A Pedra Alta de Cortegada 06007301

Datos de Localización Obxecto en pedra

Inmoble: Inmoble indeterminado

Localización: Na marxe esquerda da estrada que une Cortegada con Casasoá.

Coord. UTM X: 60995366

Y: 466632255

Concello: Parroquia: CORTEGADA

Lugar: Cortegada

Tipoloxía: Obxectos Varios

Tipo: Obxectos Varios Subtipo: Obxecto en pedra

Denominación: A Pedra Alta de Cortegada

Características

Etapa Histórica Calcolítico

Estilo: Descrición: Menhir oblongo de granito de gran groso, de sección irregular e máis largo no terzo superior. Presenta diversas inscricións, estando algunhas delas superpostas, o que evidencia a súa reutilización. Na cara traseira ten inscritas tres cruces e a letra E, mentres que na principal ten unha cruz grega e un epígrafe bastante desgastado e de difícil lectura. Tomás Vega Pato, un dos máximos estudosos da peza, dí que se trata dunha inscrición cristiá, datable no século IX ao XII e que a súa lectura sería a seguinte:

"IDNH WIMARA E B VR O NI + O N"

Interpretación: I(n) D(omini) N(ostri) (i)H(esu) WIMARA EBURONI

A existencia e superposición destas inscricións indican unha cristianización e reutilización funcional do menhir. Pouco se sabe da finalidade e situación primitivas, pero todo parece indicar que o seu último destino foi servir de fito divisorio entre os concellos de Xunqueira de Ambía, e Sarreaus, pois foi atopada moi próxima á intersección das liñas do límite destes concellos, preto do antigo camiño que atravesaba a Lagoa unindo e Xunqueira de Ambía.

Dende xaneiro de 1987, e gracias ás obras promovidas pola Excma. Deputación Provincial de , a peza sitúase a escasos 70 metros do lugar do achádego, na marxe esquerda da estrada que une Cortegada e Casasoá. Exhíbese sobre unha plataforma cuadrangular de formigón, nun recinto delimitado por un pequeno cerramento de formigón e lascas de cachotería. Datación: IV-III Milenio a. C.

Autoría: A Pedra Alta de Cortegada 06007301 Autoría: Materiais: Granito Carac. Técnicas:

Alto: 347 cm. Ancho: 0 cm. Profundo: 0 cm. Diámetro: 0 cm. Perímetro: 177 cm.

Peso: 2500 Kg. Capacidade: 0

Xilófagos:

Perda Policromía

Perda Material:

Observacións: Delimítase con protección integral o propio elemento. Bibliografía: VEGA AVELAIRA, T. e VEGA PATO, T., "O Menhir de Cortegada: unha manifestación do Megalitismo na Limia Alta (Provincia de Ourense)" en Lethes. Cuadernos Culturais do Limia, nº2, 2000, pp 103-111. VEGA PATO, T., "A Pedra Alta de Cortegada: un menhir en A Lagoa Antela" en Boletín Auriense, t. XVIII-XIX, Ourense, 1988-89, p. 107-118.

Documentación: A Pedra Alta de Cortegada 06007301 A Pedra Alta de Cortegada 06007301 A Pedra Alta de Cortegada 06007301