CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO (XXXVIII) María Victoria Moreno Homenaxe Palabra fértil no Tempo CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO (XXXVIII) María Victoria Moreno Homenaxe Palabra fértil no Tempo Coordinadora Blanca-Ana Roig Rechou CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Director: Armando Requeixo Consello asesor: Luís Alonso Girgado Xosé Luís Cochón Touriño Xesús Ferro Ruibal Anxo González Fernández Ramón López Vázquez Segundo Pérez López Manuel Quintáns Suárez Anxo Tarrío Varela Andrés Torres Queiruga Edita: Xunta de Galicia Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades Secretario Xeral de Política Lingüística: Valentín García Gómez Coordinador científico: Manuel González González Directora Técnica de Literatura: Blanca-Ana Roig Rechou © Dos textos: os autores © Da cuberta e ilustracións interiores: Javier Cabo Villaverde (pp. 39, 119, 245), Guillermo Calviño Santos (pp. 31, 165, 187), Olalla Cortizas Varela (pp. 137, 207, 281), Estela Leticia Freire Pérez (pp. 57, 213, 289), Carmen Franco Vázquez (pp. 7, 95, 109, 125, 171, 275), Candela Rajal Alonso (cuberta e pp. 151, 231), Cristina Trigo Martínez (pp. 79, 263) (LITER21.USC.Educación artística) © Das fotografías: os autores e herdeiros de María Victoria Moreno Márquez Maquetación e impresión: Grafisant, S.L. ISBN: 978-84-453-5294-6 Depósito legal: C 771-2018 Índice Blanca-Ana Roig Rechou: Unha lectura da obra infantil e xuvenil de María Victoria Moreno. A modo de Limiar .............................. 9 Biografía de María Victoria Moreno .................................... 29 Xesús Alonso Montero: A singularidade de María Victoria Moreno: o seu compromiso cultural coa Galicia antifranquista (1965-1973) .................................................................................. 33 Xavier Senín e Isabel Soto: María Victoria Moreno: a muller que escolleu ser galega ......................................................................... 41 Fina Casalderrey: As veigas de Lugo e Pontevedra ..................... 59 Contribucións ........................................................................... 77 Eulalia Agrelo: María Victoria Moreno: unha precursora na inclusión educativa e social ............................................................ 81 Marilar Aleixandre: A paixón por ensinar: mestras e metáforas do leite en María Victoria Moreno ................................................ 97 Luís Alonso Girgado: María Victoria Moreno Márquez, escritora e profesora ..................................................................................... 111 Luís Cochón: Anagnórise, nouvelle de amor e ruta ....................... 121 María Jesús Fernández: María Victoria Moreno: a novela como unha viaxe ..................................................................................... 127 Mar Fernández-Vázquez: Motivos e recursos literarios en Anagnórise ..................................................................................... 139 Carmen Ferreira: Navegando Mar adiante .................................. 153 Moncha Fuentes: Vermello sobre azul ........................................ 167 Antonio García Teijeiro: Á sombra da emoción da palabra literaria de María Victoria Moreno ............................................................. 173 Ánxela Gracián: A biblioteca persoal de María Victoria: reflexións sobre os propios libros ................................................................... 189 Eva Mejuto: A medida dos sentimentos. ...................................... 209 5 Isabel Mociño González: A narrativa xuvenil de María Victoria Moreno: Guedellas de seda e liño .................................................... 215 Marta Neira: As personaxes femininas de O amor e as palabras .... 233 David Otero: María Victoria Moreno amor ao (de) país .............. 247 Verónica Pousada Pardo: Achega fraseolóxica á obra de María Victoria Moreno: Leonardo e os fontaneiros ..................................... 265 Xesús Rábade Paredes: María Victoria Moreno: Elexías de luz ..... 277 Manuel Uhía: María Victoria Moreno ......................................... 283 Bibliografía ............................................................................... 287 Belén Bouzas Gorgal: Contribución a unha bibliografía de e sobre María Victoria Moreno .................................................................. 291 6 © Carmen Franco Vázquez Unha lectura da obra infantil e xuvenil de María Victoria Moreno. A modo de Limiar Blanca-Ana Roig Rechou (USC/ICE/CRPIH) Dado que nestes Cadernos Ramón Piñeiro (XXXVIII) queremos homenaxear a María Victoria Moreno Márquez, impulsora de iniciativas fundamentais para o desenvolvemento da Literatura Infantil e Xuvenil Galega, unha defensora activista da lingua de noso, que ela tamén adoptou como propia, dende a docencia, a literatura e a actividade pública e mesmo privada, vou reproducir algúns dos traballos resultantes das miñas primeiras investigacións, nos que considerei a María Victoria unha pioneira. Estes traballos, entre outros moitos, correspóndense coa Tese de doutoramento A Literatura Galega Infantil: Perspectiva diacrónica, descrición e análise da actualidade (1994) e A Literatura Infantil e Xuvenil en Galicia/La Literatura Infantil y Juvenil en Galicia (2000), hoxe ampliados noutros traballos máis recentes, con innovacións realizadas a partir da miña posterior dedicación á Literatura Infantil e Xuvenil. Á reprodución dos traballos anteditos que incorporo neste número dos Cadernos Ramón Piñeiro a modo de “Limiar”, séguenlles outros, debidos a estudosos varios que actualizan a biografía de María Victoria, asentan a data de nacemento, dan a coñecer aspectos relevantes da súa traxectoria vital e literaria, recollen as súas declaracións e relecturas dalgunhas das obras da homenaxeada, para rematar cunha bibliografía de e sobre a autora. Son todos eles de excelente feitura. Ofrécense en varios apartados. No primeiro, “Biografía de María Victoria Moreno”, os traballos débense a tres persoas moi próximas, intelectual e vitalmente, a María Victoria, que a motivaron para tomar decisións ao chegar a Galicia e en anos posteriores, animárona e axudárona, impactados pola súa implicación coa sociedade en xeral, coa formación filolóxica que posuía e bo facer como escritora. Admiraron a súa obra e por iso consideraron que debían dála a coñecer e axudar ao seu recoñecemento. Débense a Xesús Alonso Montero, a Xavier Senín, axudado este último por unha investigadora de alto nivel formativo como é Isabel Soto, e a Fina Casalderrey, amiga dende a incorporación de María Victoria Moreno ao sistema cultural galego. Entre todos fixan a traxectoria persoal, literaria e pública dunha muller excepcional como persoa, docente e escritora que é homenaxeada pola Real Academia Galega co Día das Letras Galegas 2018. 9 No apartado “Contribucións” as achegas débense a investigadores, alumnado, amigos e compañeiros de traballo da homenaxeada. Por rigorosa orde alfabética estes son debidos a: Eulalia Agrelo, Marilar Aleixandre, Luís Alonso Girgado, Luís Cochón, María Jesús Fernández, Mar Fernández- Vázquez, Carmen Ferreira, Moncha Fuentes, Antonio García Teijeiro, Ánxela Gracián, Eva Mejuto, Isabel Mociño González, Marta Neira, David Otero, Verónica Pousada, Xesús Rábade Paredes e Manuel Uhía. Entre todos ofrecen un amplísimo panorama das actividades docentes, literarias, públicas, sociais e análises da súa obra. Péchase o volume cunha ampla “Contribución a unha bibliografía de e sobre María Victoria Moreno” da man de Belén Bouzas Gorgal, bolseira do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Algúns dos invitados a participar nesta homenaxe non puideron facelo por causas varias, entre eles quero salientar a falta da achega de Darío Xohán Cabana debida a problemas de saúde. A todos os participantes moitas grazas por responder á nosa chamada e por ofrecer aos mediadores entre o libro e a lectura, sobre todo a docentes e investigadores, ferramentas de grande utilidade para o uso e recomendación lectora da obra de María Victoria e para seguir liñas de investigación que se abren en cada un dos traballos, un material que fará que a obra da homenaxeada sobrepase esta efeméride e siga a ser coñecida e recoñecida polos lectores, mediadores e investigadores no futuro. Paso agora a transcribir algunhas das palabras que lle dediquei a María Victoria Moreno na miña Tese de doutoramento, que, despois dun percorrido polos inicios da Literatura Infantil e Xuvenil noutros ámbitos lingüísticos, dei a coñecer a produción galega para os máis novos, sen moitas complexidades, de forma ordenada, unha vez que descubrira, a partir da docencia na Escola de Maxisterio (hoxe Facultade de Ciencias da Educación), que era totalmente descoñecida, agás algunha excepción, polos mestres que se tiñan que encargar da lectura orientada e recreativa dun alumnado cada vez máis abundante debido á renovación pedagóxica que xurdiu cos cambios lexislativos e os cambios sociais ao se ir incorporando, máis e máis, a muller ao mundo laboral e a lingua galega aos centros educativos. 10 No primeiro dos traballos A Literatura Galega Infantil: Perspectiva diacrónica, descrición e análise da actualidade (1994), despois de reflexionar sobre os contextos que anteceden o estudo da obra de cada período, cando situaba a primeira obra do produtor (autor) comentaba toda a escrita realizada ata o momento, aínda que logo a volvía a citar para situala nos apartados contextuais e temáticos, forma na que se construíu
Details
-
File Typepdf
-
Upload Time-
-
Content LanguagesEnglish
-
Upload UserAnonymous/Not logged-in
-
File Pages340 Page
-
File Size-