Obradoiro da UVigo sobre termografía infravermella.

Máis de 1300 estudantes descubriron a Noite galega das persoas investigadoras Alumnado de primaria, secundaria, FP e bacharelato de varios municipios das provincias de e Ourense participou nos preeventos da G-Night

Por GCiencia - 22/06/2021

De xeito presencial ou virtual. En sesións de mañá ou de tarde. En grupos de pouco máis dunha decena ou que superan os 60 participantes. Desde o 2 de xuño máis de 1300 estudantes de 17 centros de primaria, secundaria, FP e bacharelato das provincias de Pontevedra e Ourense participaron nas preto de 60 actividades, programadas para darlles a coñecer a Noite galega das persoas investigadoras, que terá lugar, coordinada pola Universidade de e coa colaboración dunha decena de institucións galegas, o vindeiro 24 de setembro.

Dezaoito investigadoras e investigadores responsables e outros cinco colaboradores, dos tres campus da UVigo, foron as persoas encargadas de desenvolver as actividades que achegaron ao alumnado ao mundo da ciencia dun xeito lúdico e sinxelo, ao tempo que descubrían a celebración da G-Night. “Estamos moi agradecidas coa implicación do persoal investigador e coa elevada participación por parte dos centros educativos da nosa contorna, a pesar das dificultades e restricións que implica a pandemia. Sabemos que os centros quedaron encantados co resultado dos obradoiros e a rapazada aprendeu moito sobre o traballo que se realiza na Universidade nun ambiente lúdico”, comenta a vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais da Universidade de Vigo, Mónica Valderrama. A actividades previas á G-Night arrancaron nas cidades de Ourense e Vigo, pero Mos, Baiona, Tomiño, Ponte Caldelas, Nigrán, , e Viana do Bolo completan o mapa de concellos no que se localizan os centros nos que se desenvolveron as actividades que abranguen temáticas relacionadas cos cinco ámbitos do coñecemento, desde o 5G ata a historia evolutiva do cancro, pasando polas matemáticas aplicadas á covid, as nanopartículas plasmónicas e a visión infravermella.

Espertando vocacións científcas

No ano do seu décimo aniversario, a Noite europea das persoas investigadoras regresará este outono a coa creatividade e a súa relación co coñecemento científico como eixo do evento, que se desenvolverá baixo o lema Conciencias creativas. A G-Night encherá o 24 de setembro as cidades de Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo de actividades de divulgación en lugares afastados dos laboratorios, como rúas, museos, praias e bares, nun ambiente festivo, e co obxectivo de dar a coñecer o valor do traballo que desenvolven as científicas e os científicos, así como a importancia desta actividade na sociedade .

“Con este anticipo nos centros escolares, o alumnado coñeceu o tipo de actividades que se van desenvolver nas rúas, nas prazas, etc ese día. O maior valor é conectar cun público no que se pretende espertar vocación científica e que tamén participe de xeito activo, primeiro nestes preeventos, e logo, o día de celebración da G-Night”, sinala Mónica Valderrama, que lles agradece ás investigadoras e investigadores da Universidade de Vigo a súa participación nos eventos que este mes se desenvolveron nos centros de ensino.

Financiado con de preto de 154.000 euros, procedentes do programa marco H2020, a través das Marie Sklodowska-Curie Actions (MSCA), as universidade de Santiago de Compostela e da Coruña, o Cesga, a Unidade de Cultura Científica da Delegación do CSIC en Galicia e do Instituto de Investigacións Mariñas, o Centro Oceanográfico de Vigo (IEO, CSIC), Gradiant, Itmati, Inibic e Sebbm, integran o consorcio, coordinado pola UVigo, que desenvolverá a Noite galega das persoas investigadoras, que, ademais de nas cidades galegas, se celebrará de xeito simultáneo en máis de 360 localidades de toda Europa.