Eleccións a Asambleístas Rfgf
ELECCIÓNS A ASAMBLEÍSTAS RFGF ▪ A candidatura de Rafael Louzán gañou con rotundidade no estamentos de clubs, facendo pleno en Vigo, Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago, sacando 20 de 21 na Coruña, e facendo pleno tamén no estamento de fútbol sala. ▪ Según os cálculos Louzán pasará dos 79 asambleístas da súa primeira lexislatura a estar entre os 130 e os 140. ▪ Os resultados dos estamentos de futbolistas e adestradores coñeceranse logo do reconto esta tarde do voto por correo. Realizado o escrutinio do voto presencial, e á espera da resolución das diferentes reclamación, xa se coñecen os nomes dos clubs que serán membros da Asemblea Xeral da Real Federación Galega de Fútbol nos vindeiros catro anos. No caso do estamento de xogadores e adestradores hai que esperar ó reconto do voto por correo, que se realiza esta tarde na Xunta de Galicia, para coñecer o resultado final. En canto ós clubs son varios os datos que chaman a atención: ✓ Os clubs que avalan a candidatura de Louzán gañaron facendo pleno en Vigo, Pontevedra, Ourense, Lugo e Santiago, e tamén case na Coruña, sacando 20 de 21. A todos eles hai que sumar o pleno tamén nos clubs de fútbol sala, nun claro respaldo á integración na Federación. ✓ Sumando xa os árbitros, o club de fútbol gaélico, deportista de alto nivel e os futbolistas de Lugo e Pontevedra, todos eles nas listas de Louzán e xa elixidos sen votación porque só se presentaron os candidatos mínimos que esixe a composición da Asemblea, estamos a falar xa de máis de 120 asambleístas asegurados polo actual presidente, a falta do que hoxe diga o voto por correo.
[Show full text]