Libro De Estilo Do Concello De Santiago

Libro De Estilo Do Concello De Santiago

Libro de estilo do Concello de Santiago Libro de estilo do Concello de Santiago Departamento de Lingua Concellaría de Política Lingüística Concello de Santiago de Compostela Autoría Edición © Departamento de Lingua Reverso SL Concellaría de Política Lingüística Rúa da Rosa, 42-3C Concello de Santiago de Compostela 15701 Santiago de Compostela Praza do Obradoiro s/n Tfno. 981 936 750 Tfno. 981 542 409 www.reversoweb.com Todos os dereitos reservados. Non se permite a reproducción total ou parcial deste libro, nin a súa incorporación a un sistema informático, nin a súa transmisión en calquera forma, sexa este electrónico, mecánico, por fotoco- pia, por gravación ou outros métodos, sen o permiso por escrito dos autores e dos editores. Editor Xoán Antón Lado Lago Asistentes de edición Carlos Ramos Santos Xosé Antonio Formoso Lado Anxo Otero Montero Xosé Manuel Vidal Barral Deseño gráfico ocumodeseño Imprime Litonor DL: C 1624-2007 Agradecementos O Departamento de Lingua do Concello de Santiago quere agradecer a colaboración na concepción desta obra a Carlos Díaz Abraira, Xabier Ferreira Fernández, Xermán García Cancela e Xusto Rodrí- guez Río. Moitas grazas polas vosas orientacións e a vosa lectura atenta sobre os contidos. Agarda- mos que o resultado final vos compraza. Agradecemos tamén o traballo de coordinación de todos os participantes nesta obra: autores, editor, especialistas…; que inicialmente realizou a cooperativa Cidadanía. Tampouco queremos esquecernos aquí de todas aquelas persoas que iniciaron o proxecto de creación deste LIBRO DE ESTILO co seu traballo diario neste Departamento de Lingua. Concellaría de Política Lingüística do Concello de A Santiago, comprometida de vello co proceso de nor- malización lingüística, impulsou a sinatura dun convenio de colaboración coa Deputación da Coruña en setembro de 2006 co obxecto de realizar dúas campañas pioneiras na difusión e promoción da lingua galega. A primeira des- tas campañas, dirixida a lembrar e colaborar coas boas prácticas lingüísticas na Administración municipal, marca como obxectivos acadar a implicación directa do persoal do Concello no proceso normalizador e mellorar a súa competencia lingüística. Desenvólvese, deste xeito, unha das medidas estratéxicas que se recollen no noso Plan de normalización lingüística: a elaboración e difusión dunha normativa lingüística e de estilo sobre a redacción da do- cumentación que desde esta Administración se emite. É neste marco onde se encadra o LIBRO DE ESTILO que pre- sentamos, que comezou por ser un resumo de cuestións problemáticas ás que o persoal do Departamento de Lin- gua Galega lles daba solución no seu traballo diario de asesoramento lingüístico, e que acabou conformando un estruturado e novidoso volume de carácter divulgativo. Editamos, pois, esta obra coa pretensión de que se convir- ta nunha ferramenta útil para o traballo de todo o persoal da Administración local que empregue a lingua escrita, así como para colaborar co, cada vez máis intenso, movemen- to de renovación e modernización da linguaxe administra- tiva galega. Así, nesta primavera de 2007, agardamos que tanto esta obra como toda a campaña de que se rodea dean os seus froitos, consiga mellorar a calidade das comunicacións escritas de carácter administrativo e, polo tanto, lle permi- ta á cidadanía compostelá gozar dunha Administración lo- cal moderna, eficaz e ao seu servizo que emprega o galego “con estilo” para relacionarse con ela en todos os ámbitos. MANUEL PORTAS FERNÁNDEZ Concelleiro de Política Lingüística 5 1 Acentuación 1.1 Regras xerais As formas verbais que levan algún pronome 1.1.1 Palabras polisílabas enclítico compórtanse • Agudas coma se fosen unha soa palabra para os efectos Acentúanse sempre cando son polisílabas e rematan en vogal, vogal + n, en vogal + s ou de acentuación. en vogal + ns. collémolos, démosllo, citación, resolucións, estrés, carné. escribirano, daranme, mantense. Non se acentúan cando a palabra remata en ditongo decrecente (seguido ou non de n ou s) ou noutra consoante que non sexa n nin s. As formas verbais ademais, acabou, comeu, elixiu, papeis, anel, cortar. con acento diacrítico consérvano cando levan • Graves soldadas un pronome Acentúanse cando rematan en consoante diferente de n, s ou en grupo consonántico átono enclítico, aínda que non lles corresponda diferente de ns. seguindo as regras xerais móbil, carácter, mísil, réptil, bíceps, clímax [ks], palpábel. de acentuación para as formas polisílabas. Tamén se acentúan as palabras graves con ditongo decrecente na última sílaba. éche, dáme, pórlle. amábeis, comsumíbeis, cuestionábeis. Non se acentúan cando rematan en vogal, vogal + n, vogal + s, vogal + ns. Os verbos derivados de pór non levan acento gráfico. lapis, escriben, dolmen, canons. compor, depor, propor… • Esdrúxulas Levan sempre acento gráfico. esdrúxula, tónica, lóxico, ridículo. 1.1.2 Palabras monosílabas Por vía da regra, as palabras monosílabas non levan acento gráfico en galego. Así: mel, pel, can, fe, xa, la, rei, man, sol, ver, ter. Soamente levarán aquelas formas en que se utilice o acento diacrítico para distinguir dúas palabras que teñan a mesma forma mais diferente significado. (Vid. 1.1.7 Acentua- ción diacrítica) 1.1.3 Palabras compostas • Palabras compostas que se escriben xuntas Para os efectos de acentuación seguen as regras de acentuación das palabras polisíla- bas. baloncesto, cabodano, xordomudo, gardacostas. socioeconómico, pasamáns, antiaéreo, vicecónsul. A redacción administrativa 7 • Palabras compostas que se escriben con guión Soamente levarán acento naqueles Conservan a acentuación nas palabras que a compoñan, segundo o caso. casos en que exista teórico-práctico, físico-químico, lúdico-festivo. ambigüidade e caiban varias interpretacións. 1.1.4 Adverbios rematados en -mente dime que queres (‘dime que SI queres’) • Aínda que noutros idiomas poden acentuarse, en galego nunca levan acento gráfico dado que se consideran graves para efectos de acentuación. dime qué queres (‘dime graficamente, habilmente, teoricamente, eticamente. QUE COUSA queres’) 1.1.5 Pronomes interrogativos e exclamativos Non se acentúan cando • Nunca levan acento nas construcións interrogativas e exclamativas directas. se precise marcar o ditongo entre i e u onde ides ir mañá?, canto falta para a xuntanza?, como se redacta un correo e.? con h intercalado: • Tampouco levan acento nas construcións indirectas. prohibo, cohibe. díxome cando viña, contoume canto sufrira, viches como o fixo. 1.1.6 Latinismos e estranxeirismos • As palabras estranxeiras de circulación habitual, estean ou non adaptadas, seguen as regras de acentuación do galego. sóftware, hándicap, fútbol, módem. • As formas rematadas en y reciben o mesmo tratamento ca as rematadas en i: spray, whisky, rugby, sexy. • Poderase prescindir de acento gráfico mantendo a grafía orixinaria cando exista con- ciencia clara de que se trata dun estranxeirismo, caso no que irán escritas en cursiva. marketing, mobbing, curriculum. 1.1.7 Acentuación de ditongos e tritongos • Nestes casos o acento colócase sempre na vogal forte (a, e, o), aberta e tónica. ái tráiler, náiade áu áureo, cáustico, hidráulico éi béisbol, aprovéitase, quéixanse éu éuscaro, terapéutico, farmacéutico óu axóuxere, tróuxoo, amosóunolo ói cóidame, fóiselle, adóitase iá asiático, cotián, diálogo ié diérese, diésel, soviético ió resolución, periódico, filólogo uá cuádruplo, truán, cuántico ué pantagruélico, puérpera uó quórum, vacuómetro • Os tritongos levan acento gráfico cando lles corresponde segundo as regras xerais de acentuación, anteriormente enunciadas: cambiéillelo, fraguóuselle, etc. 1.1.8 Acentuación de i e u en hiato • Non se acentúan cando as vogais se pronuncian na mesma sílaba; é dicir, cando se trata de ditongos. moito, pouco, cantou, triunfo, seguiu. • Acentúanse cando dúas vogais se pronuncian en sílabas diferentes e a intensidade do acento recae no i ou no u. aínda, saír, túa, miúdo, país, xuízo. 8 Problemas habituais de ortográfía e gramática | Acentuación 1.1.9 Acentuación diacrítica Lembra que en galego á (a + a artigo e subst.) a (artigo; pron.; prep.) deben acentuarse ás (a + as artigo e subst.) as (artigo; pron.) todas as palabras que rexan estas regras de bóla (‘esfera’) bola (‘peza de pan’) acentuación xa sexan cá (ca + a) ca (conx.) escritas en minúsculas chá (‘plana’) cha (che + a) ou en maiúsculas. chás (‘planas’) chas (che + as) có (ca + o) co (con + o) cós (ca + os) cos (con + os) cómpre (‘é mester’) compre (‘merque’) cómpren (‘son mester’) compren (‘merquen’) dá (pres. imp. de dar) da (de + a) dás (pres. de dar) das (de + as) dó (‘compaixón’) do (de + o) é (pres. de ser) e (conx.) fóra (adv.) fora (antepret. de ser e ir) má (‘ruín’) ma (me + a) más (‘ruíns’) mas (me + as) máis (adv. e pron.) mais (conx.) nó (‘atadura’) no (en + o) nós (pron. tónico; pl. de no) nos (pron. átono; en + os) ó (a + o) o (artigo; pron.) ós (a + os) os (artigo; pron.) óso (‘parte do corpo’) oso (‘animal’) pé (‘parte do corpo’) pe (‘letra’) póla (‘rama’) pola (‘galiña nova’; por + a) pór (‘poñer’) por (prep.) présa (‘apuro’) presa (‘prendida’; ‘presada’) sé (‘sede eclesiástica’; imp. de ser) se (conx.; pron.) só (adv. e adx.) so (prep.) té (‘infusión’) te (pron.; ‘letra’) vén (pres. de vir) ven (pres. de ver; imp. de vir) vés (pres. de vir) ves (pres. de ver) vós (pron. tónico) vos (pron. átono) Problemas habituais de ortográfía e gramática | Acentuación 9 2 Alteracións gráficas frecuentes 2.1 b e v Levan B Levan V abelá birollo escornabois prebe acevo avultamento cova eivar acivro

View Full Text

Details

  • File Type
    pdf
  • Upload Time
    -
  • Content Languages
    English
  • Upload User
    Anonymous/Not logged-in
  • File Pages
    183 Page
  • File Size
    -

Download

Channel Download Status
Express Download Enable

Copyright

We respect the copyrights and intellectual property rights of all users. All uploaded documents are either original works of the uploader or authorized works of the rightful owners.

  • Not to be reproduced or distributed without explicit permission.
  • Not used for commercial purposes outside of approved use cases.
  • Not used to infringe on the rights of the original creators.
  • If you believe any content infringes your copyright, please contact us immediately.

Support

For help with questions, suggestions, or problems, please contact us