número do Boletín da RAG recollemos os traballos que sobre a persoa, o contexto histórico e a obra de María Victoria Moreno se presentaron no Simposio que, como tamén é tradicional, celebramos cara a final do ano (27 e 28 de novem- bro), así como as intervencións dos académicos na sesión solemne do 17 de maio, que se celebrou en Pontevedra. Outras celebracións que serviron para o debate académico foron as homenaxes a Juan Antonio Saco Arce (1835-1881) e a Samuel Eiján (1876-1945): o pri- meiro, autor da Gramática que inaugura os estudos científicos nesta especialidade (1868), referencia fundacional da filoloxía galega; o segundo, figura destacada da lírica relixiosa no século XX. Nas páxinas deste número do Boletín recollemos ensaios e intervencións das xornadas de traballo que se celebraron en Ourense e Santiago de Compostela, xunto coas seccións habituais da publicación, nas que se resume a actividade na RAG ao longo destes doce meses. VFF © 2018. REAL ACADEMIA GALEGA. Boletín da Real Academia Galega 379, 5-6 6 ISSN: 1576-8767 ISSN-e: 2605-1680 I Simposio María Victoria Moreno María Victoria Moreno / Colección familiar I Simposio María Victoria Moreno UN LUGAR DE HONRA NA LIX. MARÍA VICTORIA MORENO / / Blanca-Ana Roig Rechou MARÍA VICTORIA MORENO E A POESÍA PARA A INFANCIA / / Antonio García Teijeiro DAQUELAS QUE CONTAN... / Mercedes Queixas Zas ALGUNHAS CLAVES DO DISCURSO LITERARIO DE MARÍA VICTORIA MORENO / / Isabel Soto MORTE E TRANSCENDENCIA EN MARÍA VICTORIA MORENO / / Andrés Torres Queiruga MARÍA VICTORIA MORENO: ELEXÍAS DE LUZ / Xesús Rábade Paredes MARÍA VICTORIA, XENEROSIDADE E COMPROMISO COA CULTURA GALEGA / / Xavier Senín A MESTRA E A PEGADA DO CAMIÑO ENSINADO / Fina Casalderrey MARÍA VICTORIA MORENO: ENSAÍSTA / Manuel Bragado MARÍA VICTORIA MORENO: COMPROMISO E CONCIENCIA CÍVICA DUNHA MULLER ADIANTADA AO SEU TEMPO / Isabel Mociño-González MARÍA VICTORIA MORENO, AUTORA DE LIBROS DE TEXTO OU COMO EXPLICAR A LITERATURA GALEGA Á MOCIDADE / Montse Pena Presas Boletín da Real Academia Galega Núm. 379, pp. 11-31 © 2018. Real Academia Galega ISSN-e: 2605-1680 https://doi.org/10.32766/brag.379.719 UN LUGAR DE HONRA NA LIX. MARÍA VICTORIA MORENO A PLACE OF HONOUR IN CHILDREN’S LITERATURE. MARÍA VICTORIA MORENO Blanca-Ana Roig Rechou ICE - Universidade de Santiago de Compostela Resumo: Un breve percorrido pola historia da Literatura Infantil e Xuvenil galega para situar a María Victoria Moreno, a homenaxeada no Día das Letras galegas de 2018, nun lugar de honra. Demóstrase que moitas das obras que conforman a produción da autora, pouco extensa pero intensa, foron funda- mentais para a consolidación da Literatura Infantil e Xuvenil galega. De aí que María Victoria sexa recoñecida como unha pioneira na constitución dese sistema literario e unha impulsora da educación literaria, ben planificada, a partir da boa literatura co obxectivo de axudar á conformación de lectores competentes. Abstract: My paper will begin by exploring Galician Children’s and Young Peo- ple’s Literature before discussing María Victoria Moreno, the writer honoured on the 2018 Galician Literature Day, and her role in this literary system. I will attempt to show that a good part of her work (not very extensive but highly intense) was essential for the consolidation of Galician Children’s and Young People’s Literature. That is why Moreno is recognized as a pioneer in its con- struction and a promoter of a well-planned literary education from the basis of good literature whose aim is to create proficient readers. Palabras chave: María Victoria Moreno, Literatura Infantil e Xuvenil, Día das Letras Galegas, educación literaria, lector competente.

View Full Text

Details

  • File Type
    pdf
  • Upload Time
    -
  • Content Languages
    English
  • Upload User
    Anonymous/Not logged-in
  • File Pages
    574 Page
  • File Size
    -

Download

Channel Download Status
Express Download Enable

Copyright

We respect the copyrights and intellectual property rights of all users. All uploaded documents are either original works of the uploader or authorized works of the rightful owners.

  • Not to be reproduced or distributed without explicit permission.
  • Not used for commercial purposes outside of approved use cases.
  • Not used to infringe on the rights of the original creators.
  • If you believe any content infringes your copyright, please contact us immediately.

Support

For help with questions, suggestions, or problems, please contact us