Excma. Deputación Provincial De Lugo Área De Economía, Recadación E Facenda
Total Page:16
File Type:pdf, Size:1020Kb
LUNS, 15 DE ABRIL DE 2019 N.º 087 EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO ÁREA DE ECONOMÍA, RECADACIÓN E FACENDA. SERVIZO DE XESTIÓN, RECADACIÓN E INSPECCIÓN TRIBUTARIA Anuncio -EDICTO- NOTIFICACION COLECTIVA DE DÉBEDAS TRIBUTARIAS DE VENCEMENTO PERIÓDICO. De conformidade co establecido no artigo 102.3 da Lei 58/2003, xeral tributaria, do 17 de decembro, notifícase colectivamente a liquidación dos tributos e concellos que se citan: Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica, exercicio de 2019 - ABADIN, ALFOZ, ANTAS DE ULLA, BALEIRA, BARALLA, BARREIROS, BECERREÁ, BEGONTE, BÓVEDA, BURELA, CARBALLEDO, CASTRO DE REI, CASTROVERDE, CERVANTES, CERVO, O CORGO, COSPEITO, CHANTADA, FOLGOSO DO COUREL, A FONSAGRADA, FOZ, FRIOL, GUITIRIZ, GUNTÍN, O INCIO, LÁNCARA, LOURENZÁ, MEIRA, MONDOÑEDO, MONTERROSO, MURAS, NAVIA DE SUARNA, NEGUEIRA DE MUÑIZ, AS NOGAIS, OUROL, PALAS DE REI, PANTÓN, PARADELA, O PÁRAMO, A PASTORIZA, PEDRAFITA DO CEBREIRO, A POBRA DE BROLLÓN, POL, A PONTENOVA, PORTOMARIN, QUIROGA, RÁBADE, RIBADEO, RIBAS DE SIL, RIBEIRA DE PIQUÍN, RIOTORTO, SAMOS, SARRIA, O SAVIÑAO, SOBER, TABOADA, TRABADA, TRIACASTELA, O VALADOURO, O VICEDO, VILALBA, XERMADE e XOVE. Os Padróns poderán ser consultados polos interesados na Deputación Provincial de Lugo/ Servizo de Xestión Tributaria e Recadación (rúa Tui, nº 5-baixo 27004- Lugo) e no Concello correspondente, durante o prazo de QUINCE DIAS contados a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. As liquidacións obxecto de notificación colectiva teñen carácter provisional segundo o disposto no art. 101.4 da Lei Xeral Tributaria e, en contra destas, poderase interpoñer recurso de reposición perante o órgano competente do Concello, no caso dos prezos públicos e taxas, e perante o Presidente da Deputación Provincial de Lugo, no caso do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica, no prazo DUN MES, a contar dende o día seguinte da finalización do prazo de exposición. Poderase exercitar, non obstante, calquera outro recurso que se considere procedente. Todo iso, en virtude co establecido no art. 14.2 do Texto refundido da Lei reguladora das Facendas locais. O PRESIDENTE, P.D. Decreto nº 1357/2016, de data 01-07-2016, A DEPUTADA DELEGADA DE ECONOMÍA, RECADACIÓN E FACENDA, Mayra García Bermúdez. R. 0954 Anuncio ANUNCIO DE COBRANZA Anuncio publicado en: Num BOP 87 año 2019 (12/04/2019 11:08:16) (15/04/2019 08:00:00) Recadacion en período voluntario de débedas tributarias de vencemento periódico. De conformidade co establecido nos artigos 24 e 25 do Regulamento xeral de recadación, aprobado por Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, comunícase que o prazo de ingreso en período voluntario do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica, exercicio de 2019, relacionados abaixo, empezará a contar o día 15/04/2019 e finalizará o día 17/06/2019, ambos os dous incluidos. Relación de tributos e concellos: Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica:- ABADIN, ALFOZ, ANTAS DE ULLA, BALEIRA, BARALLA, BARREIROS, BECERREÁ, BEGONTE, BÓVEDA, BURELA, CARBALLEDO, CASTRO DE REI, CASTROVERDE, CERVANTES, CERVO, O CORGO, COSPEITO, CHANTADA, FOLGOSO DO COUREL, A FONSAGRADA, FOZ, FRIOL, GUITIRIZ, GUNTÍN, O INCIO, LÁNCARA, LOURENZÁ, MEIRA, MONDOÑEDO, MONTERROSO, MURAS, NAVIA DE SUARNA, NEGUEIRA DE MUÑIZ, AS NOGAIS, OUROL, PALAS DE REI, PANTÓN, PARADELA, O PÁRAMO, A PASTORIZA, PEDRAFITA DO CEBREIRO, A POBRA DE BROLLÓN, POL, A PONTENOVA, PORTOMARIN, QUIROGA, RÁBADE, 2 Núm. 087 – luns, 15 de abril de 2019 BOP de Lugo RIBADEO, RIBAS DE SIL, RIBEIRA DE PIQUÍN, RIOTORTO, SAMOS, SARRIA, O SAVIÑAO, SOBER, TABOADA, TRABADA, TRIACASTELA, O VALADOURO, O VICEDO, VILALBA, XERMADE e XOVE. O ingreso das débedas realizarase en calquera oficina da Entidade ABANCA, “La Caixa” - Caixabank SA, Banco Bilbao Vizcaya Argentaria S. A. (BBVA) e Banco Sabadell S.A., en días laborables, de luns a venres, de 08:30 a 14:00 h, na que se presentará o documento de ingreso que se envía, por correo, aos domicilios dos contribuíntes. As persoas que non reciban ou extravíen o documento de ingreso, poderán solicitar un novo na oficina da entidade bancaria e realizarán, igualmente, o pagamento. O pagamento dos citados tributos poderase domiciliar, para anos sucesivos, en caixas de aforros, bancos e demais entidades financeiras. Para este trámite será necesario cubrir o impreso de domiciliación que acompaña ao documento cobratorio e remitilo ao Servizo de Xestión Tributaria e Recadación, ou ben entregalo en calquera oficina de ABANCA, cando a domiciliación se refira a unha conta aberta nesta entidade. Infórmase tamén que, transcurrido o prazo de ingreso en período voluntario, as débedas faranse efectivas pola vía de constriximento e serán esixibles as recargas do período executivo e os xuros de mora correspondentes, tal como estipulan os artigos 26 e 28 da Lei 58/2003, do dezasete de decembro, xeral tributaria e, se é o caso, as custas que se produzan. O PRESIDENTE, P.D. Decreto nº 1357/2016, de data 01-7-2016, A DEPUTADA DELEGADA DE ECONOMÍA, RECADACIÓN E FACENDA, Mayra García Bermúdez. R. 0955 CONCELLOS BEGONTE Anuncio Corrección de erros do anuncio publicado no BOP nº52 de sábado, 2 de marzo de 2019. Advertido un erro no referido anuncio e necesario facer a seguinte corrección: Na Base 26ª.- Subvencións Nominativas con cargo ao Exercicio: onde di ”- b) Por último, recóllese como subvención nominativa, entre outras, a seguinte subvención e polo importe que se cita: Asociación “Músico Crisanto“, de ata 19.000,00 €”, debe dicir ”- b) Por último, recóllese como subvención nominativa, entre outras, a seguinte subvención e polo importe que se cita: Asociación “Músico Crisanto“, de ata 20.000,00 €”. Begonte, 9 de abril de 2019.- O ALCALDE, José Ulla Rocha. R. 1041 CASTROVERDE Anuncio En cumprimento do artigo 169.1, por remisión do 177.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais, ao non terse presentado alegacións durante o prazo de exposición ao público, queda automaticamente elevado a definitivo o acordo de Pleno adoptado na sesión extraordinaria do 6 de marzo de 2019, de aprobación do expediente de modificación de créditos num. 3/2019, do orzamento en vigor, primeiro na modalidade de suplemento de crédito e crédito extraordinario, primeiro de competencia do Pleno, e faise público que, despois de dito expediente, o resumo por capítulos do estado de gastos queda da seguinte forma: Anuncio publicado en: Num BOP 87 año 2019 (12/04/2019 11:08:16) (15/04/2019 08:00:00) ESTADO DE GASTOS OPERACIÓNS NON FINANCEIRAS A) GASTOS POR OPERACIÓNS CORRENTES CAPÍTULO I: Gastos de Persoal 756.203,86 CAPÍTULO II: Gastos en Bens Correntes e Servizos 1.477.934,35 CAPÍTULO III: Gastos Financeiros --- CAPÍTULO IV: Transferencias Correntes 68.209,03 B) GASTOS POR OPERACIONES DE CAPITAL CAPÍTULO VI: Investimentos reais 863.000,03 3 Núm. 087 – luns, 15 de abril de 2019 BOP de Lugo CAPÍTULO VII: Transferencias de capital 15.000,00 OPERACIÓNS FINANCEIRAS CAPÍTULO VIII: Activos financeiros CAPÍTULO IX: Pasivos Financeiros TOTAL: 3.180.347,27 Contra este acordo, en virtude do disposto no artigo 171 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, os interesados poderán interpoñer directamente recurso contencioso -administrativo, na forma e prazos establecidos nos artigos 25 a 42 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da dita xurisdición. Sen prexuízo disto e consonte o establecido no artigo 171.3 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, a interposición dese recurso non suspenderá por si soa a efectividade do acto ou acordo impugnado. Castroverde, 9 de abril de 2019.- O Alcalde en funcións, Eduardo Álvarez López. R. 1042 CERVANTES Anuncio CONVOCATORIA PARA A ELECCIÓN DE XUÍZ DE PAZ TITULAR DO CONCELLO DE CERVANTES De conformidade co acordo adoptado pola Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de data 15 de marzo de 2019, faise pública a convocatoria para a elección de Xuíz de Paz titular do Concello de Cervantes que será elixido polo Pleno do Concello. Requisitos dos aspirantes: Ser español, maior de idade e aínda non sendo licenciados en dereito, reúna os requisitos establecidos na Lei Orgánica do Poder Xudicial para o ingreso na carreira xudicial e non estean incursos en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidades previstas no desenvolvemento das funcións xudiciais, a excepción do exercicio de actividades profesionais ou mercantís. Prazo de lugar para a presentación de solicitudes: Quince días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. Presentarase no Rexistro Xeral do Concello de Cervantes ou por calquera dos medios á que fai referencia o artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro , de Procedemento Adminsitrativo Común. Documentación que deben presentar os interesados coa solicitude: - Certificación de nacemento ou copia autenticada do DNI. - Certificado médico acreditativo de non estar impedido física o psiquicamente para o exercicio das funcións propias do cargo. - Certificado expedido polo Rexistro Central de Penados e Rebeldes e declaración complementaria á que fai referencia o artigo 2 da Lei 68/80 no seu punto 1.a) referente a “se se atopa inculpado ou procesado” - Xustificación dos méritos que alegue o solicitante. Cervantes, 8 de abril de 2019.- O alcalde, Benigno Gómez Tadín. R. 1043 Anuncio publicado en: Num BOP 87 año 2019 (12/04/2019 11:08:16) (15/04/2019 08:00:00) Anuncio Información pública Aprobados por Resolución de alcaldía de data 4 de abril de 2019, os padróns que a continuación se relacionan, expóñense ao público polo prazo de quince días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial da Provincia de Lugo: Taxa polo servizo de recollida domiciliaria do lixo (1º trimestre de 2019). Taxa polo servizo de subministro domiciliario de auga potable e canon da auga (1º trimestre de 2019).