D Dacón (Amarante, Maside).-- Antrotopónimo motivado polo xentilicio Dacus ou Dacianus, "natural da Dacia". Un "daciano" que ben puido ser un "compañeiro de viaxe" dos visigodos. Dadín (lug. e parroq. do Irixo).-- Podería ser un antrotopónimo referido a un posesor chamado Datinus, xenitivo latino Datini. Damil (lug. e parroq. de Xinzo de Limia).-- Outro posesor, chamado esta vez Damirus. Xenitivo Damiri. Delás (Araúxo, Lobios).-- De Danillanes, xenitivo do nome persoal Danilla. A Derramada (Carballeda, Piñor).-- O sentido orixinal de "derramar" é "des-ramar", espolar, quitar as ramas ou polas. Aquí está en participio e tanto se pode referir a unha árbore soa como a unha plantación enteira. A Derrasa (San Xoán de Moreiras, O Pereiro de Aguiar).-- Segundo E. Rivas é unha forma estereotipada dun "Camiño da Rasa", sendo A Rasa unha aldea do Concello veciño de Nogueira de Ramuín. Desteriz (parroq. de Padrenda).-- Nome procedente dun posesor chamado Destericus. A través do xenitivo latino dese nome: Desterici. Deva.-- Segunda parte do topónimo Pontedeva (parroquia e concello) e determinante de Aldea de Deva, Freáns de Deva e Xinzo de Deva, todos da parroquia e concello mencionado. É o nome do río que pasa por eses lugares, pero é unha palabra celta que significa "deusa" ou, quizaves, sexa o nome propio dunha delas, considerando ó río coma unha divindade. Hai outro río en Pontevedra con ese mesmo nome e varios máis no norte de España. Devesa (Osoño, Vilardevós) ║ A Devesa (Mourillós, Celanova ║ Río Caldo, Lobios ║ A Corna, Piñor) ║ As Devesas (lug. da parroq. e Conc. de Pontedeva).-- Palabra do léxico común (Terreo acoutado e con árbores destinado a pastos ou leña), do lat. defensa, "prohibido". Ademais dos lugares habitados citados é moi común en toponimia menor. Distriz (Albarellos, Boborás).-- Igual que Desteriz. (Ver) Doade (Xirazga, Beariz).-- Debe o nome a un propietario romano chamado Donatus (Donato), ao referirse á súa propiedade -en latín- como "Donati", é dicir, "de Donatus". Domés (parroq. de Verea).-- De *(vila) Dominici ou "(vila) de Dominicus", nome latino. Os Domínguez (Chaguazoso, Vilariño de Conso) .-- Nome de familia. Ver o dito en "Os Blancos". Domiz (lug. e parroq. de Carballeda de Valdeorras ║ Trasestrada, Riós).-- Nome de posesor. *Vila Dominici, "de Dominicus", nome latino. Dona Elvira (Santa María de Traseirexa, Vilardevós).-- Posiblemente deba o nome a unha propietaria inicial, respectada no entorno e chamada Elvira. Donas.-- Determinante presente en varios topónimos tales como: Casa da Dona (Paradela, Castro Caldelas; Chao das Donas (Xava, O Bolo) e Casteadona (As Caldas, Ourense). O máis probable é que sexan derivados de domina, "dama, señora, ama", pero non se pode descartar que non sexa un hidrónimo procedente do celta *dubro, "auga", formado, á súa vez, sobre un indoeuropeo *dheu, "correr, fluír". Tal efecto sucede ca palabra común "doira" (regato, arroio, torrenteira) e con outros topónimos como Doroña, Dubra, Duño, etc. e probable, e precisamente, cos dous ríos Donas, un afluente do Tambre e outro do Ulla. Por non amentar varios europeos -que cita E. Bascuas- como, por exemplo, o Düna (Danubio). Dos 3 lugares citados máis arriba o primeiro está bañado polo río Sobredo, o segundo polo Regueiral de Teixido e mais o Regueiro de San Bernabé, e o terceiro está a beira do Miño con regatos que van cara el. É dicir que os 3 teñen as súas propias circunstancias hidronímicas. Doniz (Espiñoso, Cartelle).-- Dun *(villa) Donnitti , antigo posesor de nome Donnitus. Machado opina que sería más ben Donici, xenitivo de Donnicius. Dornela (Lobás, O Carballiño ║ Dornelas: San Lourenzo de Fustáns, Gomesende ║Toubes, A Peroxa).- Diminutivo (o primeiro en singular e os outros en plural) da palabra "dorna" que actualmente en galego ten distintos significados (unha embarcación, unha maseira, unha artesa, etc), pero todos eles coa idea común de obxecto cóncavo que se corresponde en toponimia con lugares cóncavos ou deprimidos. Dradelo (Tabazoa de Umoso, Viana do Bolo) ║ Drados (lug. e parroq. de Chandrexa de Queixa).-- Lugares de hedras. Son dúas palabras derivadas de hedera, "hedra", pero con aférese do "e" inicial. As palabras completas serían "Edradelo" (diminutivo) e "Edrados" (plural dun colectivo). Nas dúas hai tamén supresión ortográfica do "h". (V. Hedrada) Ducí (Augas Santas, Allariz).-- De Dulcidii, xenitivo de Dulcidius, nome de posesor latino. E O Eido (Grou, Lobios).-- Palabra corrente para designar un terreo cultivado, leira ou herdade. Pode vir do lat. aditus, -a, -um, pp. de adeo, "dirixirse, ir a un sitio". Eido de Lamas (Sabucedo, Porqueira) ║ Eido de Ribeira (Sabucedo, Porqueira ║ Eidos de Limia (Ordes, Rairiz de Veiga).-- Compostos de Eido. Obsérvese que na parroq. de Sabucedo -Porqueira- hai dous con distinto predicado, para identificalos. Eidobispo (Zapeaus, Rairiz de Veiga).-- Composto cunha haploloxía = Eido do bispo. Eiradela (Faramontaos, Nogueira).-- Diminutivo de ‘eirado’ (pequeno campo ou praza pequena dun lugar). Eiras (lug. e parroq. de San Amaro ║Alcázar de Milmanda, Celanova ║ Trez, Laza║ Vilameá, Ramirás) ║ Eira de Mouros (Lebosende, Leiro) ║ Eira de Lapela (lug. da parroq. e Conc. de Padrenda).-- Unhas eiras de mallar déronlle o nome a estes lugares (lat. area). Eirasvedras (Canedo, Ourense) ║ Eiravedra (Mourisco, Paderne de Allariz ║ Albarellos, Boborás).-- Un está en plural e o outro en singular, pero ambos se refiren a eiras moi vellas, vetustas. (De area e vetustum -a) A Eirexa (lug. e parroq. de Maceda ║ A Mezquita, A Merca ║ Navea, A Pobra de Trives ║ Sistín, A Teixeira ║ Castromao, Castromarigo e Valdín, A Veiga ║ Alais e Mazaira, Castro Caldelas ║ Ribela, Coles ║ Rabiño, Cortegada ║ Tioira, Maceda ║ Garabás, Maside ║ Quins, Melón ║ Loña do Monte, Nogueira de Ramuín ║ Madarnás e Ponte Veiga, Carballiño ║ San Cosmede de Cusanca, O Irixo ║ Vilariño, O Pereiro de Aguiar ║ Beiro, Canedo, Reza e Untes, Ourense ║ Torcela, Piñor ║ Ourantes, Punxín ║ Trasestrada, Riós ║ Rante, Santa Cruz da Rabeda e Soutopenedo, San Cibrao das Viñas ║ Cea e Longos, San Cristovo de Cea ║ Torán, Taboadela ║ Puga, Toén ║ Lobaces e Trasmiras, Trasmiras ║ Reádegos e Tamallancos, Vilamarín ║Arnuíde, Vilar de Barrio ║Traseirexa, Vilardevós ║ Mormentelos, Vilariño de Conso) ║ A Eirexa Vella (Longos, San Cristovo de Cea).-- Estatisticamente esta familia de topónimos é a segunda máis frecuente en toda Galicia. En Ourense e sur de Lugo predomina a forma (A) Eirexa. (No resto de Galicia, A Igrexa.) Eirexa e unha das formas mais ou menos arcaicas e populares que serviron para designar ó núcleo de poboación erguido xunto a unha igrexa, concretamente a igrexa parroquial, sendo unha referencia tan clara e precisa que seguramente fixo desaparecer calquera outra posible toponimia anterior. É unha das varias derivacións da do latín vulgar eclesia ou do clásico ecclesia, tomada esta á súa vez do grego onde tiña o significado primario de "asemblea de cristiáns" e logo, tamén, o do propio lugar da asemblea, o templo. (Ver Airexa, Eirexe, Igrexa e Igrexario) A Eirexe (lug. da parroq. e Conc. de Cea ║ Torcela, Piñor).-- É outra evolución de ecclesia, quizais do xenitivo. Este podería estar presente nunha expresión do tipo (positio) ecclesiae, "(situación) da igrexa". Con todo non se pode descartar un nome de persoa como os íberos Erhesius ou Erhex-o. Pero habendo máis de 120 "Eirexe" en toda Galicia esa segunda opción, de existir, tería que ser moi minoritaria. Con todo na provincia de Ourense só hai dous polo que estes dous precisamente puideran ser a excepción. Eiró (Xagoaza, O Barco de Valdeorras).-- Eira pequena. Do latino areola, derivado diminutivo de area, "eira". As Eiroás (Antes era de Cudeiro, Ourense).-- Seguramente esteamos -igual ca o anterior- ante un derivado do latín areola, diminutivo de eira = eira pequena. O paso do sufixo diminutivo -ola a -oá é típico dunha zona de Ourense. Con todo -á vista dese artigo- non se pode descartar un apelativo familiar referido a unhas mulleres supostamente coñecidas como "as Eiroás". Eixán (Astureses, Boborás).-- Hidrotopónimo. Está ó lado do río actualmente chamado Pedriña. A pesar da súa aparente relación con 'eixe', lat. axis, Bascuas cítao entre varios que se poden relacionar co hidrónimo prerromano 'axe' (da raíz indoeuropea *Aps-, "auga". (Axe en outras partes -Río Aso, Huesca, ou río Asón, Santander- trocou o 'x' en 's', pero en galego, aparte da diptongación do 'a', conservou o 'x'. Esta é a orixe do apelido Eixán, modificado a Eiján.) Elfe (O Barón, O Carballiño).-- De Adelfi, forma xenitiva do sobrenome Adelfus, antes Adelphus saído do grego Adelphos, "irmán". Adelfi > Aelfe > Elfe. (En Chantada hai A Elfe, que conserva o "A" anque estea separado.) A Ella de Abaixo e A Ella de Arriba (Ambas de Espiñoso, Cartelle).-- Son dous lugares de mesma parroquia, moi próximos entre si e ambos á beira do chamado, precisamente, río das Ellas. É curioso que o río leve o nome actual dos núcleos e que estes, no seu día, colleran o nome do río, nome que non era o actual senón o de Elenia. Na documentación medieval proliferan as alusións ó rivulo Elenia. Este nome de procedencia paleoeuropea está formado sobre o tema hidronímico El-en-. A evolución fonética puido ser Elenia > E(l)enia > Eña > Ella. O suposto artigo "A" é un "pegote" (quizais inducido polo nome moderno do río," … das…"). A Embalsada (lug. da parroq. e Conc. de Padrenda).-- De balsa, charca ou poza, oco no terreo que se enche de auga. Da voz prerromana balsa, "valgada encharcada". A Encomenda (lug. e parroq. da Pobra de Trives).-- A encomenda era unha dignidade de certas ordes militares recibindo tamén ese nome as propiedades que o encomendeiro puidera ter nun sitio. Enfesta (Celaguantes, A Peroxa ║ Longoseiros, O Carballiño ║ Corneda, O Irixo) ║ A Enfesta (Barbantes, Punxín ║ Vilameá, Ramirás).-- Do lat. infestus, "levantado, erguido". Alude a un sitio elevado: cume, cumio ou pico. Tamén hai a forma Infesta. En Asturias teñen Infiesta e Infiesto. (V. Vilanfesta) Está essa leyra u chaman Eenfesta en loco que chaman a Penna do Boy morto.
Details
-
File Typepdf
-
Upload Time-
-
Content LanguagesEnglish
-
Upload UserAnonymous/Not logged-in
-
File Pages28 Page
-
File Size-