Betazos/Pontedeume 13/05/2016 NOTAS SOBRE OS ANDRADE Mª LUZ RÍOS RODRÍGUEZ I. AS ORIXES. S. XII-XIII -1ª mención en 1160: Bermudo Fortúnez, miles de Andrade. -Membros da baixa nobreza, vasalos dos Traba (Froilaz, Ovéquiz, Gómez) que son o maior poder nobiliar, auténticos “comes Galliciae”, que dominan as terras e condados de Pruzos, Bezoucos (Bisaquis), Trasancos, Trastamara, Sarria, Montenegro. A relación vasalática dos Andrade se continuará a ata a extinción da familia Traba a fins do s. XIII (último representante Rodrigo Gómez). -Pequeno dominio con bens e vasalos en san Martiño de Andrade (berce da liñaxe), Pontedeume, Cabanas, Monfero, Vilarmaior, Montenegro. Relacións de mutuo beneficio ( pactos) cos mosteiros de Cabeiro, Monfero e Bergondo. Despois encomendeiros, defendendo en teoría aos mosteiros, pero usurpando tamén moitas das súas rendas e vasalos ( por ex: no s. XIII, Fernán Pérez de Andrade I (1230-ca1260/1270), encomendeiro de Monfero). -Van enriquecéndose grazas a concesión de beneficios por parte dos seus señores (Traba) e sobre todo de préstamos/ pactos e encomendas dos mosteiros, así como grazas a matrimonios vantaxosos: bens mais seguros, patrimoniais, si hai herdeiros. -No s. XIII a monarquía reasegura o seu poder fronte a nobreza cas fundacións/ cartas poboas das vilas de Ferrol, Pontedeume, Vilalba , As Pontes. II. O CAMBIO SOCIOPOLÍTICO. s. XIV A.- 1ª ½ XIV: os Andrade á sombra dos Castro. -- No reino, últimos monarcas da dinastía afonsina ou borgoñona: Afonso XI e Pedro I. -- Na Galicia, os mais grandes señores son agora os Castro, que son tamén os novos señores dos Andrade (Pedro Fernández de Castro, o da guerra, (+Algeciras, 1342) señor de Monforte de Lemos e Sarria, e seu fillo, Fernán Ruiz de Castro, toda a lealdade de España,( +Bayonne, 1377), III conde de Lemos, Trastamara e Sarria. --Os Andrade: 2 liñas familiares? : Pérez de Andrade e Freire de Andrade -- Fernán Pérez de Andrade II (1290-1320). Cabaleiro malfeitor, espolia Caaveiro , doazón a Monfero. Participa xunto co seu irmán Pedro Pérez de Andrade e outros moitos no conflito polo dominio da cidade e terra de Santiago (1318-1320) ) contra o novo arcebispo, Berenguel de Landoira .... ambos son matados dentro do castelo da Rocha polos seguidores do arcebispo. --Tras este feito dramático, xurdimento na documentación de ¿nova? póla familiar: Freire de Andrade -- Xóan Freire de Andrade, Nuño Freire de Andrade e Rui Freire de Andrade (avó, tío e pai de Fernán Pérez de Andrade III o Boo. O tío e o pai son armados cabaleiros da “Orden da Banda” polo seu señor da casa dos Castro (1330). Afonso XI crea esta orden laica para investir como cabaleiros a gran nobreza do reino, entre eles a Pedro Fernández de Castro. -- Rui Freire de Andrade das Mariñas (+1362), casa con Inés González de Soutomaior (2ª), nai de Fernán Pérez III o Boo. Encomendeiro e boas relacións con Cabeiro e con sto Domingo de A Coruña, onde se manda enterrar. B.- 2ª ½ XIV: cambio dinástico, guerra civil e nova nobreza en Galicia. -- No reino, guerra civil e acceso ó trono da dinastía Trastamara con Enrique II. Guerra polo trono entre Pedro I, fillo lexítimo de Afonso XI e Enrique Enríquez, II conde de Trastamara e fillo bastardo de Afonso XI; triunfo de Enrique apoiado polas tropas francesas de Bertrand du Guesclin (contexto: Guerra dos Cen Anos). Desenrolo da guerra: inicios en 1356, g. civil (1366-1369) e tras a morte de Pedro I (Montiel, 1369) continuidade polos seus partidarios ata firma de paces en 1371 e 1373. -- Na Galicia, descabezamento da nobreza galega presidida ata 1369 pola casa dos Castro. Na guerra, Galicia, maioritariamente petrista; nobreza liderada por Fernán Ruíz de Castro, leal a Pedro I en vida e en morte, exiliarase a Portugal. O partido petrista ofrécelle a coroa a Fernando I de Portugal. Tamén apoia a causa portuguesa o propio irmán de Fernán Pérez III o Boo, Nuño Freire ( mestre da Orden do Cristo en Portugal, refén do rei de Castela; parte do seu sepulcro no Museo das Mariñas en Betanzos, o seu fillo segue na corte portuguesa). Outro irmán de Fernán e Nuño, Xoán Freire de Andrade, enterrado en s Francisco de Betanzos. Nova gran nobreza en Galicia: Pedro Enriquez (un parente rexio), IV conde de Lemos, Trastamara e Sarria, pertigueiro maior de Santiago; Pedro Ruiz Sarmiento, adiantado maior de Galicia, señor de sta Marta de Ortigueira, Ribadavia e Burgo de Faro as portas de A Coruña; Diego López de Zúñiga, señor de Monterrei, todos eles sen ningún arraigo en Galicia. --Fernán Pérez de Andrade, III o Boo (+1397): a procura de Casa, Estados e Liñaxe. --Figura como escudeiro en varios docs; participa nas revoltas de 1354-56 e en 1356 recibe doazóns do conde de Trastamara (futuro Enrique II) e grazas a él se converterá no primeiro gran señor da liñaxe, levando a cabo o engrandecemento familiar e patrimonial. -- A Casa-fortaleza familiar en san Martiño de Andrade, vai ser abandonada por Pontedeume e Nogueirosa. -- Matrimonio vantaxoso con (1ª) Sancha Rodríguez (sepulcro no museo das Mariñas, Betanzos), única filla lexítima e herdeira de Aras Pardo, cabaleiro, de quen “herda” a encomenda sobre Monfero; (2ª) con Constanza de Moscoso. -- Participa na guerra de Pedro I contra o reino de Aragón en 1357 e polo menos ata 1364 milita no bando de Pedro I. Recibe bens e privilexios do monarca. -- Cambio de bando: na g. civil en Galicia apoio decisivo a Enrique II (por ex. defendendo o trastamarismo da vila real de Betanzos da que era protector; grazas a iso, os betanceiros conseguirán mais privilexios e franquicias do monarca) -- Recibe privilexios e mercés do monarca: señor de Ferrol, Pontedeume (1371) e Vilalba (1373). Fernán sempre lle quedará agradecido: encarga moitas misas polo rei, en Monfero, na capela do hospital da Ponte (do Eume) e xa mais tarde, en sta Catarina de Montefaro. -- Participa na g. civil portuguesa/ conflito dinástico, entre Xoán I de Castela (Trastamara) e Xoán I de Portugal (Avis)apoiando ó Trastamara. -- Nun último renovo da guerra civil (cando o duque de Lancaster desembarca en A Coruña para defender os dereitos da súa muller Constanza, filla de Pedro I) non está clara a súa actuación, non se sabe si apoiou ou loitou contra o duque. A paz definitiva chega co acordo matrimonial entre Catarina, filla do duque e de Constanza ( por tanto neta de Pedro I) e o infante, futuro Enrique III. --Intensa labor construtiva (civil e relixiosa): Torre de Nogueirosa ou dos Andrade; Castelo-pazo-capela de s Miguel, en Pontedeume –só se conserva a Torre da Homenaxe- (1370-1380); Muralla de Pontedeume; Varias pontes sobre o Tambre; Gran Ponte ( 78 arcos, uns 900 m) sobre o Eume (1380-1386) que tiña , dúas torres e un hospital para peregrinos de 12 camas e unha capela dedicada ao Espírito Santo; Promotor das igrexas de s Francisco (onde está enterrado) e da capela maior de sta María do Azouge en Betanzos ( e outras); Promotor do convento de sta Catarina de Montefaro, da OTR de s Francisco ou da penitencia (1392). --Responde o modelo cabaleiresco do momento: actuacións sen escrúpulos, buscando sempre o seu propio beneficio; home de armas e de letras, engrandecemento da casa ( castelos, terras, vasalos ) e da liñaxe ; preocupado pola conservación da súa memoria. --Morre sen descendencia directa; os seus bens (patrimoniais e concesións rexias) son herdados sen gran problema polo sobriño, Pedro Fernández de Andrade IV, aínda que en teoría as mercés rexias debían reverter a coroa. III. O S XV . GUERRAS CIVÍS, LIGAS NOBILIARIAS E GUERRAS IRMANDIÑAS. Neste século a lealdade dos Andrade a coroa (igual ca de outros nobres) está baixo sospeita, os cambios de bando nobiliar son continuos; as guerras irmandiñas van “especialmente” dirixidas contra eles. --Nuño Freire de Andrade “o Mao” (1404-1431) -- Fillo e herdeiro Pedro Fernández de Andrade IV; sen problemas iniciais, pero todo se complica. -- Participa no loita polo poder que enfronta ó partido monárquico ( Xoán II e Alvaro de Luna, membro da baixa nobreza) e o partido aragonés (dos denominados “infantes de Aragón”, fillos do gran nobre e parente rexio, Fernando “de Antequera”, que vai ser elixido rei de Aragón (Compromiso de Caspe, 1412); os seus fillos quedan en Castela loitando por ocupar o trono, apoiados pola alta nobreza do reino (aínda que hai moitos cambios de bando). -- Nuño Freire de Andrade acabará militando cos seus señores (os Enríquez de Castro) no partido aragonés que vai ser derrotado por Álvaro de Luna en 1428. -- Os condes de Trastamara e parentes reais son Pedro Enríquez de Castro (+1400) e o seu fillo Fadrique Enriquez de Castro, duque de Arjona (desde 1423). Este forma parte primeiro do partido monárquico, despois cambia de bando e tras a derrota e exilio dos infantes de Aragón, cae en desgraza, o rei confíscalle títulos e posesións e morre en prisión no 1430. O condado de Trastamara é agora dividido, pero a súa irmá dona Beatriz, casada con Pedro Álvarez Osorio, señor de Cabrera e Ribera, conseguirá reunificar gran parte do patrimonio. --Nuño Freire impón fortes exaccións aos seus vasalos campesiños e os das vilas de Pontedeume e Ferrol ( que ve ratificado o privilexio de reguengo por parte de Xoán II en 1429, co que en teoría a vila deixaba de ser señorío dos Andrade). -- A 1ª guerra irmandiña . Sen apoios na Corte, con poucos amigos poderosos en Galicia, rebelión xeneralizada nos seus dominios en 1431, liderada por Roi Xordo. O levantamento irmandiño estendese por Ferrol, Pontedeume e incluso ó reguengo de A Coruña. Fracaso (relativo) do levantamento, non consegue estenderse por toda a terra de Santiago -- Morre no mesmo ano de 1431, non se sabe cómo. Sepulcro no altar maior de Monfero, xunto ó de Aras Pardo.
Details
-
File Typepdf
-
Upload Time-
-
Content LanguagesEnglish
-
Upload UserAnonymous/Not logged-in
-
File Pages16 Page
-
File Size-