BANDO

LUIS MENOR PÉREZ, ALCALDE DO PEREIRO DE AGUIAR INFORMA: SE ESTES DIAS DEIXA DE VER ALGUNHA CANLE DE TELEVISIÓN RESINTONICE O SEU TELEVISOR

A Xunta de está poñendo en marcha actuacións que axuden aos concellos a realizar os cambios necesarios nos centros de extensión de cobertura do sinal de TDT, realizaranse o próximo mércores 3 de xuño no centro de extensión de cobertura de Melias.

O proceso consiste no apagado neste centro dalgunhas frecuencias de emisión actuais e acendido nas novas frecuencias asignadas. Deste xeito, os beneficiados poderán desfrutar das canles da TDT, que se distribuirán do seguinte xeito:  Canle 26 (MPE1): Disney Channel, Paramount Channel, Dmax, Gol.  Canle 35 (MPE4): Boing, Energy, Mega, 13TV.  Canle 39 (MPE2): Antena 3, La Sexta, Neox, Nova, A3 HD, Sexta HD.  Canle 40 (MAUT): TVG, TVG2, GHD, G2HD.  Canle 42 (RGE2): TDP, TDP HD, Clan HD, DKiss, Ten.  Canle 43 (MPE3): , Cuatro, Divinity, FDF, T5 HD, Cuatro HD.  Canle 47 (RGE1): TVE1, TVE1 HD, TVE2, TVE2 HD, Clan, 24H.  Canle 48 (MPE5): A3Series, Real TV, Be Mad, Ten.

Para poder seguir estas canles, os interesados deberán, en primeiro lugar, dispor da cobertura axeitada do devandito centro, podendo confirmar tanto o centro emisor como a calidade da cobertura por vía telefónica -881 866 388- ou na web www.tdtgalicia.gal.

A continuación, bastará con realizar unha busca das canles no receptor de TDT.

De cara a facilitar a información aos veciños, anexamos as entidades de poboación do concello que, segundo os cálculos de cobertura, teñen a este centro de extensión de cobertura de TDT de Melias como mellor servidor e que se beneficiarán deste cambio

Parroquia Nome Habitantes MELIAS (SANTA MARÍA) BOUZAS DE FONDO 8 MELIAS (SANTA MARÍA) CASDEMIRO 11 MELIAS (SANTA MARÍA) CIMADEVILA 69 MELIAS (SANTA MARÍA) FRIEIRA 51 MELIAS (SANTA MARÍA) O CONDADO 86 VILARIÑO (SANTA CRISTINA) VILARIÑO 321

Para poder seguir estas canles, os interesados deberán realizar unha busca das canles no receptor de TDT.

Para máis información chame á Oficina do Dividendo Dixital en Galicia: 881 866 388

O Alcalde

No Pereiro de Aguiar na data da sinatura electrónica

Concello do Pereiro de Aguiar Cod. Validación: A3F4AFX6GPN5JHGPL2MQP7NPP | Corrección: https://concellopereiro.sedelectronica.gal/ A3F4AFX6GPN5JHGPL2MQP7NPP Cod. Validación: Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 1 Plza. do Concello, 1, O Pereiro de Aguiar. 32710 (Ourense). Tfno. 988 259 385. Fax: 988 259395